mLearning: Xestionando a información (#PLE) (Galego)
7 de Nov de 2014•0 gostou
2 gostaram
Seja o primeiro a gostar disto
mostrar mais
•1,511 visualizações
visualizações
Vistos totais
0
No Slideshare
0
De incorporações
0
Número de incorporações
0
Denunciar
Educação
Introdución ao problema de infoxicación e a necesidade de xestionar correctamente a información. Subscrición de contidos. Marcadores sociais. Curación de contidos.
11.. IInnttrroodduucciióónn
Afortunadamente hoxe en día contamos con infinidade de fontes de información
e recursos dispoñibles a través de Internet. Todas esas fontes poden ser moi
valiosas, pero se non temos unha forma axeitada de organizar a información
para atopala, presentala, compartila e estruturala corremos o risco de que tanta
información se volva contraproducente, e cheguemos a sufrir o que se da en
chamar infoxicación, unha sobrecarga de información. Precisamos de
ferramentas, aplicacións e servizos que nos faciliten organizar a información
que consideremos máis importante.
¿ ?
22.. FFoonntteess ddee iinnffoorrmmaacciióónn
Dispoñemos de infinidade de fontes de información: páxinas web, blogs,
servizos de vídeo, música, podcast, presentacións, conferencias, Wikis,
eBooks, e moitas máis.
¿Como atopa un usuario información? Por norma xeral recorre a un buscador
xenérico (Google, Yahoo, DuckDuckGo, etc). Ademais, pode ter páxinas de
referencia e directorios de recursos como sería Youtube a nivel de vídeos,
Google Books para libros, etc. Son sitios especializados en determinados
formatos que organizan o contido por categorías e co seu propio buscador.
¿Castros en
Galicia?
22.. FFoonntteess ddee iinnffoorrmmaacciióónn
Unha busca sinxela sobre un tema, pode devolvernos centos de miles ou
millóns de entradas. Habitualmente seleccionamos e traballamos só cunhas
poucas polo que precisamos ferramentas que nos axuden a filtrar e seleccionar.
33.. SSuubbssccrriicciióónn ddee ccoonnttiiddooss
A subscrición de contidos é unha das utilidades que nos vai a permitir filtrar a
información. Podemos seleccionar as páxinas que nos parezan máis
interesantes e dese xeito engadilas nun xestor de subscricións que nos
informará de todas as novas publicacións nesas páxinas sen necesidade de ter
que ir unha por unha comprobando diariamente se houbo novidades.
Web1 Web2 Web3 Web4 Web1 Web2 Web3 Web4
SSeenn RRSSSS CCoonn RRSSSS
33.. SSuubbssccrriicciióónn ddee ccoonnttiiddooss
FFeeeeddllyy
Xestor de susbcrición a novas ou RSS que nos
informa das últimas publicacións en webs ou blogs
que vaian publicando entradas periodicamente.
Como nos presenta primeiro un titular e unha
pequena descrición de cada entrada, podemos
consultar as páxinas moi rápido, descartando
aqueles contidos que non nos interesen. Ademais,
permítennos gardar as entradas para ler con calma
máis adiante.
Como tamén é un servizo web 2.0, podemos acceder
tanto ao lector como ás webs gardadas dende outros
dispositivos ou o noso equipo de escritorio. Dispón
de App para os principais sistemas operativos
móbiles, sendo tamén accesible dende a web.
33.. SSuubbssccrriicciióónn ddee ccoonnttiiddooss
Na liña de Feedly, temos outras aplicacións como Inoreader ou Digg Reader, tendo todas
elas unhas funcionalidades moi similares.
Para engadir unha web temos que buscar nesa páxina a súa fonte RSS ou Atom, que é a
canle de publicación do sitio web en cuestión. Normalmente se indica cunha icona co
símbolo típico de subscrición. Copiamos esa ligazón premendo co botón dereito nesa icona
e seleccionando “Copiar a ruta da ligazón”.
Símbolos RSS
Cópiase a ligazón ao
xestor de subscricións
44.. MMaarrccaaddoorreess ssoocciiaaiiss
As aplicacións e servizos do tipo de marcadores sociais cumpren dúas funcións
fundamentais:
1. Nos permiten dispoñer dos nosos favoritos gardados sempre na nube, e por tanto
accesibles dende calquera dispositivo.
2. Nos permiten compartir listas de ligazóns ou marcadores con outras persoas e incluso
colaborar para crealas.
Marcadores
44.. MMaarrccaaddoorreess ssoocciiaaiiss
DDiiiiggoo
Diigo é coma Delicious unha das ferramentas de
marcación social máis utilizadas. Permítenos
xestionar listas de ligazóns ou marcadores,
escollendo se as compartimos de forma pública, con
outros usuarios/as ou as mantemos de forma
privada.
A través de Diigo poden facerse listas de marcadores
para a aula de forma que as poidan manter todos os
estudantes colaborativamente. Ademais podemos
seleccionar páxinas web para a clase e enviarlles a
lista directamente a todos os estudantes o que nos
facilita o filtrado e selección da información na rede.
Como sempre, ao ser un servizo ou aplicación Web
2.0 podemos acceder a través da web dende
calquera dispositivo, ou ben, dende as súas
aplicacións nativas para Android e iOS.
55.. CCuurraacciióónn ddee ccoonnttiiddooss
A función de curación de contidos consiste en seleccionar aqueles contidos máis relevantes,
agrupalos e compartilos de novo. Deste xeito podemos selecionar os recursos web que nos
parezan máis interesantes sobre un tema para incluír nun panel ou taboleiro e compartilos
con outras persoas.
Internet
Taboleiro
Filtro
55.. CCuurraacciióónn ddee ccoonnttiiddooss
PPiinntteerreesstt
Pinterest é unha ferramenta moi visual que nos
permite ir engadindo diferentes recursos aos nosos
taboleiros. Podemos subir un novo pin dende o noso
equipo ou engadilo a partir da súa ligazón web. Cada
pin ou recurso identifícase cunha imaxe que o ilustra,
dando lugar a taboleiros moi visuais.
Os taboleiros poden ser colaborativos e cada pin
queda ligado á súa orixe de forma que son unha moi
boa opción para presentar coleccións de recursos.
Como sempre, ao ser un servizo ou aplicación Web
2.0 podemos acceder a través da web dende
calquera dispositivo, ou ben, dende as súas
aplicacións nativas para Android e iOS.
55.. CCuurraacciióónn ddee ccoonnttiiddooss
SSccoooopp iitt!!
Neste caso os elementos a incluír nos taboleiros en
lugar de imaxes serán publicacións, de tipo parecido
a un xornal. Deste xeito, cada recurso ou scoop
aparecerá cun título, unha descrición e unha
miniatura de imaxe representativa. Estas pequenas
descricións son as que conforman un taboleiro e ao
acceder a un scoop levarános ao artigo orixinal
completo.
O taboleiro de artigos o podemos compartir de xeito
doado o que fará que sexa unha boa forma de
compartir recursos.
Como sempre, ao ser un servizo ou aplicación Web
2.0 podemos acceder a través da web dende
calquera dispositivo, ou ben, dende as súas
aplicacións nativas para Android e iOS.
66.. CCoonncclluussiióónnss
✔ Ante a cantidade de fontes de información dispoñible en Internet temos a necesidade de
empregar ferramentas de filtrado e organización da información.
✔ Unha destas formas é a subscrición de contidos que nos permite a través dunha única
aplicación web estar ao tanto de todas as novas publicacións nos sitios aos que estemos
subscritos. Exemplos destas ferramentas de subscrición son: Feedly e Inoreader.
✔ Outra forma son os marcadores sociais, cos que poderemos xestionar listas de favoritos e
páxinas web entre varias persoas e compartilas. Exemplos destas ferramentas son: Diigo e
Delicious.
✔ Ademais temos as ferramentas de curación de contidos que nos permiten filtrar e
seleccionar de entre as fontes de información aquelas máis interesantes para publicalas en
taboleiros que poderemos compartir con outras persoas. Exemplos destas ferramentas son:
Pinterest e Scoop it!.
✔ Ademais dos exemplos presentados temos moitas máis opcións dispoñibles con
funcionalidades equivalentes. Con só navegar un pouco podemos atopar outras solucións e
logo só se trata de comparar para ver cales nos convencen máis.
77.. AAmmpplliiaannddoo aa bbiibblliiootteeccaa
➔ Mobile-Learning. Estrategias para el uso de aplicaciones, smartphones y
tablets en educación. Ligazón:
http://www.gabit.org/gabit/?q=gl/mobile-learning
➔ Revista online Mobile-Learning de Gabit. Accesible en:
http://www.gabit.org/gabit/?q=gl/revista-mobile-learning
➔ Blog da EOI sobre mLearning. Sitio web: http://www.eoi.es/blogs/mlearning
➔ 7 Aplicacións ofimáticas imprescindibles. Sitio web:
http://www.gabit.org/gabit/?q=gl/node/200
➔ 29 Ferramentas de curación de contidos, por Ángela Villarejo. Sitio web:
http://www.40defiebre.com/herramientas-content-curation
Máis presentacións, aarrttiiggooss ee ppuubblliiccaacciióónnss::
Na web:
http://www.gabit.org
@ Facebook:
https://www.facebook.com/pages/Gabit/420853864605648
@ Twitter:
https://twitter.com/InfoGabit
@ Slideshare:
http://www.slideshare.net/marcosfilgueira