Tarefa colaborativa cos alumnos-as de educación infantil do CEIP Josefa Alonso para o día 1 de xuño de 2017 no parque de Castrelos. Realizada por Raquel Saavedra e Manuel Nuñez.
Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
Chaveiros á caixiña. (raquel saavedra e manuel núñez)
1. TAREFAS CON FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS (2016-17)
CURSO 6º Educación Infantil (Raquel Saavedra e Manuel
Núñez)
ÁREAS Globalizado.
TEMPORALIZACIÓN Abril, maio e xuño do 2017
Título CHAVEIROS Á CAIXIÑA
Descrición Xuntanza no parque de Castrelos cos compañeiros-as de educación
infantil do CEIP Josefa Alonso como intercambio doutra anterior no
seu colexio. Facendo chaveiros que unha vez rematados meteremos
nunha caixiña de cartulina feita previamente na nosa aula.
Produto - Titorial no que se explica como facer os chaveiros e a caixiña que
ademáis serve como presentación-invitación para a xuntanza do xoves
1 de xuño de 2017.
Contexto Intercambio de tarefas no entorno próximo; o parque de Castrelos.
ACTIVIDADE 1
Preparamos unha mensaxe para gravar unha invitación-presentación aos
compañeiros-as do CEIP Josefa Alonso.
- Xuntos dicimos ideas para usar no video.
- Ensaiamos o acordado.
- Gravamos a mensaxe xeral.
- Mais as 5 partes que dirán 5 alumnos-as.
Indicadores.
Propónlle novas ideas ao grupo.
Participa e colabora nas actividades de grupo.
Planifica e coordina a súa acción coa dos compañeiros-as.
ACTIVIDADE 2
Elaboramos titorial para explicar como se fai o chaveiro a engadir na
grabación anterior.
- Fotografamos coa Tablet cada paso necesario para facer eses chaveiros. En cada
paso un neno explica o necesario. (iMovie e Doceri).
- Foto 1: imaxe cun corcho, parte metálica do chaveiro (aro), pintura de dedos, alkyl
e pincel.
- Foto 2: Mesturamos as pinturas co alkyl para que a pintura agarre.
- Foto 3: Damos cor ao corcho e deixamos secar.
- Foto 4: Decoramos o corcho.
- Foto 5: Introducimos a parte metálica no corcho.
- Montar o video coa invitación e o titorial dos chaveiros.
* ATA AQUÍ A INVITACIÓN que envíamos por email previamente á xuntanza.
Indicadores.
Emprega con precisión o vocabulario que posúe.
É preciso-a nas súas explicacións.
Usa frases de construcción sinxela.
2. ACTIVIDADE 3
Elaboramos titorial para explicar como facer as caixiñas de papiroflexia.
- Facemos as caixiñas e fotografamos paso a paso as fases necesarias para elaborar a
caixiña. [As medidas e as bases de cartulina facilitámolas os Mestres] (Doceri)
- Finalmente gravamos un video facendo a caixiña para comprobar os pasos.
(iMovie)
- Enviar o titorial nunha montaxe engadido ao feito nas dúas actividades anteriores.
* ESTA MONTAXE ENVIÁMOLA UNHA VEZ REMATE A XUNTANZA
porque a caixiña é unha sorpresa que levamos feita xa de clase.
Indicadores.
Emprega con precisión o vocabulario que posúe.
É preciso-a nas súas explicacións.
Ten unha linguaxe fluida.