O slideshow foi denunciado.
Seu SlideShare está sendo baixado. ×

Descubrindo a Prehistoria

Anúncio
Anúncio
Anúncio
Anúncio
Anúncio
Anúncio
Anúncio
Anúncio
Anúncio
Anúncio
Anúncio
Anúncio
PARTE IV
DESENVOLVEMENTO DA PROPOSTA DIDÁCTICA
10.- Presentación/ contextualización:
“Coñecendo a Prehistoria” é o título ...
 Coñecer e apreciar os valores e as normas de convivencia, aprender a obrar de acordo
con elas, prepararse para o exercic...
 Desenvolver hábitos de traballo individual e de equipo, de esforzo e de responsabilidade
no estudo, así como actitudes d...
Anúncio
Anúncio
Anúncio
Anúncio
Anúncio
Anúncio
Anúncio
Próximos SlideShares
Tui, historia e naturaleza
Tui, historia e naturaleza
Carregando em…3
×

Confira estes a seguir

1 de 36 Anúncio

Mais Conteúdo rRelacionado

Quem viu também gostou (20)

Semelhante a Descubrindo a Prehistoria (20)

Anúncio

Mais recentes (20)

Descubrindo a Prehistoria

  1. 1. PARTE IV DESENVOLVEMENTO DA PROPOSTA DIDÁCTICA 10.- Presentación/ contextualización: “Coñecendo a Prehistoria” é o título do proxecto que vou levar a cabo no centro educativo. É un proxecto dirixido ao alumnado do primeiro curso de Educación Primaria. Escollín este título porque é necesario que os propios nenos coñezan a súa historia pasada co obxectivo de apreciar o porqué das cousas que ocorren no presente. O proxecto educativo “ Coñecendo a Prehistoria” pretende ser unha primeira toma de contacto dos alumnos coa historial. Tamén penso que é un tema que presenta bastante interese polo alumnado, así que podemos motivalos dunha mellor maneira. Este tema escollino por dous motivos. O primeiro deles é porque os nenos pelexábanse na aula por coller os libros relacionados coa Prehistoria na hora de ler. Tamén no aula poñíamos vídeos educativos de diferentes temas segundo as preferencias do alumnado, e sempre escollían a temática relacionada coa Prehistoria. Por outra parte, o segundo motivo está relacionado coa motivación que este tema pode presentar ao alumnado á hora de levar a cabo o proceso de ensino-aprendizaxe. Considero fundamental a motivación do alumnado para un bo aprendizaxe. 11.- Obxectivos : 11.1.- Xerais: Relacionados coa área de Ciencias Sociais:  Coñecer , comprender e respectar as diferentes culturas e as diferencias entre as persoas, a igualdade de dereitos e oportunidades de homes e mulleres, e a non discriminación.  Coñecer os aspectos fundamentais das Ciencias Sociais, con especial atención a Prehistoria.  Desenvolver hábitos de traballo individual e de equipo, de esforzo e de responsabilidade no estudo, así como actitudes de confianza en si mesmo, sentido crítico, iniciativa persoal, curiosidade, interese e creatividade no aprendizaxe e espírito emprendedor.
  2. 2.  Coñecer e apreciar os valores e as normas de convivencia, aprender a obrar de acordo con elas, prepararse para o exercicio activo da cidadanía e respectar os dereitos humanos, así como o pluralismo propio dunha sociedade democrática.  Iniciarse na utilización, para o aprendizaxe, das tecnoloxías da información e da comunicación, desenvolvendo un espírito crítico ante os mensaxes que reciben e elaboran. .Relacionados coa área de Ciencias Naturais:  Desenvolver hábitos de traballo individual e de equipo, de esforzo e de responsabilidade no estudo, así como actitudes de confianza en si mesmo, sentido crítico, iniciativa persoal, curiosidade, interese e creatividade no aprendizaxe e espírito emprendedor.  Coñecer e apreciar os valores e as normas de convivencia, aprender a obrar de acordo con elas, prepararse para o exercicio activo da cidadanía e respectar os dereitos humanos, así como o pluralismo propio dunha sociedade democrática.  Coñecer os aspectos fundamentais das Ciencias da Natureza, con especial atención a Prehistoria. Relacionados coa área de Matemáticas:  Desenvolver as competencias matemáticas básicas e iniciarse na resolución de problemas que requiran a realización de operacións elementais de cálculo, así como de ser capaces de aplicalas a situacións da súa vida cotiá. Relacionados coa área de Lingua Galega:  Coñecer e empregar de maneira apropiada a Lingua Galega, e desenvolver hábitos de lectura e de escritura.  Expresarse correctamente en Lingua Galega. Relacionados coa área de Educación Artística e Musical:  Empregar representacións e expresións artísticas e iniciarse na construción de propostas visuais e audiovisuais.  Desenvolver capacidades afectivas en todos os ámbitos da personalidade e nas súas relacións coas demais persoas.
  3. 3.  Desenvolver hábitos de traballo individual e de equipo, de esforzo e de responsabilidade no estudo, así como actitudes de confianza en si mesmo, sentido crítico, iniciativa persoal, curiosidade, interese e creatividade no aprendizaxe e espírito emprendedor.  Desenvolver hábitos de traballo individual e de equipo, de esforzo e de responsabilidade no estudo, así como actitudes de confianza en si mesmo, sentido crítico, iniciativa persoal, curiosidade, interese e creatividade no aprendizaxe e espírito emprendedor. O uso das TIC nas diferentes áreas:  Iniciarse na utilización, para o aprendizaxe, das tecnoloxías da información e da comunicación, desenvolvendo un espírito crítico ante os mensaxes que reciben e elaboran. 11.2- Específicos: Relacionados coa área de Ciencias Sociais:  Expresar coñecementos e experiencias relacionados coa Prehistoria e a vida dos prehistóricos.  Definir e formular preguntas sobre aquelo que queren coñecer sobre a Prehistoria.  Empregar diferentes fontes para buscar información: observación directa, imaxes, libros, familias, medios dixitais...  Empregar estratexias de organización de coñecementos baseadas no tratamento da información.  Observar os cambios que se produciron no home, a paisaxe e o estilo de vida das persoas co paso do tempo.  Coñecer como vivían os prehistóricos durante a Prehistoria e establecer relacións de semellanza e diferencia co modo de vivir na actualidade.  Recoñecer os diferentes tipos de familia e valoralas como forma de organización da especie humana.  Descubrir os lugares do noso contorno nos que se atoparon os restos arqueolóxicos da vida prehistórica, e identificar os espazos nos que se expoñen estes descubrimentos.  Identificar e valorar o traballo realizado por diferentes persoas do noso contorno para estudar, documentar e achegarnos á vida dos home nas diferentes etapas da historia.  Relacionar elementos a partir de aspectos cualitativos.  Identificar e nomear as propiedades físicas dos obxectos e as persoas.
  4. 4.  Establecer relacións entre os elementos dun conxunto: clasificación, seriación.  Establecer relacións de correspondencia entre os elementos de dous conxuntos.  Aproximarse ao concepto de tempo ordenando secuencias de accións. Relacionados coa área de Ciencias Naturais:  Coñecer algúns inventos e descubrimentos que ao longo da historia transformaron e facilitaron a vida das persoas.  Ser capaz de desenvolver estratexias que faciliten a resolución de problemas e a toma de decisións.  Extraer conclusións como resultado dunha experiencia.  Participar de forma activa nas experimentacións e nas actividades propostas, respectando e compartindo as aportacións dos demais.  Realizar predicións sobre fenómenos físicos; comprobar e observar o resultado. Relacionados coa área de Matemáticas:  Recoñecer a forma dos obxectos empregados.  Contar obxectos en situacións de xogo e en situacións experimentais. Relacionados coa área de Lingua Galega:  Habituarse a escoitar atentamente aos demais en situacións que o requiren, respectando a quenda de palabra e o momento oportuno para falar.  Compartir oralmente cos demais as observacións e experimentacións.  Interese polas novas informacións.  Expresarse de forma ordenada e empregar a linguaxe oral para relatar feitos, expresar hipóteses, comunicar ideas e sentimentos.  Relacionar as novas informacións con outras xa coñecidas.  Describir ordenadamente feitos e situacións relacionados coa Prehistoria.  Consultar fontes de documentación para atopar resposta aos interrogantes que xurdan durante o desenvolvemento do proxecto.  Expresar coñecementos aprendidos relacionados coa Prehistoria.  Interesarse pola interpretación da linguaxe escrita e descubrir a utilidade da lectura e da escritura como medios de información e comunicación.  Ampliar o vocabulario básico relacionado co tema.
  5. 5.  Coñecer diferentes sistemas de expresión literaria: conto, poesía, adiviñanza... Relacionados coa área de Educación Artística e Musical:  Gozar da expresión plástica e musical, valorándoas como importantes medios de comunicación e expresión dende a orixe do home.  Explorar as propiedades e calidades sonoras dos obxectos do contorno.  Coñecer diferentes técnicas plásticas e experimentar expresándose a través delas.  Participar de forma activa nas experimentacións e nas actividades propostas, respectando e compartindo as aportacións dos outros.  Exercitar a percepción sensorial a partir da manipulación e exploración de obxectos.  Construír composicións nun espazo tridimensional e coñecer as características de diferentes obxectos cos que se poden realizar construcións.  Descubrir as posibilidades e limitacións dos materiais empregados. O uso das TIC nas diferentes áreas:  Iniciarse no manexo do ordenador e o uso da tecnoloxía como medio para adquirir información e coñecementos.  Desenvolver habilidades motrices finas mellorando de forma progresiva a coordinación óculo-manual, que lle permitirá explorar e manexar o hardware básico do ordenador. 12.-Contidos: Relacionados coa área de Ciencias Sociais:  Coñecementos previos sobre a Prehistoria.  Preguntas sobre o tema do proxecto.  Fontes de información.  Mapa conceptual.  Os prehistóricos e o home actual.  A alimentación. Formas de obter alimento do home primitivo.  A vivenda e o refuxio na Prehistoria.  Vestido e elementos decorativos.  A familia: membros da unidade familiar e relacións entre eles. Tarefas familiares.  Aproximación ao coñecemento dos xacementos arqueolóxicos e os museos.
  6. 6.  Coñecemento de profesións: o arqueólogo.  Propiedades dos obxectos: características físicas, localización no tempo, usos.  Relación de correspondencia entre obxectos da Prehistoria e da actualidade.  Secuencias temporais: antes/despois. Relacionados coa área de Ciencias Naturais:  Coñecemento dalgunhas ferramentas e utensilios prehistóricos.  Descubrimentos e inventos: O lume e a roda.  Establecemento de relacións entre anticipacións e resultados de experiencias. Relacionados coa área de Matemáticas:  A forma dos obxectos empregados na Prehistoria.  Contar os obxectos. Relacionados coa área de Lingua Galega:  Participación e adecuación comunicativa: -A asemblea. -As preguntas e respostas.  Asociación de informacións.  Interpretación de informacións.  Expresión e comprensión oral en situacións comunicativas.  Memorización de feitos e situacións.  Vocabulario referido ao campo de experiencia.  A lectura e a escritura como medios de información e comunicación.  O conto, a poesía, adiviñanza como sistemas de expresión oral.  As posibilidades lúdicas da linguaxe.  Produción de historias.  Descrición e narracións orais.  Emprego do vocabulario: nomes, accións, calidades. Relacionados coa área de Educación Artística e Musical:  A percusión.  A voz e o corpo como instrumentos.  Os instrumentos musicais prehistóricos.
  7. 7.  As cores primarias e secundarias.  Aplicación de técnicas básicas: debuxo, pintura, modelado.  Elementos básicos da linguaxe plástica: liña, forma, cor, textura, espazo.  Experimentación coa volume, o espazo tridimensional e o equilibrio entre elementos.  Produción de composicións. O uso das TIC nas diferentes áreas:  O ordenador.  Manexo do rato e do teclado.  Internet.  Buscadores infantís. 13.- Competencias básicas: O desenvolvemento das oito competencias básicas contribúe a preparación do alumnado para a vida. Neste proxecto intentaremos darlle moita importancia as competencias e a relación que teñen cos obxectivos.  Competencia lingüística: Desenvólvese mediante a comprensión e interpretación da información e comentando e criticando a información obtida polos demais.  A Competencia matemática de ciencias e tecnoloxía : Desenvólvese tendo en conta a iniciativa científica, o desenvolvemento do espírito de investigación e o emprego dos números como linguaxe en diferentes soportes por parte do alumnado.  Competencia dixital: Adquírena mediante o dominio das novas tecnoloxías e a seguridade na rede.  Aprender a aprender: Adquírena mediante o desenvolvemento de habilidades relacionadas co tratamento de textos, a realización de esquemas, a capacidade de resumo e a valoración do aprendizaxe como ferramenta social.  Competencias sociais e cívicas : Adquírena mediante o desenvolvemento de valores críticos e a adquisición de destrezas de análise social, empregando diferentes medios e soportes.  O sentido de iniciativa e espírito emprendedor: Desenvólvese fomentando a autonomía persoal e os coñecementos e valoracións sobre o contorno social.
  8. 8.  Conciencia e expresións culturais: Trátase mediante os coñecementos sobre a propia cultura e a allea, o respecto polas diferencias e a valoración da interculturalidade na nosa sociedade. 14.- Relación entre os obxectivos específicos, os contidos e as competencias básicas. Área de Ciencias Sociais: Obxectivos Contidos Competencias básicas -Expresar coñecementos e experiencias relacionados coa Prehistoria e a vida dos prehistóricos. -Coñecementos previos sobre a Prehistoria. -CL. -CMCT. -CSC. -AA. -SIE. - Definir e formular preguntas sobre aquelo que queren coñecer sobre a Prehistoria. -Preguntas sobre o tema do proxecto. -CL. -CMCT. -CSC. -AA. -SIE. -Empregar diferentes fontes para buscar información: observación directa, imaxes, libros, familias, medios dixitais... -Empregar estratexias de organización de coñecementos baseadas no tratamento da información. -Fontes de información. -Mapa conceptual. -CL. -CD. -AA. -SIE -Observar os cambios que se produciron no home, a paisaxe e o estilo de vida das persoas co paso do tempo. -Os prehistóricos e o home actual. -A alimentación. Formas de obter alimento do home primitivo. -CMCT. -CSC. -AA. -SIE.
  9. 9. -Coñecer como vivían os prehistóricos durante a Prehistoria e establecer relacións de semellanza e diferencia co modo de vivir na actualidade. -Recoñecer os diferentes tipos de familia e valoralas como forma de organización da especie humana. -A vivenda e o refuxio na Prehistoria. -Vestido e elementos decorativos. -A familia: membros da unidade familiar e relacións entre eles. Tarefas familiares. -Descubrir os lugares do noso contorno nos que se atoparon os restos arqueolóxicos da vida prehistórica, e identificar os espazos nos que se expoñen estes descubrimentos. -Identificar e valorar o traballo realizado por diferentes persoas do noso contorno para estudar, documentar e achegarnos á vida dos home nas diferentes etapas da historia. -Aproximación ao coñecemento dos xacementos arqueolóxicos e os museos. -Coñecemento de profesións: o arqueólogo. -CMCT. -CSC. -CEC. -AA. -Relacionar elementos a partir de aspectos cualitativos. -Identificar e nomear as propiedades físicas dos obxectos e as persoas. -Propiedades dos obxectos: características físicas, localización no tempo, usos. -Relación de correspondencia entre obxectos da Prehistoria e da actualidade. -CMCT. -AA.
  10. 10. -Establecer relacións entre os elementos dun conxunto: clasificación, seriación. -Establecer relacións de correspondencia entre os elementos de dous conxuntos. -Aproximarse ao concepto de tempo ordenando secuencias de accións. -Secuencias temporais: antes/despois. Área de Ciencias Naturais: Obxectivos Contidos Competencias básicas -Coñecer algúns inventos e descubrimentos que ao longo da historia transformaron e facilitaron a vida das persoas. -Ser capaz de desenvolver estratexias que faciliten a resolución de problemas e a toma de decisións. -Extraer conclusións como resultado dunha experiencia. -Participar de forma activa nas experimentacións e nas actividades propostas, respectando e compartindo as aportacións dos demais. -Realizar predicións sobre fenómenos físicos; -Coñecemento dalgunhas ferramentas e utensilios prehistóricos. -Descubrimentos e inventos: O lume e a roda. -Establecemento de relacións entre anticipacións e resultados de experiencias. -CL. -CMCT. -CSC. -AA.
  11. 11. comprobar e observar o resultado. Área de Matemáticas: Obxectivos Contidos Competencias básicas -Recoñecer a forma dos obxectos empregados. -Contar obxectos en situacións de xogo e en situacións experimentais. -A forma dos obxectos empregados na Prehistoria. -Contar os obxectos. -CMCT. -AA. Área de Lingua Galega: Obxectivos Contidos Competencias -Habituarse a escoitar atentamente aos demais en situacións que o requiren, respectando a quenda de palabra e o momento oportuno para falar. -Compartir oralmente cos demais as observacións e experimentacións. -Interese polas novas informacións. -Expresarse de forma ordenada e empregar a linguaxe oral para relatar feitos, expresar hipóteses, comunicar ideas e sentimentos. -Participación e adecuación comunicativa: A asemblea. As preguntas e respostas. -Asociación de informacións. -Interpretación de informacións. -Expresión e comprensión oral en situacións comunicativas. -Memorización de feitos e situacións. -Vocabulario referido ao campo de experiencia. -CL. -CD. -CSC. -AA.
  12. 12. -Relacionar as novas informacións con outras xa coñecidas. -Describir ordenadamente feitos e situacións relacionados coa Prehistoria. -Consultar fontes de documentación para atopar resposta aos interrogantes que xurdan durante o desenvolvemento do proxecto. -Expresar coñecementos aprendidos relacionados coa Prehistoria. -Interesarse pola interpretación da linguaxe escrita e descubrir a utilidade da lectura e da escritura como medios de información e comunicación. -Ampliar o vocabulario básico relacionado co tema. -Coñecer diferentes sistemas de expresión literaria: conto, poesía, adiviñanza... -A lectura e a escritura como medios de información e comunicación. -O conto, a poesía, adiviñanza como sistemas de expresión oral. -As posibilidades lúdicas da linguaxe. -Produción de historias. -Descrición e narracións orais. -Emprego do vocabulario: nomes, accións, calidades.
  13. 13. Área de Educación Artística e Musical: Obxectivos Contidos Competencias básicas -Gozar da expresión plástica e musical, valorándoas como importantes medios de comunicación e expresión dende a orixe do home. -Explorar as propiedades e calidades sonoras dos obxectos do contorno. -Coñecer diferentes técnicas plásticas e experimentar expresándose a través delas. -Participar de forma activa nas experimentacións e nas actividades propostas, respectando e compartindo as aportacións dos outros. -Exercitar a percepción sensorial a partir da manipulación e exploración de obxectos. -Construír composicións nun espazo tridimensional e coñecer as características de diferentes obxectos cos que se poden realizar construcións. -Descubrir as posibilidades e limitacións dos materiais empregados. -A percusión. -A voz e o corpo como instrumentos. -Os instrumentos musicais prehistóricos. -As cores primarias e secundarias. -Aplicación de técnicas básicas: debuxo, pintura, modelado. -Elementos básicos da linguaxe plástica: liña, forma, cor, textura, espazo. -Experimentación coa volume, o espazo tridimensional e o equilibrio entre elementos. -Produción de composicións. -CMCT. -CEC. -AA. -SIE.
  14. 14. O uso das TIC nas diferentes áreas: Obxectivos Contidos Competencias -Iniciarse no manexo do ordenador e o uso da tecnoloxía como medio para adquirir información e coñecementos. -Desenvolver habilidades motrices finas mellorando de forma progresiva a coordinación óculo-manual, que lle permitirá explorar e manexar o hardware básico do ordenador. -O ordenador. -Manexo do rato e do teclado. -Internet. -Buscadores infantís. -CL. -CD. -SC. -AA. 15.- Proposta metodolóxica. 15.1.- Ambiente de aprendizaxe. A aula na que se desenvolve a unidade está na primeira planta do edificio. Na aula atopamos vinte seis mesas distribuídas en forma de “U” e cunhas mesas no centro na que se sitúan os alumnos que teñen máis problemas de atención ou dificultades cando se realizan as tarefas propostas ao carón dos nenos máis intelixentes para que se axuden entre eles cando sexa necesario. Empregaremos a nosa aula como rincón do proxecto, aínda que tamén iremos a aula de informática, a biblioteca, ou incluso ao patio e o contorno que nos rodea. Por outra parte, quero destacar que todos os alumnos cando tiñan que ver un vídeo no proxector poñíanse en “modo película” e eles mesmos tiñan unha organización para colocarse diante da pantalla. Na aula atopamos unha pequena biblioteca na que se encontran libros con pouco texto e moitas imaxes pero de diferentes temáticas. No que se refire a dotación TIC a aula conta cunha pizarra dixital e un ordenador portátil.
  15. 15. Cada alumno posúe o seu material: lapis, cores, afías, tesoiras entre outros para poder realizar as tarefas. Tamén contamos con murais que realizamos entre todos segundo a temática que corresponda. Empregaranse materiais de reciclaxe ou cotiáns, materiais que traían os nenos, materiais elaborados tanto polo alumnado como polo docente. O tempo dedicado ao proxecto será máis ou menos dun mes, podendo variar en función do desenvolvemento do proceso educativo. Con relación ao tempo dedicado a cada actividade variará en función do tempo que necesite o alumnado á hora de realizar as tarefas propostas. 15.2.-Perspectiva didáctica: Durante o desenvolvemento dalgunha sesión, realizaremos algunha asemblea, e incluso algún xogo para fomentar o interese e a motivación dos nosos alumnos. 15.3.- Papel do profesorado: O papel do docente consiste en presentar os materiais e explicar que actividade se vai realizar. Axudaremos ao neno a establecer comparacións e a facer propostas. O obxectivo é descubrir o que saben os pequenos e ampliar con novas aportacións a súa percepción do mundo que nos rodea. Polo tanto, o docente intervirá cando sexa necesario, intentando que os seus alumnos traballen de forma máis autónoma posible. O docente deberá intervir facendo propostas necesarias, que serán abertas ou pechadas dependendo da actividade. Estas propostas han de estar concibidas de modo que os pequenos empreguen todos os sentidos posibles, establezan todas as relacións necesarias, compartan e cooperen cos compañeiros, adquirindo ao mesmo tempo novas habilidades e destrezas. 15.4.- Papel do alumnado: O papel do alumnado neste proxecto, é un papel construtor tanto de esquemas como de estruturas operatorias. Sendo o responsable último dos seu propio proceso de aprendizaxe e o procesador activo da información, constrúe o coñecemento por si mesmo e ninguén pode substituílo nesta tarefa, xa que debe relacionar a información nova cos coñecementos previos para establecer relacións entre elementos en base a construción do coñecemento, e é así cando as informacións que reciben adquiren un verdadeiro significado. Este feito lle obriga a cumprir unha serie de normas: (Coll, y otros, 2007)  Participar activamente mas actividades propostas mediante a posta sobre a mesa de ideas e a súa posterior defensa.
  16. 16.  Enlazar as súas ideas e a dos demais.  Preguntar a outros para comprender e clarificar.  Propoñer solucións.  Escoitar tanto os compañeiros como o coordinador.  Cumprir coas actividades propostas nos prazos estipulados. 15.5.- Agrupamentos: As formas de agrupamento que empregaremos serán en gran grupo, individuais ou mediante grupos. En gran grupo: O grupo da aula, é dicir, todos os estudantes participan na actividade como un solo grupo. Outra forma será de forma individual: Todos os alumnos deberán realizar tarefas que lle supoñan enfrontarse de forma persoal coa mesma e levala a cabo independentemente ou co apoio do mestre. Finalmente mediante grupos: A aula divídese en pequenos grupos , de diferentes tamaños en función do obxectivo que se pretenda lograr. En canto ao número de compoñentes, é preferible que cada grupo o formen entre 2 e 6 membros, para asegurar que todos teñan a oportunidade de participar activamente. Cando os integrantes non teñen experiencia no traballo cooperativo, o tempo é corto ou os materiais escasos, se recomenda que o grupo o compoñan 3 ou 4 persoas. É recomendable ir rotando cada 2 ou 3 semanas os grupos, logrando así que exista unha maior interacción entre todos, que se xeren novas relacións e se identifiquen novos amigos ou persoas afíns na aula. Con relación aos tipos de grupos que formaremos desenvolveremos os grupos afíns e os grupos heteroxéneos (Inclusiva, 2015) Empregaremos os grupos afíns para realizar certas tarefas, para elo dividiremos a clase en grupos afíns en función ao seu nivel de coñecementos previos, intereses ou capacidades, de tal forma que se poida asignar a cada grupo tarefas nas que todos poidan aportar e aprender. Cada grupo terá que desenvolver tarefas e chegar a un resultado diferente en función do que xa saben e do que poden aprender. Outra forma de agrupamento será a formación de grupos heteroxéneos, que consiste en crear equipos nos que aparezan estudantes con diferentes capacidades ou con diferentes niveles de
  17. 17. habilidade. Estes equipos poden realizar tarefas en común, de tal maneira que aprendan a organizarse, compartir coñecementos e capacidades e chegar a un bo resultado en común. Tamén se poden ir rotando estes grupos, co obxectivo de que os estudantes poidan coñecer e traballar con diferentes compañeiros, e que desta maneira participen no equipo compañeiros con diferentes capacidades ou niveles de aprendizaxe. Para formar grupos heteroxéneos empregaremos unha fórmula que consiste en facer un listado dos estudantes en función do seu nivel de competencia respecto do tema que se vai traballar. Unha vez feita a lista, compoñer grupos de forma que, en todos eles aparezan estudantes con todos os niveis de habilidade. 15.6.- Apertura ao contorno do centro: No noso centro levarase a cabo un programa de “Apertura de centros” (Cárdenas, 2006) que terá varios obxectivos: Proxectar a imaxe do centro educativo no seu contorno próximo, favorecer a convivencia escolar entre os diferentes membros da comunidade educativa, intensificar as relacións entre o profesorado, o alumnado e as familias, aproveitar as posibilidades de mellora do espazo e das infraestruturas escolares para favorecer a utilización dos centros escolares como lugar de encontro do conxunto da comunidade educativa, e finalmente empregar os recursos do contorno proporcionados polas Administracións Públicas e Organizacións sociais e económicas como apoio ao proxecto de apertura ao centro. 16.- Relación de actividades: Para a realización do proxecto “Coñecendo a Prehistoria” imos centrarnos en diferentes fases: A primeira frase(1ª sesión) consistirá nunhas rutas de motivación, para espertar o interese do alumnado con relación ao tema proposto. Con relación á segunda fase do proxecto(2ª sesión), intentaremos descubrir o que os nosos alumnos saben sobre dito tema. Unha vez recollida a información sobre aquelo que os nenos saben, preguntarémoslles que é o que queren saber, nisto consistirá a terceira fase do proxecto(3ª sesión). Durante a cuarta fase do proxecto(4ª sesión-11ª sesión) desenvolveranse unha serie de actividades relacionadas co tema proposto co obxectivo de que os nenos adquiran coñecementos. Finalmente, na derradeira parte (12ª sesión) intentaremos coñecer o que os nosos alumnos aprenderon sobre a Prehistoria.
  18. 18. O tempo dedicado a cada sesión aparecerá reflexado no horario das sesións(VER ANEXO VIII). Tamén é importante observar o horario das materias para compaxinarse da mellor maneira posible (VER ANEXO IX). 1ª sesión: Rutas de motivación Ao comezo da xornada realizaremos actividades de motivación, co obxectivo de espertar o interese do alumnado polo tema da Prehistoria. Desta maneira desenvolveremos tres actividades: “VISITA SORPRESA” Materiais: Sobre con nota de instrucións, ordenador, conexión a internet, marcador imprimible na web do museo. Actividade: Empregar un recurso de realidade aumentada dispoñible na páxina web do Museo de Historia Natural Británico (Museum, 2015). Pasos para empregar o recurso: Visitar a páxina web do museo, imprimir o marcador premendo na opción <<Download AR marker>> , premer o botón play e esperar a que se cargue a animación. Situar o marcador á vista da webcam. Pódese recortar o cadrado e prescindir do resto da folla. Trátase dunha reconstrución animada do home Neanderthal. A realidade aumentada nos permitirá velo camiñar na nosa clase ou na nosa man. Ao chegar á aula o ordenador estará arrancado e o marcador impreso dentro dun sobre, coas palabras VISITANTE SORPRESA escritas en gran tamaño. Dentro haberá unha nota que diga: <<Aproximade o cadrado á cámara do ordenador e observade con atención>>. Ao situar o marcador á vista da cámara, iniciarase unha animación e aparecerá un home de Nearderthal camiñando. Tras observalo, preguntarémoslle aos nenos se saben quen pode ser, e conversaremos con eles. Deixamos que os nenos experimenten intentando tocalo, movendo o marcador, acercándoo á webcam ou afastándoo , situándoo frontalmente para obter unha vista aérea ou sobre a palma da man. Seguidamente faremos que os nenos miren dentro do sobre e lean o que hai escrito nunha carta: “¡Ola nenos! Chámome home de Nearderthal. Vivín hai moitísimos anos, cando non había escolas, nin edificios, nin coches nin televisión. É a época que chamades Prehistoria¿ Queredes saber como éramos entón?
  19. 19. Ler e comentar cos nenos. Buscar en internet varias imaxes de hominización e que intente n localizar ao noso visitante. Finalmente preguntaremos: ¿Queredes aprender máis cousas sobre como eran os homes e as mulleres na prehistoria? “BÚSCANSE APRENDICES” Materiais: Caixón con area, fragmentos dunha peza de cerámica, unha cunca, pasta de sal(sal, fariña, aceite, bicarbonato). Actividade: Elaborar a pasta de sal. Para elo mesturaremos os seguintes ingredientes: 1 cunca de sal, 1 cunca e media de fariña, 4 culleradas de aceite, 4 culleradas de bicarbonato. Situar nun lugar visible da aula un caixón con area, dentro do cal teremos escondido uns anacos de cerámica enterrados en pasta de sal. O caixón chegará acompañado da seguinte mensaxe: “Son Martín, o arqueólogo, e necesito a vosa axuda. Atopei o que vos envío nunha escavación dentro dunha cova prehistórica. Hai moito traballo aquí e necesito aprendices de arqueoloxía que podan axudarme a desenterrar o obxecto que hai no caixón. Cando coñezades o que é, enviádeme unha carta o museo. ¡Moitas grazas rapaces! Despois de ler a mensaxe, os nenos buscarán dentro do caixón de forma colaboradora e desenterrarán e limparán as pezas. Entre todos compoñerán a peza. Finalmente preguntarémoslle aos nenos: ¿Que pode ser o que atopamos? ¿Para que servirá? Os nenos conversarán un rato, e cando consideremos oportuno preguntaremos: ¿Queredes aprender máis cousas sobre a Prehistoria? “PAQUETE SORPRESA: O CANTO DO VENTO” Materiais: Conto “O canto do vento” envolto, papel de seda, un saco de tela, unha bramadera. Actividade: Envolver en papel de seda o conto O canto do vento e deixalo enriba dunha das mesas do aula, xunto cun saco que conterá unha bramadera. Abrir o saco e preguntar aos nenos de quen pode ser e para que servirá. A partir de aquí iniciaremos con eles unha conversación.
  20. 20. A continuación, desenvolver o conto, ler o título e preguntar de que pode tratar a historia. Despois cada alumno irá narrando o conto en voz alta. Ao finalizar, volver a mostrar a bramadera que se amosou antes de contar o conto. Invitar aos nenos a tocala, explorala e facela sonar con coidado. Seguidamente, entregarémoslle un folio a cada alumno para que nos debuxen o que máis lle gustou do conto, á protagonista ou algún dos instrumentos que aparecen na historia. Cando creamos conveniente preguntaremos: ¿Queredes que cacemos sons, igual que Lúa?, ¿ Aprendemos máis sobre a Prehistoria para facelo? 2ª sesión: ¿Que sabemos? Despois de realizar as actividades motivadora, chega o momento de coñecer o que saben os nenos sobre o tema. Nesta fase do proxecto trataremos de que os alumnos expresen con liberdade os coñecementos, as experiencias persoais e as ideas previas que teñen con relación a Prehistoria. Pare elo, empregaremos como recurso unha asemblea. “ASEMBLEA” Pregunta principal: ¿Que sabes da Prehistoria? Actividade: En equipos de catro, realizaremos a estrutura cooperativa do <<folio xiratorio>>, que aquí chamaremos <<conversa xiratoria>>. Un dos membros do grupo preguntará ao seu compañeiro: ¿Que sabes da Prehistoria?. Cando lle conteste daralle as grazas, e o que respondeu preguntaralle ao seguinte compañeiro; e ti, ¿ Que sabes da Prehistoria?. Despois da pregunta o docente designará a un alumno de cada equipo para que explique o que saben os seus compañeiros sobre a Preshistoria. Durante o transcurso desta actividade debemos actuar como fío condutor en todo momento. Todo é válido, todas as respostas que os nenos dan son iguais de lexítimas. Desta maneira, aprenden a respectar outras ideas que os demais poden ter. Todas estas respostas deben ser recollidas e transcritas tal e como as din os nenos. A nosa intervención é fundamental, pois somos nós os que podemos e debemos reconducir as súas ideas, suxerir novas preguntas, axudalos a cuestionarse cousas..., sen esquecernos de ter en
  21. 21. conta que é o que lles pode preocupar, interesas, etcétera. Podemos anotar todo aquelo que os nenos coñecen sobre o tema na pizarra dixital. Esta actividade nos servirá por unha parte, para coñecer que coñecementos teñen os alumnos sobre o tema, e por outra, como instrumento de avaliación para coñecer o que aprenderon unha vez finalizado o proxecto. Finalmente darémoslle a cada alumno unha ficha para que teñan claro o período que comprende a Prehistoria que deberán colorear (VER ANEXO I). 3ª sesión: ¿Que queremos saber? Unha vez recollida a información sobre aquelo que os nenos saben, preguntarémoslles que é o que queren saber. Invitarémolos a que formulen as súas preguntas e as anotaremos, xunto co nome de cada neno. Para elo podemos empregar a pizarra dixital. A continuación, pódese escribir e ler as seguintes preguntas propostas que os nenos non realizaron. Se realizaron algunhas xa non se lle formulan. “PREGUNTAS PROPOSTAS”  ¿Que é a Prehistoria?  ¿Quen viviu na Prehistoria?  ¿Había animais?  ¿Onde vivían os Prehistóricos?  ¿Como eran as covas na Prehistoria?  ¿Como eran as familias na Prehistoria?  ¿Como se vestían?  ¿Que comían?  ¿Como se defendían?  ¿Como cazaban animais?  ¿Que empregaban para pescar?  ¿Sabían cociñar?  ¿Os prehistóricos coñecían a música?  ¿Tiñan arte?
  22. 22.  ¿Sabían construír edificios?  ¿Como sabemos tanto sobre a Prehistoria? Desta maneira partiremos de aquelo que aos alumnos lles interesa aprender, do que realmente formulan e das suxestións que o docente considere apropiadas e atraentes para eles. Unha vez anotadas todas as cuestións, as formuladas polos alumnos e as propostas polo docente, podemos lelas dunha en unha. Cada vez que leamos unha pregunta pedirémoslle aos nenos que voten, é dicir, que digan se o tema lles interesa ou no. Apuntaremos os votos e así podemos sabe que é o que máis lles interesa sobre a Prehistoria. Unha vez que teñamos claro que é o que queren saber, decidiremos entre todos o que imos a aprender e os medios que empregaremos para conseguir a información: investigar en libros, invitar á aula a familiares ou alumnos doutros cursos, facer saídas a algún lugar interesante, aportar materiais diversos(vídeos, documentais, internet...). 4ª sesión: Nesta sesión contaremos coa visita dun avó dun dos nenos da nosa aula. Para seguidamente traballar o tema da evolución do home. “VISITA DO AVÓ” Formaranse grupos de cinco persoas. Cada grupo deberá formular un mínimo de tres preguntas ao avó. Esas preguntas terán que estar relacionadas coa vida que levaba o avó cando era pequeno. É dicir, que comían, se tiñan ordenador, como era a música da súa época, se se construían moitos edificios... O avó será o encargado de responder as preguntas dos nenos. Cada grupo de alumnos deberá anotar as respostas. Seguidamente, o alumnado deberá comparar as respostas que lles deu o avó coa súa vida cotiá. De maneira que observen as diferencias. Finalmente, farase unha posta en común de todas as diferencias que había na época do avó en comparación coa actualidade.
  23. 23. Seguidamente realizarase outra actividade na que poidan observar diferencias entre os homes prehistóricos e os actuais. “COMPARANDO FAMILIAS” Materiais: Foto da familia do neno, foto prehistórica, cartolina de cores, pegamento e lapis. Actividade: A actividade consistirá en pegar nunha cartolina de cores unha foto da familia do neno ao carón doutra foto dunha familia prehistórica. Unha vez que estean pegadas as dúas fotos, os nenos escribirán debaixo da familia Prehistórica un nome para dita familia, e debaixo da fotografía da súa familia, o seu nome e o ano no que nos atopamos. Finalmente, os nenos escribirán o que vexan diferente en comparación dunha foto coa outra. 5ª sesión: Nesta sesión trataremos o tema do arte na Prehistoria. Para elo, intentaremos que os nenos aprendan a crear pinturas prehistóricas. Para iso amosámoslle unha serie de imaxes antes de comezar a desenvolver a actividade. “CREA PINTURA E DEBUXA COMO OS PREHISTÓRICOS” Materiais: Pintura vermella de dedos, auga, vaso, terra, pincel, mural engurrado.
  24. 24. Actividade: En primeiro lugar crearemos a pintura rupestre con mesturando terra e auga. Unha vez feita a pintura, teremos un enorme mural para decorar a aula de cor marrón engurrado, intentando simular unha cova. Os nenos deberán calcar a súa man con pintura vermella de dedos no mural, e tamén deberán debuxar coa pintura creada anteriormente debuxos que facían os homes prehistóricos. Unha vez finalizado o enorme mural colgarémolo na aula para que pareza que estamos nunha cova prehistórica. 6ª sesión: Nesta sesión intentaremos que os alumnos coñezan como vivía o home durante a Prehistoria. Para elo, primeiramente conversaremos cos nosos alumnos sobre a vida nómade e o establecemento de campamentos próximos aos ríos durante a Idade de pedra, e a utilización das covas como lugar de refuxio. Seguidamente, ensinarémoslles un vídeo aos nenos sobre a vida dos prehistóricos (Jaelma1, 2015), para favorecer a súa motivación e aclarar algunha dúbida que puidera xurdir. Finalmente, realizaríamos dúas actividades cos nenos. A primeira será completar unhas oracións, e a segunda actividade construír unha cabana. “COMPLETA AS SEGUINTES ORACIÓNS” -Primeiramente resgardábanse do frío dentro das____________ CAMPAMENTOS COVAS -Logo vivían en____________
  25. 25. “CONSTRUE UN LUGAR PARA VIVIR” Materiais: Palillos, retallos de tea, palla , cartolinas de cores, pegamento, tesoiras e outros materiais. Actividade: Consistirá en ir pegando palillos, retallos de tea e palla nunha cartolina co obxectivo de construír unha cabana, un campamento ou unha cova. Tamén se poden facer debuxos. 7ª sesión: Nesta sesión introduciremos a forma de obter alimento por parte dos homes primitivos por unha parte, e por outra parte trataremos a utilidade do lume na Prehistoria. No referido a alimentación dos homes na Prehistoria e a forma de obter alimentos debemos conversar cos nosos alumnos sobre o período Paleolítico, cando o home se alimentaba das presas que cazaba ou pescaba, ou dos froitos que recollían. Desenvolveranse as seguintes actividades: 1) Observa e rodea as ferramentas empregadas polos personaxes das ilustracións( lanza, arpón e mans). Unha vez rodeados, une cada personaxe co alimento que obterá.
  26. 26. Seguidamente realizarán unha ficha que pode ser coloreada( VER ANEXO II). 2) “OBTENDO ALIMENTOS” Materiais: Folleto de propaganda, lapis, cores, tesoiras, folios e pegamento. Actividade: En grupos de catro persoas. Recortade dun folleto de propaganda que vos mandei traer catro alimentos que o home prehistórico cazaría cunha lanza, catro alimentos que pescaría cun arpón e catro alimentos que recollería coa man. Seguidamente deberedes facer un debuxo dun prehistórico cun arpón, dun prehistórico cunha lanza e finalmente dun prehistórico recollendo alimentos e pegar ao carón de cada un os alimentos que lles correspondan. Unha vez pegados os alimentos, deberedes dicir un alimento que comería un animal carnívoro, e un alimento que comería un animal herbívoro. Nesta segunda parte da sesión intentaremos que os nosos alumnos coñezan os usos do lume na Prehistoria e como se elabora unha listaxe de palabras. Para elo antes de desenvolver algunha actividade, o docente deberá dialogar cos seus alumnos, dunha maneira máis específica, sobre o lume na Prehistoria: dende o seu descubrimento ata que os homes conseguiron controlalo, e máis tarde, producilo. Antes de comezar coa explicación mostrarémoslle un vídeo aos nenos relacionado co que imos falar (Educaccióntv, 2015). Seguidamente propoñémoslle as seguinte tarefa aos nosos alumnos: “CUÑOS AO CENTRO” Material: Varias palabras cuñadas( as correctas serán as relacionadas coa utilización do lume), pegamento, lámina.
  27. 27. Actividade: Cada equipo de catro alumnos lerá as palabras cuñadas para colocalas no seu lugar. O primeiro alumno dirá: << aquí di quentarse, ¿Estades de acordo?>> . Se os demais contestan: <<si, estamos de acordo>>, collerán o cuño e o colocarán nun dos espazos en branco. Cando terminen, o que comezou diralle ao seu compañeiro: << agora che toca a ti>>, e este collerá e lerá outro cuño, e así sucesivamente ata terminalos. É importante que a lámina estea no aula coas palabras no seu lugar para que os nenos poidan consultala. 8ª sesión: Na primeira parte desta sesión intentaremos que os nosos alumnos podan apreciar como era a alimentación e as formas que tiña o home primitivo de obter alimento, é dicir a agricultura. Antes de comezar coas tarefas propostas, falaremos cos nenos sobre a etapa do Neolítico, cando o home aprendeu a cultivar e colleitar os alimentos e a coidar animais, dos que obtiña alimento e outros beneficios. Amosarémoslles a seguinte imaxe relacionada co explicado. A partir desa imaxe tamén abriremos unha serie de preguntas relacionadas coas súas familias. Por exemplo: “¿ Os vosos pais ou avós fan algo relacionado coa imaxe?”, “¿Pensades que os homes primitivos necesitaban algo máis para sobrevivir?”, “¿ Alguén me pode explicar a imaxe?”. E , finalmente os nenos deberán rodear na imaxe os elementos ou escenas que indique o docente. Seguidamente realizaremos unha actividade grupal, para fomentar o aprendizaxe cooperativo( realizarase con axuda da imaxe anterior): “CONVERSACIÓN XIRATORIA” Realizarase en equipos de catro alumnos. Comezará un neno do grupo dicindo: <<eu vexo un ou unha...>>. Cando di a frase, preguntará ao seu compañeiro: << e ti, ¿Que ves?>>. Unha vez que finalicen a ronda de frases, o docente nomeará a un portavoz do equipo e lle preguntarán o que viron na imaxe. O portavoz contestará dicindo: << nós vimos...>>.
  28. 28. Na segunda parte desta sesión intentaremos que os nosos alumnos coñezan algunhas das manifestacións artísticas da Prehistoria, é dicir o arte da Prehistoria. Para elo, amosarémoslle aos nosos alumnos un vídeo no que poden ver esculturas propias da Prehistoria (ARTEHISTORIA, 2015). A continuación, desenvolveremos a seguinte actividade motivadora: “CONSTRÚE O PUZZLE” Material: Anacos de cartolina( imaxe dunha escultura prehistórica), papel de mural, pegamento. Actividade: Cada neno terá pezas de cartolina que deberá xuntar e pegar nun mural que hai en clase, e así poderán observar diferentes esculturas típicas da Prehistoria 9ª sesión: Na primeira parte desta sesión os nenos deseñarán unha disfrace prehistórica. “DISFRACE PREHISTÓRICA” Material: Unha manta( preferiblemente branca de raias negras), tesoiras, velcro de pegar. Actividade: Construír un disfrace prehistórico cortando a manta en anacos e pegalos formando como un camisón. Seguidamente facer o mesmo, pero con dous anacos pequenos para formar unhas calzas.
  29. 29. Na segunda parte desta sesión trataremos o tema da música na Prehistoria. Para elo, en primeiro lugar amosarémoslle dous vídeos. O primeiro vídeo tratará sobre os instrumentos que había na Prehistoria (Visconti, 2015), e o segundo vídeo sobre a música que facían na Prehistoria (Calderón, 2015). A continuación realizaremos as seguintes tarefas: 1) Os nenos deberán cantar a canción “Troglodita soy”, terán a letra da canción nun folio(VER ANEXO III), e irán collendo o ritmo da canción grazas a un vídeo da canción proxectado na pizarra dixital (Reboreda, 2015). Os nenos irán disfrazados de prehistóricos, xa que fixemos disfraces con anterioridade. 2) “CREANDO UN INSTRUMENTO PREHISTÓRICO” Material: Tubos de plástico de diferentes tamaños, cordel. Actividade: Realizar unha frauta de pan. Primeiramente cortamos cinco tubos de plástico de diferentes tamaños, despois atarémolos cun cordel de maneira que quede como unha escala. 10ª sesión: Na primeira parte da sesión trataremos a Idade dos Metais. Para iso falaremos cos nosos alumnos sinalando que esta etapa diferénciase da anterior en que na Idade dos Metais aparece o traballo do metal e a produción de ferramentas fabricadas con ese material. A explicación farase tendo en conta a seguinte imaxe.
  30. 30. A continuación realizarase unha actividade: 1) ¿ Cal destes obxectos non pertencen á Idade de Metal? Realizarase en grupos de catro persoas, seguindo a estrutura de: << eu creo que é o móbil >>. Cando todos respondan afirmativamente pasarán ao seguinte alumno, e así sucesivamente ata conseguir rodear todos os debuxos intrusos. Na segunda parte desta sesión trataremos o tema dos obxectos que rodan e non rodan. Explicarémoslle aos nenos que os prehistóricos inventaron a roda. Faremos a seguinte actividade: 1) Dados os seguintes obxectos: Bóla, lata de nestea, regra, unha caixa, rolo de madeira, taco de madeira con forma de triángulo, cubo matemático. Experimentade con eles e anotade que obxectos rodan e cales non. ¿ Por que algúns non rodan?
  31. 31. Excursión aos petróglifos situados na localidade de Éntoma de Valdeorras: Organizaremos unha excursión á localidade de Éntoma situada a 6 quilómetros do noso centro. Alí podemos observar uns petróglifos, e explicarlle aos nenos a súa orixe (Campos, 2015). Para iso contaremos ca axuda dun experto nesa temática, que tamén nos introducirá o tema dos restos humanos e de cerámica atopados na Cova do Santo en Rubiá. Lugar ao que faremos ao día seguinte outra saída. Excursión aos arredores da Cova do Santo Esta excursión consistirá en visitar os arredores da Cova do Santo( Pardollán) . Contaremos coa axuda de tres mestres máis, porque realizaremos como unha pequena actividade de orientación (Salgado, 2015). Faremos catro grupos de cinco persoas, cun mestre en cada grupo. Cada grupo irá atopando unha serie de pistas(previamente colocadas polos mestres) que os guiarán ata dita Cova. Trataremos aos nenos como se fosen prehistóricos que están buscando unha cova para vivir. Unha vez que atopen a cova, contaremos coa axuda dun guía que nos amosará fotos e nos contará historias relacionadas con dita cova, na que se atoparon restos humanos e de cerámica. Finalmente, os nenos realizarán unha ficha relacionada coas excursións(VER ANEXO X). 11ª sesión: Na primeira parte desta sesión trataremos o tema das construcións megalíticas. Para iso ensinámoslle un vídeo (Simonfilm, 2015) e realizaremos a seguinte tarefa: “CONSTRUINDO MEGALITOS” Materiais: Cartolina, cores , mantel de papel, tesoiras e pegamento. Actividade: A actividade consistirá en recortar libremente pezas de cartolina e empregalas como se fosen pedras para construír cunha obra megalítica. Deberanse pegar enriba dun gran mantel de papel para ir formando unha gran construción megalítica. Se a cartolina é branca poderase pintar da cor das pedras. Na segunda parte desta sesión traballaremos coa letra e coa coreografía dunha canción. HAI MILES DE ANOS
  32. 32. Hai miles de anos vivíamos en covas e pintábamos mamuts dentro de elas. Descubrimos o lume, Aprendemos a cazar E da natureza escoitar a súa música e con ela danzar. 1) Le a letra e pregunta se descoñeces algunha palabra ou oración. 2) Rodea as palabras que che indiquemos: covas, mamuts, lume, cazar, música. 3) Baila o compás da melodía e dramatiza a letra con xestos. 4) Colorea a ilustración. 12ª sesión: ¿Que aprendemos sobre a Prehistoria? Esta sesión final constará de dúas partes. A primeira parte será unha conversa cos alumnos e a segunda parte será a realización dun debuxo coa súa pertinente explicación. 1) Dividiremos a clase en grupos de catro alumnos. Un alumno dese grupo contaralle ao resto o que aprendeu, e así sucesivamente. Cando terminen, un membro de cada grupo contaralle ao resto da clase o que aprenderon sobre a Prehistoria.
  33. 33. 2) Cada alumno deberá realizar un debuxo sobre todo o que aprendeu relacionado coa Prehistoria. Pola parte de atrás do folio deberá escribir o que podemos apreciar no seu debuxo. 17.- Proposta de avaliación: 17.1.- Criterios de avaliación: Baseados no currículo( Real Decreto 126/2014, do 28 de febreiro). CIENCIAS SOCIAIS Bloque 1: Contidos comúns. 1,2,4,5,8,9. Bloque 4: As pegadas no tempo. 1,2,4,5. CIENCIAS NATURAIS Bloque 1: Iniciación á actividade científica. 2,4. Bloque 4: Tecnoloxía, obxectos e máquinas. 1. MATEMÁTICAS Bloque 1: Procesos, métodos e actitudes en matemáticas. 2,6. Bloque 2: Números. 1,2,3,4,9. LINGUA GALEGA E LITERATURA Bloque 1: Comunicación oral : falar e escoitar. 1,2,3,4,7,9,10,11. Bloque 2:Comunicación escrita: ler. 2,5,9. Bloque 3: Comunicación escrita: escribir. 1,2,4,5,6,8. Bloque 4: Coñecemento da lingua. 2,4. Bloque 5: Educación literaria. 3,5. EDUACIÓN PLÁSTICA Bloque 1:Educación audiovisual. 3. Bloque 2: Expresión artística. 2,3,6. EDUCACIÓN MUSICAL Bloque 1: Escoita. 3. Bloque 2: A interpretación musical. 1,2,3. Bloque 3: A música, o movemento e a danza. 1. 17.2.- Avaliación da aprendizaxe do alumnado:
  34. 34. Para avaliar ao alumnado farase unha avaliación inicial e unha avaliación continua durante todo o proceso. A avaliación inicial será unha proba formada por tres preguntas e terá como finalidade que o docente saiba cales son os coñecementos que posúen os alumnos para atopar un punto de partida adecuado. Ao longo de todo o proxecto levarase a cabo unha avaliación continua, de maneira que en todo momento o mestre coñeza se o alumno está alcanzando os obxectivos propostos e adquirindo os contidos impartidos. O feito de facer unha avaliación continúa permítenos modificar aqueles aspectos que non funcionan por outros que teñan máis éxito. O mestre terá un caderno cunha páxina para cada alumno na que se axuntaran notas e comentarios do alumnado. As fichas que realizan os alumnos serán puntuadas con números do un ao dez, sendo o un a mínima puntuación e o dez a máxima. Valorarase de maneira positiva a presentación dos traballos e a letra dos mesmos. Tamén se terá en conta a capacidade de comprensión do alumnado. Desta maneira, non existirá un exame final no que se avalíen todos os coñecementos, senón que se avaliarán aos alumnos tendo en conta a adquisición de diferentes coñecementos: coñecemento de si mesmo e autonomía persoal, coñecemento do entorno e, finalmente a adquisición da linguaxe: comunicación e representación. Valorarase en función de se adquiriron o coñecemento ou aínda está en proceso(VER ANEXO IV). Ademais desta avaliación, cada alumno deberá facer unha autoavaliación propia(VER ANEXO V). 17.3.-Avaliación do profesorado. A avaliación docente non sempre é levada a cabo e, sen embargo pode amosar as causas do éxito e do fracaso dos alumnos. O docente deberá responder a tres preguntas: Os alumnos están motivados ante as tarefas que se lles presentan?, Os alumnos entenden o que se explica?, Resolvín con éxito os problemas que apareceron? 17.4.- Avaliación da proposta didáctica. A avaliación do proxecto realizarase tendo en conta o grado de consecución dos obxectivos, contidos, actividades, metodoloxía, temporalización, avaliación, organización dos alumnos, adecuación material e recursos, e finalmente a adecuación dos espazos.
  35. 35. Grado de consecución/ Items avaliación 1 2 3 4 5 Observacións Obxectivos Contidos Actividades Metodoloxía Temporalización Avaliación Organización de los alumnos/as Adecuación material y recursos Adecuación de espazos A continuación, desenvolveremos con máis incidencia algúns dos apartados anteriores (VER ANEXO VI). 17.5.-Atención á diversidade: Valorarase seguindo os parámetros “S: satisfactorio, M: mellorable” (VER ANEXO VII). Bibliografía ARTEHISTORIA.(20 de Abril de 2015). Youtube.Obtenidode https://www.youtube.com/watch?v=YxV9Emqs1Ao Calderón,M.G. (Abril de 20 de 2015). Youtube.Obtenidode https://www.youtube.com/watch?v=t5W3k0FMwsY Campos,J.C. (2 de Mayo de 2015). La tierra de los amacos.Obtenidode http://tierradeamacos.blogspot.com.es/2013/05/los-petroglifos-de-valdeorras-ii.html Cárdenas,A.M. (2006). La calidadde laeducaciónenla sociedadactual. Iniciación a la investigación, 1-7.
  36. 36. Coll,C.,Martín, E., Mauri, T., Miras, M., Onrubia,J.,Solé,I.,&Zabala,A. (2007). El constructivismo en el aula. Barcelona:Graó. Educaccióntv.(19 de Abril de 2015). Youtube.Obtenidode https://www.youtube.com/watch?v=NtqqV01ue34 Inclusiva,E.(14 de Abril de 2015). Iteeducación.Obtenidode http://www.ite.educacion.es/formacion/materiales/72/cd/curso/unidad3/u3.I.3.htm Jaelma1.(18 de Abril de 2015). Youtube.Obtenidode https://www.youtube.com/watch?v=i6rPnN42rBU Museum,N.H. (17 de Abril de 2015). NaturalHistory Museum.Obtenidode http://www.nhm.ac.uk/nature-online/life/human-origins/early-human-family/neanderthal- ar/ Reboreda,S.(20 de Abril de 2015). Youtube.Obtenidode https://www.youtube.com/watch?v=3vyVy_35n7U Salgado,X.M. (2 de Maio de 2015). O noso patrimonio.Obtenidode http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/petroglifos-de-galiza-ii.html Simonfilm.(20de Abril de 2015). Youtube.Obtenidode https://www.youtube.com/watch?v=uBSGGyuUFmU Visconti,C.(20 de Abril de 2015). Youtube.Obtenido de https://www.youtube.com/watch?v=pw5QZQsURFY Real Decreto 126/2014, do 28 de febreiro.

×