O slideshow foi denunciado.
Utilizamos seu perfil e dados de atividades no LinkedIn para personalizar e exibir anúncios mais relevantes. Altere suas preferências de anúncios quando desejar.

Rinoceronte editora

233 visualizações

Publicada em

fd

Publicada em: Design
  • Seja o primeiro a comentar

  • Seja a primeira pessoa a gostar disto

Rinoceronte editora

  1. 1. RINOCERONTE EDITORA O día 1 de decembro o noso grupo cooperativo (Pablo, Diego, María e Lucía) realizamos o noso proxecto cunha viaxe a Cangas con destino a Editora. Desembarcamos as catro e cuarto no porto de Cangas e fomos a pé ata empresa. Unha vez alí presentáronos a Eva, unha traballadora da editora, que moi amablemente contestounos as nosas preguntas. Polo que agora podemos dicir que Rinoceronte editora é unha empresa de bens de consumo ou servizos e , por agora, nacional xa que solo traballa a nivel español, aínda que están comezando unha nova etapa coa exportación dos libros a Alemaña, Francia… É unha sociedade limitada unipersoal (de un autónomo, neste caso, Moisés ) na cal traballan 10 a 15 persoas, dependendo da época do ano, o que ven sendo unha pequena empresa. A maior parte dos ingresos que obteñen veñen dados a partir da tradución e ventas de libros de texto, o 5% destes ingresos van destinados a una ONG para os países subdesenvolvidos e con necesidades. O sector ao que pertence é o sector de servizos xa que engloba as actividades relacionadas cos servizos materiais non produtores de bens. Non compran bens materiais de forma directa, senón servizos que se ofrecen para satisfacer as necesidades da poboación, os libros. Este sector cos anos foi gañando terreo. Dedícanse a traducir e editar libros e a distribución destes unha vez pasados pola imprenta. A imprenta é unha empresa aparte que poderíase dicir que é “socia” de Rinoceronte. O que fai Rinoceronte é comprar o tipo de papel que eles queren usar polo
  2. 2. que estes apostan por un papel reciclado. A empresa encóntrase en Cangas do Morrazo e os seus factores de locacilación poderían ser a proximidade as áreas urbanas, xa que están preto dunha gran cidade (Vigo), moita man de obra, aínda que os traballadores sexan poucos traballan duro para facer un bo traballo, economía localizada ( desemprego, universidades… ) boa rede de transporte, bastante capital: tradutores, tipógrafos, imprentas e ordenadores e teñen algunhas subvencións que lle da o estado. O mercado ao que se dirixe é un mercado rexional (España), para adultos e nenos. Eles teñen unha estratexia para reducir os custes: como eles traballan os tres idiomas da península, cando queren imprimir o libro o que fan e imprimir todo o texto nas catro linguas oficiais da península polas veces que o necesitan e logo fan o libro, así sáelles máis barato. A maioría dos traballadores e traballadoras da empresa teñen un contrato indefinido e algunhas veces fan contratos por horas. Teñen un convenio colectivo que é o de oficinas e despachos de Pontevedra o cal regula as condicións dos traballadores do sector, pola contra non están en ningunha asociación. Actualmente a empresa tivo un momento de declive, un tempo de parón por culpa da nova lei da LOMCE dada nos colexios. Por último imos contarvos o proceso industrial que se pasa ata a creación dun libro. En primeiro lugar, seleccionan o libro que queren publicar. De seguido acordan co autor os dereitos de este ( prezo, contrato..) e a continuación o traducen (o libro pódese editar). Cando a tradución do libro xa está rematada contratan a un ilustrador, que debuxa as imaxes que acompañaran ao texto e presentan
  3. 3. unha maqueta a través dun tipógrafo, tamén o contratan. Esta maqueta é enviada ao autor para comprobar se existe algún fallo se non é así enviase á imprenta. Unha vez acabado o traballo da imprenta e ter todos os libros se distribúen polas librarías de España e Galicia. Por último se fai unha pequena publicidade a través das redes sociais (Facebook, Twitter...) para que o novo libro sexa comprado. Se queredes máis información, comprar algún dos seus traballos o coñecer mellor a empresa podedes visitar a páxina: http://www.rinoceronte.es/

×