SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 27
Manuel María Fernández Teixeiro, naceu en
Outeiro de Rei, na casa das Hortas, o 6 de outubro
de 1929 e finou na Coruña, onde pasou os últimos
anos, o oito de setembro do 2004.
A evocación da paisaxe da súa terra
natal, A TERRA CHA, foi un dos temas
preferidos de Manuel María, e unha
constante na súa obra.
O Libro de poemas Terra Cha publicouse
en 1954.
CANTO
Á TERRA CHA
 
Primeiro poema do libro TERRA CHA 
(aparece na segunda edición) e que resume o 
contido xeral da temática do poeta sobre 
a súa terra natal e vivencial.
¡Ouh miña Terra Cha, amada dende lonxe,
povoada de ventos e carpazas
por onde o miño pasa caladiño
por non despertar tanto silencio
que envolve bruscamente ceo e terra!
…..
…..
¡Terras humildes, ciscadas pola Cha,
que non se dan medidas cunha ollada:
lévovos no fondo da lembranza
alumando os meus días intre a intre!
…..
…..
¡Terras de Vilalba e de Cospeito;
Castro de Rei e Outeiro de Rei,
Rábade, Abadín e Pastoriza…!
¡Terras peladas e ásperas de Parga;
gándaras sen fin de Guitiriz…!.
…..
Vilalba A Pastoriza
…..
¡Serra de San Simón, perto a Vilalba;
Montes do Fitoiro, ollando a Lugo;
Serra de Meira, chantada pró nacente
e Cordal de Ousá, cara a Friol…!
…..
San Simón da Costa
…..
E aló pola Pastoriza e Monsaibán
os cabalos da grea desbocados,
gallopando por min antergos soños
que rexurden de novo, nun repente.
.....
…..
¡Feirón de Vilalba! ¡Feiras do Castro,
Rábade, Moimenta e A do Monte…!
Aínda o voso rumor na miña alma
resoa cun doce e vello son de muiñeira.
…..
…..
¡Pazo de Sistallo! ¡Torres de Vilalba,
A Caldaloba, Taboi e máis Sobrada:
facedes garda de honor a inmensidade
e velais o misterio e o silencio
que envolve como un manto a miña terra!
….
Torre de Vilalba
Torre de Cal da Loba
…..
Festa dos Milagres en Saavedra;
Santa Sabel de Outeiro de Rei;
Nosa Señora do Monte, de Cospeito,
raíña da Terra Cha, dos montes sos,
cubertos de pucharcas e carpazas
que teñen a cor escura da tristura!
…..
Saavedra
Santa Sabela
…..
San Ramón de Vilalba: ¡eres a flor
de tódalas romaxes do país…!
pero a miña romaxe é a máis humilde:
a virxe da saleta, en San Xulián,
onde o silencio é fondo e se oi o Miño
ir co seu paso de boi cara os encoros
que deteñen a súa forza poderosa
coutándolle o camiño do mar ceibe.
…..
San Xulián de Mos
San Ramón
…..
¡Ouh xentileza lanzal da abidueira,
branca e esguía como un soño,
que na humilde pucharca se reflexa,
na linfa transparente dos regatos
e nos ríos caudales de augas quedas
que van durmindo ó mar!
…..
…..
Polo inverno
baixo o vento xeado do Cantábrico:
laias fondamente, almiña en pena.
…..
…..
¡Salgueiros e piñeiros, amieiros cor mel
e potentes carballos centenarios
que loitades co vento brazo a brazo!
¡ouh agros de centeo, terras frías,
con auga encorada nos madoiros…!”
…..
…..
Na Terra Cha todo é puro, elemental.
Homes silandeiros que non teñen
nen sequer palabras para cantar
e emigran tristeiros e calados
levando a outras terras o silencio
que lles deu a súa terra fatalmente.
…..
…..
Na Terra Cha as cousas nada falan:
A choiva, cai na terra sen máis nada;
o vento que ven do mar pasa ouveando
e o sol abrasa todo sen piedade
nos días abafantes do Vrao longo.
Máis a beleza grave das chairegas
-o seu van xentil como o do vimbio
e os seus ollos da cor das avelairas-
érguese impresionante en toda a Cha.
…..
…..
Nesta terra só os carros do país
lle dan á paisaxe a súa voz agria
para que cante segredo, quedamente,
a historia de Lucerna e de Valverde,
as dúas cidades malditas, sulagadas
no fondo da lagoa de Cospeito…
…..
Lagoa de Cospeito
…..
E tamén as campás, co seu acento,
que se alonga soidoso polas gándaras,
enchen de vaga soidá a nosa alma.
(¡Ouh verbas inspiradas de Noriega!
¡Versos virxilianos de Aquilino!
¡e razós namoradas de Crecente
que case semellades un silencio!)
.....
…..
Agora eu estou lonxe. E teño Señardás
dos berros, case ouveos, das labercas;
do rumor do Anllo, do Lea e do Azúmara,
do Fabilus, do Ladra e máis do Támoga;
do gando que pace polas Brañas,
dos oleiros de Bonxe e Silvarrei;
dos zoqueiros de Loentia e Formarán;
e dos brutamontes, calados e solemnes,
que baixan, dende a Corda e San Simón
vender os queixos loubados a Vilalba
pondo unha nobre gravidade nos feirós.
…..
Río Miño
…..
Agora eu estou lonxe. E teño saudade
dos camiños anchos como estradas
que atravesan os montes soedosos;
dos prados de ouro e seda perto os ríos;
…..
Río Miño
….. 
das falas pausadas dos labregos
de Xustás e Gaibor, que recolleitan
patacas por vagós; das mulleres
vestidas de mouro que, dende Outono,
encerran os capós nas capoeiras
para matalos, ben cebados, no Nadal
e celebrar como é debido a Noiteboa;
…..
….. 
das terras centeeiras que producen
o pan e a seguridá de todo o ano;
dos altos ceos chumbos que ameazan,
coas súas nubes escuras como a morte,
o desamparo dos povos e dos montes,
perdidos na gran inmensidade,
orfa e impresionante da planura…
.....
…..
Agora a Terra Cha é outra Terra.
Agora sente o peso dos tractores
E escoita, estantía, como fungan;
Como enchen o ar de roucos sons.
…..
…..
A terra, vella e sabia, nada di.
Porque esta terra, sempre despoboada,
-habitada só de vento e de choivas,
Xeadas, xistras e aves frías-
Cecáis non comprende cabalmente
A Colonización, tan aireada
Un día e outro día nos xornás…
 …..
…..
Eu amo a Terra Cha, sempre tan miña.
Eu amo a Terra Cha tal como é:
¡a súa seiva corre no meu sangue
E alúmame, a súa luz, o corazón!
 
Monforte de Lemos, agosto, 1964
MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta
Xaneiro 2015

Mais conteúdo relacionado

Mais procurados

Manuel María: a natureza, as aves
Manuel María: a natureza, as avesManuel María: a natureza, as aves
Manuel María: a natureza, as avesmonadela
 
Xohana Torres, natureza de illa
Xohana Torres, natureza de illaXohana Torres, natureza de illa
Xohana Torres, natureza de illaXenza
 
UD de Rosalía de Castro
UD de Rosalía de CastroUD de Rosalía de Castro
UD de Rosalía de CastroBelén Mariño
 
A literatura. Características da linguaxe literaria. Os xéneros literarios (1...
A literatura. Características da linguaxe literaria. Os xéneros literarios (1...A literatura. Características da linguaxe literaria. Os xéneros literarios (1...
A literatura. Características da linguaxe literaria. Os xéneros literarios (1...Román Landín
 
Día das Letras Galegas
Día das Letras GalegasDía das Letras Galegas
Día das Letras Galegasfontexeriabib
 
Rosalía de Castro
Rosalía de Castro Rosalía de Castro
Rosalía de Castro bibliolois
 
A literatura medieval
A literatura medievalA literatura medieval
A literatura medievalanagagon
 
Literaturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade mediaLiteraturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade mediaMarlou
 
lirica medieval
lirica medievallirica medieval
lirica medievalxenevra
 
Rosalía
RosalíaRosalía
Rosalíaxenevra
 
SÉCULOS ESCUROS . textos
SÉCULOS ESCUROS . textosSÉCULOS ESCUROS . textos
SÉCULOS ESCUROS . textosMarlou
 
Rosalia de castro
Rosalia de castroRosalia de castro
Rosalia de castrocrocaio
 
Os días das letras galegas
Os días das letras galegasOs días das letras galegas
Os días das letras galegasfontexeriabib
 

Mais procurados (20)

Manuel María: a natureza, as aves
Manuel María: a natureza, as avesManuel María: a natureza, as aves
Manuel María: a natureza, as aves
 
Xohana Torres, natureza de illa
Xohana Torres, natureza de illaXohana Torres, natureza de illa
Xohana Torres, natureza de illa
 
UD de Rosalía de Castro
UD de Rosalía de CastroUD de Rosalía de Castro
UD de Rosalía de Castro
 
A literatura. Características da linguaxe literaria. Os xéneros literarios (1...
A literatura. Características da linguaxe literaria. Os xéneros literarios (1...A literatura. Características da linguaxe literaria. Os xéneros literarios (1...
A literatura. Características da linguaxe literaria. Os xéneros literarios (1...
 
Manuel María: as plantas
Manuel María: as plantasManuel María: as plantas
Manuel María: as plantas
 
Día das Letras Galegas
Día das Letras GalegasDía das Letras Galegas
Día das Letras Galegas
 
Rosalía de Castro
Rosalía de Castro Rosalía de Castro
Rosalía de Castro
 
Triptico2013
Triptico2013Triptico2013
Triptico2013
 
Rosalia de Castro
Rosalia de CastroRosalia de Castro
Rosalia de Castro
 
A literatura medieval
A literatura medievalA literatura medieval
A literatura medieval
 
Literaturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade mediaLiteraturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade media
 
lirica medieval
lirica medievallirica medieval
lirica medieval
 
Kamishibai
KamishibaiKamishibai
Kamishibai
 
Rosalía
RosalíaRosalía
Rosalía
 
SÉCULOS ESCUROS . textos
SÉCULOS ESCUROS . textosSÉCULOS ESCUROS . textos
SÉCULOS ESCUROS . textos
 
Escolma Rosalía de Castro
Escolma Rosalía de CastroEscolma Rosalía de Castro
Escolma Rosalía de Castro
 
Rosalia de castro
Rosalia de castroRosalia de castro
Rosalia de castro
 
Os días das letras galegas
Os días das letras galegasOs días das letras galegas
Os días das letras galegas
 
Muller homenaxe do home
Muller homenaxe do homeMuller homenaxe do home
Muller homenaxe do home
 
Homes
HomesHomes
Homes
 

Destaque

Galicia - Manuel María
Galicia - Manuel MaríaGalicia - Manuel María
Galicia - Manuel Maríamandacarallo
 
Conto con pictogramas: Lolo anda en bicicleta
Conto con pictogramas: Lolo anda en bicicletaConto con pictogramas: Lolo anda en bicicleta
Conto con pictogramas: Lolo anda en bicicletaAnxoPictogramas Anxo
 
Biografía de Carlos Casares
Biografía de Carlos CasaresBiografía de Carlos Casares
Biografía de Carlos Casareslaclasedemiriam
 
Biografía de Carlos Casares en pictogramas
Biografía de Carlos Casares en pictogramasBiografía de Carlos Casares en pictogramas
Biografía de Carlos Casares en pictogramasAnxoPictogramas Anxo
 
Manuel María "os soños na gaiola"
Manuel María "os soños na gaiola"Manuel María "os soños na gaiola"
Manuel María "os soños na gaiola"mauel siaba lestón
 
Pasos para atar ,lãmina a lãmina copia
Pasos para atar ,lãmina a lãmina   copiaPasos para atar ,lãmina a lãmina   copia
Pasos para atar ,lãmina a lãmina copiaAnabel Cornago
 

Destaque (7)

Carlos casares
Carlos casaresCarlos casares
Carlos casares
 
Galicia - Manuel María
Galicia - Manuel MaríaGalicia - Manuel María
Galicia - Manuel María
 
Conto con pictogramas: Lolo anda en bicicleta
Conto con pictogramas: Lolo anda en bicicletaConto con pictogramas: Lolo anda en bicicleta
Conto con pictogramas: Lolo anda en bicicleta
 
Biografía de Carlos Casares
Biografía de Carlos CasaresBiografía de Carlos Casares
Biografía de Carlos Casares
 
Biografía de Carlos Casares en pictogramas
Biografía de Carlos Casares en pictogramasBiografía de Carlos Casares en pictogramas
Biografía de Carlos Casares en pictogramas
 
Manuel María "os soños na gaiola"
Manuel María "os soños na gaiola"Manuel María "os soños na gaiola"
Manuel María "os soños na gaiola"
 
Pasos para atar ,lãmina a lãmina copia
Pasos para atar ,lãmina a lãmina   copiaPasos para atar ,lãmina a lãmina   copia
Pasos para atar ,lãmina a lãmina copia
 

Semelhante a Canto á Terra Cha. Manuel María

Antoloxía LiteGalXX 1916-36
Antoloxía LiteGalXX 1916-36Antoloxía LiteGalXX 1916-36
Antoloxía LiteGalXX 1916-36Marlou
 
Manuel María. Letras Galegas. 2016
Manuel María. Letras Galegas. 2016Manuel María. Letras Galegas. 2016
Manuel María. Letras Galegas. 2016Marlou
 
Caderno roteiro literario manuel maría
Caderno roteiro literario manuel maríaCaderno roteiro literario manuel maría
Caderno roteiro literario manuel maríaXenza
 
Eduardo Pondal
Eduardo PondalEduardo Pondal
Eduardo PondalVinseiro
 
Fotopoemario
FotopoemarioFotopoemario
Fotopoemariocalcetin5
 
Os días das letras galegas
Os días das letras galegasOs días das letras galegas
Os días das letras galegasfontexeriabib
 
Poemas concurso rosalía
Poemas concurso rosalíaPoemas concurso rosalía
Poemas concurso rosalíaIes Numeroun
 
Esmorga novoneyar
Esmorga novoneyarEsmorga novoneyar
Esmorga novoneyarPlastilina3
 
Tópicos literarios nas nosas letras
Tópicos literarios nas nosas letrasTópicos literarios nas nosas letras
Tópicos literarios nas nosas letrassusanavazre
 
Tópicos literarios
Tópicos literariosTópicos literarios
Tópicos literariossusanavazre
 
Tópicos literarios na literatura galega
Tópicos literarios na literatura galegaTópicos literarios na literatura galega
Tópicos literarios na literatura galegasusanavazre
 

Semelhante a Canto á Terra Cha. Manuel María (20)

Rosalía1
Rosalía1Rosalía1
Rosalía1
 
Tópicos literarios power
Tópicos literarios powerTópicos literarios power
Tópicos literarios power
 
Rosalía1
Rosalía1Rosalía1
Rosalía1
 
Antoloxía LiteGalXX 1916-36
Antoloxía LiteGalXX 1916-36Antoloxía LiteGalXX 1916-36
Antoloxía LiteGalXX 1916-36
 
Manuel María. Letras Galegas. 2016
Manuel María. Letras Galegas. 2016Manuel María. Letras Galegas. 2016
Manuel María. Letras Galegas. 2016
 
Caderno roteiro literario manuel maría
Caderno roteiro literario manuel maríaCaderno roteiro literario manuel maría
Caderno roteiro literario manuel maría
 
Eduardo Pondal
Eduardo PondalEduardo Pondal
Eduardo Pondal
 
Fotopoemario
FotopoemarioFotopoemario
Fotopoemario
 
Os días das letras galegas
Os días das letras galegasOs días das letras galegas
Os días das letras galegas
 
Tempo3
Tempo3Tempo3
Tempo3
 
Poemas concurso rosalía
Poemas concurso rosalíaPoemas concurso rosalía
Poemas concurso rosalía
 
Novoneyra3
Novoneyra3Novoneyra3
Novoneyra3
 
Esmorga novoneyar
Esmorga novoneyarEsmorga novoneyar
Esmorga novoneyar
 
Topicos literarios
Topicos literariosTopicos literarios
Topicos literarios
 
Tópicos literarios nas nosas letras
Tópicos literarios nas nosas letrasTópicos literarios nas nosas letras
Tópicos literarios nas nosas letras
 
Tópicos literarios
Tópicos literariosTópicos literarios
Tópicos literarios
 
Tópicos literarios na literatura galega
Tópicos literarios na literatura galegaTópicos literarios na literatura galega
Tópicos literarios na literatura galega
 
Recitado
Recitado Recitado
Recitado
 
Manuel Curros Enríquez
Manuel Curros EnríquezManuel Curros Enríquez
Manuel Curros Enríquez
 
A poesía das Irmandades da Fala
A poesía das Irmandades da FalaA poesía das Irmandades da Fala
A poesía das Irmandades da Fala
 

Mais de monadela

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxmonadela
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxmonadela
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptmonadela
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptmonadela
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxmonadela
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costamonadela
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxemonadela
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costamonadela
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costamonadela
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costamonadela
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costamonadela
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costamonadela
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costamonadela
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costamonadela
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costamonadela
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexomonadela
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruñamonadela
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costamonadela
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costamonadela
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costamonadela
 

Mais de monadela (20)

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptx
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptx
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.ppt
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.ppt
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptx
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costa
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxe
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costa
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costa
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costa
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costa
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costa
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costa
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costa
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costa
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexo
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruña
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costa
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costa
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costa
 

Canto á Terra Cha. Manuel María