SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 16
Baixar para ler offline
O paxaro de lume Libros da fonte
Música: Igor Stravinsky Debuxos: nenas e nenos do Ceip.Fontiñas
O príncipe Iván chega ao xardín de Kastchei. Alí xoga ou baila, non se sabe ben, o paxaro de lume entre as maceiras das mazás de ouro…
O príncipe Iván atrapa ao paxaro… logo dun anaco decide ceibalo e o paxaro, agradecido, dálle unha pluma de agasallo.
As princesas, unha ducia, bailan no xardín a ronda das doce princesas. Iván, detrás das árbores, coma sempre…
Zarevna, a princesa número trece, mira para Iván con ollos grandes. O príncipe, claro, olla tamén a Zarevna…
Toca susto que entra Kastchei con fanfarria e ventos de orquestra. A cousa pinta mal.
O exército de Kastchei, unha ringleira de príncipes encantados, obedece ao seu señor. E Iván? Onde anda o príncipe? Agachado tras dunha maceira? Si, pero pensando na pluma do paxaro de lume…
Esa pluma que axita e chama polo paxaro.
Un canto adormecedor, coma un canto de berce, fai que pouco a pouco todos durman, mesmo Katschei empeza a soñar… O paxaro aproveita para dicirlle a Iván onde está o ovo que garda todo o poder de Kastchei.
O príncipe Iván escacha o ovo e con el, desfai todo o poder de Kastchei. O xardín recupera as cores e príncipes e princesas saen do feitizo que os tiña presos.
Baile final e aplausos para…
Kastchei
O paxaro de lume e o príncipe Iván
As princesas
E tamén para os principes, aos que xa non vemos ben porque cae o pano

Mais conteúdo relacionado

O paxaro de lume

  • 1. O paxaro de lume Libros da fonte
  • 2. Música: Igor Stravinsky Debuxos: nenas e nenos do Ceip.Fontiñas
  • 3. O príncipe Iván chega ao xardín de Kastchei. Alí xoga ou baila, non se sabe ben, o paxaro de lume entre as maceiras das mazás de ouro…
  • 4. O príncipe Iván atrapa ao paxaro… logo dun anaco decide ceibalo e o paxaro, agradecido, dálle unha pluma de agasallo.
  • 5. As princesas, unha ducia, bailan no xardín a ronda das doce princesas. Iván, detrás das árbores, coma sempre…
  • 6. Zarevna, a princesa número trece, mira para Iván con ollos grandes. O príncipe, claro, olla tamén a Zarevna…
  • 7. Toca susto que entra Kastchei con fanfarria e ventos de orquestra. A cousa pinta mal.
  • 8. O exército de Kastchei, unha ringleira de príncipes encantados, obedece ao seu señor. E Iván? Onde anda o príncipe? Agachado tras dunha maceira? Si, pero pensando na pluma do paxaro de lume…
  • 9. Esa pluma que axita e chama polo paxaro.
  • 10. Un canto adormecedor, coma un canto de berce, fai que pouco a pouco todos durman, mesmo Katschei empeza a soñar… O paxaro aproveita para dicirlle a Iván onde está o ovo que garda todo o poder de Kastchei.
  • 11. O príncipe Iván escacha o ovo e con el, desfai todo o poder de Kastchei. O xardín recupera as cores e príncipes e princesas saen do feitizo que os tiña presos.
  • 12. Baile final e aplausos para…
  • 14. O paxaro de lume e o príncipe Iván
  • 16. E tamén para os principes, aos que xa non vemos ben porque cae o pano