Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
Dorothy
1. DIA DA MULLER TRABALLADORA
2009
Dorothy Crowfoot
Hodgkin
tics
Aitana y Araceli
I E S F E R N A N D O B L A N C O
2. Dorothy naceu na cidade do Cairo, que naqueles momentos formaba
parte do Imperio Británico e hoxe en día é a capital de Egipto. Aos catro
anos volveu coa súa familia ao Reino Unido onde estudou química no
Somerville College da Universidade de Oxford e se doctoró na
Universidade de Cambridge en 1934, onde se especializou en
cristalografía, disciplina da cal foi profesora en Oxford ata a súa retiro en
1977.
En 1965 foille outorgado o título da Orde do Mérito, concedida pola
raíña Isabel II do Reino Unido.
INVESTIGACIÓNS CIENTÍFICAS
Hodgkin foi pionera na técnica de
determinación de estruturas de
substancias de interese bioquímico
mediante raios X.
Converteu a insulina no seu
proxecto de investigación primaria,
iniciando as súas investigacións en
1934 cando Robert Robinson
ofreceulle unha mostra pequena de
insulina cristalina. A difracción de
raios X na década de 1930 aínda
non estaba suficientemente
desenvolvida, pola que decidiu
mellorar a técnica cristalográfica,
conseguindo determinar a estrutura
tridimensional das seguintes
biomoléculas:
colesterol en 1937
penicilina en 1945
vitamina B12 en 1954
insulina en 1969
así como a da lactoglobulina,
ferritina, e virus do mosaico do
tabaco.
Posteriormente Hodgkin e os seus
colaboradores encamiñáronse ao
calciferol ou vitamina D2, así como
ao antibiótico gramicidina.
En 1964 foi galardonada co Premio
Nobel de Química pola
determinación da estrutura de
moitas substancias biolóxicas
mediante os raios X, converténdose
na terceira muller en conseguir este
galardón logo de Marie Curie e
Irène Joliot-Curie.
3. ACTIVISMO
SOCIAL
Interesada no
intercambio
intelectual entre
científicos e
preocupada polos
problemas que a
ciencia
ocasionaba a
poboación, entre
1976 e 1988 foi
presidenta das
Conferencias
Pugwash de
Ciencia e Asuntos
Mundiais. Ademais foi galardoada co Premio Lenin pola Paz concedido
polo Goberno Soviético en 1985-1986.