O slideshow foi denunciado.
Seu SlideShare está sendo baixado. ×

Os microrrelatos (guía)

Anúncio
Anúncio
Anúncio
Anúncio
Anúncio
Anúncio
Anúncio
Anúncio
Anúncio
Anúncio
Anúncio
Anúncio
Próximos SlideShares
Como escribir un microrrelato
Como escribir un microrrelato
Carregando em…3
×

Confira estes a seguir

1 de 14 Anúncio

Os microrrelatos (guía)

Baixar para ler offline

X Concurso de microrrelatos e micropoemas DinamizaEstrada 2022-2023. Departamento de Lingua Galega e Literatura do IES Nº 1 da Estrada. Xaneiro de 2023.

X Concurso de microrrelatos e micropoemas DinamizaEstrada 2022-2023. Departamento de Lingua Galega e Literatura do IES Nº 1 da Estrada. Xaneiro de 2023.

Anúncio
Anúncio

Mais Conteúdo rRelacionado

Semelhante a Os microrrelatos (guía) (20)

Mais de Román Landín (20)

Anúncio

Mais recentes (20)

Os microrrelatos (guía)

  1. 1. DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA os microrrelatos IES Nº1 Eu nunca serei yo Sechu Sende DINAMIZAESTRADA_X EDICIÓN
  2. 2. OS MICRORRELATOS Os microrrelatos son narracións breves, que condensan en poucas palabras unha historia poderosa, e que esixen un lector activo para interpretar o que o texto amosa ou suxire. Poden conter apenas tres ou catro palabras... Ata un máximo de 250. Velaquí algúns exemplos Nonsenamoroudela,senóndasúa sombra.Íavisitalanoalbor,candoa súaamadaeramáislonga. Unhamuller estásentadasoanunha casa.Sabequenonhaininguén máisnomundo:todososoutros seresmorreron.Petannaporta. Hainovelasqueaíndasenserlongasnon lograncomenzardeverdadeataa páxina 50ou60.A algunasvidasocórrelleso mesmo.Por isononme mateiantes, señor xuíz.
  3. 3. ¿Qué es un microrrelato? - YouTube PICA NO ENLACE PARA VISUALIZAR O VÍDEO 1 SOBRE A CREACIÓN DOS MICRORRELATOS COMO ESCRIBIR UN BO MICRORRELATO
  4. 4. Microtaller de microrrelato - Sesión 2, Estrategias micronarrativas - YouTube PICA NO ENLACE PARA VISUALIZAR O VÍDEO 2 SOBRE A CREACIÓN DOS MICRORRELATOS COMO ESCRIBIR UN BO MICRORRELATO
  5. 5. Microtaller de microrrelato - Sesión 3, Escribir microrrelatos - YouTube PICA NO ENLACE PARA VISUALIZAR O VÍDEO 3 SOBRE A CREACIÓN DOS MICRORRELATOS COMO ESCRIBIR UN BO MICRORRELATO
  6. 6. Os microrrelatos… Toma nota se for preciso... Características dun microrrelato: 1. Conta unha historia con poucas palabras. 2. Mestura varios xéneros: o relato, a poesía, a parábola... 3. Desenvolve unha única acción, xa que o resto da historia ten que imaxinala o lector. 4. Presenza dun elemento sorpresa, que pode ser o final. 5. Poucas personaxes (unha ou dúas). 6. Un lugar (non varios) 7. Un tempo determinado (normalmente hai elipses). 8. Ten varias lecturas, xa que se utilizan palabras ou expresións metafóricas.
  7. 7. Os microrrelatos… Toma nota se for preciso... Estratexias para crear un microrrelato: 1. Buscar un feito impactante, que cause sorpresa. 2. Utilizar arquetipos ou personaxes xa coñecidas. 3. Ser conciso/a; eliminar o anecdótico ou irrelevante 4. Utilizar xeneralizacións. 5. Usar elipses (saltos no tempo). 6. Utilizar unha linguaxe poética, suxestiva, con expresións metafóricas. 7. Poñer un título funcional, que lle dea significado ao texto.
  8. 8. algúns microrrelatos ben coñecidos O MICRORRELATO NA LITERATURA UNIVERSAL CARACTERÍSTICAS: BREVIDADE: 7 palabras conta unha historia: alguén esperta e segue vendo un animal. dous personaxes, un lugar e un tempo Sorpresa e plurisignificación: quen espertou? Canto tempo levaba durmindo? Que fai alí un dinosauro? Que pode representar o dinosauro?
  9. 9. E microrrelatos na literatura galega! Son numerosos os escritores e escritoras que escribiron relatos breves na literatura galega: Sechu Sende, Riveiro Coello, Arantza Portabales... Podes procurar na rede algúns relatos breves que che sirvan de inspiración! Na seguinte diapositiva tes algúns exemplos. E lembra que o teu microrrelato ten que conter a palabra camiño, que foi a escollida entre os centros escolares para lembrar a figura de francisco fernández del riego, autor homenaxeado coas letras galegas 2023.
  10. 10. algúns microrrelatos... ENLACES A PÁXINAS QUE CHE PODEN SERVIR DE INSPIRACIÓN Propostas de escritura creativa. (slideshare.net) Propostas de escritura creativa (Vol2) (slideshare.net) MICRO-RELATOS - OZOCOgz Deseño Galego (ozocogz-atenda.com) IV Concurso de microrrelatos: relatos gañadores | Real Academia Galega V Concurso de microrrelatos: relatos gañadores | Real Academia Galega
  11. 11. Idear historias! e fíxate como comezou roald dahl! Cando unha idea para unha historia penetra na miña mente, vou correndo a buscar un lapis normal, ou un lapis de cor, ou unha barriña de carmín, calquera cousa que escriba, e anoto unhas cantas palabras que máis tarde me lembren a idea. Con frecuencia basta unha soa palabra. Unha vez ía só en coche por unha estrada rural e ocorréuseme a idea dunha historia sobre alguén que se quedaba atascado nun elevador entre dous pisos dunha casa baleira. No coche non tiña nada con que escribir. Así que parei o motor e apeeime. A parte posterior do coche estaba cuberta de po. Cun dedo escribín no po unha soa palabra: ELEVADOR. Con isto houbo suficiente. En canto cheguei á casa fun directamente ao meu estudo e escribín a idea nunha vella libreta escolar de tapas vermellas que leva só o titulo de Relatos. ROALD DAHL: Como me fixen escritor
  12. 12. Que facer ante un folio en branco? 1.- Contar historias ao revés: a vida dunha persoa que comeza na hora da morte e acaba no día do seu nacemento. 2.- Invertir os papeis dos personaxes ou dos obxectos: unha máquina de escribir que, en lugar de servir para transcribir historias fantásticas, escribe a vida real do escritor que a usa. 3.- Introducir elementos anómalos: un avión que non chega ao seu punto de destino, senón a un sitio inesperado. 4.- Contar unha mesma historia desde perspectivas diferentes: unha pelexa da rúa desde o punto de vista dun espectador ou desde un dos protagonistas da loita. 5.- Borrar os límites entre a realidade e o soño: un home non sabe se está soñando coa súa muller ou se é a muller a que está soñando con el.
  13. 13. Algúns consellos que podes seguir... Procura un personaxe, sitúao nun lugar e que aí pase algo sorprendente. POSIBLES HISTORIAS: • Pensa en algo relacionado cos libros, as lecturas, as bibliotecas… poden dar pé a situación interesantes.. • Dálle vida a un cadro, un grafiti, una foto… pensa qué podería pasar a partir dese instante. • Procura no dicionario palabras suxestivas, irónicas e/ou ambiguas e, a partir delas, constrúe o teu relato. Utiliza unha linguaxe directa, concisa, pero á vez suxestiva e metafórica. Busca a brevidade. Pensa ben o principio e o final... Pode haber un xiro na trama, pero que sexa coherente. Ponlle un bo título, que axude a entendelo mellor.
  14. 14. e lembra... CANDOTEÑAS O TEU MICRORRELATO . . . SÚBEO COMO TAREFA Á AULA VIRTUAL, ONDE CHE ESPECIFICOU O TEU PROFESOR OU PROFESORA . . . HABERÁ PREMIO PARA OS E AS MELLORES! PRAZO MÁXIMO: LUNS, 16 DE XANEIRO! DEBESUTILIZARAPALABRA CAMIÑO NONPODECONTERMÁISDE100PALABRAS dinamizaestrada. equipos de dinamización lingüística dos centros educativos da estrada: BASES DO X CONCURSO DE MICRORRELATOS E MICROPOEMAS. DINAMIZAESTRADA 2022-2023 (proxectodelingua.blogspot.com) BASES DO CONCURSO

×