SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 16
LOUREIRO Antonio Castroagudín (3ºB)
Loureiro Loureiro é unha pequena aldea pertencente á parroquia de Portela. Está situada entre os vales  dos ríos Vea e Gallo, ao lado da N-640, que remata en Carril. Loureiro, divídese en: Loureiro de  Abaixo e Loureiro de  Arriba. Limita coa aldea de Novás, tamén pertencente á parroquia  de Portela. Hai uns anos, a principal actividade económica era a gandería, pero hoxe en día só unhas poucas persoas contan con gando. Actualmente, Loureiro conta cuns noventa habitantes, dos cales a maioría son anciás e adultos. Só un rapaz de tres anos, que ten o honor de ser o habitante máis novo de Loureiro, dúas rapazas e máis eu temos menos de dezaoito anos de idade.
A capela da  Nosa Señora de Loreto , é o patrimonio arquitectónico máis valioso de Loureiro. Non se sabe con exactitude o ano da construción, pero si sabemos que é anterior ao 1600, como indica a data inscrita no retablo. Como se pode observar, á esquerda da capela hai unha especie de  cuberto, no que se atopa un altar que, segundo din os máis vellos do lugar, era onde antigamente se celebraba a misa. Na fachada da capela, vese unha ventá no que se atopa unha imaxe da Virxe. Arrodeando toda a capela e o campo do seu redor atópase un valo de pedra, tamén de moita antigüidade.  Conta a lenda, que a figura da Virxe de Loreto que está dentro da capela actualmente, apareceu unha noite de moita chuvia e vento onde hoxe está construída a capela, e que por iso está adicada a esta virxe. Loureiro: a igrexa
Loureiro: o cruceiro Este fermoso cruceiro atópase a uns dez metros da capela, situado nun pequeno outeiro, polo que está a certa altitude. Non se sabe con exactitude os anos que ten, pero si sabemos que é moi antigo, xa que todos os anciáns da aldea recordan dende pequenos o cruceiro. Está feito de pedra, como se pode observar, xa un pouco desgastada polo tempo.  Este cruceiro, consta dunha base, unha columna e arriba, unha cruz latina. O cruceiro mide aproximadamente uns 3 metros de altitude. Nas festas locais, celebradas o luns de Pascua, a procesión comeza na capela e pasa por este cruceiro, onde se rezan unhas pregarias á Virxe de Loreto, para despois dar volta e rematar a procesión de novo na capela.
Loureiro: as fontes En Loureiro, abundan as fontes, aínda que algunhas están máis conservadas que outras.  A primeira foto, corresponde á  fonte de San Roque , en Portela. Antigamente, toda a xente ía alí a coller auga para o uso doméstico , pero está practicamente en desuso. Está feita de pedra e, como se pode observar, ten a figura de San Roque encima, de aí o seu nome. A figura do Santo está xa moi desgastada, pois practicamente non se distingue a cabeza do resto do corpo. Aínda así, esta fonte ten un gran valor sentimental para a xente do lugar Na fotografía de abaixo, vese a  fonte da Ermida , en Loureiro de Abaixo, que se atopa en bastante bo estado, xa que foi restaurada pola Deputación no ano 1956.  Dende hai moitos anos e aínda hoxe, cando no verán nos quedamos sen auga, todos os aldeáns imos alí a coller auga, xa que é a fonte en mellor estado. Á dereita da fonte hai un lavadoiro,  que está en moi mal estado e, actualmente, non ten ningún uso.
Loureiro: os lavadoiros En Loureiro, abundan os lavadoiros, xa que antigamente eran moi usados polos veciños para lavar a roupa. Practicamente, había un por cada catro ou cinco casas, aínda que algúns foron derrubados para facer edificacións particulares. Na primeira fotografía vese un lavadoiro de pedra, moi ben conservado. Aínda que non se observa con claridade, está situado ao carón dun regato, como é lóxico, para que non haxa que transportar auga en distancias moi grandes. Na fotografía de abaixo, vese outro lavadoiro, aínda que este é máis recente, xa que unha parte está feita con cemento. Como ocorre co lavadoiro de arriba, tamén está situado ao carón dun regato, por propia comodidade.  Hoxe en día, ningún destes lavadoiros se utilizan, aínda que si teñen un bo estado de conservación.
Loureiro: o muíño do Soutiño Este muíño atópase no monte do Soutiño, escondido entre os frondosos castiñeiros e carballos que o arrodean, situado sobre o regato do Soutiño Antigamente, todos os veciños o usaban  para moer a fariña, pero agora, está abandonado e en desuso. Está feito de pedra, pero ten a porta de metal de cor verde, posta polas donos recentemente, o que lle quita bastante beleza. Como se ve na fotografía, o rodicio está moi desgastado, e enterrado baixo a area. Dentro do muíño, a pedra  onde se botaba o millo para moelo, consérvase bastante ben aínda que comeza a ser invadida por algunhas silvas e ramallos. Como non se limpe a finca na que se atopa, dentro duns anos será imposible acceder a este fermoso muíño, que será invadido pola maleza do monte.
Loureiro: montes e soutos Loureiro está rodeada de montes, soutos e carballeiras. Na primeira imaxe, vese o  monte do Soutiño , que está formado por castiñeiros e carballos, polo que se pode dicir que é un bosque autóctono galego. Está situado ao sur da aldea, e nel atópase o muíño no que antigamente se moía o millo. Na segunda imaxe, vese o  Souto do Campo , o lugar preferido dos rapaces para apañar nas castañas. Todos os castiñeiros que alí se atopan teñen moitos anos, xa que ata o máis vello da aldea os recorda de pequeno. A parte de soutos e carballeiras, tamén hai algunha árbore centenaria, como o  carballo de Oscar , que conta cuns cento cincuenta anos de antigüidade.
Loureiro: os hórreos Antigamente, os hórreos eran usados para gardar o millo que se recollía, polo que son moi abundantes. Na primeira fotografía vese un hórreo de madeira, bastante mal conservado, xa que non se restaurou e a madeira está podre. Ten unha parte de ladrillo, que o afea bastante. O tellado é de tella, cuberta de musgo polo paso do tempo. Debido ao seu estado, este hórreo non se usa dende xa hai moitos anos. Sen embargo, na imaxe de abaixo vese un hórreo tamén de madeira, pero en mellor estado, polo que se segue utilizando para gardar o millo e, como se pode ver na imaxe, para gardar a leña. Ten o tellado a dúas augas de uralita .  Os piares sobre os que se levanta o hórreo son de pedra, polo que ten máis beleza que, por exemplo, o hórreo de arriba, que conta con unha parte de ladrillo.
Loureiro: os alpendres Os alpendres son unha especie de cubertos nos que antigamente se gardaba os arados, como se pode ver na imaxe, leña ou incluso toxos para botarlle ás vacas. O alpendre da imaxe está moi deteriorado, como todos os que aínda quedan. A madeira está podre, e as trabes que suxeitan o tellado, feito a dúas augas e de tella, tamén están en mal estado, polo que en calquera momento se pode vir abaixo. Na actualidade, estes alpendres non se usan, como indica o seu lamentable estado. Moitos deles serán derrubados polos propietarios , xa que non lle dan ningunha utilidade e o único que fan e ocupar terreo.  Os poucos alpendres que quedan na aldea encóntranse en casas abandonadas, de aí o seu estado de abandono .
Loureiro: a gandería En Loureiro, unha das principais actividades económicas sempre foi a gandería, tanto de vacas como de ovellas. Con estes animais, a xente obtiña carne para o seu consumo, leite e queixo para vender e, ademais, ao pacer, limpaban a leira deixando a herba corta, polo que xa non facía falta segala. Non obstante, hoxe en día só dúas ou tres familias contan con gando, sexa bovino ou ovino, pois os beneficios son case nulos. Na fotografía de arriba, vese un dos poucos rabaños de ovellas que quedan na aldea. A xente que ten ovellas, máis que nada quérenas para que pazan nas veigas e así non ter que segalas. Na imaxe de abaixo vese unha vaca, unha das poucas que quedan en Loureiro. O seu uso é practicamente  o mesmo que o das ovellas, aínda que os donos lle sacan máis proveito, xa que dela obteñen leite co que poden facer queixo e vendelo, ademais de obter carne para o consumo propio.
Loureiro: a agricultura A agricultura sempre foi outra das actividades económicas máis importantes en Loureiro. A maioría dos habitantes da aldea dispoñen dunha horta ao lado da casa, na que teñen leitugas, tomates, pementos, etc., ademais de outras veigas máis grandes nas que plantan millo, por exemplo. A recollida do millo faise nos meses de novembro ou decembro.  As persoas que teñen millo, poden facer a recolleita de xeito manual, como se ve nas dúas primeiras imaxes, nas que os veciños da aldea se xuntan e todos axudan a recoller o millo dos demais. Para apañar as espigas úsase un  esfolladeiro , que é un pequeno aparello parecido a unha tesoira co que é máis doado sacar a espiga. Por desgraza, esta práctica é cada vez menos común e estase vendo substituída pola que se fai con tractores, que supón moito menos traballo para o propietario da veiga.
Loureiro: a casa que máis me gusta Elixín esta casa porque é a que máis me gusta e penso que é a que máis se integra no medio.  Está feita de pedra do país, e ten o tellado a dúas augas de tella.  Pola fachada ten uns ventanais bastantes grandes, o que fai que a casa sexa soleada. Conta con un corredor que discorre dunha punta á outra da casa, adornada cun pasamáns de madeira. A  casa conta con dúas chemineas, tamén feitas con pedra, que non son excesivamente grandes, polo que non destacan negativamente na casa. Ao redor da vivenda hai un bonito xardín con diversos arbustos e plantas, ademais dunha especie de soportal para tomar o sol. Este xardín tamén conta cunha pequena piscina, aínda que non se pode apreciar na imaxe. Esta vivenda non é unha casa restaurada, pero os donos quixeron facer unha casa o máis parecida posible a unha típica galega, de aí que estea feita de pedra do país e non sexa excesivamente grande.
Loureiro: a casa que menos me gusta Esta é a casa que menos me gusta, porque penso que non se integra ben no medio. A vivenda está feita con ladrillo, pintado dun amarelo claro e, na parte máis próxima ao chan, de cor carne. Ten poucas ventás, e todas elas recubertas de aluminio. Posúe un balcón que comeza nunha punta e acaba na outra en forma de escaleiras, protexidas por un pasamáns, tamén de aluminio. Na fachada da vivenda, hai un garaxe con un portal branco, o que destaca negativamente.  O tellado é a catro augas de tella, cunha cheminea da mesma cor que a casa. O feito de que estea feita con materiais que non son propios da zona, de estar mal orientada e ter ao lado a casa que citei na diapositiva anterior, fai que esta casa destaque negativamente no conxunto.
Loureiro: os lugares de reunión A escola de Portela é  o principal lugar de reunión dos mozos, adultos e anciáns de Loureiro. Nesta escola, reúnense as anciás da aldea para facer manualidades (como se ve na imaxe). Nestas clases decoran dende floreiros ata bonecas, feitas por elas mesmas; tamén hai reunións da  Asociación de Veciños  para tratar os temas que lle preocupan á aldea e, por último, este tamén é o lugar de encontro dos rapaces, e xa non tan rapaces, xa que hai un ordenador, unha televisión e uns cantos sofás. Aínda que a escola é o principal lugar de encontro, non é o único, xa que moitas reunións entre os veciños son na capela, e os rapaces, tamén se reúnen no souto do Campo.
Loureiro: o meu recuncho preferido Este é o meu recuncho preferido de Loureiro. Nel síntome mellor e aliviado, como se as árbores me desen tranquilidade. É un souto, no que hai uns frondosos castiñeiros con bastantes anos, aínda que non chegan a ser centenarios. No verán paso moito tempo alí cos amigos, xa que hai sombra e resgardámonos da calor. Ademais, podémonos deitar tranquilamente na herba apoiándonos nunha árbore e falar, durmir, pensar…  No outono, ademais de estar á sombra, tamén teño castañas ciscadas por todos os lados, polo que me distraio e divírtome apañándoas, a parte de comelas, claro . Nesta estación, tanto vellos coma novos imos ao souto para apañar nas castañas.

Mais conteúdo relacionado

Mais procurados

Mais procurados (6)

Gontade
GontadeGontade
Gontade
 
Guimarei
GuimareiGuimarei
Guimarei
 
Memoria 16 17
Memoria 16 17Memoria 16 17
Memoria 16 17
 
Arcos De Furco
Arcos De FurcoArcos De Furco
Arcos De Furco
 
APROXIMACIÓN AOS VALORES DO RÍO ZAMÁNS no PEGO NEGRO
APROXIMACIÓN AOS VALORES DO RÍO ZAMÁNS no PEGO NEGROAPROXIMACIÓN AOS VALORES DO RÍO ZAMÁNS no PEGO NEGRO
APROXIMACIÓN AOS VALORES DO RÍO ZAMÁNS no PEGO NEGRO
 
Andainas pola contorna
Andainas pola contornaAndainas pola contorna
Andainas pola contorna
 

Destaque (6)

Exposición Museo (novembro)
Exposición Museo (novembro)Exposición Museo (novembro)
Exposición Museo (novembro)
 
Vanesa Trasponte
Vanesa TrasponteVanesa Trasponte
Vanesa Trasponte
 
Cuntis, O Baño
Cuntis, O BañoCuntis, O Baño
Cuntis, O Baño
 
O Casal (Estacas)
O Casal (Estacas)O Casal (Estacas)
O Casal (Estacas)
 
Xinzo
XinzoXinzo
Xinzo
 
A ESCOLA DA DITADURA
A ESCOLA DA DITADURAA ESCOLA DA DITADURA
A ESCOLA DA DITADURA
 

Semelhante a Loureiro. Antonio CastroagudíN

Proxecto Ríos: muíños da comarca .pdf
Proxecto Ríos: muíños da comarca .pdfProxecto Ríos: muíños da comarca .pdf
Proxecto Ríos: muíños da comarca .pdfCruz902958
 
O turismo en A Bacariza. Marta 3ºB
O turismo en A Bacariza. Marta 3ºBO turismo en A Bacariza. Marta 3ºB
O turismo en A Bacariza. Marta 3ºBmarloga
 
Edac muinhos
Edac muinhosEdac muinhos
Edac muinhossatelite1
 
As Casas Tradicionais Galegas
As Casas Tradicionais GalegasAs Casas Tradicionais Galegas
As Casas Tradicionais GalegasBergantera
 
Muíños de marea
Muíños de mareaMuíños de marea
Muíños de mareamonadela
 
Toponimia dos barrios da Coruña (Elviña, Birloque, Martinete, Feáns, Mesoiro)
Toponimia dos barrios da Coruña (Elviña, Birloque, Martinete, Feáns, Mesoiro)Toponimia dos barrios da Coruña (Elviña, Birloque, Martinete, Feáns, Mesoiro)
Toponimia dos barrios da Coruña (Elviña, Birloque, Martinete, Feáns, Mesoiro)Agrela Elvixeo
 
Vivendapopular 100411143109-phpapp02
Vivendapopular 100411143109-phpapp02Vivendapopular 100411143109-phpapp02
Vivendapopular 100411143109-phpapp02LOPEZMOURENZA
 
Vivendapopular 100411143109-phpapp02
Vivendapopular 100411143109-phpapp02Vivendapopular 100411143109-phpapp02
Vivendapopular 100411143109-phpapp02LOPEZMOURENZA
 
Arquiitectura dos ríos do noso concello
Arquiitectura dos ríos do noso concelloArquiitectura dos ríos do noso concello
Arquiitectura dos ríos do noso concelloxistina
 
Arquiitectura dos ríos do noso concello
Arquiitectura dos ríos do noso concelloArquiitectura dos ríos do noso concello
Arquiitectura dos ríos do noso concelloxistina
 
San SandurniñO
San SandurniñOSan SandurniñO
San SandurniñOInesytta
 
Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)monadela
 

Semelhante a Loureiro. Antonio CastroagudíN (20)

Proxecto Ríos: muíños da comarca .pdf
Proxecto Ríos: muíños da comarca .pdfProxecto Ríos: muíños da comarca .pdf
Proxecto Ríos: muíños da comarca .pdf
 
Touro
TouroTouro
Touro
 
Magán
MagánMagán
Magán
 
O turismo en A Bacariza. Marta 3ºB
O turismo en A Bacariza. Marta 3ºBO turismo en A Bacariza. Marta 3ºB
O turismo en A Bacariza. Marta 3ºB
 
A NOSA VILA: BUEU
A NOSA VILA: BUEUA NOSA VILA: BUEU
A NOSA VILA: BUEU
 
Santa Euxea
Santa EuxeaSanta Euxea
Santa Euxea
 
Edac muinhos
Edac muinhosEdac muinhos
Edac muinhos
 
Os muíños
Os muíñosOs muíños
Os muíños
 
As Casas Tradicionais Galegas
As Casas Tradicionais GalegasAs Casas Tradicionais Galegas
As Casas Tradicionais Galegas
 
Muíños de marea
Muíños de mareaMuíños de marea
Muíños de marea
 
Toponimia dos barrios da Coruña (Elviña, Birloque, Martinete, Feáns, Mesoiro)
Toponimia dos barrios da Coruña (Elviña, Birloque, Martinete, Feáns, Mesoiro)Toponimia dos barrios da Coruña (Elviña, Birloque, Martinete, Feáns, Mesoiro)
Toponimia dos barrios da Coruña (Elviña, Birloque, Martinete, Feáns, Mesoiro)
 
Vivendapopular 100411143109-phpapp02
Vivendapopular 100411143109-phpapp02Vivendapopular 100411143109-phpapp02
Vivendapopular 100411143109-phpapp02
 
Vivendapopular 100411143109-phpapp02
Vivendapopular 100411143109-phpapp02Vivendapopular 100411143109-phpapp02
Vivendapopular 100411143109-phpapp02
 
Arquiitectura dos ríos do noso concello
Arquiitectura dos ríos do noso concelloArquiitectura dos ríos do noso concello
Arquiitectura dos ríos do noso concello
 
Arquiitectura dos ríos do noso concello
Arquiitectura dos ríos do noso concelloArquiitectura dos ríos do noso concello
Arquiitectura dos ríos do noso concello
 
Baixo Miño
Baixo MiñoBaixo Miño
Baixo Miño
 
Viaxe pola nosa historia
Viaxe pola nosa historiaViaxe pola nosa historia
Viaxe pola nosa historia
 
San SandurniñO
San SandurniñOSan SandurniñO
San SandurniñO
 
Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)
 
Formas tradicionais da cerámica popular Terra Chá Bonxe
Formas tradicionais da cerámica popular Terra Chá BonxeFormas tradicionais da cerámica popular Terra Chá Bonxe
Formas tradicionais da cerámica popular Terra Chá Bonxe
 

Mais de Heladio Anxo Fernández (19)

A Segunda Guerra Mundial
A Segunda Guerra MundialA Segunda Guerra Mundial
A Segunda Guerra Mundial
 
Eva Gesto.key
Eva Gesto.keyEva Gesto.key
Eva Gesto.key
 
A grande guerra
A grande guerraA grande guerra
A grande guerra
 
Marina Ferreiro Fernández
Marina Ferreiro FernándezMarina Ferreiro Fernández
Marina Ferreiro Fernández
 
Sabina sanmartín
Sabina sanmartínSabina sanmartín
Sabina sanmartín
 
Prexuízos_contra_o_galego_
Prexuízos_contra_o_galego_Prexuízos_contra_o_galego_
Prexuízos_contra_o_galego_
 
Manuel correa
Manuel correaManuel correa
Manuel correa
 
Dinora Campos
Dinora CamposDinora Campos
Dinora Campos
 
Manuel Reboredo e Benjamín Rey
Manuel Reboredo e Benjamín ReyManuel Reboredo e Benjamín Rey
Manuel Reboredo e Benjamín Rey
 
O liño
O liñoO liño
O liño
 
Historia de vida: Asunción e Xulia
Historia de vida: Asunción e XuliaHistoria de vida: Asunción e Xulia
Historia de vida: Asunción e Xulia
 
MediacióN Pasos
MediacióN PasosMediacióN Pasos
MediacióN Pasos
 
1ºTrimestre Actividades Biblioteca 09 10
1ºTrimestre Actividades Biblioteca 09 101ºTrimestre Actividades Biblioteca 09 10
1ºTrimestre Actividades Biblioteca 09 10
 
II República (1931-1936)
II República (1931-1936)II República (1931-1936)
II República (1931-1936)
 
Alexandría (un pouco de historia)
Alexandría (un pouco de historia)Alexandría (un pouco de historia)
Alexandría (un pouco de historia)
 
As Nosas Avoas
As Nosas AvoasAs Nosas Avoas
As Nosas Avoas
 
Matanza
MatanzaMatanza
Matanza
 
A CastañA
A CastañAA CastañA
A CastañA
 
Auga Para Vivir
Auga Para VivirAuga Para Vivir
Auga Para Vivir
 

Loureiro. Antonio CastroagudíN

  • 2. Loureiro Loureiro é unha pequena aldea pertencente á parroquia de Portela. Está situada entre os vales dos ríos Vea e Gallo, ao lado da N-640, que remata en Carril. Loureiro, divídese en: Loureiro de Abaixo e Loureiro de Arriba. Limita coa aldea de Novás, tamén pertencente á parroquia de Portela. Hai uns anos, a principal actividade económica era a gandería, pero hoxe en día só unhas poucas persoas contan con gando. Actualmente, Loureiro conta cuns noventa habitantes, dos cales a maioría son anciás e adultos. Só un rapaz de tres anos, que ten o honor de ser o habitante máis novo de Loureiro, dúas rapazas e máis eu temos menos de dezaoito anos de idade.
  • 3. A capela da Nosa Señora de Loreto , é o patrimonio arquitectónico máis valioso de Loureiro. Non se sabe con exactitude o ano da construción, pero si sabemos que é anterior ao 1600, como indica a data inscrita no retablo. Como se pode observar, á esquerda da capela hai unha especie de cuberto, no que se atopa un altar que, segundo din os máis vellos do lugar, era onde antigamente se celebraba a misa. Na fachada da capela, vese unha ventá no que se atopa unha imaxe da Virxe. Arrodeando toda a capela e o campo do seu redor atópase un valo de pedra, tamén de moita antigüidade. Conta a lenda, que a figura da Virxe de Loreto que está dentro da capela actualmente, apareceu unha noite de moita chuvia e vento onde hoxe está construída a capela, e que por iso está adicada a esta virxe. Loureiro: a igrexa
  • 4. Loureiro: o cruceiro Este fermoso cruceiro atópase a uns dez metros da capela, situado nun pequeno outeiro, polo que está a certa altitude. Non se sabe con exactitude os anos que ten, pero si sabemos que é moi antigo, xa que todos os anciáns da aldea recordan dende pequenos o cruceiro. Está feito de pedra, como se pode observar, xa un pouco desgastada polo tempo. Este cruceiro, consta dunha base, unha columna e arriba, unha cruz latina. O cruceiro mide aproximadamente uns 3 metros de altitude. Nas festas locais, celebradas o luns de Pascua, a procesión comeza na capela e pasa por este cruceiro, onde se rezan unhas pregarias á Virxe de Loreto, para despois dar volta e rematar a procesión de novo na capela.
  • 5. Loureiro: as fontes En Loureiro, abundan as fontes, aínda que algunhas están máis conservadas que outras. A primeira foto, corresponde á fonte de San Roque , en Portela. Antigamente, toda a xente ía alí a coller auga para o uso doméstico , pero está practicamente en desuso. Está feita de pedra e, como se pode observar, ten a figura de San Roque encima, de aí o seu nome. A figura do Santo está xa moi desgastada, pois practicamente non se distingue a cabeza do resto do corpo. Aínda así, esta fonte ten un gran valor sentimental para a xente do lugar Na fotografía de abaixo, vese a fonte da Ermida , en Loureiro de Abaixo, que se atopa en bastante bo estado, xa que foi restaurada pola Deputación no ano 1956. Dende hai moitos anos e aínda hoxe, cando no verán nos quedamos sen auga, todos os aldeáns imos alí a coller auga, xa que é a fonte en mellor estado. Á dereita da fonte hai un lavadoiro, que está en moi mal estado e, actualmente, non ten ningún uso.
  • 6. Loureiro: os lavadoiros En Loureiro, abundan os lavadoiros, xa que antigamente eran moi usados polos veciños para lavar a roupa. Practicamente, había un por cada catro ou cinco casas, aínda que algúns foron derrubados para facer edificacións particulares. Na primeira fotografía vese un lavadoiro de pedra, moi ben conservado. Aínda que non se observa con claridade, está situado ao carón dun regato, como é lóxico, para que non haxa que transportar auga en distancias moi grandes. Na fotografía de abaixo, vese outro lavadoiro, aínda que este é máis recente, xa que unha parte está feita con cemento. Como ocorre co lavadoiro de arriba, tamén está situado ao carón dun regato, por propia comodidade. Hoxe en día, ningún destes lavadoiros se utilizan, aínda que si teñen un bo estado de conservación.
  • 7. Loureiro: o muíño do Soutiño Este muíño atópase no monte do Soutiño, escondido entre os frondosos castiñeiros e carballos que o arrodean, situado sobre o regato do Soutiño Antigamente, todos os veciños o usaban para moer a fariña, pero agora, está abandonado e en desuso. Está feito de pedra, pero ten a porta de metal de cor verde, posta polas donos recentemente, o que lle quita bastante beleza. Como se ve na fotografía, o rodicio está moi desgastado, e enterrado baixo a area. Dentro do muíño, a pedra onde se botaba o millo para moelo, consérvase bastante ben aínda que comeza a ser invadida por algunhas silvas e ramallos. Como non se limpe a finca na que se atopa, dentro duns anos será imposible acceder a este fermoso muíño, que será invadido pola maleza do monte.
  • 8. Loureiro: montes e soutos Loureiro está rodeada de montes, soutos e carballeiras. Na primeira imaxe, vese o monte do Soutiño , que está formado por castiñeiros e carballos, polo que se pode dicir que é un bosque autóctono galego. Está situado ao sur da aldea, e nel atópase o muíño no que antigamente se moía o millo. Na segunda imaxe, vese o Souto do Campo , o lugar preferido dos rapaces para apañar nas castañas. Todos os castiñeiros que alí se atopan teñen moitos anos, xa que ata o máis vello da aldea os recorda de pequeno. A parte de soutos e carballeiras, tamén hai algunha árbore centenaria, como o carballo de Oscar , que conta cuns cento cincuenta anos de antigüidade.
  • 9. Loureiro: os hórreos Antigamente, os hórreos eran usados para gardar o millo que se recollía, polo que son moi abundantes. Na primeira fotografía vese un hórreo de madeira, bastante mal conservado, xa que non se restaurou e a madeira está podre. Ten unha parte de ladrillo, que o afea bastante. O tellado é de tella, cuberta de musgo polo paso do tempo. Debido ao seu estado, este hórreo non se usa dende xa hai moitos anos. Sen embargo, na imaxe de abaixo vese un hórreo tamén de madeira, pero en mellor estado, polo que se segue utilizando para gardar o millo e, como se pode ver na imaxe, para gardar a leña. Ten o tellado a dúas augas de uralita . Os piares sobre os que se levanta o hórreo son de pedra, polo que ten máis beleza que, por exemplo, o hórreo de arriba, que conta con unha parte de ladrillo.
  • 10. Loureiro: os alpendres Os alpendres son unha especie de cubertos nos que antigamente se gardaba os arados, como se pode ver na imaxe, leña ou incluso toxos para botarlle ás vacas. O alpendre da imaxe está moi deteriorado, como todos os que aínda quedan. A madeira está podre, e as trabes que suxeitan o tellado, feito a dúas augas e de tella, tamén están en mal estado, polo que en calquera momento se pode vir abaixo. Na actualidade, estes alpendres non se usan, como indica o seu lamentable estado. Moitos deles serán derrubados polos propietarios , xa que non lle dan ningunha utilidade e o único que fan e ocupar terreo. Os poucos alpendres que quedan na aldea encóntranse en casas abandonadas, de aí o seu estado de abandono .
  • 11. Loureiro: a gandería En Loureiro, unha das principais actividades económicas sempre foi a gandería, tanto de vacas como de ovellas. Con estes animais, a xente obtiña carne para o seu consumo, leite e queixo para vender e, ademais, ao pacer, limpaban a leira deixando a herba corta, polo que xa non facía falta segala. Non obstante, hoxe en día só dúas ou tres familias contan con gando, sexa bovino ou ovino, pois os beneficios son case nulos. Na fotografía de arriba, vese un dos poucos rabaños de ovellas que quedan na aldea. A xente que ten ovellas, máis que nada quérenas para que pazan nas veigas e así non ter que segalas. Na imaxe de abaixo vese unha vaca, unha das poucas que quedan en Loureiro. O seu uso é practicamente o mesmo que o das ovellas, aínda que os donos lle sacan máis proveito, xa que dela obteñen leite co que poden facer queixo e vendelo, ademais de obter carne para o consumo propio.
  • 12. Loureiro: a agricultura A agricultura sempre foi outra das actividades económicas máis importantes en Loureiro. A maioría dos habitantes da aldea dispoñen dunha horta ao lado da casa, na que teñen leitugas, tomates, pementos, etc., ademais de outras veigas máis grandes nas que plantan millo, por exemplo. A recollida do millo faise nos meses de novembro ou decembro. As persoas que teñen millo, poden facer a recolleita de xeito manual, como se ve nas dúas primeiras imaxes, nas que os veciños da aldea se xuntan e todos axudan a recoller o millo dos demais. Para apañar as espigas úsase un esfolladeiro , que é un pequeno aparello parecido a unha tesoira co que é máis doado sacar a espiga. Por desgraza, esta práctica é cada vez menos común e estase vendo substituída pola que se fai con tractores, que supón moito menos traballo para o propietario da veiga.
  • 13. Loureiro: a casa que máis me gusta Elixín esta casa porque é a que máis me gusta e penso que é a que máis se integra no medio. Está feita de pedra do país, e ten o tellado a dúas augas de tella. Pola fachada ten uns ventanais bastantes grandes, o que fai que a casa sexa soleada. Conta con un corredor que discorre dunha punta á outra da casa, adornada cun pasamáns de madeira. A casa conta con dúas chemineas, tamén feitas con pedra, que non son excesivamente grandes, polo que non destacan negativamente na casa. Ao redor da vivenda hai un bonito xardín con diversos arbustos e plantas, ademais dunha especie de soportal para tomar o sol. Este xardín tamén conta cunha pequena piscina, aínda que non se pode apreciar na imaxe. Esta vivenda non é unha casa restaurada, pero os donos quixeron facer unha casa o máis parecida posible a unha típica galega, de aí que estea feita de pedra do país e non sexa excesivamente grande.
  • 14. Loureiro: a casa que menos me gusta Esta é a casa que menos me gusta, porque penso que non se integra ben no medio. A vivenda está feita con ladrillo, pintado dun amarelo claro e, na parte máis próxima ao chan, de cor carne. Ten poucas ventás, e todas elas recubertas de aluminio. Posúe un balcón que comeza nunha punta e acaba na outra en forma de escaleiras, protexidas por un pasamáns, tamén de aluminio. Na fachada da vivenda, hai un garaxe con un portal branco, o que destaca negativamente. O tellado é a catro augas de tella, cunha cheminea da mesma cor que a casa. O feito de que estea feita con materiais que non son propios da zona, de estar mal orientada e ter ao lado a casa que citei na diapositiva anterior, fai que esta casa destaque negativamente no conxunto.
  • 15. Loureiro: os lugares de reunión A escola de Portela é o principal lugar de reunión dos mozos, adultos e anciáns de Loureiro. Nesta escola, reúnense as anciás da aldea para facer manualidades (como se ve na imaxe). Nestas clases decoran dende floreiros ata bonecas, feitas por elas mesmas; tamén hai reunións da Asociación de Veciños para tratar os temas que lle preocupan á aldea e, por último, este tamén é o lugar de encontro dos rapaces, e xa non tan rapaces, xa que hai un ordenador, unha televisión e uns cantos sofás. Aínda que a escola é o principal lugar de encontro, non é o único, xa que moitas reunións entre os veciños son na capela, e os rapaces, tamén se reúnen no souto do Campo.
  • 16. Loureiro: o meu recuncho preferido Este é o meu recuncho preferido de Loureiro. Nel síntome mellor e aliviado, como se as árbores me desen tranquilidade. É un souto, no que hai uns frondosos castiñeiros con bastantes anos, aínda que non chegan a ser centenarios. No verán paso moito tempo alí cos amigos, xa que hai sombra e resgardámonos da calor. Ademais, podémonos deitar tranquilamente na herba apoiándonos nunha árbore e falar, durmir, pensar… No outono, ademais de estar á sombra, tamén teño castañas ciscadas por todos os lados, polo que me distraio e divírtome apañándoas, a parte de comelas, claro . Nesta estación, tanto vellos coma novos imos ao souto para apañar nas castañas.