A noite de reis

852 visualizações

Publicada em

Publicada em: Educação
0 comentários
1 gostou
Estatísticas
Notas
  • Seja o primeiro a comentar

Sem downloads
Visualizações
Visualizações totais
852
No SlideShare
0
A partir de incorporações
0
Número de incorporações
288
Ações
Compartilhamentos
0
Downloads
2
Comentários
0
Gostaram
1
Incorporações 0
Nenhuma incorporação

Nenhuma nota no slide

A noite de reis

  1. 1. A NOITE DE REIS
  2. 2. DIEGO
  3. 3. MAMÁ
  4. 4. PAPÁ
  5. 5. REI
  6. 6. ANTES DE SE DEITAR DIEGO MIROU OS SEUS ZAPATOS. ESTABAN CHEOS DE LAMA. ¿E SE OS REIS NON SE DECATABAN DE QUE ERAN OS SEUS ZAPATOS E PASABAN SEN DEIXARLLE OS XOGUETES?
  7. 7. DIEGO SACOU DUN ARMARIO A CAIXA DE LIMPAR O CALZADO. ABRIU UN BOTE DE BETÚN, METEU NEL O CEPILLO E… PASOUNO CON FORZA POLOS ZAPATOS.
  8. 8. NESE MOMENTO MAMÁ ENTROU NO CUARTO E DIEGO AMOSOULLE CONTENTO OS SEUS ZAPATOS CHEOS DE BETÚN.
  9. 9. ¡QUÉ DESASTRE! ¡MIRA O TEU PIXAMA! ¡ADEMÁIS COLLICHES O BETÚN NEGRO E OS TEUS ZAPATOS SON MARRÓNS! ¡QUÉ DESASTRE!
  10. 10. AGORA OS REIS NON ME DEIXARÁN XOGUETES PORQUE NON RECOÑECERÁN OS MEUS ZAPATOS MAMÁ DEULLE UNHA APERTA E PROMETEULLE QUE LLOS LIMPARÍA ELA.
  11. 11. DESPOIS DE CAMBIAR O PIXAMA, MAMÁ BICOUNO E MARCHOU DO CUARTO. AO MOMENTO DIEGO RECORDOU QUE…
  12. 12. ¡¡¡NON DEIXARA COMIDA PARA OS REIS NIN AUGA PARA OS CAMELOS!!!.
  13. 13. DIEGO FOI CORRENDO Á COCIÑA E COLLEU O TURRÓN. ESTABA MOI PRINGOSO E ERA MOI DIFICIL DE PARTIR. POR ISO TIVO QUE LIMPAR AS MANS NO PIXAMA VARIAS VECES.
  14. 14. DESPOIS COLLEU AUGA NUNHA XERRA , PERO AO SACALA DO FREGADEIRO ESVAROUSELLE E …¡PUM! AO CHAN ¿QUÉ É TODO ESTE PRINGUE? ¡QUE DESASTRE!
  15. 15. COMO XA NON TIÑAN MÁIS PIXAMAS, PAPÁ E MAMÁ PUXÉRONLLE UN CHANDAL. DÉRONLLE UN BICO E APAGARON A LUZ.
  16. 16. ¡CATAPÚN! ¡BANG! ¡BONG! ¿¿SERÁN OS REIS??
  17. 17. DIEGO LEVANTOU A SABA UN POUCO E ABRIU UN OLLO
  18. 18. ALÍ MESMO, AO PÉ DA SÚA CAMA ESTABA GASPAR. TIÑA SANGUE NO NARIZ. ¡GASPAR, ESTÁS FERIDO! TROPEZACHES CO MEU MONOPATÍN.
  19. 19. DIEGO LEVOU A GASPAR AO CUARTO DE BAÑO POÑEREICHE MERCROMINA COMO FAI A MIÑA MAMÁ.
  20. 20. ¡QUE ESPANTO! SEMELLO UN PALLASO EN VEZ DUN REI MAGO ¡AGARDA, VOUNO ARREGLAR!
  21. 21. DIEGO BOTOULLE POS DE TALCO NO NARIZ. AGORA O MEU NARIZ SEMELLA UN POLVORÓN TRANQUILO, COLLEREI A MAQUILLAXE DE MAMÁ.
  22. 22. DIEGO APRETOU O TUBO E… ¡CHOOFFFF!. UN CHURRETE SAIU DISPARADO AO NARIZ DE GASPAR. TIÑA UN ASPECTO ARREPIANTE. SEMELLABA CALQUERA COUSA MENOS UN REI MAGO.
  23. 23. ¡POLA ESTRELA DE ORIENTE! ¡TÉÑOME QUE IR XA!
  24. 24. ¿AI, DIEGO , A QUE ARMACHES! DIEGO EXPLICOULLE Á SÚA NAI QUE ESTIVERA CURANDO A GASPAR. PERO GASPAR XA NON ESTABA. O CUARTO DE BAÑO ERA UN TOTAL DESORDEN. DIEGO ESTABA A PIQUES DE CHORAR. PERO A SÚA MAMÁ DÍXOLLE: “XA O LIMPAREMOS”, VAI VER OS TEUS XOGUETES.
  25. 25. DEBAIXO DO PINO ESTABAN OS ZAPATOS DE DIEGO RODEADOS DE XOGUETES E UNHA TARXETA QUE DECÍA: “ PARA O MEU ENFERMEIRO DIEGO, DO SEU AMIGO GASPAR”

×