James
Benning
(Milwaukee, 1942)
Imaxe: Manfred Werner / Wikipedia
Estudou matemáticas na Universidade de Wisconsin-Milwaukee co apoio
dunha bolsa para a práctica de béisbol. Achegouse aos ...
James Benning é un artista-cineasta
profundamente americano, o último elo
dunha longa cadea de intelectuais libres e
liber...
Con Ruhr deixou a cámara de 16mm e empezou a traballar en vídeo dixital.
Desapareceu a limitación da lonxitude das bobinas...
“Cada pouco imparto un curso no Instituto Californiano das Artes
titulado "Ollar e Escoitar". Cada semana dez ou doce estu...
James Benning
Próximos SlideShares
Carregando em…5
×

James Benning

340 visualizações

Publicada em

Sobre o cineasta estadounidense James Benning.

0 comentários
0 gostaram
Estatísticas
Notas
  • Seja o primeiro a comentar

  • Seja a primeira pessoa a gostar disto

Sem downloads
Visualizações
Visualizações totais
340
No SlideShare
0
A partir de incorporações
0
Número de incorporações
188
Ações
Compartilhamentos
0
Downloads
1
Comentários
0
Gostaram
0
Incorporações 0
Nenhuma incorporação

Nenhuma nota no slide

James Benning

  1. 1. James Benning (Milwaukee, 1942) Imaxe: Manfred Werner / Wikipedia
  2. 2. Estudou matemáticas na Universidade de Wisconsin-Milwaukee co apoio dunha bolsa para a práctica de béisbol. Achegouse aos movementos civís de finais dos 60 e implicouse na “Guerra contra a Pobreza”, primeiro aprendéndolles a ler e escribir aos fillos dos traballadores emigrantes en Colorado e logo no desenvolvemento dun programa de alimentos para as persoas con necesidades de Missouri Ozarks. Aos 33 anos rematou estudos de Belas Artes na Universidade de Wisconsin; un dos seus profesores foi David Bordwell. Empezou a dar aulas de cinema (Wisconsin, Oklahoma, California) e fixo as súas primeiras longametraxes (11x14, One Way Boogie Woogie). En 1980 trasladouse a Nova York e seguiu facendo filmes (American Dreams, Landscape Suicide) e ao cabo de oito anos trasladouse de novo ao Oeste para ser profesor no California Institute of the Arts.
  3. 3. James Benning é un artista-cineasta profundamente americano, o último elo dunha longa cadea de intelectuais libres e libertarios amantes da natureza e do ser humano, de Henry David Thoreau (influencia confesa) a Walt Whitman. Nos seus filmes, verdadeiros estudos sobre a paisaxe, Benning interésase tamén pola pegada da historia, a memoria colectiva, as transformacións industriais e urbanas. A paisaxe é unha “función do tempo”, no sentido matemático do termo. Até 2009 traballou con cámaras de cinema, en 16mm, ás veces someténdose a unha estrutura ríxida, coa duración dos planos definida de antemán -os planos fixos de 2,5 minutos da “triloxía de California”, El Valley Centro, Los e Sogobi; os planos de dez minutos de 13 Lakes ou Ten Skies-, outras veces “agardando” o que a paisaxe lle ofrecía, coma no paso dos trens de RR.
  4. 4. Con Ruhr deixou a cámara de 16mm e empezou a traballar en vídeo dixital. Desapareceu a limitación da lonxitude das bobinas: en vídeo pode estender o plano tanto como sexa preciso. Tamén é máis fácil retocar dixitalmente a imaxe, acelerar ou frear obxectos, mudar a iluminación do plano, incluso introducir elementos que non estaban... O seu ritmo de traballo multiplicouse sen perder os seus sinais de identidade. O seu espírito de experimentación ensaia novas estratexias, coma o uso de material alleo (en particular, vídeos tomados de Youtube) e os diálogos/revisións de filmes clásicos norteamericanos, de Easy Rider a Faces, e radicaliza o tratamento do tempo cara ás tres horas de BNSF ou os 77 minutos dunha nube en Farocki. É o mesmo, mais é diferente. E o seu gusto polas matemáticas non desapareceu: volve con ganas en natural history, onde a duración dos planos vén definida polos primeiros 27 díxitos do número π.
  5. 5. “Cada pouco imparto un curso no Instituto Californiano das Artes titulado "Ollar e Escoitar". Cada semana dez ou doce estudantes imos a algures para practicar o feito de prestar atención. Botamos un día enteiro cruzando un campo petrolífero, xuntámonos unha mañá cedo para ollar como o ceo se vai enchendo de luz, pasamos dez horas nos autobuses locais ou unha noite percorrendo a 5th Street na sección dos sen teito no centro de Los Angeles. Descubrimos que mirar e escoitar é un acto político, e que as diferenzas na maneira en que percibimos reflicten os nosos prexuízos coma individuos...” James Benning James Benning é unha presentación de Martin Pawley para Filmoteca Fórum e O ano que o cinema nos cativou, obradoiros de cinema do Fórum Metropolitano e Centro Ágora. Fonte das imaxes: Wikipedia, capturas de pantalla do filme citado.

×