SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 22
Baixar para ler offline
Ousmane Sembène
N: 1 de xaneiro de 1923, Ziguinchor (Senegal).
M: 9 de xuño de 2007, Dakar (Senegal).
“Nacín en Ziguinchor, en Senegal, en
1923, no seo dunha familia que non era
rica. Exercín trinta e seis oficios; fun
pescador, albanel, mecánico e despois
estibador no porto de Marsella durante
case seis anos. Alí estiven implicado
nunha importante actividade sindical.
Tamén comecei a escribir alí os meus
primeiros libros”.
Entrevista de Guy Hennebelle en “L’Afrique
Littéraire et Artistique”, número 7, 1969. No
sucesivo, GH1969.
Como cidadán francés, e igual que
moitos outros mozos da súa quinta,
entrou no exército colonial para
combater na Segunda Guerra Mundial;
máis adiante explicaría que foi aí onde
coñeceu “o verdadeiro significado do
colonialismo e o racismo”.
Ao rematar a guerra volveu a Dakar e
formou parte do movemento sindical: a
folga de ferrocarrís que paralizou o país
en 1947 foi decisiva na súa definitiva
toma de conciencia.
Soldados africanos na II Guerra Mundial (de Senegal, África
Ecuatorial e Madagascar). Fonte: Library of Congress.
Dominio público.
Sen emprego nun país devastado pola
economía de guerra, Sembène embarcou
cara a Francia como polisón en 1948.
Atopou traballo como estibador portuario
en Marsella, onde residiu até 1960.
Afiliouse ao Partido Comunista e á CGT,
Confederación Xeral dos Traballadores, o
máis poderoso dos sindicatos franceses na
posguerra, e participou en diferentes
accións de apoio á Fronte Nacional de
Liberación Alxeriana e de protesta contra as
guerras de Indochina e Corea ou contra a
execución do matrimonio Rosenberg nos
Estados Unidos. Foron anos de formación
que lle serviron para estudar a obra dunha
morea de escritores e artistas próximos no
ideolóxico, incluídas as grandes figuras da
“Negritude”, coma Aimé Césaire.
Aimé Césaire (Martinica, 1913-2008)
Neses anos tamén foi consciente da
alarmante ausencia de intelectuais e
artistas a reivindicaren en África os
cambios radicais que o continente
precisaba. Foi por iso que se botou a
escribir. Para empezar decidiu contar a
súa experiencia como traballador e
inmigrante en Francia con Le docker
noir (1956). Logo virían Oh pays, mon
beau peuple e Les Bouts de bois de
Dieu, inspirada na folga do 47, que lle
reportou eloxios e apoios por parte da
intelectualidade de esquerdas.
Nesa altura, e despois de doce anos en
Europa, Sembène regresou a África.
“Decateime de que cun libro, sobre todo en África
onde o analfabetismo é maioritario, só podía tocar
un número limitado de persoas. O cinema, porén,
chegaba a grandes masas. Neste punto atendín as
solicitudes de diferentes bolsas para recibir un título
de cinematografía. O primeiro país que me
respondeu favorabelmente foi a Unión Soviética.
Pasei un ano no estudio Gorki de Moscova onde
recibín formación práctica baixo a dirección de Mark
Donskoi” (GH1969).
En tan só un ano e sen saber nin unha soa palabra
de ruso, Sembène adquiriu os rudimentos
necesarios para facer películas. A súa primeira
curtametraxe, L’Empire Songhay, foi un encargo do
Goberno de Malí que nunca chegou a ser
distribuída.
Mark Donskoy (URSS, 1901-1981)
“Fundei unha modesta produtora en Dakar,
Filmi Domirev cuxos medios eran, e aínda son,
extremadamente débiles. En coprodución con
Les Actualités Françaises, dirixida por André
Zwobada (un autor de Marrocos que dirixiu
películas como La septième porte en 1947 e
Capitaine Ardant en 1952), realicei entón
Borom Sarret, a miña primeira curtametraxe
de verdade. É a historia dun carreteiro que é,
en certa medida, un taxista cun carro tirado
por cabalos. Enfrontado a un rico cliente nun
barrio residencial no que ese tipo de vehículos
non pode entrar, un policía deteno, fai unha
denuncia e apodérase do carro. (...) Por esta
película conseguín o primeiro premio de obra
no Festival de Tours en 1963” (GH1969).
La Noire de… é un fito por ser a primeira
longametraxe da historia rodada por un
director subsahariano. Diouana é unha
moza contratada en Dakar por un
matrimonio francés para coidar dos seus
fillos. Cando a familia volta á Riviera, ela
acepta con entusiasmo a idea de vivir en
Francia, mais decontado descobre que a
súa nova función é exercer de asistenta e
soportar desprezos.
La Noire de… levou en 1966 o premio Jean
Vigo.
“Comecei a facer esta película sen a
autorización do Centro Nacional do
Cinema francés. Porén, precisaba tela
por ser unha coprodución entre Domirev
(Dakar) e Les Actualités Françaises.
Estaba nun círculo vicioso pois non podía
obter autorización porque non tiña o
carné profesional xa que para obter un é
necesario ter feito unha película ou ser
axudante dunha (e non quería).
Finalmente decatámonos de que
presentando La Noire de... como curta
(<60 minutos) sería máis doado
regularizar a situación co CNC”. (GH1969)
En 1968 Sembène roda a primeira
longametraxe falada nunha lingua
africana, o wolof: Mandabi, o relato da
odisea de Ibrahim Dieng (Makhouredia
Gueye) para cobrar un xiro postal que lle
envía desde París o seu sobriño. Mandabi
foi exhibida no Festival de Cinema de
Venecia.
“Cun anticipo das entradas do ministro
Malraux puiden facer Mandabi. Respondo
que efectivamente é unha contradición.
Mais non tiven opción: entre dúas
contradicións, hai que escoller o mal
menor. Tiña dúas solucións: coller este
diñeiro que me permitiu atopar un
produtor francés e facer a miña película,
ou non aceptar este diñeiro e non facela. É
moi claro, moi sinxelo, igual que dous e
dous suman catro”. (GH1969).
En 1971 estreou Emitaï, outro
berro contra a crueldade do
réxime colonial que foi premiada
no Festival de Moscú e no Fórum
da Berlinale.
“Quería opoñer a propensión dos
homes á subordinación (ao
amparo dos desexos do deus) ao
forte desexo de resistencia
humana das mulleres”.
Entrevista de Guy Hennebelle en “Les
Lettres Françaises”, número 1404, 1971. No
sucesivo, GH1971.
Xala (1974) é unha sátira que ironiza sobre a
nova clase media africana, despreocupada
polo ben alleo, a través da figura dun
burgués musulmán que na noite do seu
terceiro matrimonio se ve afectado de
impotencia sexual.
“A loita en Emitai era unha loita anticolonial,
mais non tiña nada que ver cunha loita de
clases. Xala é unha sorte de alegoría, ou máis
ben unha fábula, máis accesíbel ao meu
pobo a distintos niveis. Entre Emitai e Xala,
vemos as dúas fases dunha loita: para
comezar, a primeira loita violenta contra o
colonialismo, despois, o inicio da loita de
clases en África”.
Entrevista de Noureddine Ghali en “Cinéma 76”, número
208, 1976.
Ceddo (1976) foi prohibida en Senegal durante
oito anos por razóns en teoría ortográficas: o
goberno de Leopold Senghor aseguraba que
o título debía escribirse cun só “d”. A realidade
de fondo era outra: o filme é unha audaz
crítica ao imperialismo relixioso, tanto o
cristián coma -neste caso, sobre todo- o
islámico. Foi iso, e non unha letra, o que lle
meteu medo ao presidente.
“Aínda que respecto a todas as persoas
crentes, persoalmente opóñome a todas as
relixións. Son opio. Isto é especialmente certo
en Senegal”. (GH1971)
Camp de Thiaroye, codirixida con Thierno
Faty Sow, recibiu o Gran Premio Especial
do Xurado no Festival de Venecia de 1987.
O filme revisa un feito histórico: o motín
dun grupo de soldados africanos que
participaran na Segunda Guerra Mundial
en protesta polas pésimas condicións de
vida que tiñan no campamento do título,
onde foran provisionalmente refuxiados á
espera do seu traslado definitivo, e o
posterior masacre perpetrado polas tropas
francesas.
Regresou á competición internacional
de Venecia con Guelwaar (1992), outra
sátira política e relixiosa que toma coma
punto de partido o enterro dun cristián
nun cemiterio islámico. Unha nova
mostra do seu humor e humanismo
ateo.
“Ninguén é bo de todo nin malo de
todo. Cada un toma o que quere e
ninguén se preocupa por ninguén máis.
En África non somos mellores nin
peores que a xente doutros lugares.
Mais non hai virtude na miseria e na
pobreza”.
Entrevista de Bernd Wolpert en EZEF, 1995.
Convencido de que a liberación de África
pasa pola liberación das mulleres, inicia
unha nova etapa fílmica sobre o heroísmo
do día a día arredor de espléndidos
personaxes femininos. O primeiro froito é
Faat Kiné (2000).
En Moolaadé catro nenas evitan a
salvaxe ablación refuxiándose na casa
de Colle Ardo (Fatoumata Coulibaly),
que as acolle e axuda. A súa acción pon
en conflito dous valores tradicionais: a
«purificación» pola vía da mutilación
xenital fronte ao dereito ao asilo e
protección. Foi o primeiro (e único)
filme de Sembene que tivo distribución
comercial en España, en parte grazas ao
seu exitoso paso polo Festival de
Cannes de 2004, onde levou o premio
“Un certain regard”.
Ousmane Sembene, figura de referencia dos cinemas africanos, faleceu en
Dakar, Senegal, o 9 de xuño de 2007.
André Zwobada, director e produtor (1910-1994)

Mais conteúdo relacionado

Semelhante a Centenario de Ousmane Sembène

Semelhante a Centenario de Ousmane Sembène (20)

Tema5 lite2010
Tema5 lite2010Tema5 lite2010
Tema5 lite2010
 
tema5_lite2010
tema5_lite2010tema5_lite2010
tema5_lite2010
 
Lite posguerra
Lite posguerraLite posguerra
Lite posguerra
 
Arxentina
ArxentinaArxentina
Arxentina
 
Celso Emilio Ferreiro
Celso Emilio FerreiroCelso Emilio Ferreiro
Celso Emilio Ferreiro
 
Celso emilio
Celso emilioCelso emilio
Celso emilio
 
Celso emilio
Celso emilioCelso emilio
Celso emilio
 
Entrevista agrafoxo
Entrevista agrafoxoEntrevista agrafoxo
Entrevista agrafoxo
 
LUÍS SEOANE
LUÍS SEOANELUÍS SEOANE
LUÍS SEOANE
 
Tema8_2010
Tema8_2010Tema8_2010
Tema8_2010
 
As vanguardas vanse á guerra
As vanguardas vanse á guerraAs vanguardas vanse á guerra
As vanguardas vanse á guerra
 
Tema5 lite20
Tema5 lite20Tema5 lite20
Tema5 lite20
 
Celso Emilio
Celso EmilioCelso Emilio
Celso Emilio
 
Plumas comprometidas
Plumas comprometidasPlumas comprometidas
Plumas comprometidas
 
Abderrahmane Sissako
Abderrahmane SissakoAbderrahmane Sissako
Abderrahmane Sissako
 
Pablo Picasso
Pablo PicassoPablo Picasso
Pablo Picasso
 
Berlinale
BerlinaleBerlinale
Berlinale
 
Leni Riefenstahl
Leni RiefenstahlLeni Riefenstahl
Leni Riefenstahl
 
Vangardas Galegas
Vangardas GalegasVangardas Galegas
Vangardas Galegas
 
"A esmorga", de Blanco Amor
"A esmorga", de Blanco Amor"A esmorga", de Blanco Amor
"A esmorga", de Blanco Amor
 

Mais de filmotecaforum

DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70
DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70
DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70filmotecaforum
 
DirectorAs: Dorothy Arzner
DirectorAs: Dorothy ArznerDirectorAs: Dorothy Arzner
DirectorAs: Dorothy Arznerfilmotecaforum
 
DirectorAs: Ida Lupino
DirectorAs: Ida LupinoDirectorAs: Ida Lupino
DirectorAs: Ida Lupinofilmotecaforum
 
A Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidade
A Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidadeA Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidade
A Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidadefilmotecaforum
 
A Coruña e o cinema 2 - Mudar de vida
A Coruña e o cinema 2 - Mudar de vidaA Coruña e o cinema 2 - Mudar de vida
A Coruña e o cinema 2 - Mudar de vidafilmotecaforum
 
A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anos
A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anosA Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anos
A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anosfilmotecaforum
 
A preservación do cinema
A preservación do cinemaA preservación do cinema
A preservación do cinemafilmotecaforum
 
O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugal
O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en PortugalO Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugal
O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugalfilmotecaforum
 
O cinema do 25 de abril
O cinema do 25 de abrilO cinema do 25 de abril
O cinema do 25 de abrilfilmotecaforum
 
Rosalía nas pantallas
Rosalía nas pantallasRosalía nas pantallas
Rosalía nas pantallasfilmotecaforum
 
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60filmotecaforum
 
Cinema portugués dos 80
Cinema portugués dos 80Cinema portugués dos 80
Cinema portugués dos 80filmotecaforum
 
A SIDA, a outra pandemia das nosas vidas
A SIDA, a outra pandemia das nosas vidasA SIDA, a outra pandemia das nosas vidas
A SIDA, a outra pandemia das nosas vidasfilmotecaforum
 
Cinemas dos pobos orixinarios
Cinemas dos pobos orixinariosCinemas dos pobos orixinarios
Cinemas dos pobos orixinariosfilmotecaforum
 
Países africanos de fala portuguesa
Países africanos de fala portuguesaPaíses africanos de fala portuguesa
Países africanos de fala portuguesafilmotecaforum
 

Mais de filmotecaforum (20)

DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70
DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70
DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70
 
DirectorAs: Dorothy Arzner
DirectorAs: Dorothy ArznerDirectorAs: Dorothy Arzner
DirectorAs: Dorothy Arzner
 
DirectorAs: Ida Lupino
DirectorAs: Ida LupinoDirectorAs: Ida Lupino
DirectorAs: Ida Lupino
 
Cinema palestino
Cinema palestinoCinema palestino
Cinema palestino
 
A Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidade
A Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidadeA Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidade
A Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidade
 
A Coruña e o cinema 2 - Mudar de vida
A Coruña e o cinema 2 - Mudar de vidaA Coruña e o cinema 2 - Mudar de vida
A Coruña e o cinema 2 - Mudar de vida
 
A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anos
A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anosA Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anos
A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anos
 
A preservación do cinema
A preservación do cinemaA preservación do cinema
A preservación do cinema
 
O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugal
O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en PortugalO Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugal
O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugal
 
Mulleres no western
Mulleres no westernMulleres no western
Mulleres no western
 
O cinema do 25 de abril
O cinema do 25 de abrilO cinema do 25 de abril
O cinema do 25 de abril
 
Rosalía nas pantallas
Rosalía nas pantallasRosalía nas pantallas
Rosalía nas pantallas
 
Kinuyo Tanaka
Kinuyo TanakaKinuyo Tanaka
Kinuyo Tanaka
 
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60
 
Cinema portugués dos 80
Cinema portugués dos 80Cinema portugués dos 80
Cinema portugués dos 80
 
Hollywood ❤️ URSS
Hollywood ❤️ URSSHollywood ❤️ URSS
Hollywood ❤️ URSS
 
A SIDA, a outra pandemia das nosas vidas
A SIDA, a outra pandemia das nosas vidasA SIDA, a outra pandemia das nosas vidas
A SIDA, a outra pandemia das nosas vidas
 
Cinemas dos pobos orixinarios
Cinemas dos pobos orixinariosCinemas dos pobos orixinarios
Cinemas dos pobos orixinarios
 
Países africanos de fala portuguesa
Países africanos de fala portuguesaPaíses africanos de fala portuguesa
Países africanos de fala portuguesa
 
Cinema e educación
Cinema e educaciónCinema e educación
Cinema e educación
 

Centenario de Ousmane Sembène

  • 1.
  • 2.
  • 3. Ousmane Sembène N: 1 de xaneiro de 1923, Ziguinchor (Senegal). M: 9 de xuño de 2007, Dakar (Senegal).
  • 4.
  • 5. “Nacín en Ziguinchor, en Senegal, en 1923, no seo dunha familia que non era rica. Exercín trinta e seis oficios; fun pescador, albanel, mecánico e despois estibador no porto de Marsella durante case seis anos. Alí estiven implicado nunha importante actividade sindical. Tamén comecei a escribir alí os meus primeiros libros”. Entrevista de Guy Hennebelle en “L’Afrique Littéraire et Artistique”, número 7, 1969. No sucesivo, GH1969.
  • 6. Como cidadán francés, e igual que moitos outros mozos da súa quinta, entrou no exército colonial para combater na Segunda Guerra Mundial; máis adiante explicaría que foi aí onde coñeceu “o verdadeiro significado do colonialismo e o racismo”. Ao rematar a guerra volveu a Dakar e formou parte do movemento sindical: a folga de ferrocarrís que paralizou o país en 1947 foi decisiva na súa definitiva toma de conciencia. Soldados africanos na II Guerra Mundial (de Senegal, África Ecuatorial e Madagascar). Fonte: Library of Congress. Dominio público.
  • 7. Sen emprego nun país devastado pola economía de guerra, Sembène embarcou cara a Francia como polisón en 1948. Atopou traballo como estibador portuario en Marsella, onde residiu até 1960. Afiliouse ao Partido Comunista e á CGT, Confederación Xeral dos Traballadores, o máis poderoso dos sindicatos franceses na posguerra, e participou en diferentes accións de apoio á Fronte Nacional de Liberación Alxeriana e de protesta contra as guerras de Indochina e Corea ou contra a execución do matrimonio Rosenberg nos Estados Unidos. Foron anos de formación que lle serviron para estudar a obra dunha morea de escritores e artistas próximos no ideolóxico, incluídas as grandes figuras da “Negritude”, coma Aimé Césaire. Aimé Césaire (Martinica, 1913-2008)
  • 8. Neses anos tamén foi consciente da alarmante ausencia de intelectuais e artistas a reivindicaren en África os cambios radicais que o continente precisaba. Foi por iso que se botou a escribir. Para empezar decidiu contar a súa experiencia como traballador e inmigrante en Francia con Le docker noir (1956). Logo virían Oh pays, mon beau peuple e Les Bouts de bois de Dieu, inspirada na folga do 47, que lle reportou eloxios e apoios por parte da intelectualidade de esquerdas. Nesa altura, e despois de doce anos en Europa, Sembène regresou a África.
  • 9. “Decateime de que cun libro, sobre todo en África onde o analfabetismo é maioritario, só podía tocar un número limitado de persoas. O cinema, porén, chegaba a grandes masas. Neste punto atendín as solicitudes de diferentes bolsas para recibir un título de cinematografía. O primeiro país que me respondeu favorabelmente foi a Unión Soviética. Pasei un ano no estudio Gorki de Moscova onde recibín formación práctica baixo a dirección de Mark Donskoi” (GH1969). En tan só un ano e sen saber nin unha soa palabra de ruso, Sembène adquiriu os rudimentos necesarios para facer películas. A súa primeira curtametraxe, L’Empire Songhay, foi un encargo do Goberno de Malí que nunca chegou a ser distribuída. Mark Donskoy (URSS, 1901-1981)
  • 10. “Fundei unha modesta produtora en Dakar, Filmi Domirev cuxos medios eran, e aínda son, extremadamente débiles. En coprodución con Les Actualités Françaises, dirixida por André Zwobada (un autor de Marrocos que dirixiu películas como La septième porte en 1947 e Capitaine Ardant en 1952), realicei entón Borom Sarret, a miña primeira curtametraxe de verdade. É a historia dun carreteiro que é, en certa medida, un taxista cun carro tirado por cabalos. Enfrontado a un rico cliente nun barrio residencial no que ese tipo de vehículos non pode entrar, un policía deteno, fai unha denuncia e apodérase do carro. (...) Por esta película conseguín o primeiro premio de obra no Festival de Tours en 1963” (GH1969).
  • 11. La Noire de… é un fito por ser a primeira longametraxe da historia rodada por un director subsahariano. Diouana é unha moza contratada en Dakar por un matrimonio francés para coidar dos seus fillos. Cando a familia volta á Riviera, ela acepta con entusiasmo a idea de vivir en Francia, mais decontado descobre que a súa nova función é exercer de asistenta e soportar desprezos. La Noire de… levou en 1966 o premio Jean Vigo.
  • 12. “Comecei a facer esta película sen a autorización do Centro Nacional do Cinema francés. Porén, precisaba tela por ser unha coprodución entre Domirev (Dakar) e Les Actualités Françaises. Estaba nun círculo vicioso pois non podía obter autorización porque non tiña o carné profesional xa que para obter un é necesario ter feito unha película ou ser axudante dunha (e non quería). Finalmente decatámonos de que presentando La Noire de... como curta (<60 minutos) sería máis doado regularizar a situación co CNC”. (GH1969)
  • 13. En 1968 Sembène roda a primeira longametraxe falada nunha lingua africana, o wolof: Mandabi, o relato da odisea de Ibrahim Dieng (Makhouredia Gueye) para cobrar un xiro postal que lle envía desde París o seu sobriño. Mandabi foi exhibida no Festival de Cinema de Venecia. “Cun anticipo das entradas do ministro Malraux puiden facer Mandabi. Respondo que efectivamente é unha contradición. Mais non tiven opción: entre dúas contradicións, hai que escoller o mal menor. Tiña dúas solucións: coller este diñeiro que me permitiu atopar un produtor francés e facer a miña película, ou non aceptar este diñeiro e non facela. É moi claro, moi sinxelo, igual que dous e dous suman catro”. (GH1969).
  • 14. En 1971 estreou Emitaï, outro berro contra a crueldade do réxime colonial que foi premiada no Festival de Moscú e no Fórum da Berlinale. “Quería opoñer a propensión dos homes á subordinación (ao amparo dos desexos do deus) ao forte desexo de resistencia humana das mulleres”. Entrevista de Guy Hennebelle en “Les Lettres Françaises”, número 1404, 1971. No sucesivo, GH1971.
  • 15. Xala (1974) é unha sátira que ironiza sobre a nova clase media africana, despreocupada polo ben alleo, a través da figura dun burgués musulmán que na noite do seu terceiro matrimonio se ve afectado de impotencia sexual. “A loita en Emitai era unha loita anticolonial, mais non tiña nada que ver cunha loita de clases. Xala é unha sorte de alegoría, ou máis ben unha fábula, máis accesíbel ao meu pobo a distintos niveis. Entre Emitai e Xala, vemos as dúas fases dunha loita: para comezar, a primeira loita violenta contra o colonialismo, despois, o inicio da loita de clases en África”. Entrevista de Noureddine Ghali en “Cinéma 76”, número 208, 1976.
  • 16. Ceddo (1976) foi prohibida en Senegal durante oito anos por razóns en teoría ortográficas: o goberno de Leopold Senghor aseguraba que o título debía escribirse cun só “d”. A realidade de fondo era outra: o filme é unha audaz crítica ao imperialismo relixioso, tanto o cristián coma -neste caso, sobre todo- o islámico. Foi iso, e non unha letra, o que lle meteu medo ao presidente. “Aínda que respecto a todas as persoas crentes, persoalmente opóñome a todas as relixións. Son opio. Isto é especialmente certo en Senegal”. (GH1971)
  • 17. Camp de Thiaroye, codirixida con Thierno Faty Sow, recibiu o Gran Premio Especial do Xurado no Festival de Venecia de 1987. O filme revisa un feito histórico: o motín dun grupo de soldados africanos que participaran na Segunda Guerra Mundial en protesta polas pésimas condicións de vida que tiñan no campamento do título, onde foran provisionalmente refuxiados á espera do seu traslado definitivo, e o posterior masacre perpetrado polas tropas francesas.
  • 18. Regresou á competición internacional de Venecia con Guelwaar (1992), outra sátira política e relixiosa que toma coma punto de partido o enterro dun cristián nun cemiterio islámico. Unha nova mostra do seu humor e humanismo ateo. “Ninguén é bo de todo nin malo de todo. Cada un toma o que quere e ninguén se preocupa por ninguén máis. En África non somos mellores nin peores que a xente doutros lugares. Mais non hai virtude na miseria e na pobreza”. Entrevista de Bernd Wolpert en EZEF, 1995.
  • 19. Convencido de que a liberación de África pasa pola liberación das mulleres, inicia unha nova etapa fílmica sobre o heroísmo do día a día arredor de espléndidos personaxes femininos. O primeiro froito é Faat Kiné (2000).
  • 20. En Moolaadé catro nenas evitan a salvaxe ablación refuxiándose na casa de Colle Ardo (Fatoumata Coulibaly), que as acolle e axuda. A súa acción pon en conflito dous valores tradicionais: a «purificación» pola vía da mutilación xenital fronte ao dereito ao asilo e protección. Foi o primeiro (e único) filme de Sembene que tivo distribución comercial en España, en parte grazas ao seu exitoso paso polo Festival de Cannes de 2004, onde levou o premio “Un certain regard”.
  • 21. Ousmane Sembene, figura de referencia dos cinemas africanos, faleceu en Dakar, Senegal, o 9 de xuño de 2007.
  • 22. André Zwobada, director e produtor (1910-1994)