O slideshow foi denunciado.
Seu SlideShare está sendo baixado. ×

mLearning: Como buscar apps educativas (#PLE) (Galego)

Anúncio
Anúncio
Anúncio
Anúncio
Anúncio
Anúncio
Anúncio
Anúncio
Anúncio
Anúncio
Anúncio
Anúncio

Confira estes a seguir

1 de 34 Anúncio

mLearning: Como buscar apps educativas (#PLE) (Galego)

Aprender a buscar apps educativas para unha determinada materia e nivel educativo.

1. Introdución
2. ¿Como buscar apps educativas?
3. Caso Android
4. Caso iOS
5. Buscadores educativos
6. Buscadores de apps para NEE
7. Outros buscadores

Aprender a buscar apps educativas para unha determinada materia e nivel educativo.

1. Introdución
2. ¿Como buscar apps educativas?
3. Caso Android
4. Caso iOS
5. Buscadores educativos
6. Buscadores de apps para NEE
7. Outros buscadores

Anúncio
Anúncio

Mais Conteúdo rRelacionado

Mais de Juan Marcos Filgueira (20)

Anúncio

Mais recentes (20)

mLearning: Como buscar apps educativas (#PLE) (Galego)

  1. 1. Como buscar apps educativas (#PLE) Juan Marcos Filgueira Gomis, 2014/2015 Mobile LearningMobile Learning
  2. 2. 1.1. IntroduciónIntrodución 2. ¿2. ¿Como buscar apps educativas?Como buscar apps educativas? 3.3. Caso AndroidCaso Android 4.4. Caso iOSCaso iOS 5.5. Buscadores educativosBuscadores educativos 6. Buscadores de apps para NEE6. Buscadores de apps para NEE 7. Outros buscadores7. Outros buscadores 8.8. ConclusiónsConclusións 9.9. Ampliando a bibliotecaAmpliando a biblioteca Folla de rutaFolla de ruta
  3. 3. 1.1. IntroduciónIntrodución A maneira máis directa de atopar e instalar apps é a través das tendas de aplicacións ou Stores dispoñibles, segundo cada sistema operativo móbil. Ademais destas tendas específicas existen tendas abertas para diferentes sistemas e sitios especializados na recopilación e busca de apps exclusivamente educativas. Tanto Android como iOS compiten en todos os campos, incluído o da Educación, en establecer un mercado de apps e impoñer o seu modelo, a través de solucións adaptadas para escolas que inclúen os dispositivos e paquetes de aplicacións.
  4. 4. 1.1. IntroduciónIntrodución Para permitir un modelo BYOD e que se poidan empregar outros dispositivos como notebooks, cómpre fuxir destes modelos tan comerciais. Habería que buscar apps educativas que a ser posible dispoñan dunha alternativa web. Se ben, certas apps específicas para móbiles non dispoñen de web pero a súa funcionalidade educativa pode ser moi valiosa, polo que poderíamos adoptalas para a realización de actividades específicas para unha determinada materia. Aínda así, neses casos cómpre tentar sempre que cubran como mínimo os dous sistemas operativos principais (Android e iOS) para non limitar as solucións adoptadas. Este sería o xeito de evitar a segregación tecnolóxica na aula. Web, na nube Android iOS App multiplataforma
  5. 5. 2.2. ¿¿Como buscar apps educativas?Como buscar apps educativas? ¿Como podo atopar de xeito doado apps adecuadas para a miña clase? Non hai unha resposta sinxela, nin unha solución clara. Habería que investigar moito, comparando e probando. Podemos comezar buscando do xeito máis categorizado posible, por exemplo a través das seguintes opcións: ✔ Categorías de Educación específicas nas tendas oficiais de cada sistema operativo móbil (Android, iOS, Windows Phone, etc). ✔ Buscadores especializados en apps educativas. ✔ Buscadores especializados en apps para persoas con necesidades educativas especiais. ✔ Buscadores xerais con categoría de Educación. Por outra banda, sempre podemos facer buscas a través de buscadores xenéricos do tipo "App Android iOS para Materia", cruzar os dedos e ver que nos sae, analizando os diferentes resultados poderemos ir atopando cousas. Existen infinidade de blogs, e páxinas web que analizan aplicacións móbiles, e nos proverán de información sobre as mesmas, con capturas de pantalla ou vídeos.
  6. 6. 3.3. Caso AndroidCaso Android Na “Google Play” de Android podemos facer unha busca xeral na categoría de “Educación” ou buscar por palabras clave aplicacións ao chou. Isto pode resultar bastante tedioso ao non poder establecer máis parámetros de busca. Por outra banda, a través de Google, se ofrece "Google Play for Education" como tenda exclusiva para Educación onde as apps pasan por un proceso de selección máis estrito que en "Google Play", e deste xeito permitir o seu uso na escola. Actualmente só se atopa dispoñible para escolas nos Estados Unidos, aínda que é de agardar que se extenda o seu uso nun futuro próximo. O paquete completo ofrece apps, vídeos e eBooks, sendo preciso darse de alta oficialmente como centro educativo. Seguindo un modelo moi ao estilo de iOS-Apple, moitos dos recursos incluídos serán de pago. Miles de apps educativas
  7. 7. Na páxina oficial de “Google Play for Education” temos un pequeno buscador de apps que nos pode dar unha idea do que vai ofrecer a Store (permite seleccionar por idade/materia/dispositivo): 3.3. Caso AndroidCaso Android
  8. 8. A continuación podemos buscar esas mesmas apps por se están dispoñibles na “Play Store”, directamente ou coa categoría de “Educación”: 3.3. Caso AndroidCaso Android
  9. 9. 4.4. Caso iOSCaso iOS iOS ofrece moitas apps educativas, o problema é que a maioría son exclusivas para as tablets Ipad e non estarán dispoñibles noutros dispositivos. Ademais, nun alto porcentaxe serán apps de pago. Ofrece, por exemplo, un editor de libros gratuíto, iBooks Author que permite crear libros dixitais de xeito doado, ademais doutras ferramentas de creación para vídeos, imaxes e fotografías. Se ben, outro inconveniente destas ferramentas, por exemplo no caso do iBook Author é que os libros só se poden visualizar en iOS e tendo instalada a app, no caso de querer exportar o libro sería en formato PDF e perdendo a interactividade, non é unha solución aberta.
  10. 10. 4.4. Caso iOSCaso iOS Un apartado que merece especial atención é o tema da accesibilidade, con funcións pensadas para estudantes con necesidades especiais como TEA, ou discapacidades auditivas, visuais ou motoras. Ademais dispón dunha serie de coleccións de apps que se poden instalar de forma conxunta para traballar determinadas áreas, ou destinadas a colectivos como familias ou docentes.
  11. 11. 5.5. Buscadores educativos: EduappsBuscadores educativos: Eduapps Eduapps é un buscador froito dunha iniciativa española coa colaboración de Apple. Clasifica as apps por nivel educativo: infantil, primaria, secundaria, bacharelato, ou para o profesorado. Seleccionada a ensinanza, tamén se pode especificar o ciclo, a materia, bloque e currículo obtendo unha relación de apps que cumpran esas especificacións.
  12. 12. 5.5. Buscadores educativos: EduappsBuscadores educativos: Eduapps De entre os resultados podemos ver o detalle dunha app, obtendo máis información como: se é gratis ou o prezo, dispositivos recomendados (só os de iOS/Apple), idiomas, capturas de pantalla e unha descrición. Ademais dunha ligazón directamente coa App Store para facilitar a súa descarga. O principal inconveniente é que non amosa se as apps dispoñen de versións noutros sistemas operativos como Android. Viría a ser un buscador educativo especializado sobre a App Store de iOS. O que si supón é un valor engadido sobre esta ao permitir buscas clasificadas por nivel educativo, ciclo e materia.
  13. 13. 5.5. Buscadores educativos: Proxecto GuappisBuscadores educativos: Proxecto Guappis Na web do Proxecto Guappis organizada a xeito de blog, un equipo de docentes vai recopilando apps educativas, incorporando en ocasións exemplos de actividades didácticas na aula. As apps clasifícanse por nome, prezo, sistema operativo (Android/ iOS/ Ipad/ Iphone), contido (matemáticas, educación especial, etc), tipo (xogos, contos, axenda, etc), capacidades (TEA, lectura, lóxica, etc) ou etapa educativa (infantil, primaria, secundaria, bacharelato e universidade). A busca por etiquetas equivalería a un buscador tradicional, aínda que non é moi visual, xa que teríamos que navegar a través dos bloques laterais da web.
  14. 14. 5.5. Buscadores educativos: Proxecto GuappisBuscadores educativos: Proxecto Guappis A análise de cada app varía pero aporta en moitos casos algún exemplo de aplicación na aula.
  15. 15. 5.5. Buscadores educativos: EdshelfBuscadores educativos: Edshelf Edshelf é un completo buscador de apps educativas que nos permite ademais crear coleccións que poderemos compartir de xeito doado con compañeiros ou cos estudantes. As buscas poden ser bastante completas especificando: Prezo, Idade, Materia (Arte, Astronomía, Medicina, etc), Plataforma (Android, iOS, Web e máis), e Categoría (flashcards, tradutores, edición de vídeo, etc). A web só está en inglés.
  16. 16. 5.5. Buscadores educativos: AppcrawlrBuscadores educativos: Appcrawlr Appcrawlr é un buscador xenérico pero que se adapta moi ben á busca de apps educativas. Estas buscas poden ser bastante completas especificando: Prezo, Plataforma (Android, iOS, e Windows Phone), Tema (flashcards, ferramenta de estudo, aprendizaxe de idiomas, etc), a que axuda (mellorar vocabulario, aprender novas palabras, etc), Audiencia e outras características. A web só está en inglés.
  17. 17. 5.5. Buscadores educativos: EducationalBuscadores educativos: Educational App StoreApp Store Repositorio de apps educativas que nos permite facer buscas por dispositivo (Android, iPhone/iPad, Windows Phone), prezo, categorías (Historia, Literatura, Xeografía, etc) e idade (0-4 anos, 4-11, 11-18 e máis de 18). Ao acceder a unha app teremos máis información cunha pequena descrición e o detalle. A única pega a este buscador sería que se atopa en inglés, mesmo o prezo en libras, e as buscas tamén as fai para apps neste idioma sen deixar filtrar.
  18. 18. 5.5. Buscadores educativos: ApplicaditosBuscadores educativos: Applicaditos Un buscador interesante e moi visual, permite consultar recomendacións de apps infantís. Permite seleccionar dispositivo (móbil ou tablet Android o iOS), idade en dous rangos de 3 a 5 e de 6 a 8 anos, e a área en cuestión (matemáticas, grafo, lingua, lectura, xogos e artes).
  19. 19. 5.5. Buscadores educativos: ApplicaditosBuscadores educativos: Applicaditos A análise de cada app é moi detallada e incorpora ligazóns para descarga nos sistemas dispoñibles, dispositivos e idades válidas, unha valoración da app, e unha descrición ou reseña personalizada por un autor/a da web que nos comenta as súas impresións e pode incluír capturas de pantalla ou vídeos. A mágoa neste metabuscador de apps, é que se limite a un rango tan restrinxido de idades.
  20. 20. 5.5. Buscadores educativos: AppolearningBuscadores educativos: Appolearning Appolearning é un buscador educativo, que ten poucas apps en comparación con outros pero que se atopan moi ben analizadas. Un equipo de expertos avalía perante unha rúbrica complexa e analiza a app para amosar un informe completo cunha valoración de moitos campos que amosan as características pedagóxicas da mesma. En primeiro lugar pódese buscar por ensinanzas e áreas de aprendizaxe, para logo ver a lista de apps e o seu detalle.
  21. 21. 5.5. Buscadores educativos: AppolearningBuscadores educativos: Appolearning A valoración de cada app detállase en cada un dos criterios de avaliación da Rúbrica, con aspectos como por exemplo: - Instrucións claras e simples. - Relación calidade-prezo. - Adecuada para o seu grupo de idade. A descrición tamén resulta moi interesante dende un punto de vista educativo, pois busca dar resposta a 3 apartados principais: - Por que nos encanta esta app - Que ensina e como funciona - Por que os nenos e nenas non pasarán dela. Por desgraza a web só está dispoñible en idioma inglés.
  22. 22. 5.5. Buscadores educativos: Moms whith appsBuscadores educativos: Moms whith apps Traducido como “Nais con apps”, este buscador ten un curioso nome que resulta orientativo das súas funcionalidades. Está orientado a clasificar apps para nenos e nenas prestando especial atención a aspectos que preocupan ás familias como: que a app poida funcionar sen conexión a Internet, que non se permita facer compras dende a app, sen anuncios nin ligazóns a redes sociais, etc. Ademais destes aspectos permite filtrar por Plataforma (Android, iOS, Windows Phone e Kindle), Idade e Materia (Animais, Arte, Cores, etc). A web só está en inglés.
  23. 23. 5.5. Buscadores de apps para NEE: AppyautismBuscadores de apps para NEE: Appyautism Un dos buscadores máis completos en canto a funcionalidades e opcións de busca é Appyautism. Se ben, é un proxecto dirixido a persoas con TEA e familias e profesionais relacionados con estas persoas. Trátase dunha moi boa iniciativa que hai que valorar enormemente, pois todas as achegas deste tipo axudan moito ás persoas que teñen que enfrontarse ao reto destes trastornos. Actualmente inclúense arredor de 400 apps.
  24. 24. 5.5. Buscadores de apps para NEE: AppyautismBuscadores de apps para NEE: Appyautism As opcións de busca permiten seleccionar criterios como palabras clave, plataformas/dispositivos (Android, iOS, Windows Phone, Web ou Consolas), categorías (comunicación, aprendizaxe, ocio, ferramentas de apoio, etc), idiomas, prezo, idades e mesmo evidencias científicas que apoien o seu uso.
  25. 25. 5.5. Buscadores de apps para NEE: AppyautismBuscadores de apps para NEE: Appyautism A análise de cada app ofrece unha descrición da mesma, ilustrada con capturas de pantalla, e ligazóns de descarga da app en diferentes plataformas. Ademais amosa a categorización, na liña dos criterios de busca vistos anteriormente.
  26. 26. Buscadores de apps para NEE: Special Needs AppsBuscadores de apps para NEE: Special Needs Apps Outro metabuscador de apps, en liña co anterior, pero que amplía o campo de busca a todas as necesidades educativas especiais é "Special Needs Apps". Neste caso as apps que incorpora poden ser de utilidade con outros trastornos ou discapacidades para persoas de calquera idade. Os criterios de busca poden ser pola plataforma (Android ou iOS) ou por categorías: planificación, habilidades sociais, comportamento, educación, fala e linguaxe, habilidades para a vida, sociais, xogos e comunicación.
  27. 27. 7.7. Outros buscadores: AtrappoOutros buscadores: Atrappo Atrappo é un buscador para todo tipo de Apps para Android, iOS e Windows Phone con varias seccións de apps educativas: ✔ Xogos educativos, con 1300 apps. ✔ Categoría de apps educativas con arredor de 37.000.
  28. 28. 7.7. Outros buscadores: Amazon AppsOutros buscadores: Amazon Apps Amazon, tamén dispón de preto de 19.000 apps na categoría de educación. Como en toda a súa tenda nos permite filtrar por máis opcións como: idioma, temática (Ciencias, Matemáticas, Lectura, Historia, Idiomas, etc), prezo ou valoración dos usuarios.
  29. 29. 7.7. Outros buscadores: F-DroidOutros buscadores: F-Droid F-Droid, é un buscador que ofrece un catálogo de aplicacións de software libre para Android, ofrecendo tan só apps libres. Permite buscar pola categoría de “Educación & Ciencia”, pero ademais permite instalar apps para completar todas as funcionalidades básicas dun dispositivo móbil con software libre.
  30. 30. 8.8. ConclusiónsConclusións ✔ Ante os centos de miles de apps dispoñibles para os diferentes dispositivos e plataformas resulta complicado atopar ferramentas de busca doadas e que nos sirvan para cubrir todas as necesidades da aula, atopando aquelo que precisamos en cada momento. ✔ Android e iOS, ou o que é o mesmo Google e Apple, compiten polo monopolio do mercado, polo que cómpre fuxir de solucións que se aten a unha tecnoloxía en particular. O ideal é seleccionar apps que ofrezan unha alternativa web, ou que dispoñan de apps para como mínimo eses dous sistemas. Deste xeito evitamos a segregación tecnolóxica na aula. ✔ Tanto Google Play como App Store dispoñen de categorías de “Educación” pero atópanse algo limitadas á hora de permitir seleccionar as apps por criterios educativos como ensinanzas, idades, necesidades educativas especiais, etc. ✔ Existen buscadores educativos que en base a diferentes criterios nos permiten seleccionar apps. Todos seguen unha liña similar e moitos están en inglés, pero son boas ferramentas que nos poden servir para facer seleccións iniciais para logo probar e seleccionar as apps máis axeitadas para os nosos estudantes.
  31. 31. 9.9. Ampliando a bibliotecaAmpliando a biblioteca ➔ Mobile-Learning. Estrategias para el uso de aplicaciones, smartphones y tablets en educación. Ligazón: http://www.gabit.org/gabit/?q=gl/mobile-learning ➔ Revista online Mobile-Learning de Gabit. Accesible en: http://www.gabit.org/gabit/?q=gl/revista-mobile-learning ➔ Google Play, categoría de Educación: https://play.google.com/store/apps/category/EDUCATION?hl=es ➔ Google Play for Education: https://play.google.com/edu/landing ➔ IOS, Apps para a aula: http://www.apple.com/es/education/ipad/resources ➔ Buscador educativo Eduapps: http://www.eduapps.es ➔ Blog do Proxecto Guappis: http://proyectoguappis.blogspot.com.es
  32. 32. 9.9. Ampliando a bibliotecaAmpliando a biblioteca ➔ Buscador Educational App Store: http://www.educationalappstore.com ➔ Appyautism, buscador de apps para persoas con TEA, docentes e familias: http://www.appyautism.com ➔ Buscador xenérico Atrappo na categoría de Educación: http://www.atrappo.com/apps/educacion/3/ ➔ Buscador educativo Edshelf: https://edshelf.com ➔ Buscador educativo Appcrawlr: http://appcrawlr.com ➔ Buscador educativo AppoLearning: https://android-tablet.appolearning.com ➔ Recopilación de webs con apps educativas en “Crea y aprende con Laura”: http://creaconlaura.blogspot.com.es/p/aplicaciones-educativas-moviles.html
  33. 33. Máis presentacións, artigos e publicacións:Máis presentacións, artigos e publicacións: Na web: http://www.gabit.org @ Facebook: https://www.facebook.com/pages/Gabit/420853864605648 @ Twitter: https://twitter.com/InfoGabit @ Slideshare: http://www.slideshare.net/marcosfilgueira
  34. 34. Fin Juan Marcos Filgueira Gomis, 2014/2015 Mobile LearningMobile Learning

×