Lomce

737 visualizações

Publicada em

Contidos sobre a LOMCE da charla organizada polas ANPAS de Cambados, 18 de outubro de 2013

Publicada em: Educação
0 comentários
0 gostaram
Estatísticas
Notas
  • Seja o primeiro a comentar

  • Seja a primeira pessoa a gostar disto

Sem downloads
Visualizações
Visualizações totais
737
No SlideShare
0
A partir de incorporações
0
Número de incorporações
217
Ações
Compartilhamentos
0
Downloads
2
Comentários
0
Gostaram
0
Incorporações 0
Nenhuma incorporação

Nenhuma nota no slide

Lomce

  1. 1. QUE É A LOMCE? CHARLA INFORMATIVA ORGANIZADA POLAS ANPAS DE CAMBADOS AUDITORIO DA XUVENTUDE, 18 DE OUTUBRO DE 2013
  2. 2. QUE SE DIXO? IDEAS PRINCIPAIS • A LEI VIXENTE FAI FINCAPÉ NA FORMACIÓN INTEGRAL DOS CIDADÁNS DO FUTURO • A LOMCE REMARCA A FUNCIÓN DA EDUCACIÓN COMO FORMACIÓN DOS FUTUROS TRABALLADORES
  3. 3. A SITUACIÓN ACTUAL PERMITE O PASO DUNS NIVEIS A OUTROS CON MAIOR FACILIDADE • POR EXEMPLO SE O ALUMNADO NON ELIXE O BACHARELATO E OPTA POR UN CICLO PROFESIONAL MEDIO (FP), POR MEDIO DE DIFERENTES PROBAS PODE ACCEDER A UN CICLO SUPERIOR E LOGO Á UNIVERSIDADE. NON SE PECHAN AS VÍAS. • A LOMCE ESTABLECE QUE AO REMATAR 3º DE ESO (14-15 ANOS) O ALUMNADO DEBE ESCOLLER ENTRE UN 4º DE ESO ORIENTADO A FP OU A BACHARELATO. PARA ACCEDER Á UNIVERSIDADE HAI QUE SUPERAR O BACHARELATO E A REVÁLIDA
  4. 4. • TAMÉN ESTABLECE EXÁMENES OU REVÁLIDAS. • EN 3º E 6º DE PRIMARIA, TERÁN A FUNCIÓN DE COMPROBAR A SITUACIÓN DO ALUMNADO, PODERÁN PASAR DE CURSO SE NON AS SUPERAN. • EN 4º DE ESO E 2º DE BACHARELATO, SERÁ IMPRESCINDIBLE APROBALAS PARA PASAR AO SEGUINTE NIVEL EDUCATIVO. • ELIMÍNASE O EXAME DE SELECTIVIDADE, PERO SERÁN AS DIFERENTES FACULTADES AS QUE FARAN EXÁMENES PROPIOS PARA SELECIONAR AO ALUMNADO
  5. 5. • O ALUMADO DE 4º DE ESO QUE SUPERASE O CURSO PERO QUE NON APROBE A REVÁLIDA NON RECIBIRÁ O TÍTULO DE GRADUADO EN EDUCACIÓN SECUNDARIA, SÓ RECIBE UNHA CERTIFICACIÓN DOS ESTUDOS REALIZADOS. ESO SI, PODERÁSE PRESENTAR Á PROBA DE REVÁLIDA VARIAS VECES. • AO REMATAR SEGUNDO DA ESO O ALUMNADO CON MALOS RESULTADOS PODERÁ OPTAR A UNHA FP BÁSICA DE NOVA CREACIÓN, PERO NON RECIBIRÁ O TÍTULO DE GRADUADO. UN SISTEMA SIMILAR EN FUNCIONAMENTO AGORA (PROGRAMAS DE PCPI) SI PERMITE OBTER O TÍTULO AO REMATALOS
  6. 6. RÁCHASE CO PRINCIPIO DE AVALIACIÓN CONTINUA NO QUE O ALUMNADO É AVALIADO AO LONGO DE TODO O CURSO, AGORA ESTABLÉCESE UN ÚNICO EXAME PARA DECIDIR A SÚA APTITUDE. SÓ DESPOIS DE SUPERADO TERANSE EN CONTA AS NOTAS ANTERIORES • “Las pruebas deberán ser realizadas por las respectivas Administraciones educativas en el centro educativo en el que el alumno curse estudios, y aplicadas y calificadas por especialistas externos al centro” AS PROBAS SERÁN EXTERNAS, NON SE ESPECIFICA QUEN AS FARÁ, EMPRESAS PRIVADAS?
  7. 7. DEVALÚASE O PAPEL DO PROFESORADO • DECONFÍASE DA SÚA CUALIFICACIÓN, PESE A TER AVALIACIÓN POSITIVA, SE O ALUMNADO NON SUPERA A REVÁLIDA NON TITULARÁ. • DÁSE MAIOR IMPORTANCIA A UNHA VALORACIÓN EXTERNA QUE Á DO PROFESORADO QUE COÑECE MELLOR AO ALUMNADO
  8. 8. ESTABLÉCESE UNHA PROBA ÚNICA PARA AVALIAR A TODO O ALUMNADO DE TODA ESPAÑA • TODOS DEBEN SUPERAR UNHA PROBA IDÉNTICA PESE A QUE AS SITUACIÓNS DE PARTIDA SON MOI DIFERENTES: • ZONAS RURAIS E URBANAS, NIVEIS ECONÓMICOS, ALUMNADO EXTRANXEIRO, DIFICULTADES DE APRENDIZAXE, DIFERENTES TERRITORIOS… • O SISTEMA ACTUAL PERMITE CREAR PROGRAMAS DE DIVERSIFICACIÓN CURRICULAR (PDCs) PARA QUE ALUMNOS CON DIFICULTADES DE APRENDIZAXE POIDAN TITULAR
  9. 9. REDÚCESE A AUTONOMÍA DOS CENTROS • O CONSELLO ESCOLAR PERDE FUNCIÓNS, É SÓ CONSULTIVO, NON DECIDE • O DIRECTOR DO CENTRO SERÁ NOMEADO POLA ADMINISTRACIÓN E POLO TANTO DEPENDERÁ DELA EN MAIOR MEDIDA QUE AGORA • O DIRECTOR PODERÁ CONTRATAR PROFESORADO DIRECTAMENTE. FARASE CON RIGOR?
  10. 10. AS CIFRAS DE ABANDONO ESCOLAR SON DAS MÁIS ALTAS DA UNIÓN EUROPEA PERO REDUCÍRONSE NOS ÚLTIMOS ANOS • NO 2013 FORON DO 24,5 % PERO NO 2009 CHEGARON AO 31,2% (UN DE CADA 3 ALUMNOS NON TITULABA) E NOS ANOS 80 CO SISTEMA EDUCATIVO DA EXB E O BUP CHEGABAN CASE AO 50% • COA FINALIDADE DE REDUCIR ESE ABANDONO A LOMCE CREA UN 4º DE ESO MÁIS ORIENTADO A UNHA FORMACIÓN PRÁCTICA PERO NON ESTABLECE NINGUNHA MEDIDA NOVA PARA COMBATIR O FRACASO ESCOLAR NA ETAPA DE PRIMARIA QUE É CANDO SE ESTÁ A TEMPO DE SOLUCIONAR OS PROBLEMAS
  11. 11. AUMÉNTASE A IMPORTANCIA DAS MATERIAS TRONCAIS (LINGUAS , MATEMÁTICAS) E A RELIXIÓN, QUE CONTA NO EXPEDIENTE ACADÉMICO. REDÚCENSE: MÚSICA, PLÁSTICA, FILOSOFÍA, TECNOLOXÍA… AS MATERIAS DE LINGUAS E MATEMÁTICAS XA TIVERON UN AUMENTO HORARIO NOS ÚLTIMOS ANOS SIN QUE SE CONSEGUISEN MELLORAS IMPORTANTES NAS PROBAS PISA QUE FAI A OCDE EN COMPRENSIÓN LECTORA E MATEMÁTICA. QUIZAIS A CLAVE NON ESTÁ EN DAR MÁIS HORAS DE CLASE, SENÓN MELLORAR A METODOLOXIA E SOBRE TODO REDUCIR O NÚMERO DE ALUMNOS POR AULA
  12. 12. AUMÉNTASE NUN 10% O NÚMERO MÁXIMO DE ALUMNOS POR AULA • NO SISTEMA ACTUAL ESTABA EN 20 EN INFANTIL, 25 EN PRIMARIA, 30 EN SECUNDARIA E 35 EN BACHARELATO (MÁIS REPETIDORES) • NON PARECE MOI COHERENTE ESTA MEDIDA CO INTERESE QUE PON A LEI EN MELLORAR A CUALIDADE DO SISTEMA EDUCATIVO
  13. 13. CENTRALÍZASE MÁIS A EDUCACIÓN • TÉÑENSE MENOS EN CONTA AS DIFERENCIAS POR TERRITORIO, O GOBERNO CENTRAL ESTABLECERÁ O 65% DAS ENSINANZAS MÍNIMAS DAS COMUNIDADES CON LINGUA PROPIA E O 75% DAS RESTANTES • XA NON SE CONSIDERA MATERIA TRONCAL A LINGUA PROPIA DA COMUNIDADE
  14. 14. FAVORECE AO ENSINO PRIVADO ABRE A PORTA A QUE O ENSINO PRIVADO CONSIGA SUBVENCIÓNS DA ADMINISTRACIÓN EN NOVAS ETAPAS EDUCATIVAS. OS CENTROS ULTRACATÓLICOS CON SEPARACIÓN DE SEXOS RECIBIRÁN SUBVENCIÓNS OS RESULTADOS DAS REVÁLIDAS SERÁN PÚBLICOS , FAVORÉCESE A COMPETENCIA ENTRE CENTROS. OS CENTROS CON MELLORES RESULTADOS RECIBIRÁN MÁIS DIÑEIRO PESE A QUE SON OS CENTROS CON PEORES RESULTADOS (ALGUNHAS ZONAS RURAIS, BARRIOS DE GRANDES CIDADES…) OS QUE TEÑEN MÁIS NECESIDADES. PERMITE A SELECCIÓN DO ALUMNADO POR CENTROS QUE PODERÁN ESPECIALIZARSE NUN DETERMINADO TIPO DE ALUMNADO E ENSINANZAS. É DE SUPOÑER QUE SEXAN OS CENTROS PÚBLICOS OS QUE RECOLLAN AO ALUMNADO REXEITADO NOUTROS CENTROS PERMITE CEDER TERREOS PÚBLICOS PARA A CONSTRUCCIÓN DE COLEXIOS PRIVADOS
  15. 15. TODOS OS PONENTES RESALTARON O CARÁCTER IDEOLÓXICO CONSERVADOR DESTA REFORMA E O FEITO DE FACERSE SEN ACORDO TRÁTASE DUN NOVO CAMBIO EDUCATIVO, E LEVAMOS XA 7 NA DEMOCRACIA, E QUE PODE DURAR POUCO SE AS MAIORÍAS PARLAMENTARIAS CAMBIAN NO 2015 NON SE MENCIONA A ETAPA DO ENSINO INFANTIL (O-5 ANOS), NON TEN IMPORTANCIA?
  16. 16. QUIZAIS NON PRECISABAMOS UNHA NOVA LEI EDUCATIVA SENÓN CORRIXIR OS ERROS DA ACTUAL E MÁIS MEDIOS MATERIAIS E HUMANOS, EN DEFINITIVA MÁIS INVERSIÓN EN EDUCACIÓN NON SE CONTEMPLA QUE VAIA HABER MÁIS INVERSIÓN, SALVO A PRECISA PARA AS PROBAS DE AVALIACIÓN EXTERNA QUE FARÁN SEGURAMENTE EMPRESAS PRIVADAS O SISTEMA ACTUAL NON DEBE DE FUNCIONAR TAN MAL CANDO MILES DE TITULADOS UNIVERSITARIOS DO NOSO PAÍS SON DEMANDADOS EN PAÍSES EXTRANXEIROS
  17. 17. TODOS OS PONENTES LAMENTÁRONSE TAMÉN DE QUE O REPRESENTANTE DA XUNTA, PESE A SER INVITADO, NON ACUDISE PODES LER AQUÍ O TEXTO QUE SE VAI APROBAR http://www.magisnet.com/pdf/anteproyecto.pdf PARTICIPARON PROFESORES E PROFESORAS DE INFANTIL, PRIMARIA E SECUNDARIA, E REPRESENTANTES SINDICAIS PARABÉNS ÁS ANPAS POLA INICIATIVA!!

×