SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 10
Baixar para ler offline
ENQUISA
DETECCIÓN MACHISMO
Indica se hai algún machismo ou non nas seguintes afirmacións
Explica porque cres que son machistas ou feministas a lo menos 5
Frase Feminista Machista Nin o un nin
o outro Explicación
Exemplo: dame un folio, por
favor. x
Exemplo:omeuhome axúdame
coa colada
x Da por sentado que a
responsabilidade das tarefas do
fogar son dela
As mulleresdebenempoderarse x
Franco era un ditador
Noné o mesmoque unhome lle
pegue a unha muller que ao
revés
Os homesson máis simples que
as mulleres
Os homes deben obedecer ás
mulleres
As mulleres son máis sensibles
que os homes
As mulleres teñen vaxina e os
homes pene
Os homes teñen uns impulsos
sexuaisque nonpoden reprimir
Moros fuera
Non é non, incluso coas bragas
baixadas
Frase feminista machista
Nin o un
Nin o
outro
Explicación
Os nenos autistas deben estar
separados dos normais nos
colexios
Os españois son demócratas
Teño sono
A lei laboral doPPcrea emprego
A monarquía é a base da
esencia española
Todas as violencias son
rexeitables por igual
As mulleres ás veces fanse ás
difíciles para facerse valer
As cociniñas son xoguetes para
nenas
Pisei unha poza
Normas para os usuarios da
biblioteca
Sección de pacientes especiais
Stop
O Manolo é unha nenaza
Ítems e resposta correcta (segundo a
profesora que elaborou a enquisa)
Obxectivo e valoración das respostas
1. Franco era un ditador (nin o un nin
o outro).
O obxectivo de este ítem era comprobar que entendían que non
pregunto se Franco era machista senón se a frase en si mesma é
machista, feminista ou non ten nada que ver nin co un nin co outro.
En 3º tiven que explicalo. Hai pouco que traballamos as ditaduras, e
estudamos o machismo do réxime franquista, polo que ao ler
“Franco” xa lles saía poñer “machista”. O 100% do alumnado
comprendeu que a frase en si mesma non é nin machista nin
feminista.
2. Non é o mesmo que un home lle
pegue a unha muller que ao revés.
(Feminista).
Este ítem pretendía comprobar o nivel de feminismo baseándome
na idea de que os neomachistas consideran que todas as violencias
son igual de rexeitables, sen ter en conta que é máis grave a
violencia cando se exerce contra un colectivo oprimido ou sometido.
O feminismo entende que a violencia dun home contra unha muller é
máis grave porque existe toda unha estrutura patriarcal que pon á
muller en situación de desvantaxe. Esta é a base da lei de violencia
de xénero.
Pero é un ítem que pode crear confusión, dado que, como me
explica unha alumna, esta mesma frase pode dicila unha persoa
machista (entendendo que é máis grave pegarlle a unha muller por
ser o “sexo débil”) ou unha persoa feminista (que sexa consciente da
diferenza de poder e privilexio dos homes e mulleres).
3. Os homes son máis simples que as
mulleres (machista)
Hai tres items que deben analizarse de forma conxunta:
- Os homes son máis simples que as mulleres.
- Os homes teñen uns impulsos sexuais que non poden reprimir.
- As mulleres son máis sensibles que os homes.
Pretende pescudar se distinguen entre diferenzas biolóxicas e
diferenzas de xénero . Aquí é interesante constatar que hai unha
concienciación moito maior na igualdade da muller co home que ao
revés. É dicir, está moi traballado nos medios de comunicación, na
escola, etc., o feito de que as mulleres poden facer o mesmo que os
homes e teñen as mesmas capacidades. Saben rexeitar ideas
machistas como a de considerar ás mulleres máis sensibles que os
homes. Sen embargo non reflexionaron aínda sobre como son os
homes e as ideas e estereotipos machistas que hai sobre eles.
Tamén se pode apreciar certo descoñecemento do que é o
feminismo, ao ser considerado,por un pequeno sector do alumnado,
como un movemento que quere que o home obedeza á muller e que
considera aos homes máis simples e impulsivos.
4. Os homes deben obedecer ás
mulleres (nin o un nin o outro).
Pretendía sondar a idea que se ten do feminismo, qué parte do
alumnado confunde feminismo co contrario do machismo.
5. As mulleres son máis sensibles que
os homes (machista).
A sensibilidade feminina é aínda un estereotipo moi estendido. Malia
iso, o alumnado ten moi claro que é machista considerar ás mulleres
máis sensibles que os homes so polo feito de ser mulleres.
6. As mulleres teñen vaxina e os
homes pene (nin o un nin o outro*).
Son diferenzas biolóxicas que habitualmente non levan carga
machista, *aínda que en determinados contextos transfóbicos sí que
podería selo. En realidade, aínda que sexan unha minoría hai
mulleres con pene e homes con vaxina. 3 persoas de 4º contestaron
que esta frase é machista.
7. Os homes teñen impulsos sexuais
que non poden reprimir (machista).
Este ítem pretendía determinar se o alumnado é quén de identificar
os estereotipos masculinos tradicionais como falsos. É falso que os
homes teñan uns impulsos sexuais máis acusados que os das
mulleres por pura bioloxía. Isto está demostrado xa dende mediados
do século XX. O discurso da impulsividade sexual dos homes é un
discurso fondamente machista que xustifica os abusos e violacións a
mulleres que “van provocando”.
8. Mouros fora (machista polo uso da
linguaxe sexista).
Linguaxe sexista.As mulleres musulmás desaparecen do imaxinario
colectivo ao pronunciar esta frase.
9. Non é non, incluso coas bragas
baixadas (feminista).
Esta frase pretendía comprobar se o alumnado le sobre feminismo
nas redes sociais ou se o falan entre si. O alumnado que non
escoitara nunca esta frase non entendía a que se refería. Dos
resultados da enquisa se comproba que é un tema traballado polos
medios de comunicación, supoño que a raíz do caso da violación de
San Fermín, que foi moi comentada. Aínda así unha gran parte do
alumnado descoñece esta expresión.
10. Os nenos autistas deben estar
separados dos normais nos colexios
(machista polo uso da linguaxe
sexista).
O obxectivo é detectar se saben distinguir a linguaxe sexista. A frase
en sí, á marxe da carga sexista é unha barbaridade que non hai por
onde coller. O meu alumnado sabe que teño un neno con Síndrome
de Down que asiste ao cole como calquera e que estou totalmente a
favor da inclusión dos nenos e nenas con diversidade funcional.
Aclaro isto nunha nota ao final.
11. Os españois son demócratas
(machista polo uso da linguaxe
sexista).
O obxectivo é detectar se saben distinguir a linguaxe sexista.
12. Teño sono (nin o un nin o outro) Frase de recheo.
13. A lei laboral do PP crea emprego
(nin o un nin o outro).
Frase de recheo.
14. A monarquía é a base da esencia
española (nin o un nin o outro).
Frase de recheo.
15. Todas as violencias son
rexeitables por igual (machista).
Pretenden comprobar o mesmo que o segundo item “Non é o
mesmo que un home lle pegue a unha muller que ao revés”.
Das respostas pode apreciarse que este concepto é un dos máis
descoñecidos. Só unha alumna de 4º é consciente de que a
estrutura social na que nos movemos pon ás mulleres en
desvantaxe, a mesma alumna que captou a linguaxe sexista. En
terceiro outra nena indicou que a frase “non é o mesmo que un
home lle pegue a unha muller que ao revés” era unha frase
feminista, pero en observacións aclarou “é o mesmo”. Este debe ser
un dos puntos a traballar, xa que é o principal motivo dos prexuízos
e oposición á Lei Integral contra a Violencia de Xénero e a falta de
apoio na sociedade ás mulleres maltratadas.
16. As mulleres ás veces fanse ás
difíciles para facerse valer (machista).
É un concepto que está perfectamente claro tanto en 3º como en 4º
da ESO.
17. As cociniñas son xoguetes para
nenas (machista).
Outro dos conceptos que non é necesario traballar nestes dous
cursos. En terceiro, aínda que puxeron a cruz en “nin o un nin o
outro” dúas persoas, nas aclaracións entendíase que consideraban
que as cociniñas poden ser un xoguete para nenos xa que eles
tamén cociñan. O alumnado de 2º de PMAR, sin embargo, aínda ten
a imaxe de que existen xoguetes para nenos e para nenas e que
debe de ser así. En 2º da ESO traballarémolo.
18. Pisei unha poza (nin o un nin o
outro).
Frase de recheo.
19. Normas para os usuarios da
biblioteca (machista polo uso dunha
linguaxe sexista).
Curiosamente, rapazas que non detectaron machismo noutras
frases con linguaxe sexista, detectárono nesta. Pode ser porque a
principio de curso eu falara da necesidade de cambiar o cartel da
entrada da biblioteca e tamén porque unha rapaza preguntou en voz
alta se existía a palabra “usuarias”.
20. Sección de pacientes especiais
(nin o un nin o outro).
Frase de recheo
21. Stop (nin o un nin o outro). Frase de recheo
22. O Manolo é unha nenaza
(machista).
Aquí notouse moito que eu traballara a principio de curso o tema dos
insultos en feminino cos rapaces e rapazas de terceiro. Coido que o
traballaron tamén con algunha outra profesora anteriormente. En
cuarto é un tema que a maioría teñen asumido, malia que dous
rapaces non detectaron machismo nesta frase. Considero que será
suficiente traballalo nunha sesión de media hora en 4º, xa que é un
concepto sinxelo a estes niveis. De novo o grupo de PMAR de 2º da
ESO está moi verde neste aspecto, sendo común que se insulten
entre eles en feminino. Será unha cuestión a traballar nese nivel.
Resultados enquisa en 3º da ESO
Número de alumnos/as: 15
Frase Feminista Machista Nin o un nin o outro
NS/NC
Exemplo: dame un folio, por favor. x
Exemplo: o meu home axúdame coa
colada x
As mulleres deben empoderarse x
Franco era un ditador 0 0 15 0
Non é o mesmo que un home lle
pegue a unha muller que ao revés
1 9 2 3
Os homes son máis simples que as
mulleres
4 6 2 3
Os homesdebenobedecerásmulleres 10 0 3 1
As mulleressonmáissensibles que os
homes
0 14 1 0
As mulleres teñen vaxina e os homes
pene
0 0 15 0
Os homesteñenunsimpulsos sexuais
que non poden reprimir
3 7 3 2
Moros fuera* 0 1 14 0
Non é non, incluso coas bragas
baixadas
8 2 0 5
Frase feminista machista
Nin o un
Nin o outro
Explicación
Os nenos autistas deben estar
separadosdosnormalesnoscolexios*
0 1 14 0
Os españois son demócratas 0 0 15 0
Teño sono 0 0 15 0
A lei laboral do PP crea emprego 0 0 15 0
A monarquía é a base da esencia
española
0 0 14 1
Todas as violenciassonrexeitablespor
igual
4 0 4 7
As mulleres ás veces fanse ás difíciles
para facerse valer
0 15 0 0
As cociniñas son xoguetes para nenas 0 13 2 0
Pisei unha poza 0 1 14 0
Normaspara os usuariosda biblioteca 0 4 11 0
Sección de pacientes especiais 0 0 15 0
Stop 0 0 15 0
O Manolo é unha nenaza 1 14 0 0
Respostas á enquisa en 4º da ESO
Nº de alumnos/as: 14
Frase Feminista Machista Nin o un nin o outro
NS/NC
Exemplo: dame un folio, por favor. x
Exemplo: o meu home axúdame coa colada x
As mulleres deben empoderarse x
Franco era un ditador 0 2 11 1
Non é o mesmo que un home lle pegue a
unha muller que ao revés
2 8 3 1
Os homesson máis simples que as mulleres 4 1 9 0
Os homes deben obedecer ás mulleres 4 4 6 0
As mulleressonmáissensiblesque oshomes 0 11 3 0
As mulleres teñen vaxina e os homes pene 0 3 11 0
Os homes teñen uns impulsos sexuais que
non poden reprimir
4 8 2 0
Moros fuera* 0 1 13 0
Non é non, incluso coas bragas baixadas 9 2 2 1
Frase feminista machista
Nin o un
Nin o outro
Explicación
Os nenos autistas deben estar
separados dos normais nos colexios*
0 1 13 0
Os españois son demócratas 0 1 11 2
Teño sono 0 0 14 0
A lei laboral do PP crea emprego 0 1 11 2
A monarquía é a base da esencia
española
0 0 12 2
Todas as violenciassonrexeitablespor
igual
4 1 8 1
As mulleres ás veces fanse ás difíciles
para facerse valer
0 14 0 0
As cociniñas son xoguetes para nenas 0 14 0 0
Pisei unha poza 0 0 14 0
Normaspara os usuariosda biblioteca 0 1 13 0
Sección de pacientes especiais 0 0 13 1
Stop 0 0 14 0
O Manolo é unha nenaza 0 12 2 0
*Puxenfrases coasque non estouparanada de acordo,como estastan polémicase ofensivas,
e outras que o meu alumnado sabe perfectamente que para min son falsidades. Tiña dous
obxectivos: por unha parte estar segura de que non pensan que é machismo todo o que non
lle gusta a unha feminista coma min, é dicir, asegurarme de que non identifican como
feministatodoo “bon” e “machista” todo o malo, porque eu son feminista. Tamén coa fin de
despistar, xa que ao ver o racismo ou a marxinación da diversidade funcional queda oculto o
sexismo da linguaxe, pero será moi impactante cando lles mostre imaxes de “moras” ou
“nenas con autismo” nas que seguro que non pensaron para nada cando leron a frase. Por
último quero facerlles reflexionar que non hai que coidar a linguaxe só cando falamos de
feminismo ou de mulleres, senón en cada un dos momentos da vida, incluso (ou quizás máis
aínda) cando falamos de temas tan graves.

Mais conteúdo relacionado

Destaque

Planif. plan especicfico trimestral 2016
Planif. plan especicfico trimestral 2016Planif. plan especicfico trimestral 2016
Planif. plan especicfico trimestral 2016Verano Limon
 
Informe General Autismo
Informe General AutismoInforme General Autismo
Informe General Autismonormankj21
 
Plan de tratamiento
Plan de tratamientoPlan de tratamiento
Plan de tratamientoeloger
 
Evaluacion autismo
Evaluacion autismoEvaluacion autismo
Evaluacion autismoMHope
 
Plan de intervención para personas con autismo
Plan de intervención para personas con autismoPlan de intervención para personas con autismo
Plan de intervención para personas con autismoLaura González
 

Destaque (8)

Temas 2 e 3 segundo trimestre
Temas 2 e 3 segundo trimestreTemas 2 e 3 segundo trimestre
Temas 2 e 3 segundo trimestre
 
Todos sospechosos
Todos sospechososTodos sospechosos
Todos sospechosos
 
Tema 1 xeografía 3º
Tema 1 xeografía 3ºTema 1 xeografía 3º
Tema 1 xeografía 3º
 
Planif. plan especicfico trimestral 2016
Planif. plan especicfico trimestral 2016Planif. plan especicfico trimestral 2016
Planif. plan especicfico trimestral 2016
 
Informe General Autismo
Informe General AutismoInforme General Autismo
Informe General Autismo
 
Plan de tratamiento
Plan de tratamientoPlan de tratamiento
Plan de tratamiento
 
Evaluacion autismo
Evaluacion autismoEvaluacion autismo
Evaluacion autismo
 
Plan de intervención para personas con autismo
Plan de intervención para personas con autismoPlan de intervención para personas con autismo
Plan de intervención para personas con autismo
 

Semelhante a Enquisa machismo coas respostas

Semelhante a Enquisa machismo coas respostas (16)

Micromachismos
MicromachismosMicromachismos
Micromachismos
 
Cartas de-amor
Cartas de-amorCartas de-amor
Cartas de-amor
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2
 
28 xunho ud_secundaria
28 xunho ud_secundaria28 xunho ud_secundaria
28 xunho ud_secundaria
 
Linguaxe sexista power point
Linguaxe sexista   power pointLinguaxe sexista   power point
Linguaxe sexista power point
 
O diario violeta de carlota
O diario violeta de carlotaO diario violeta de carlota
O diario violeta de carlota
 
Manifesto 25 novembro 2016
Manifesto 25 novembro 2016Manifesto 25 novembro 2016
Manifesto 25 novembro 2016
 
8 marzo (4º eso)
8 marzo (4º eso)8 marzo (4º eso)
8 marzo (4º eso)
 
Son feminista
Son feministaSon feminista
Son feminista
 
Papel da muller
Papel da mullerPapel da muller
Papel da muller
 
Tema 1 conceptos básicos
Tema 1 conceptos básicosTema 1 conceptos básicos
Tema 1 conceptos básicos
 
Sexismo
SexismoSexismo
Sexismo
 
Ava cpi virxe da cela 2019_
Ava cpi virxe da cela 2019_Ava cpi virxe da cela 2019_
Ava cpi virxe da cela 2019_
 
Revista Rañolas Nº 12 - Mayo 2016 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 12 - Mayo 2016 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 12 - Mayo 2016 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 12 - Mayo 2016 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 
Xornada contra homofobia
Xornada contra homofobiaXornada contra homofobia
Xornada contra homofobia
 
Sexismo
SexismoSexismo
Sexismo
 

Mais de Fernanda Suárez Méndez

Como disminuir el estrés en niños o niñas con Autismo.
Como disminuir el estrés en niños o niñas con Autismo.Como disminuir el estrés en niños o niñas con Autismo.
Como disminuir el estrés en niños o niñas con Autismo.Fernanda Suárez Méndez
 
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviii
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviiiTema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviii
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviiiFernanda Suárez Méndez
 
Tema 3. a economía mundial na actualidade para o alumnado
Tema 3. a economía mundial na actualidade para o alumnadoTema 3. a economía mundial na actualidade para o alumnado
Tema 3. a economía mundial na actualidade para o alumnadoFernanda Suárez Méndez
 
Os poderes lexislativo e executivo nas principais administracións de españa
Os poderes lexislativo e executivo nas principais administracións de españaOs poderes lexislativo e executivo nas principais administracións de españa
Os poderes lexislativo e executivo nas principais administracións de españaFernanda Suárez Méndez
 
Guión para a análise de obras artísticas
Guión para a análise de obras artísticasGuión para a análise de obras artísticas
Guión para a análise de obras artísticasFernanda Suárez Méndez
 
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviii
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviiiTema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviii
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviiiFernanda Suárez Méndez
 
Século xix revolución industrial, nacionalismo, imperialismo, movemento obreiro
Século xix revolución industrial, nacionalismo, imperialismo, movemento obreiroSéculo xix revolución industrial, nacionalismo, imperialismo, movemento obreiro
Século xix revolución industrial, nacionalismo, imperialismo, movemento obreiroFernanda Suárez Méndez
 
Resumo de como chegou o liberalismo a españa para recuperación
Resumo de como chegou o liberalismo a españa para recuperaciónResumo de como chegou o liberalismo a españa para recuperación
Resumo de como chegou o liberalismo a españa para recuperaciónFernanda Suárez Méndez
 
Crise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIX
Crise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIXCrise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIX
Crise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIXFernanda Suárez Méndez
 

Mais de Fernanda Suárez Méndez (20)

Tema a auga
Tema a augaTema a auga
Tema a auga
 
Como disminuir el estrés en niños o niñas con Autismo.
Como disminuir el estrés en niños o niñas con Autismo.Como disminuir el estrés en niños o niñas con Autismo.
Como disminuir el estrés en niños o niñas con Autismo.
 
Tema 1
Tema 1Tema 1
Tema 1
 
Proxecto profesional
Proxecto profesionalProxecto profesional
Proxecto profesional
 
Apuntes
ApuntesApuntes
Apuntes
 
Exercicios método científico
Exercicios método científicoExercicios método científico
Exercicios método científico
 
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviii
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviiiTema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviii
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviii
 
2. o liberalismo político
2. o liberalismo político2. o liberalismo político
2. o liberalismo político
 
Tema 3. a economía mundial na actualidade para o alumnado
Tema 3. a economía mundial na actualidade para o alumnadoTema 3. a economía mundial na actualidade para o alumnado
Tema 3. a economía mundial na actualidade para o alumnado
 
Os poderes lexislativo e executivo nas principais administracións de españa
Os poderes lexislativo e executivo nas principais administracións de españaOs poderes lexislativo e executivo nas principais administracións de españa
Os poderes lexislativo e executivo nas principais administracións de españa
 
Guión para a análise de obras artísticas
Guión para a análise de obras artísticasGuión para a análise de obras artísticas
Guión para a análise de obras artísticas
 
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviii
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviiiTema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviii
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviii
 
Referendo catalán
Referendo catalánReferendo catalán
Referendo catalán
 
Traballo machismo 4º eso
Traballo machismo 4º esoTraballo machismo 4º eso
Traballo machismo 4º eso
 
Machismo na mecánica
Machismo na mecánicaMachismo na mecánica
Machismo na mecánica
 
A mirada feminista na cociña definitivo
A mirada feminista na cociña definitivoA mirada feminista na cociña definitivo
A mirada feminista na cociña definitivo
 
Power point sara morán edrosa
Power point sara morán edrosaPower point sara morán edrosa
Power point sara morán edrosa
 
Século xix revolución industrial, nacionalismo, imperialismo, movemento obreiro
Século xix revolución industrial, nacionalismo, imperialismo, movemento obreiroSéculo xix revolución industrial, nacionalismo, imperialismo, movemento obreiro
Século xix revolución industrial, nacionalismo, imperialismo, movemento obreiro
 
Resumo de como chegou o liberalismo a españa para recuperación
Resumo de como chegou o liberalismo a españa para recuperaciónResumo de como chegou o liberalismo a españa para recuperación
Resumo de como chegou o liberalismo a españa para recuperación
 
Crise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIX
Crise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIXCrise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIX
Crise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIX
 

Enquisa machismo coas respostas

  • 1. ENQUISA DETECCIÓN MACHISMO Indica se hai algún machismo ou non nas seguintes afirmacións Explica porque cres que son machistas ou feministas a lo menos 5 Frase Feminista Machista Nin o un nin o outro Explicación Exemplo: dame un folio, por favor. x Exemplo:omeuhome axúdame coa colada x Da por sentado que a responsabilidade das tarefas do fogar son dela As mulleresdebenempoderarse x Franco era un ditador Noné o mesmoque unhome lle pegue a unha muller que ao revés Os homesson máis simples que as mulleres Os homes deben obedecer ás mulleres As mulleres son máis sensibles que os homes As mulleres teñen vaxina e os homes pene Os homes teñen uns impulsos sexuaisque nonpoden reprimir Moros fuera Non é non, incluso coas bragas baixadas
  • 2. Frase feminista machista Nin o un Nin o outro Explicación Os nenos autistas deben estar separados dos normais nos colexios Os españois son demócratas Teño sono A lei laboral doPPcrea emprego A monarquía é a base da esencia española Todas as violencias son rexeitables por igual As mulleres ás veces fanse ás difíciles para facerse valer As cociniñas son xoguetes para nenas Pisei unha poza Normas para os usuarios da biblioteca Sección de pacientes especiais Stop O Manolo é unha nenaza
  • 3. Ítems e resposta correcta (segundo a profesora que elaborou a enquisa) Obxectivo e valoración das respostas 1. Franco era un ditador (nin o un nin o outro). O obxectivo de este ítem era comprobar que entendían que non pregunto se Franco era machista senón se a frase en si mesma é machista, feminista ou non ten nada que ver nin co un nin co outro. En 3º tiven que explicalo. Hai pouco que traballamos as ditaduras, e estudamos o machismo do réxime franquista, polo que ao ler “Franco” xa lles saía poñer “machista”. O 100% do alumnado comprendeu que a frase en si mesma non é nin machista nin feminista. 2. Non é o mesmo que un home lle pegue a unha muller que ao revés. (Feminista). Este ítem pretendía comprobar o nivel de feminismo baseándome na idea de que os neomachistas consideran que todas as violencias son igual de rexeitables, sen ter en conta que é máis grave a violencia cando se exerce contra un colectivo oprimido ou sometido. O feminismo entende que a violencia dun home contra unha muller é máis grave porque existe toda unha estrutura patriarcal que pon á muller en situación de desvantaxe. Esta é a base da lei de violencia de xénero. Pero é un ítem que pode crear confusión, dado que, como me explica unha alumna, esta mesma frase pode dicila unha persoa machista (entendendo que é máis grave pegarlle a unha muller por ser o “sexo débil”) ou unha persoa feminista (que sexa consciente da diferenza de poder e privilexio dos homes e mulleres). 3. Os homes son máis simples que as mulleres (machista) Hai tres items que deben analizarse de forma conxunta: - Os homes son máis simples que as mulleres. - Os homes teñen uns impulsos sexuais que non poden reprimir. - As mulleres son máis sensibles que os homes. Pretende pescudar se distinguen entre diferenzas biolóxicas e diferenzas de xénero . Aquí é interesante constatar que hai unha concienciación moito maior na igualdade da muller co home que ao revés. É dicir, está moi traballado nos medios de comunicación, na escola, etc., o feito de que as mulleres poden facer o mesmo que os homes e teñen as mesmas capacidades. Saben rexeitar ideas machistas como a de considerar ás mulleres máis sensibles que os homes. Sen embargo non reflexionaron aínda sobre como son os homes e as ideas e estereotipos machistas que hai sobre eles. Tamén se pode apreciar certo descoñecemento do que é o feminismo, ao ser considerado,por un pequeno sector do alumnado, como un movemento que quere que o home obedeza á muller e que considera aos homes máis simples e impulsivos. 4. Os homes deben obedecer ás mulleres (nin o un nin o outro). Pretendía sondar a idea que se ten do feminismo, qué parte do alumnado confunde feminismo co contrario do machismo. 5. As mulleres son máis sensibles que os homes (machista). A sensibilidade feminina é aínda un estereotipo moi estendido. Malia iso, o alumnado ten moi claro que é machista considerar ás mulleres máis sensibles que os homes so polo feito de ser mulleres. 6. As mulleres teñen vaxina e os homes pene (nin o un nin o outro*). Son diferenzas biolóxicas que habitualmente non levan carga machista, *aínda que en determinados contextos transfóbicos sí que podería selo. En realidade, aínda que sexan unha minoría hai
  • 4. mulleres con pene e homes con vaxina. 3 persoas de 4º contestaron que esta frase é machista. 7. Os homes teñen impulsos sexuais que non poden reprimir (machista). Este ítem pretendía determinar se o alumnado é quén de identificar os estereotipos masculinos tradicionais como falsos. É falso que os homes teñan uns impulsos sexuais máis acusados que os das mulleres por pura bioloxía. Isto está demostrado xa dende mediados do século XX. O discurso da impulsividade sexual dos homes é un discurso fondamente machista que xustifica os abusos e violacións a mulleres que “van provocando”. 8. Mouros fora (machista polo uso da linguaxe sexista). Linguaxe sexista.As mulleres musulmás desaparecen do imaxinario colectivo ao pronunciar esta frase. 9. Non é non, incluso coas bragas baixadas (feminista). Esta frase pretendía comprobar se o alumnado le sobre feminismo nas redes sociais ou se o falan entre si. O alumnado que non escoitara nunca esta frase non entendía a que se refería. Dos resultados da enquisa se comproba que é un tema traballado polos medios de comunicación, supoño que a raíz do caso da violación de San Fermín, que foi moi comentada. Aínda así unha gran parte do alumnado descoñece esta expresión. 10. Os nenos autistas deben estar separados dos normais nos colexios (machista polo uso da linguaxe sexista). O obxectivo é detectar se saben distinguir a linguaxe sexista. A frase en sí, á marxe da carga sexista é unha barbaridade que non hai por onde coller. O meu alumnado sabe que teño un neno con Síndrome de Down que asiste ao cole como calquera e que estou totalmente a favor da inclusión dos nenos e nenas con diversidade funcional. Aclaro isto nunha nota ao final. 11. Os españois son demócratas (machista polo uso da linguaxe sexista). O obxectivo é detectar se saben distinguir a linguaxe sexista. 12. Teño sono (nin o un nin o outro) Frase de recheo. 13. A lei laboral do PP crea emprego (nin o un nin o outro). Frase de recheo. 14. A monarquía é a base da esencia española (nin o un nin o outro). Frase de recheo. 15. Todas as violencias son rexeitables por igual (machista). Pretenden comprobar o mesmo que o segundo item “Non é o mesmo que un home lle pegue a unha muller que ao revés”. Das respostas pode apreciarse que este concepto é un dos máis descoñecidos. Só unha alumna de 4º é consciente de que a estrutura social na que nos movemos pon ás mulleres en desvantaxe, a mesma alumna que captou a linguaxe sexista. En terceiro outra nena indicou que a frase “non é o mesmo que un home lle pegue a unha muller que ao revés” era unha frase feminista, pero en observacións aclarou “é o mesmo”. Este debe ser un dos puntos a traballar, xa que é o principal motivo dos prexuízos e oposición á Lei Integral contra a Violencia de Xénero e a falta de apoio na sociedade ás mulleres maltratadas. 16. As mulleres ás veces fanse ás difíciles para facerse valer (machista). É un concepto que está perfectamente claro tanto en 3º como en 4º da ESO.
  • 5. 17. As cociniñas son xoguetes para nenas (machista). Outro dos conceptos que non é necesario traballar nestes dous cursos. En terceiro, aínda que puxeron a cruz en “nin o un nin o outro” dúas persoas, nas aclaracións entendíase que consideraban que as cociniñas poden ser un xoguete para nenos xa que eles tamén cociñan. O alumnado de 2º de PMAR, sin embargo, aínda ten a imaxe de que existen xoguetes para nenos e para nenas e que debe de ser así. En 2º da ESO traballarémolo. 18. Pisei unha poza (nin o un nin o outro). Frase de recheo. 19. Normas para os usuarios da biblioteca (machista polo uso dunha linguaxe sexista). Curiosamente, rapazas que non detectaron machismo noutras frases con linguaxe sexista, detectárono nesta. Pode ser porque a principio de curso eu falara da necesidade de cambiar o cartel da entrada da biblioteca e tamén porque unha rapaza preguntou en voz alta se existía a palabra “usuarias”. 20. Sección de pacientes especiais (nin o un nin o outro). Frase de recheo 21. Stop (nin o un nin o outro). Frase de recheo 22. O Manolo é unha nenaza (machista). Aquí notouse moito que eu traballara a principio de curso o tema dos insultos en feminino cos rapaces e rapazas de terceiro. Coido que o traballaron tamén con algunha outra profesora anteriormente. En cuarto é un tema que a maioría teñen asumido, malia que dous rapaces non detectaron machismo nesta frase. Considero que será suficiente traballalo nunha sesión de media hora en 4º, xa que é un concepto sinxelo a estes niveis. De novo o grupo de PMAR de 2º da ESO está moi verde neste aspecto, sendo común que se insulten entre eles en feminino. Será unha cuestión a traballar nese nivel.
  • 6. Resultados enquisa en 3º da ESO Número de alumnos/as: 15 Frase Feminista Machista Nin o un nin o outro NS/NC Exemplo: dame un folio, por favor. x Exemplo: o meu home axúdame coa colada x As mulleres deben empoderarse x Franco era un ditador 0 0 15 0 Non é o mesmo que un home lle pegue a unha muller que ao revés 1 9 2 3 Os homes son máis simples que as mulleres 4 6 2 3 Os homesdebenobedecerásmulleres 10 0 3 1 As mulleressonmáissensibles que os homes 0 14 1 0 As mulleres teñen vaxina e os homes pene 0 0 15 0 Os homesteñenunsimpulsos sexuais que non poden reprimir 3 7 3 2 Moros fuera* 0 1 14 0 Non é non, incluso coas bragas baixadas 8 2 0 5
  • 7. Frase feminista machista Nin o un Nin o outro Explicación Os nenos autistas deben estar separadosdosnormalesnoscolexios* 0 1 14 0 Os españois son demócratas 0 0 15 0 Teño sono 0 0 15 0 A lei laboral do PP crea emprego 0 0 15 0 A monarquía é a base da esencia española 0 0 14 1 Todas as violenciassonrexeitablespor igual 4 0 4 7 As mulleres ás veces fanse ás difíciles para facerse valer 0 15 0 0 As cociniñas son xoguetes para nenas 0 13 2 0 Pisei unha poza 0 1 14 0 Normaspara os usuariosda biblioteca 0 4 11 0 Sección de pacientes especiais 0 0 15 0 Stop 0 0 15 0 O Manolo é unha nenaza 1 14 0 0
  • 8. Respostas á enquisa en 4º da ESO Nº de alumnos/as: 14 Frase Feminista Machista Nin o un nin o outro NS/NC Exemplo: dame un folio, por favor. x Exemplo: o meu home axúdame coa colada x As mulleres deben empoderarse x Franco era un ditador 0 2 11 1 Non é o mesmo que un home lle pegue a unha muller que ao revés 2 8 3 1 Os homesson máis simples que as mulleres 4 1 9 0 Os homes deben obedecer ás mulleres 4 4 6 0 As mulleressonmáissensiblesque oshomes 0 11 3 0 As mulleres teñen vaxina e os homes pene 0 3 11 0 Os homes teñen uns impulsos sexuais que non poden reprimir 4 8 2 0 Moros fuera* 0 1 13 0 Non é non, incluso coas bragas baixadas 9 2 2 1
  • 9. Frase feminista machista Nin o un Nin o outro Explicación Os nenos autistas deben estar separados dos normais nos colexios* 0 1 13 0 Os españois son demócratas 0 1 11 2 Teño sono 0 0 14 0 A lei laboral do PP crea emprego 0 1 11 2 A monarquía é a base da esencia española 0 0 12 2 Todas as violenciassonrexeitablespor igual 4 1 8 1 As mulleres ás veces fanse ás difíciles para facerse valer 0 14 0 0 As cociniñas son xoguetes para nenas 0 14 0 0 Pisei unha poza 0 0 14 0 Normaspara os usuariosda biblioteca 0 1 13 0 Sección de pacientes especiais 0 0 13 1 Stop 0 0 14 0 O Manolo é unha nenaza 0 12 2 0
  • 10. *Puxenfrases coasque non estouparanada de acordo,como estastan polémicase ofensivas, e outras que o meu alumnado sabe perfectamente que para min son falsidades. Tiña dous obxectivos: por unha parte estar segura de que non pensan que é machismo todo o que non lle gusta a unha feminista coma min, é dicir, asegurarme de que non identifican como feministatodoo “bon” e “machista” todo o malo, porque eu son feminista. Tamén coa fin de despistar, xa que ao ver o racismo ou a marxinación da diversidade funcional queda oculto o sexismo da linguaxe, pero será moi impactante cando lles mostre imaxes de “moras” ou “nenas con autismo” nas que seguro que non pensaron para nada cando leron a frase. Por último quero facerlles reflexionar que non hai que coidar a linguaxe só cando falamos de feminismo ou de mulleres, senón en cada un dos momentos da vida, incluso (ou quizás máis aínda) cando falamos de temas tan graves.