Rata luísa o biscoito

594 visualizações

Publicada em

0 comentários
0 gostaram
Estatísticas
Notas
  • Seja o primeiro a comentar

  • Seja a primeira pessoa a gostar disto

Sem downloads
Visualizações
Visualizações totais
594
No SlideShare
0
A partir de incorporações
0
Número de incorporações
228
Ações
Compartilhamentos
0
Downloads
1
Comentários
0
Gostaram
0
Incorporações 0
Nenhuma incorporação

Nenhuma nota no slide

Rata luísa o biscoito

  1. 1. Cousas da rata Luisa
  2. 2. O BISCOITO
  3. 3. COMO HOXE NON VAN SAÍR, QUE FAI FRÍO E CHOVE MOITO, PARA ENREDAR AO TEMPO VAN A FACER UN BISCOITO.
  4. 4. MIRAN NO RECETARIO. HAI TANTO DONDE ESCOLLER! -IMOS LER OS COMPOÑENTES, PARA VER CAL PODEMOS FACER .
  5. 5. -PARA ESTE HAI QUE TER PIÑA. -PARA ESTOUTRO HAI QUE TER NATA… -POIS NON SE PODEN FACER QUE NON OS TEMOS NA CASA.
  6. 6. <ul><li>HAI IOGUR, FARIÑA, AZUCRE, ACEITE, LIMÓN E OVOS, </li></ul><ul><li>HAI LEVADURA E MANTEIGA… PARA ESTE TÉMOLO TODO! </li></ul>
  7. 7. MIRAN NAS LACENAS. BUSCAN NOS CAIXÓNS. COLLEN NA NEVEIRA. VAIA REVOLUCIÓN! 1 IOGUR 3 OVOS 3 VASOS DE IOGUR DE FARIÑA 1 VASO DE IOGUR DE ACEITE 2 VASOS DE IOGUR DE AZUCRE O ZUME E AS RELADURAS DUN LIMÓN 1 SOBRE DE LEVADURA MANTEIGA
  8. 8. CON TODO POSTO Á MAN, E O BATEDOR, UNHA ESPÁTULA, O MOLDE, A RELADEIRA E O ESPREMEDOR. E O CUNCO, CUNCO BATEDOR RELADEIRA ESPREMEDOR ESPÁTULA MOLDE
  9. 9. CADA UN CO SEU MANDIL, E BEN LAVADIÑAS AS MANS, PÓÑENSE CON ANSIA AO LABOR DE MEDIR E MESTURAR.
  10. 10. ANTES DE QUE EMPECE TODO, E PARA QUE ESTEA QUENTE LOGO, LUISA, QUE OS SUPERVISA, VAILLES ENCENDENDO O FORNO.
  11. 11. DENTRO DUNHA CUNCA GRANDE BOTAN OVOS, AZUCRE E IOGUR, E REMÉXENNO BEN TODO, UN POUQUIÑO CADA UN.
  12. 12. ENGÁDENLLE A FARIÑA, AOS POUCOS, E O VASIÑO DE ACEITE…
  13. 13. O ZUME, AS RELADURAS E A LEVADURA PARA QUE MEDRE.
  14. 14. DESPOIS UNTAN BEN O MOLDE, POR DENTRO, COA MANTEIGA. ESO DÍXOLLO LUISA, …QUE ASÍ AO COCER NONSE APEGA.
  15. 15. VERTEN A PASTA NO MOLDE. CHEIRA TAN BEN QUE ARRECENDE.
  16. 16. NO FORNO MÉTEO LUISA. NON VAIA A SER QUE SE QUEIMEN!
  17. 17. OS NENOS VIXÍAN ATENTOS, CADA INSTANTE, CADA CAMBIO, PAREZ QUE A PORTA DO FORNO TEN AOS TRES HIPNOTIZADOS. COMO MEDRA!... COMO SUBE!... AI QUE BONITIÑO ESTÁ!... MAMÁ QUE XA ESTÁ DOURADO! MIRA, QUE SE VAI QUEIMAR!
  18. 18. LUISA, TODO PACENCIA, AGARDA A MEDIA HORA LONGA, ATA QUE CHEGA O MOMENTO DE APAGAR O FORNO E ABRIRLLE A PORTA.
  19. 19. MÁNDAOS SAÍR DE ALÍ. PON OS GUANTES DE FORNEAR, E SÁCAO CON MOITO COIDADO, PORQUE SE PODE QUEIMAR.
  20. 20. E TEN QUE APARTALOS DEL, QUE XA O QUEREN EMPEZAR. -QUE NON SE PODE COMER. QUE AÍNDA TEN QUE ARREFRIAR.
  21. 21. UN CHÉIRAO – AI QUE BEN CHEIRA! OUTRO TÓCAO – XA CASI ESTÁ! E O TERCEIRO PROTESTA - VOULLO DECIR A MAMÁ!
  22. 22. E LUISA, ENTREMENTRES, PONSE A FACER CHOCOLATE. QUECE O LEITE, BOTA AS ONZAS E, AO XEITO, REMEXE E BATE.
  23. 23. - QUE BEN CHEIRA ESTA COCIÑA… QUE ATA A FAME FAI ENTRAR- DI ROXELIO QUE SE ACHEGA POLA PORTA A MIRAR.
  24. 24. OS NENOS POÑEN A MESA, QUE HOXE VAN MERENDAR O SEU PRIMEIRO BISCOITO… FEITO COAS SÚAS MÁNS!
  25. 25. MENTRAS LUISA O CORTA …TODOS LLE BOTAN A MAN. TEN UNHA PINTA TAN BOA QUE NON PODEN AGARDAR!
  26. 26. COLLEN, REMATAN, REPITEN. - AI QUE VER… QUE RICO ESTÁ ! FAN SOPAS NO CHOCOLATE… QUE CHEA ESTÁN A PILLAR!
  27. 27. NON DEIXARON NIN MIGALLA! NON SEI COMO NON ESTOUPARON! COMÉRONNO TODO,… TODIÑO,… E A NÓS NON NOS CONVIDARON.
  28. 28. fin Mon Daporta

×