3. FF
3
Calquera serve
Carlos Castro
Quin Balbuena e Susú Cores, á fronte
da irmandiña
Hai poucas semanas a FGF, logo de procurar
absurdamente o inexistente, técnicos ou técnicas
galegas con sona vinculadas ao fútbol feminino,
tomaron a decisión de darlle un dos mellores
premios que se poden conceder a un treinador, o
cargo de seleccionador absoluto, a Quin Balbuena e
a Susú Cores. A partir dese momento as chamadas
do futfem sucedéronse, pedíannos resgardar a
intimidade das súas manifestacións, que mostraban
un malestar moi acusado. A través deste artigo,
pulsando unha actualidade rabiosa, nunca mellor
dito, queremos analizar este feito. A moita xente, o
nomeamento pareceulle unha frivolidade, cando
non unha inxustiza. Como mínimo, a decisión do
trío Louzán, Falque e Manu Fernández é o
resultado dun desleixo.
Outra pregunta asáltanos para comprobaar a
desigualdade de atención que se lle dá ao fútbol
feminino en relación ao masculino. No caso que no
masculino non houbera técnicos galegos como os
que coñecemos, porían aos Lucas, Iago Aspas,
Joselu ás ordes dos seleccionadores galegos da
sub’18 e da sub’12? E ollo que non facturará máis,
pero no contexto do fútbol mundial, por exemplo,
Vero é máis importante, a teor das listas FIFA e
UEFA, que calquera dos tres citados.
Antes de comezar a ler este artigo é moi importante
que o lector non esqueza, sobre todo de tratarse dalgún
citado, as seguintes cinco cousas.
Primeira. Este é un artigo de opinión, aínda que teña a
información obxectiva necesaria para sustentalo.
Segunda. Non se trata dun artigo contra as persoas,
senón dunha valoración reflexiva da traxectoria no
fútbol dos novos seleccionador e seleccionadora.
Terceira. En base ás dúas anteriores, elevar á reflexión
pública se é xusto que Quin Balbuena e Susú Cores
ostenten esa representatividade. Sobre todo tras a
cantidade de mensaxes que recibimos de seguidores do
fútfem galego, incomodados con ese nomeamento.
Cuarta. Como queremos facer crítica construtiva,
aportamos alternativas de persoas con curricula máis
importantes para optaren ao exercicio do cargo.
Quinta. O texto non pretende escurecer o valor do
partido. Polo contrario, entendemos que a recuperación
do encontro de Nadal da absoluta é necesario, axuda ao
progreso. Pensamos que o evento é unha das
manifestacións anuais máis importantes do futfem
galego e, nese sentido, felicitamos á FGF pola
iniciativa.
Sen embargo, con independencia disto, os acertos non
deben disimular o que parte do noso futfem considera
desacertado. Até nós chegaron moitas críticas
realizadas por persoas vinculadas directamente co
fútbol feminino galego (aquí “moitas” non é unha
esaxeración, senón un adverbio de cantidade). Por iso,
este artigo vólvese un compromiso cos nosos lectores,
un medio para que se escoite a súa voz, interactuando
con eles, e unha voz que reforzamos cos nosos datos,
que fan o seu desacordo máis contundente.
O día 22 a selección galega absoluta xogará contra
Cataluña un partido amigable. O partido está cargado
de simbolismo porque se recupera a irmandiña tras oito
anos e con ela a posibilidade de ver, xunto ás mellores
que aínda seguen nos nosos equipos, a Vero, a Mari
Paz, a Anair, a Sarita, a Carolina, a Andrea Mirón, a
Clo, a Pauleta, a Natalia Sánchez, a Sheila, a Belén ou
a Patri – certo que algunhas non poderán vir, Carla
González e Ana Buceta están lesionadas e a Maria
Vidal probablemente non a chamen pois, malia deixar
coa boca aberta a todas as compañeiras no seu único
treino coa sub’18, Balbuena non volveu chamala –
defender xuntas un mesmo emblema: o de todas/os
nós.
A FGF cumpriu a súa palabra. Cando no pasado verán
a masculina xogou contra Venezuela, Louzán dixo que
habería partido da feminina e ímolo ter. Será a terceira
vez que xoguemos contra a cuatribarrat e o lugar
escollido tamén é acertado: o campo da Lomba, que
ademais é o único da nosa terra que chegou a albergar
un partido internacional oficial de seleccións femininas
absolutas. Seguro que será unha nova festa para o
fútbol galego, sen matiz de xénero, na que todos imos
pasalo ben.
Pera vaiamos ao “érase unha vez”, ao comezo da
historia. Deberiamos ir uns anos atrás. Sen dúbida, o
dúo Louzán-Falque sabía que cando destituíron a Pili
Neira, hai un par de anos, tiña que escoller unha nova
inquilina para o cargo se querían recuperar á absoluta.
A dificultade estaba en atopar a adecuada e establecer
4. FF
4
un criterio para iso. O problema está en que mentres o
fútbol galego é capaz de exportar xogadoras, non fai o
mesmo cos técnicos e apenas ten técnicas.
Ser o seleccionador que represente a un país (non imos
entrar no concepto de país porque para este texto é un
tema irrelevante) ten unha responsabilidade, igual que
o seu nomeamento. Todo o mundo entende que, como
mínimo, quen ocupe ese cargo, deberá ter un
percorrido e uns resultados. Debe ser dos mellores e
estar avalado por un pasado.
Neste caso non foi así. Debeu ser que como Louzán,
Falque e/ou Manu Fernández (Ruiz nisto non pinta
nada porque simplemente non sabe), non atoparon
algún técnico galego afamado (certo que non o hai),
tomaron a do medio e decidiron nomear como
responsables da absoluta a Quin Balbuena e Susú
Cores. Para que romperse os miolos? Quin Balbuena e
Susú Cores promovidos á absoluta por desleixo? O
nomeamento demostra que os responsables da FGF
parecen máis amigos da vaidade da foto (ao non
habela, tanto ten quen sexa o seleccionador), que de
recoñecer, valorar e premiar co cargo o traballo
silencioso de técnicos galegos humildes, brillantes,
pero descoñecidos do gran público.
Ás veces que coincidín con Quin Balbuena e con Susú
Cores atendéronme coa máxima corrección e con
amabilidade. Non teño dúbidas, en ningún dos casos,
que sexan unhas boas persoas, xente de ben por riba de
todo. No caso do primeiro, ademais, polos avatares da
vida, un ser humano digno de todo o cariño do mundo.
Pero quen son Balbuena e Cores no mundo do fútbol?
Son os mellores? Non.
Existen técnicos con mellores curricula, incluso no seo
da FGF? Rotundamente, si.
Mesmo que non existen técnicos galegos que formen
parte da beautiful people do fútbol, que carezan dunha
condición mediática para arrastrar a atención dos
xornais, das televisións, das radios e da rede, hainos
cun valor recoñecido dentro da aínda pequena familia
do futfem galego, con tantos ou máis anos de traballo
que os citados, con mellores resultados e con moita
máis aceptación.
O partido da irmandiña absoluta é un partido especial,
con xogadoras especiais, que debe ter un
seleccionador/a en consonancia ou, cando menos, en
xustiza.
Roma, entre tantas cousas, deixounos dous termos:
auctoritas e potestas. Sen dúbida, Quin Balbuena e
Susú Cores son técnicos con potestas. O seu cargo van
exercelo polo menos un día, simplemente por unha
decisión da FGF que lles dá o poder de elixir
xogadoras e de dirixir á nosa selección. Unha decisión
chea de polémica porque non convence a moitos/as, tal
vez demasiados, dos que forman parte da pequena
familia citada.
Existen técnicos con auctoritas? É probable que non,
pero neste momento hai técnicos en activo, dentro ou
fóra do fútbol feminino, que tiveron o recoñecemento
dos seus colegas polo traballo feito nos últimos anos.
Algúns deles conseguiron acaparar o interese de
futbolistas ás que, nalgún momento, lles gustaría
traballar ás súas ordes. Sen que equivalla á auctoritas,
pero alimentando o prestixio curricular, desde o ano
2010 existe o premio ao mellor técnico galego do ano.
A elección faise entre eles, sen elementos alleos que
poidan interferir o criterio. Nomes como Manu
Sánchez (na actualidade no Deportivo), Pili Neira
(retirada dos bancos), David Iglesias (na actualidade
no Victoria e no Bergantiños) e Marcos Canle (na
actualidade no Sárdoma) foron escollidos cos votos
dos seus colegas como mellores técnicos galegos do
ano.
Se botamos unha ollada á historia. Que nomes
estiveron antes no cargo de seleccionador da
irmandiña?
Os curricula do tándem Balbuena-Cores tampouco
están en consonancia cos dos anteriores.
O primeiro seleccionador foi José Mañana. É un dos
pais do fútbol feminino federado en España. Ademais
da importancia das súas xestións con María Teresa
Andreu para a normalización federativa do fútbol
feminino, cando Pablo Porta dirixía a RFEF, foi
campión de España oficioso, e posteriormente oficial,
co Karbo coruñés.
O segundo seleccionador foi Quinocho, quen ademais
de ser bicampión de España co Karbo, levou á
irmandiña ao título español de seleccións territoriais.
A terceira foi Pili Neira. A coruñesa subira ao Orzán á
Segunda División española e como xogadora fora
campioa de España co Karbo e coa selección galega.
A comparación é cruel pero necesaria para sustentar a
nosa opinión e a dunha parte dos nosos lectores.
Quin Balbuena é o único técnico galego en dirixir un
equipo en Primeira División. O vigués pasou do
Alertanavia, de fútbol 8, á máxima categoría española
nun abrir e fechar de ollos. El Olivo xa xogaba no
Municipal Pahíño, en Navia. Edu González fora quen
ascendera a El Olivo. El Olivo só estivo un ano na
Primeira División e baixou coa dirección de Quin
Balbuena. Tras unha difícil temporada en varios
sentidos, non continuou no club. Malia todo, Milucho,
entón seleccionador galego da afeccionada, e integrado
no equipo municipal do edil socialista de deportes de
5. Vigo, Manel Fernández, e García Liñares, alcalde
socialista de Cerceda, entón presidente da FGF, lle
abriron as portas da galega sub’18 na campaña
seguinte.
O papel de Balbuena á fronte da galega xuvenil no
Campionato de España é o seguinte:
2012/13: Noveno. Vitorias: 1; empates: 1; derrotas: 2.
Os dous sectores tiveron lugar en Santiago. A
irmandiña chegou eliminada ao segundo dos mesmos
tras o empate logrado no primeiro.
2013/14: Décimo. Vitorias: 1; empates: 1; derrotas: 2.
O primeiro sector fora na Coruña.
2014/15: Décimo. Vitorias: 1; empates: 0; derrotas: 3.
O combinado galego volvía a estar eliminado ao
remate do primeiro sector.
2015/16: Décimo terceiro. Vitorias: 0; empates: 1;
derrotas: 3. De mal en peor. Terceira eliminación no
primeiro sector. A irmandiña xuvenil só estivo por riba
de Cantabria, Aragón, Murcia e Castela
peor clasificación na historia da nosa xuvenil, primeira
vez que o combinado non era capaz de sumar unha
mínima vitoria e, como consecuencia disto, a campaña
na que menos puntos conseguiu. O premio a estes
números foi a renovación no cargo para esta campaña
no pasado mes de outubro e o ascenso á dirección da
irmandiña absoluta a finais de novembro.
Traxectoria de Quin Balbuena á fronte da sub’18:
Partidos xogados: 16 - Vitorias: 3 -
Derrotas: 10
Isto coincide cun dos momentos nos que as nosas
xogadoras crecen, emigran e se consolidan nos seus
novos equipos, no estranxeiro ou na Primeira española
e contrasta cos resultados obtidos pola galega sub’18
antes da súa chegada:
2005/06: Décimo segunda na primeira vez que houbo
sub’18 (1 vitoria-0 empates-3 derrotas).
2006/07: Novena (1-1-2).
2007/08: Terceira (3-1-1).
2008/09: Oitava (1-2-1).
2009/10: Terceira (3-1-1).
2010/11: Oitava (1-1-2)
2011/12: Décima (1-0-3).
FF
5
Vigo, Manel Fernández, e García Liñares, alcalde
socialista de Cerceda, entón presidente da FGF, lle
abriron as portas da galega sub’18 na campaña
ega xuvenil no
2012/13: Noveno. Vitorias: 1; empates: 1; derrotas: 2.
Os dous sectores tiveron lugar en Santiago. A
irmandiña chegou eliminada ao segundo dos mesmos
rias: 1; empates: 1; derrotas: 2.
2014/15: Décimo. Vitorias: 1; empates: 0; derrotas: 3.
O combinado galego volvía a estar eliminado ao
2015/16: Décimo terceiro. Vitorias: 0; empates: 1;
: 3. De mal en peor. Terceira eliminación no
primeiro sector. A irmandiña xuvenil só estivo por riba
de Cantabria, Aragón, Murcia e Castela-León. Foi a
peor clasificación na historia da nosa xuvenil, primeira
vez que o combinado non era capaz de sumar unha
mínima vitoria e, como consecuencia disto, a campaña
na que menos puntos conseguiu. O premio a estes
números foi a renovación no cargo para esta campaña
no pasado mes de outubro e o ascenso á dirección da
irmandiña absoluta a finais de novembro.
ria de Quin Balbuena á fronte da sub’18:
Empates: 3 -
Isto coincide cun dos momentos nos que as nosas
xogadoras crecen, emigran e se consolidan nos seus
novos equipos, no estranxeiro ou na Primeira española,
e contrasta cos resultados obtidos pola galega sub’18
2005/06: Décimo segunda na primeira vez que houbo
Non vamos falar da relación de nomes de todas as boas
futbolistas que convocou. Algunhas que tivo pasaron
polas Rozas, como Belén, Nuria, Ari ou Tere, ademais
de Pauleta, que ninguén entende por
como as outras.
A xente pregúntase, e trátase dunha pregunta textual
que nos chegou en varios dos whatsapps: “Por que a
Quin Balbuena lle dan todos os caramelos?”
Ninguén o entende logo dunha traxectoria deportiva
tan deficiente no fútbol feminino.
Susú Cores leva ano e medio como técnica tras a fin da
súa carreira no Victoria. O positivo da súa presenza ten
que ver cun criterio social máis que profesional. Desde
o punto de vista do equilibrio de xénero pode ser
correcto que ela ocupe ese cargo. Desde a perspectiva
futbolística é unha mágoa que ese sexa o único
argumento válido.
Susú Cores tamén naceu cun pan baixo o brazo se por
iso entendemos que nada máis deixar de
Victoria coruñés, e co nivel 1, a FGF lle
seleccionadora sub’12. Non podemos establecer un
xuízo de traxectoria sobre a ex xogadora nacida no
Concello de Ribeira, por certo, un concello ben
querido por Louzán, porque non a ten. Est
facendo unha liga impecable á fronte do Ural, o equipo
máis forte no grupo I da Segunda Autonómica Galega.
De aplicarse un criterio obxectivo, con base curricular,
para outorgar o cargo de seleccionador
Balbuena aparecerían na me
considerados mellores técnicos galegos do ano, citados
nun parágrafo anterior, presentamos a aqueles que
lograron algo importante no fútbol feminino.
Técnicos galegos que xogaron unha fase de ascenso a
Primeira División:
Celso Couso Martínez (At. Arousana 2005/06
do futfem na actualidade).
José Estévez Solla (El Olivo 2007/08
sen equipo).
Eduardo “Edu” Miguel González Cerdán (El Olivo
2010/11 – actual seleccionador galego sub’16).
Juan Carlos “Charli” García
(El Olivo 2012/13 e 2013/14
actualidade no fútbol masculino).
David Ferreiro Cameselle (El Olivo
2014/15 e 2015/16
fútbol masculino).
Algúns deles fan parte de colectivos de
técnicos dedicados ao estudo do xogo
tendo traballos publicados. David
Ferreiro, por exemplo, forma parte do
Grupo de Investigación Hi20, da
Universidade de Vigo. E dos citados na
Non vamos falar da relación de nomes de todas as boas
futbolistas que convocou. Algunhas que tivo pasaron
como Belén, Nuria, Ari ou Tere, ademais
de Pauleta, que ninguén entende por que non pasou
, e trátase dunha pregunta textual
que nos chegou en varios dos whatsapps: “Por que a
Quin Balbuena lle dan todos os caramelos?”
nguén o entende logo dunha traxectoria deportiva
tan deficiente no fútbol feminino.
Susú Cores leva ano e medio como técnica tras a fin da
súa carreira no Victoria. O positivo da súa presenza ten
que ver cun criterio social máis que profesional. Desde
unto de vista do equilibrio de xénero pode ser
correcto que ela ocupe ese cargo. Desde a perspectiva
futbolística é unha mágoa que ese sexa o único
Susú Cores tamén naceu cun pan baixo o brazo se por
iso entendemos que nada máis deixar de xogar no
Victoria coruñés, e co nivel 1, a FGF lle deu o cargo de
seleccionadora sub’12. Non podemos establecer un
xuízo de traxectoria sobre a ex xogadora nacida no
Concello de Ribeira, por certo, un concello ben
querido por Louzán, porque non a ten. Este ano está
facendo unha liga impecable á fronte do Ural, o equipo
máis forte no grupo I da Segunda Autonómica Galega.
De aplicarse un criterio obxectivo, con base curricular,
para outorgar o cargo de seleccionador, nin Cores nin
Balbuena aparecerían na mesa de debate. Xunto aos
considerados mellores técnicos galegos do ano, citados
nun parágrafo anterior, presentamos a aqueles que
lograron algo importante no fútbol feminino.
Técnicos galegos que xogaron unha fase de ascenso a
o Martínez (At. Arousana 2005/06 – fóra
do futfem na actualidade).
José Estévez Solla (El Olivo 2007/08 – na actualidade
Eduardo “Edu” Miguel González Cerdán (El Olivo
actual seleccionador galego sub’16).
Juan Carlos “Charli” García Fernández
(El Olivo 2012/13 e 2013/14 – na
actualidade no fútbol masculino).
David Ferreiro Cameselle (El Olivo
2014/15 e 2015/16 – na actualidade no
fútbol masculino).
Algúns deles fan parte de colectivos de
técnicos dedicados ao estudo do xogo,
raballos publicados. David
Ferreiro, por exemplo, forma parte do
Grupo de Investigación Hi20, da
Universidade de Vigo. E dos citados na
6. FF
6
relación de premiados, Manu Sánchez publicou artigos
específicos sobre fútbol feminino nunha das
plataformas máis importantes do estado neste eido, a
dixital Fútbol Táctico.
Curiosamente, se só sumamos resultados, quen tería
mellor curriculum no fútbol feminino téñeno na casa:
Edu González.
González, que estivera de segundo de Estévez na fase
de ascenso que xogara El Olivo na 2007/08, ascendeu
ás olivas á Primeira División na 2010/11, sendo o
único galego con ese mérito.
Coa galega sub’12 foi terceiro no Campionato de
España 2011/12.
No polo oposto, no de loitar por salvacións, foi quen
de evitar o descenso a Preferente do Erizana tras coller
ás vermellas por debaixo da liña de auga na 2013/14.
Curiosamente, tendo agora todos os lectores a
posibilidade de comparar os curricula de Quin
Balbuena, Susú Cores e Edu González, ollen a decisión
tomada pola FGF e publicada no sitio web do ente
federativo:
“A dirección deportiva da Federación decidiu que
sexan os propios adestradores das seleccións galegas
femininas de base os que asuman tamén a dirección
técnica da Selección Absoluta. Quin Valbuena
(seleccionador Sub-18) e Susú Cores (seleccionadora
Sub-12) formarán un tándem técnico, mentras que Edu
González (seleccionador Sub-16 e licenciado en
INEF) realizará a función de preparador físico do
equipo.”
Quen ten máis derrotas e quen acaba de comezar son
os xefes, quen ten máis percorrido e a traxectoria máis
brillante é o preparador físico.
Non teñen a sensación de que isto é o mundo ao revés?
Acabamos de dar nove nomes cuns méritos maiores
que Balbuena e Cores, e incluso poderiamos aportar
outros de técnicos que están no noso fútbol feminino
facendo un brillante traballo, que tamén inclúe
resultados, e tiveron a posibilidade de estar en clubs de
renome internacional.
Imos engadir outro que merece unha valoración máis
longa: o da técnica Aurora Feros.
É curioso que hai un ano a FGF entregou un premio á
traxectoria á ex xogadora do Mayador, do Karbo e do
Lavadores. Aurora Feros é unha muller importantísima
na historia do fútbol feminino galego. Ademais de
estar nos momentos importantes nos que Galiza era o
referente, ademais de gañar títulos co grande equipo
coruñés, gañou o título de campioa de España coa
irmandiña. Unha vez aniquilada Pili Neira por Falque e
Louzán, quen mellor que ela, nun partido simbólico,
para demostrar que o agasalliño que lle deron hai un
ano tiña un sentimento real. Tampouco esquezamos
que Aurora Feros é a técnica galega con máis anos de
actividade no cargo e foi unha das mellores futbolistas
do noso país na súa época como futbolista. Sen dúbida
está no top ten galego dos anos oitenta. E xa que
damos unha reviravolta ao staff, retirando á anterior
delegada, Lis Franco, que menos que levar como tal á
axudante de Feros no último ano, Pili Besada, outra
das históricas da selección que tamén estivo naquel
partido do título no campo do F.C. Barcelona. Un
partido simbólico, unha seleccionadora simbólica. Un
partido para pensar no futuro sen perder os lazos co
pasado. Unha sociedade que non respecta o seu
pasado, un dos momentos máis gloriosos do seu
pasado, non pode respectar nada. Até o título gañado
en Portonovo pola selección galega afeccionada no
2010, o da feminina era o único título en categoría
sénior obtido por unha irmandiña e o terceiro en
calquera categoría, tras os Campionatos de España da
xuvenil na Coruña (1983) e a da cadete en Palma,
conseguido con posterioridade ao das nosas futbolistas
(1990).
Só podemos rematar expresando a nosa mágoa de que
un partido tan bonito sexa xestionado pesimamente no
que atinxe ao nomeamento de seleccionadores por un
presunto desleixo, por unha presunta ignorancia, por
unha moitas veces estúpida presunta inocencia.
Cadro histórico d@s
seleccionadores/as da
irmandiña
José Mañana
(1975)
Quinocho
(1985/86)
Pili Neira*
(2007/08)
*Foi destituída no 2014 pero
desde o 2008 non houbo máis
partidos da absoluta.
13. FF
13
gVerreiras
Esta historia comezou hai pouco máis dun ano
grazas ao investimento financeiro da multinacional
Allianz e tivo unha consecuencia sobre o fútbol
galego que naquel momento ninguén podía
determinar: que cinco das nosas mellores
futbolistas, todas elas en El Olivo, estarían hoxe
xogando a liga portuguesa co Sporting de Braga.
Tamén houbo outros feitos determinantes, como
que o conxunto vigués volvera ficar ás portas da
Primeira División española. Andrea Mirón, Carla
González, Clo, Natalia e Pauleta son, desde hai
medio ano, cinco Guerreiras do Minho.
Destino Braga
Clo: Unha persoa de Vigo sabía que o Sp. Braga
quería facer un equipo con aspiracións e faloulles de
nós, era unha moi boa oportunidade e non o pensei.
Natalia: Si, hai momentos nos que pasa o tren por
diante da túa porta e non podes deixar que marche.
Andrea Mirón: Parece ser que viñeron vernos xogar
ao final da liga pasada e viron que eramos futbolistas
que lles resultaban interesantes. Era unha proposición
inmellorable para crecer persoal e profesionalmente.
Estar aquí só ten vantaxes, por riba, estannos
atendendo moi ben, cun trato de futbolistas
profesionais.
Pauleta: Con 18 anos non podía desaproveitar esta
ocasión, que tamén ía a aumentar a miña madurez ao
vivir fóra da casa, máis
distanciada da protección
familiar.
Clo: É ter un contrato
profesional e desenvolver
un traballo programado,
semanal, como unha
futbolista profesional ou
semiprofesional. Isto sería
algo imposible que o
puideramos vivir tanto en
Galicia coma en España.
Carla González: Ademais,
era difícil que nos ofreceran
algo semellante en España,
que incluíra tamén as
opcións de gañar títulos como aquí.
Natalia: Non é habitual que te chame un club
ofrecéndoche unhas condicións profesionais no fútbol
feminino e que che permita aspirar a títulos. Só había
unha resposta, dicir que si.
Sen referencias de Portugal
Andrea Mirón: Case non sabía como era o fútbol
portugués e tampouco sabía con que ía atoparme. Tiña
escasas referencias e vira algún partido, pero nada o
suficientemente importante como para facer un xuízo.
Unha vez aquí sorprendinme positivamente co nivel.
Carla González: Eu son das que se dedican a xogar
sen mirar moito fóra do que son as competicións que
xogo, así que tamén todo ía ser unha novidade.
Un cambio de metodoloxía
Andrea Mirón: Vexo que estamos traballando de
acordo a un plan de adestramentos que nunca imaxinei.
Clo: Contamos cunhas instalacións e un tempo para
que o equipo poda facer o seu traballo sen problemas.
Competir por idénticos obxectivos
Pauleta: Existen grandes diferenzas entre os anos en
El Olivo e este, pero os obxectivos non variaron. Nos
dous casos as metas están en gañar, en estar nun
equipo moi bo que ten como obxectivo ser primeiro.
En Vigo era ficar campioas de grupo, clasificarnos
para a fase de ascenso e loitar por subir a Primeira
División. Aquí é exactamente o mesmo, só que ser
primeiras é vencer a liga de Portugal.
Natalia: En El Olivo parecía que o primeiro posto era
incuestionable, mentres que no Sporting de Braga non.
A meta é a mesma, pero existen outras dificultades,
con rivais moi poderosos que, como o Sporting de
Lisboa, ten tantas posibilidades coma nós.
Clo: Exactamente é así. Vir aquí e que nos formulen
que os obxectivos sexan gañar os títulos de liga ou de
copa non nos condiciona para competir pois é o que
viñamos facendo cando estabamos en El Olivo, onde
14. FF
14
durante toda a
temporada
traballabamos para
meternos, primeiro na
fase de ascenso como
primeiras e despois
tentar subir á máxima
categoría en España.
Carla González: Para
min a meta é
integrarme ao equipo,
superar o período de
rehabilitación da
lesión o antes posible,
facerme un espazo
dentro dun grupo competitivo para poder xogar e
devolverlle a este club todo o que me está dando.
O Sporting de Lisboa, o outro aspirante
Pauleta: Si, é o gran rival da liga. Despois do partido
que xogamos contra elas confirmouse que somos dous
equipos parellos. O empate creo que foi un bo
resultado, porque sempre o é cando puntúas contra un
rival directo. Creo que non demos todo o que podemos
ofrecer nese partido porque por unhas ou outras
circunstancias estamos aínda coñecéndonos. Somos un
equipo novo e malia que o plantel ten moita calidade é
inevitable que pase o tempo, xogando máis partidos
xuntas, para conseguir dar o máximo como colectivo.
Natalia: O Sporting de Lisboa é outro grande equipo,
pero confío moito nas nosas xogadoras. Atreveríame a
dicir que podemos gañar todo, a Liga e a Copa.
Clo: Con independencia que os dous Sporting sexamos
favoritos, non podes descoidarte porque en calquera
partido sofres un contratempo. A min gustaríame
engadir ao Albergaria. Non vai ser un aspirante ao
título, pero xa demostrou que nun partido pode darche
problemas. Nas primeiras xornadas sorprendeu ao
Sporting de Lisboa. O mesmo sucede co Valadares-
Gaia, outro quipo forte que nos
puxo en dificultades hai unhas
xornadas.
Carla González: O que levo
visto é que, aínda que teñamos
vencido en todos os partidos e
empatado contra o Sporting
Lisboa, estar arriba precisa
unha concentración
permanente. Non podes errar en
ningún partido porque se te
despistas, o Sporting de Lisboa
vai estar moi atento para
sobrepasarte.
Andrea Mirón: O Sporting de
Lisboa é o que ten máis nivel
en todas as liñas e o que che
xoga con máis intensidade.
Gran plantel de xogadoras
Clo: Temos un equipo forte, con xogadoras de
calidade e capacitadas para conseguir as metas que
foron formuladas. Jéessica Silva é unha gran xogadora
que en canto se recupere vai aportarnos moitas cousas,
o mesmo que Vanessa Marques, que é outra que
salientaría, e Edite Fernandes, unha futbolista moi
experimentada.
Carla González: Se tivera que apostar por un equipo
para gañar a Liga sería polo noso. Creo que as cousas
están a saír ben en cuestión de resultados porque temos
un gran plantel. E iso que aínda non está plenamente
conxuntado porque vimos de diferentes lugares e aínda
hai xogadoras que non entramos por diversas razóns
que espero, cando o fagamos, elevemos máis o
potencial. Penso que temos recursos para vencer tamén
na copa, facer un ano moi bo e estar no que vén na
Champions. É un soño que teremos que conseguir a
base de traballo. A min gústanme moito Vanessa e
Norton
Andrea Mirón: Unha das cousas que me gustou é o
ambiente que temos no equipo e o nivel competitivo
das xogadoras. Non as coñecía pero, por exemplo, a
miña compañeira de zaga, Sissi, é moi boa e síntome
moi cómoda con ela ao lado. Edite, coa a idade que
ten, demostra ser un exemplo de profesionalidade, un
portento físico e acumula moita calidade nos pés.
Abráiame o seu rendemento físico. O mesmo pásame
atrás, con Rute Costa, que é unha excelente porteira ou
diante con Jéssica ou Norton. Temos futbolistas ao
noso lado que nos fan crecer, que teñen unha
experiencia internacional defendendo á selección de
Portugal e das que aprendemos a través do traballo
conxunto.
Boas xogadoras como rivais
Clo: Entre os rivais hai futbolistas con moita calidade
na liga. No Sporting de Lisboa
eu salientaría a Diana Silva, ou
a capacidade física e calidade
de Fátima Pinto.
Andrea Mirón: Si, estou de
acordo. Diana Silva é moi boa.
Non é o mesmo que che falen
dela que xogar contra ela.
Custoume moito defendela
porque ten moitos
fundamentos. O mesmo pasa
con Fátima Pinto, cando estás
no campo xogando contra ela
decátaste inmediatamente do
boa futbolista que é pola súa
calidade técnica e a súa
velocidade de xogo.
16. FF
16
A Milagrosa
presenta aos
técnicos
Fernando Currás
Responsable de prensa da S. Cult. D. Milagrosa
A S. Cult. D. Milagrosa presentou tres áreas de traballo
implicadas directamente co fútbol feminino, con
independencia que dúas delas, as da preparación física e
a de guardarredes, vaian referidas a un traballo que se
fai extensivo a todos os cadros da entidade luguesa.
A innovación, a preocupación por estar adaptado sempre
aos novos tempos desde a base, é unha constante desde
hai anos nunha das entidades deportivas máis populares
da capital amurallada. O retorno á Primeira División
Galega, tras un ano na Segunda española, máis que unha
posible crise acabou derivando nunha reconstrución do
equipo feminino e a incorporación de tres persoas con
funcións técnicas determinantes que, salvando os
naturais aspectos de adaptación, están sendo capaces de
integrar a súa concepción do traballo sen perder a forza
dinámica da inercia anterior sen crear fracturas que
acaben prexudicando a evolución das futbolistas.
O equipo de Primeira División Galega vai estar dirixido por
un ex futbolista profesional de orixe hispano-francesa.
Vivian Dors parte cunha experiencia notable en diferentes
cadros que van desde o Montpellier B até o E.S.P.P.,
pasando polo Castellón, Avilés Ind. ou Sète. Hai pouco
comezou o seu periplo como técnico e unha das súas
primeiras estacións é a do conxunto branco e vermello que
ten por hábitat o Luis López Gorgoso. Nesta estrea no fútbol
feminino, Dors ve ás xogadoras “evolucionando bastante
ben. As rapazas veñen con ganas e ilusión, o que permite un
traballo moi eficiente. Considero que é un comezo de
temporada interesante e bo”. En canto ás metas, Dors espera
conseguir “consolidar as bases técnicas, tácticas e de
coordinación. Quero aportarlles tamén un espírito
competitivo".
“As rapazas non teñen todas o mesmo nivel, pero con
traballo, seriedade e compañeirismo chegamos a nivelar as
cousas”, engadiu o coordinador. Para rematar, Dors espera
que as xogadoras aprendan “a situarse tacticamente, que
melloren e quero consolidar as bases técnicas para engadir
velocidade ao xogo. Pretendo que aprendan que o fútbol é
tocar o balón e non pegarlle ao balón”.
Na preparación física, Manu Rodríguez engade que está
“vendo progresos. Estamos aproveitando os froitos do
traballo realizado sobre todo por Miguel Rego durante a
temporada pasada e progresamos en liña ascendente. As
condicións dos xogadores e xogadoras das distintas
categorías están nun bo estado de forma e esperamos que
siga indo a máis para que podan pasalo ben co deporte que
máis lles gusta da forma axeitada”. En canto ao nivel
atopado, Manu aclara “que a base suxerida por Miguel Rego
e o equipo directivo foi moi boa e axeitada, só queda crecer
a partires de todo o traballo. En canto ás xogadoras, sempre
te atopas con que aproveitaron o seu período de lecer estival
ao máximo e descoidaron o estado de forma, pero nada que
non se poda solucionar cunha pretemporada ben formulada”.
Para rematar, Manu Rodríguez conclúe co que espera que
aprendan as futbolistas: “Pretendo seguir traballando as
habilidades motrices e capacidades motoras con
metodoloxías dispares, facendo transferencias do traballo
físico ao xogo que beneficien ás nosas futbolistas. Tamén
pretendemos facer un traballo compensatorio preventivo en
canto ás lesións e de introdución de hábitos de vida
saudable, tanto hixiene postural, alongamentos, hábitos
alimenticios … A idea é poder aportar un punto de vista
novo e complementario de cara a mellora íntegra das nosas
futbolistas”.
Por último, na área de preparación de guardarredes a
Milagrosa aproveitará o saber do meta do primeiro equipo,
Roy Varela. O novo responsable desta área atopou ás
futbolistas “moito mellor do que esperaba. Tómano moi en
serio e até as máis pequenas se corrixen unhas a outras. Con
esa actitude é moito máis fácil traballar. Espero conseguir,
sobre todo, que lles guste a posición de porteira e que teñan
seguridade nelas mesmas; tanto no fútbol coma noutros
aspectos. Ser porteira é a posición que máis
responsabilidade ten, aínda que logo sexa igual de partícipe
na vitoria a dianteira que marca tres goles coma a porteira
que non recibe gol”. Roy Varela espera espremer o máximo
das súas pupilas tendo en conta que, en xeral, “hai bo nivel e
o factor de integración tamén o teñen avanzado porque
moitas xa estaban o ano pasado. Hai tanto nivel que incluso
me corrixen a min (risas)”.
O guardarredes do primeiro plantel e técnico de porteiros do
club espera que as súas xogadoras especializadas nesta
posición “aprendan a realizar ben o seu traballo, desde
chapar ben un balón a dirixir e ordenar ao equipo no campo,
xa que é o xogador que mellor ve todo; pero sobre todo
quero que gocen desta minoritaria aínda que gratificante
posición”.
Vivian Dors Manu Rodríguez Roy Varela
17. FF
17
Amuletos, ritos e
supersticións
Sara Pita
Se buscamos no dicionario da Real Academia Galega
as tres palabras que dan título a este artigo, obtemos os
seguintes resultados:
Amuleto: obxecto que se leva para atraer o bo e
preservar contra o malo.
Rito: acto non relixioso que se realiza de maneira
habitual, costume case sagrado.
Superstición: sentimento á marxe da razón, polo que
se cre que certas cousas ou signos teñen
misteriosamente boas ou malas consecuencias.
Na definición dos amuletos encaixan algúns obxectos
que seguramente moitas de nós temos sempre antes de
disputar os encontros: as fotos da xente querida, as
estampas relixiosas, as fitas para o pelo (algo tan
sinxelo pode desencadear traxedias de non atopar as
que nos gustan), as botas fetiche levadas ao zapateiro
durante anos e anos (e aínda máis anos), as moedas,
chapas de cervexa e a roupa térmica ou interior da
sorte.
Dentro dos amuletos, concedémoslle unha categoría
especial aos chamados “placebos”. Moi de moda nos
últimos anos son as tiras de kinesiotape colocadas
incluso cando non hai lesións, cun efecto máis
decorativo que terapéutico. Outro efecto placebo é o
das vendaxes e proteccións cando tampouco existen
lesións coma as protección para mans e nocellos
(misteriosamente, o esparadrapo dos botiquíns sempre
se esgota). Un clásico neste apartado son os sprays de
frío ou calor, que empregamos antes, durante e despois
dos partidos, cunha sensación de desabafo inmediato
sexa cal sexa o noso problema.
Os ritos, polo tanto, son aqueles costumes que levamos
ao cabo coma un reloxo: levantámonos a unha hora
determinada, almorzamos sempre o mesmo, no mesmo
prato e no mesmo sitio, seguimos a mesma ruta para
chegar ao campo, atamos as botas dun determinado
xeito e mesmo tres ou catro veces -algunha fai e desfai
as lazadas e anoa de novo os cordóns-, temos os nosos
asentos no vestiario e colocamos a roupa sempre igual,
peiteámonos seguindo tamén un xeito e saudamos a
algunha compañeira de forma especial e igual que en
todos os encontros.
Na categoría das supersticións encaixaríamos entón,
manías como non mirarnos ao espello, entrar co pé
dereito ao campo ou dar tres pasos coa mesma perna,
vendar o nocello dereito antes que o esquerdo ou
saudar coa mesma man a todas as compañeiras e coa
outra as rivais. Tamén existen moitas supersticións
arredor das cores coas que conxugamos os nosos
equipamentos deportivos. Tiven unha compañeira que
sempre vestía con algo vermello por debaixo da roupa
de xogar e nunca, baixo ningún concepto, podía levar
algo amarelo.
Polo que a min respecta, sempre levo a roupa interior
da sorte e nunca quento coas caneleiras, só as coloco
xusto antes de xogar. Non falarei de nomes propios
para preservar o anonimato e salvagardarme dunha
posible guillotina, pero si dalgún dos casos que máis
me impactaron en todos estes anos. Un dos máis
peculiares foi o dunha compañeira que xogaba coas
bragas da súa avoa. Seguramente non existe cousa
máis antiestética -e incómoda- que aquelas bragas de
cor rosada. Non se sabía onde comezaban e onde
remataban e eran dun tamaño superlativo. Pero a ela
dábanlle unha vitalidade e unha forza, que non sei que
faría de esquecelas algún día. Tamén tiven algunha
compañeira que sempre tiña que facer as súas
necesidades antes de xogar no baño do vestiario -daba
igual o campo que fose ou o estado dos lavabos-, ou
outra que rezaba varias oracións en privado antes de
saltar ao verde.
Pero non somos as únicas que levamos a cabo estas
prácticas. Corpo técnico e afección tamén teñen as
súas manías. O amuleto máis extravagante que coñezo
de primeira man por parte dun adestrador foi un que
levaba un feixe de pelo da súa mascota no peto do
chándal. Respecto dos seareiros, lémbrome dunha nai
que asistía a todos os encontros pero non os vía. Ía
camiñando en procura da igrexa que estivese máis
preto do campo a acendía algunhas velas para que
gañásemos. En caso de non atopar igrexa, volvía e
pasaba o partido rezando, pero nunca ollando para el.
Como grupo, recordo as nosas estampas da “Virxe das
Angustias”. Empregámolas nun mal momento
deportivo e cando comezaron a “funcionar”, todas e
cada unha de nós tiña que ter polo menos unha delas
no partido, nas caneleiras ou onde fósemos capaces de
levalas. Se alguén do filial entraba na convocatoria por
primeira vez, era vital atopar unha estampa para ela. A
verdade é que non nos foi nada mal dende que todas
comezamos a crer na “forza das Angustias”. Incluso
algunha de nós volveu ao ano seguinte á procesión
18. FF
18
desa Virxe para ”agradecerlle” a xeira de bos
resultados do ano anterior. Todo isto deixando ao lado
a nosa condición de ateas, agnósticas ou crentes.
Por moi raras que sexan as manías, penso que posúen
unha parte positiva, e é que nos aportan seguridade e
confianza. Tamén é certo que dentro da escala do
fanatismo, podemos situarnos nun chanzo máis alto ou
máis baixo. No máis alto atopariamos ás neuróticas,
que pensan que o rendemento deportivo depende
unicamente de ter seguidas as pautas dos ritos, de non
esquecerse dos seus amuletos, nin ter un mínimo erro
na planificación previa ao partido. A obsesión é plena
en caso de fallar nun dos pasos e seguramente influirá
negativamente no rendemento dese día. No chanzo
máis baixo estarían as que a pesares de ter certas
supersticións, fetiches ou rituais, non as converten en
algo vital para o rendemento deportivo.
Interiorizamos o poder dos amuletos, ritos e
supersticións até tal punto que chegamos a
convencernos de que nos axudarán a gañar, e se non
seguimos algún dos pasos, a perder. Os patróns
asociados a boas situacións perduran no tempo e os
vinculados a derrotas ou malos momentos, tenderán a
desaparecer. Cando levamos moito tempo cun amuleto
e as cousas comezan a torcerse, desbancamos o antigo
e buscamos un novo na procura da sorte. O que hoxe
consideramos infalible para gañar, mañá perde o seu
poder místico e
comezamos a procura
dun novo.
Hai quen pensa que a
sorte non existe e que
unicamente os
resultados se
conseguen con
traballo e esforzo ,
mentres outros pensan
que para conseguir
levar os tres puntos
toda axuda é pouca; e
si levar un amuleto,
cumprir unhas rutinas
antes dos partidos ou
algunhas supersticións
axudan a ter algo máis
de confianza, pois
benvidos sexan. As
dúas posturas son
totalmente
respectables. E vós,
que tipo de xogador,
adestrador ou
afeccionado sodes?
Tendes costumes
previas aos partidos
que se podan contar?
21. Resistencia no
fútbol
Contextualización e
fundamentación teóric
Verónica Giráldez Costas
(Grado Ciencias da Actividade Física e do
David Rodriguez
(Grado Ciencias da Actividade Física e do Deporte,
Master de Readaptación en Lesións Físico
Coñecemos por resistencia a capacidade de soportar
psíquica e fisicamente unha carga durante longo tempo
producíndose finalmente un cansanzo insuperable debido á
intensidade e á duración da mesma e/ou recuperarse
rapidamente despois de esforzos físicos e psíquicos.
Zintl (1991) recolle de forma esquemática as funcións da
resistencia:
• Manter durante o máximo tempo posible unha
intensidade óptima da carga.
• Manter ao mínimo as perdas inevitables de
intensidade ante cargas prolongadas.
• Aumentar a capacidade de soportar as cargas tanto
en adestramentos como en
competicións.
• Recuperación acelerada tras
adestramentos e competicións.
• Estabilización da técnica deportiva e
da capacidade de concentración.
En canto ás diferentes fontes de obtención de
enerxía, salientamos a vía aeróbica e a vía
anaeróbica. Dentro desta última distínguese
entre anaeróbico láctica e anaeróbica aláctica.
A vía aeróbica permite esforzos de baixo a
medio, isto quere dicir que o consumo de
ácidos graxos ,comunmente coñecidos como
graxas, é maioritario, que se combina xunto a
hidratos de carbono conforme aumentamos a
intensidade proporcionando enerxía para que o organismo
realice as funcións establecidas (Gª - Verdugo, 2003).
Tal e como di Gorostiaga (1993a,1993b), dentro da vía
anaeróbica hai dous tipos:
• Anaeróbica aláctica, que produce a máxima enerxía
durante exercicios de máxima intensidade e período
inferior a 4-8 segundos.
• Anaeróbica láctica, que produce a máxima enerxía
durante 30 segundos e 1-2 minutos. Denomínase
así porque se necesita da glucólise anaeróbica para
FF
21
Resistencia no
fútbol
Contextualización e
fundamentación teórica
Verónica Giráldez Costas
(Grado Ciencias da Actividade Física e do
Deporte)
David Rodriguez
(Grado Ciencias da Actividade Física e do Deporte,
Master de Readaptación en Lesións Físico-
Deportivas)
Coñecemos por resistencia a capacidade de soportar
psíquica e fisicamente unha carga durante longo tempo
producíndose finalmente un cansanzo insuperable debido á
intensidade e á duración da mesma e/ou recuperarse
síquicos.
Zintl (1991) recolle de forma esquemática as funcións da
Manter durante o máximo tempo posible unha
Manter ao mínimo as perdas inevitables de
intensidade ante cargas prolongadas.
de soportar as cargas tanto
en adestramentos como en
Recuperación acelerada tras
Estabilización da técnica deportiva e
En canto ás diferentes fontes de obtención de
ntamos a vía aeróbica e a vía
se
entre anaeróbico láctica e anaeróbica aláctica.
A vía aeróbica permite esforzos de baixo a
medio, isto quere dicir que o consumo de
ácidos graxos ,comunmente coñecidos como
é maioritario, que se combina xunto a
hidratos de carbono conforme aumentamos a
proporcionando enerxía para que o organismo
Verdugo, 2003).
Tal e como di Gorostiaga (1993a,1993b), dentro da vía
Anaeróbica aláctica, que produce a máxima enerxía
durante exercicios de máxima intensidade e período
Anaeróbica láctica, que produce a máxima enerxía
2 minutos. Denomínase
sita da glucólise anaeróbica para
a produción de enerxía, que produce á súa vez unha
acumulación de ácido láctico, que perturba o
óptimo funcionamento das células e é responsable
directo da fatiga.
Dentro destas divisións de vías enerxéticas temos que
axustarnos ao obxectivo de cada deporte, neste caso no
fútbol, dado o carácter de esforzo que é, primordialmente
glucolítica. A partir do gasto enerxético nos diferentes
postos propostos por Jiménez (1996), considérase útil un
adestramento específico por posto
que teñen máis gasto enerxético desde o punto de vista
anaeróbico, outro grupo cos que estean en zona de transición
aeróbica-anaeróbica, e os que case non utilizan este
metabolismo noutro para facer así o adestramento máis
específico.
Como parte da planificación do técnico e do preparador
físico do equipo, cada futbolista non debe ter nunca como
obxectivo desenvolver ao máximo a súa capacidade de
resistencia; senón que debe desenvolvela suficientemente, é
dicir, de forma óptima, p
futbolísticas. Un exceso de adestramento de Resistencia
pode repercutir negativamente na velocidade do futbolista
pois a adaptación do organismo ao adestramento de
Resistencia o fará máis lento ao ir adquirindo
paulatinamente as súas fibras musculares FT características
das fibras ST (maior número de mitocondrias, maior
capacidade oxidativa, ...).
Á súa vez, o que se busca é crear esta base aeróbica para un
óptimo desenvolvemento das demais calidades das que
procederemos a falar máis detalladamente na segunda parte
deste artigo, e na que afondaremos máis nas formas de
desenvolvemento da resistencia óptima do futbolista.
Dentro do adestramento debemos pautar unha forma de
avaliar para poder medir o estímulo que aportamos na
sesión. Para o control das distintas cargas debemos ter en
conta os seguintes compoñentes (Meléndez 1995):
•
resistencia a adestrar)
•
unha sobrecarga fisiolóxica que
provoque a supercompensación no tipo
de resistencia. Para o seu control
podemos utilizar a frecuencia cardíaca,
a velocidade de execución, o consumo
de osíxeno, a escala de Borg (figura 1) e
lactato.
•
realización do exercicio.
•
de sesións por semana.
A progresión ao longo do tempo:
evolución da carga de adestramento para provocar a mellora
a niveis desexados.
A escala de Borg baséase na percepción s
suxeito, polo que se require certa experiencia no
adestramento como na utilización da escala por parte do
suxeito, sendo fácil de utilizar e amplamente aceptada. Esta
escala proporciona ao técnico ou ao preparador físico un
feedback que é moi útil para as seguintes sesións.
a produción de enerxía, que produce á súa vez unha
acumulación de ácido láctico, que perturba o
óptimo funcionamento das células e é responsable
Dentro destas divisións de vías enerxéticas temos que
tarnos ao obxectivo de cada deporte, neste caso no
fútbol, dado o carácter de esforzo que é, primordialmente
glucolítica. A partir do gasto enerxético nos diferentes
postos propostos por Jiménez (1996), considérase útil un
adestramento específico por postos onde se agrupen aqueles
que teñen máis gasto enerxético desde o punto de vista
anaeróbico, outro grupo cos que estean en zona de transición
anaeróbica, e os que case non utilizan este
metabolismo noutro para facer así o adestramento máis
Como parte da planificación do técnico e do preparador
físico do equipo, cada futbolista non debe ter nunca como
obxectivo desenvolver ao máximo a súa capacidade de
resistencia; senón que debe desenvolvela suficientemente, é
dicir, de forma óptima, para as súas necesidades
futbolísticas. Un exceso de adestramento de Resistencia
pode repercutir negativamente na velocidade do futbolista,
pois a adaptación do organismo ao adestramento de
Resistencia o fará máis lento ao ir adquirindo
as fibras musculares FT características
das fibras ST (maior número de mitocondrias, maior
Á súa vez, o que se busca é crear esta base aeróbica para un
óptimo desenvolvemento das demais calidades das que
s detalladamente na segunda parte
deste artigo, e na que afondaremos máis nas formas de
desenvolvemento da resistencia óptima do futbolista.
Dentro do adestramento debemos pautar unha forma de
avaliar para poder medir o estímulo que aportamos na
ra o control das distintas cargas debemos ter en
conta os seguintes compoñentes (Meléndez 1995):
O tipo de exercicio (tipo de
resistencia a adestrar)
A intensidade: deberá supor
unha sobrecarga fisiolóxica que
provoque a supercompensación no tipo
de resistencia. Para o seu control
podemos utilizar a frecuencia cardíaca,
a velocidade de execución, o consumo
de osíxeno, a escala de Borg (figura 1) e
A duración: tempo de
realización do exercicio.
A frecuencia semanal: número
de sesións por semana.
A progresión ao longo do tempo:
evolución da carga de adestramento para provocar a mellora
A escala de Borg baséase na percepción subxectiva do
suxeito, polo que se require certa experiencia no
adestramento como na utilización da escala por parte do
suxeito, sendo fácil de utilizar e amplamente aceptada. Esta
escala proporciona ao técnico ou ao preparador físico un
útil para as seguintes sesións.