SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 13
Baixar para ler offline
GONTADE




          Noelia Iglesias (3ºB)
Gontade

      Gontade é unha aldea con dezaseis
          veciños, pertencente a parroquia de
          San Mamede de Piñeiro. Está formada
          por casas bonitas que destacan no
          conxunto, pero tamén por casas
          antigas e abandonadas dende fai
          tempo.
      Unha cualidade da miña aldea é que hai
          moita auga xa que aquí temos
          bastantes fontes.
      A casa máis fea que hai en Gontade é unha
          casa abandonada. Antes está casa
          estaba habitada por xente que marchou
          dela, cando foi traballar para Arxentina.
          A casa que máis destaca no conxunto,
          está feita de pedra, ten xardín , e unha
          piscina.
      Gontade está situada na ladeira do monte
          Xesteiras. A miña aldea ten bastantes
          árbores. Entre eles destacan: piñeiros,
          eucaliptos, carballos e castiñeiros.
      As casas están divididas en dous grupos:
          Nun grupo hai dez casas e noutro seis
          casas. No meu lugar aínda se traballa
          na agricultura e hai algúns animais
          como vacas, ovellas e galiñas.
As casas




A casa da esquerda é unha casa antiga restaurada. Esta casa non é que me guste moito, pero é a
    que mellor encaixa no grupo de casas da aldea, porque é antiga é esta feita con pedra do país,
    aínda que lle fixeron algunhas reformas e puxerónlle doutra pedra.
A casa da dereita non me gusta porque por un lado ten uralita pegada na parede para que non lle
    entre a humidade. Polo outro lado está pintada.
As casas




A casa da esquerda é a que máis me gusta da aldea, aínda que non encaixa moito no coxuntos das
    outras casas, porque é unha casa nova que aínda hai pouco que está feita. Como se pode ver a
    pedra non é igual que a das casas antigas. O tellado está feito de pizarra, non con tellas do país,
    como teñen a maioría das casas da aldea.
A casa da dereita é unha das casa abandonadas, en ruínas. Os seus donos marcharon hai moito
    tempo para Arxentina e non regresaron.
O hórreo


           Este hórreo está feito de pedra e
              madeira. O tellado ten tella do país.
              Nas dúas puntas do tellado ten
              dous remates moi bonitos, un é
              unha cruz que está por riba da
              porta do hórreo.
           A pedra fíxoa o avó da miña bisavoa, o
              mesmo que fixo o pozo, polo tanto
              debe de ter máis de dous séculos,
              igual que o pozo. As madeiras
              fixoas   meu    bisavó   (chámanse
              duelas do hórreo). O hórreo serve
              para gardar o millo, despois de que
              se colleita, porque o millo cando se
              recolle, non está ben curado. No
              hórreo cúrase ben para despois
              poder moelo no muíño.
As fontes
     A fonte de arriba é a do Souto. Fíxoa
         un veciño que xa fai anos que
         morreu,    chamábase      Enrique
         Torres.    Está     fonte     está
         abandonada. Antes era onde
         viñan lavar a roupa as mulleres
         da aldea, xa que nas casas non
         había auga. Tamén ían buscar
         auga para beber, cociñar e lavar.
     Agora queren restaurala , xa que é a
         única fonte antiga que temos na
         aldea. Na pedra onde está o cano
         ten gravados o xugo e as frechas
         do escudo da Falange.
     Ten catro pías, como se ve na foto, e
         dous lavadoiros para lavar a
         roupa.

     A fonte de abaixo, chámanlle a fonte
        da Penaranda. Esta é unha fonte
        moi boa, con auga abundante.
        Está no camiño que vai para o
        Xesteiras
O pozo de Gontade
           Antes collíase auga neste pozo, o único
           de Gontade, porque antigamente non
           había auga da traída, entón collían aquí
           auga para cociñar, lavar e para os
           animais.
           Para facelo, tiveron que ir ó monte
           Xesteiras, buscar as pedras cun carro
           tirado por bois e tíñanas que cargar á
           man. Unha vez que as tiñan na casa,
           traballábanas á man con ciceis e un
           martelo, ata darlle a forma que querían,
           así foi como fixeron os aneis do pozo.
           Este pozo foi obra do avó da miña
           bisavoa ( chamábase Manuel Magán)
           que era moi bo canteiro. Tivo que facer o
           buraco do pozo, todo á man, cun pico
           unha picaraña e unha pá. O pozo ten
           once metros de fondo.
           Unha vez feito o buraco, colocoulle os
           aneis de pedra. Despois fixolle unha
           tapa de madeira . O ferreiro fixolle un
           arco de ferro, onde lle colocou unha
           roldana enganchanda cuns arames.
           Logo, pasou unha corda pola roldana e
           colgoulle un caldeiro de cinc, que
           pesaba moito. Así, cando soltaba a
           corda, o caldeiro ía parar ó fondo do
           pozo. Despois cando tiraba da corda,
           saía o caldeiro cheo de auga.
Un arado antigo


           Este aparello que vemos na foto é un
               arado antigo, que servía para
               labrar a terra. Tiraban por él dúas
               vacas e ía unha persoa detrás
               agarrándoo, así era como se
               facían os regos que antigamente
               eran nomeados como sucos. Así
               traballaban a terra para despois
               sementala.
           Este arado está feito de madeira e na
              punta ten un ferro en forma de pá.
              Despois deste arado fixeron outro
              mellor, que era todo de ferro pero
              tamén tiña que ser tirado por
              vacas, era parecido ó que teñen
              agora os tractores.
           Este arado de madeira fíxoo o meu
               bisavó que era carpinteiro.
               Chamábase Ramón Torres.
Un pote antigo




         Este pote está feito de ferro e pesa moito.
             Antes cocíanlle aquí a comida ós
             porcos.
         Noutro coma este, máis pequeño, era
            onde facían a comida antigamente,
            facíana nunha lareira de pedra e
            poñíanlle por abaixo uns ferros en
            forma de triángulo que se chamaba
            trespés porque tiña tres pés. Por
            abaixo facíanlle o lume para quentar o
            pote.
A carballeira do Porto do Laxo




                    En Gontade temos esta carballeira,
                       que ten moitos carballos e moi
                       antigos, pois teñen máis de dous
                       séculos.
                    Chámase carballeira do Porto do
                       Laxo porque o conxunto de casas
                       a carón dela chámase Porto do
                       Laxo, pero é todo a mesma aldea,
                       Gontade.
                    Está moi descoidada, os carballos
                        levan moitos anos sen derramar,
                        por iso non se ven ben. A ver se
                        agora os derraman e limpan un
                        pouco a carballeira.
A explotación da madeira




               No monte Xesteiras hai moitos piñeiros e
                  eucaliptos que son explotados pola
                  Comunidade de Montes de Gontade.
               Aquí nesta foto vese a madeira cortada de
                  eucalipto. Tamén se ven os piñeiros
                  que están verdes.
O monte Xesteiras

           Este é o monte Xesteiras.Como se ve, ó
               seu pé está a aldea de Gontade.
           Este Monte mide 710 m de altura. Desde o
               seu cume ten moi boas vistas, vese
               todo Cuntis, Santiago e moitos máis
               sitios. No cume hai varias antenas ,
               coma a de Retegal, (que é a de Radio
               Televisión de Galicia). Tamén hai
               outras de móbiles, unha caseta onde
               antes miraban dende alí se había lume
               nalgún sitio do monte. Ten moitos
               piñeiros e eucaliptos. Tamén destacan
               algúns outeiros moi grandes.
A Pedra da Aguia e a Casa dos Soldados




A Pedra da Aguia e a Casa dos Soldados son dúas formacións rochosas moi espectaculares que
   se atopana subindo cara o cume do Xesteiras.
A pedra da Aguia din que ten forma de aguia. Está cerca das antenas. Fai de marco onde se
   divide o monte Xesteiras, entre San Mamede, Couselo e Portela.
A Casa dos Soldados é outro outeiro grande que está cerca da pedra Daguia. Chámase así
   porque ten moitos buracos é pódese entrar dentro da pedra por un deles.

Mais conteúdo relacionado

Destaque (20)

Xinzo
XinzoXinzo
Xinzo
 
Historia de vida: Asunción e Xulia
Historia de vida: Asunción e XuliaHistoria de vida: Asunción e Xulia
Historia de vida: Asunción e Xulia
 
Magán
MagánMagán
Magán
 
Mesego E Zoo
Mesego E ZooMesego E Zoo
Mesego E Zoo
 
Sabina sanmartín
Sabina sanmartínSabina sanmartín
Sabina sanmartín
 
Matanza
MatanzaMatanza
Matanza
 
A CastañA
A CastañAA CastañA
A CastañA
 
Iª exposición fqf
Iª exposición fqfIª exposición fqf
Iª exposición fqf
 
Manuel correa
Manuel correaManuel correa
Manuel correa
 
O liño
O liñoO liño
O liño
 
Dinora Campos
Dinora CamposDinora Campos
Dinora Campos
 
Manuel Reboredo e Benjamín Rey
Manuel Reboredo e Benjamín ReyManuel Reboredo e Benjamín Rey
Manuel Reboredo e Benjamín Rey
 
O Casal (Estacas)
O Casal (Estacas)O Casal (Estacas)
O Casal (Estacas)
 
Loureiro. Antonio CastroagudíN
Loureiro. Antonio CastroagudíNLoureiro. Antonio CastroagudíN
Loureiro. Antonio CastroagudíN
 
Exposición Museo (novembro)
Exposición Museo (novembro)Exposición Museo (novembro)
Exposición Museo (novembro)
 
Arcos De Furco
Arcos De FurcoArcos De Furco
Arcos De Furco
 
Cuntis, O Baño
Cuntis, O BañoCuntis, O Baño
Cuntis, O Baño
 
Guimarei
GuimareiGuimarei
Guimarei
 
Marina Ferreiro Fernández
Marina Ferreiro FernándezMarina Ferreiro Fernández
Marina Ferreiro Fernández
 
As Nosas Avoas
As Nosas AvoasAs Nosas Avoas
As Nosas Avoas
 

Semelhante a Gontade

Memoria 16 17
Memoria 16 17Memoria 16 17
Memoria 16 172TERE
 
Calendario 2018 - I parte
Calendario 2018 - I parte Calendario 2018 - I parte
Calendario 2018 - I parte bibliolois
 
Andainas pola contorna
Andainas pola contornaAndainas pola contorna
Andainas pola contorna2TERE
 
Excursión vilasobroso
Excursión vilasobrosoExcursión vilasobroso
Excursión vilasobrosotalidaam
 
Excursión vilasobroso
Excursión vilasobrosoExcursión vilasobroso
Excursión vilasobrosoceipcangas
 
Excursión vilasobroso
Excursión vilasobrosoExcursión vilasobroso
Excursión vilasobrosoceipcangas
 
Casas De Aqui E De Acolá
Casas De Aqui E De AcoláCasas De Aqui E De Acolá
Casas De Aqui E De AcoláBergantera
 
Arquiitectura dos ríos do noso concello
Arquiitectura dos ríos do noso concelloArquiitectura dos ríos do noso concello
Arquiitectura dos ríos do noso concelloxistina
 
Arquiitectura dos ríos do noso concello
Arquiitectura dos ríos do noso concelloArquiitectura dos ríos do noso concello
Arquiitectura dos ríos do noso concelloxistina
 
Usos da auga na nosa cultura
Usos da auga na nosa culturaUsos da auga na nosa cultura
Usos da auga na nosa culturaRATIBRON
 
san miguel de cora
san miguel de corasan miguel de cora
san miguel de coracurradbc
 
Lendas do Lenguelle
Lendas do LenguelleLendas do Lenguelle
Lendas do Lenguellepri inter
 
Edac muinhos
Edac muinhosEdac muinhos
Edac muinhossatelite1
 
A auga na cultura galega: Transporte da auga
A auga na cultura galega: Transporte da augaA auga na cultura galega: Transporte da auga
A auga na cultura galega: Transporte da augamonadela
 
Condución da auga
Condución da augaCondución da auga
Condución da augaiesasorey
 

Semelhante a Gontade (20)

Memoria 16 17
Memoria 16 17Memoria 16 17
Memoria 16 17
 
Os muíños
Os muíñosOs muíños
Os muíños
 
Calendario 2018 - I parte
Calendario 2018 - I parte Calendario 2018 - I parte
Calendario 2018 - I parte
 
Andainas pola contorna
Andainas pola contornaAndainas pola contorna
Andainas pola contorna
 
Excursión vilasobroso
Excursión vilasobrosoExcursión vilasobroso
Excursión vilasobroso
 
Excursión vilasobroso
Excursión vilasobrosoExcursión vilasobroso
Excursión vilasobroso
 
Excursión vilasobroso
Excursión vilasobrosoExcursión vilasobroso
Excursión vilasobroso
 
Casas De Aqui E De Acolá
Casas De Aqui E De AcoláCasas De Aqui E De Acolá
Casas De Aqui E De Acolá
 
Arquiitectura dos ríos do noso concello
Arquiitectura dos ríos do noso concelloArquiitectura dos ríos do noso concello
Arquiitectura dos ríos do noso concello
 
Arquiitectura dos ríos do noso concello
Arquiitectura dos ríos do noso concelloArquiitectura dos ríos do noso concello
Arquiitectura dos ríos do noso concello
 
Usos da auga na nosa cultura
Usos da auga na nosa culturaUsos da auga na nosa cultura
Usos da auga na nosa cultura
 
Formas tradicionais da cerámica popular Terra Chá Bonxe
Formas tradicionais da cerámica popular Terra Chá BonxeFormas tradicionais da cerámica popular Terra Chá Bonxe
Formas tradicionais da cerámica popular Terra Chá Bonxe
 
Muíños grupo 1 corrixido
Muíños grupo 1 corrixidoMuíños grupo 1 corrixido
Muíños grupo 1 corrixido
 
san miguel de cora
san miguel de corasan miguel de cora
san miguel de cora
 
Lendas do Lenguelle
Lendas do LenguelleLendas do Lenguelle
Lendas do Lenguelle
 
RÍO LENGUELLE
RÍO LENGUELLERÍO LENGUELLE
RÍO LENGUELLE
 
Edac muinhos
Edac muinhosEdac muinhos
Edac muinhos
 
A auga na cultura galega: Transporte da auga
A auga na cultura galega: Transporte da augaA auga na cultura galega: Transporte da auga
A auga na cultura galega: Transporte da auga
 
Condución da auga
Condución da augaCondución da auga
Condución da auga
 
Eva Gesto.key
Eva Gesto.keyEva Gesto.key
Eva Gesto.key
 

Mais de Heladio Anxo Fernández (8)

A Segunda Guerra Mundial
A Segunda Guerra MundialA Segunda Guerra Mundial
A Segunda Guerra Mundial
 
A grande guerra
A grande guerraA grande guerra
A grande guerra
 
Prexuízos_contra_o_galego_
Prexuízos_contra_o_galego_Prexuízos_contra_o_galego_
Prexuízos_contra_o_galego_
 
MediacióN Pasos
MediacióN PasosMediacióN Pasos
MediacióN Pasos
 
1ºTrimestre Actividades Biblioteca 09 10
1ºTrimestre Actividades Biblioteca 09 101ºTrimestre Actividades Biblioteca 09 10
1ºTrimestre Actividades Biblioteca 09 10
 
II República (1931-1936)
II República (1931-1936)II República (1931-1936)
II República (1931-1936)
 
Alexandría (un pouco de historia)
Alexandría (un pouco de historia)Alexandría (un pouco de historia)
Alexandría (un pouco de historia)
 
Auga Para Vivir
Auga Para VivirAuga Para Vivir
Auga Para Vivir
 

Gontade

  • 1. GONTADE Noelia Iglesias (3ºB)
  • 2. Gontade Gontade é unha aldea con dezaseis veciños, pertencente a parroquia de San Mamede de Piñeiro. Está formada por casas bonitas que destacan no conxunto, pero tamén por casas antigas e abandonadas dende fai tempo. Unha cualidade da miña aldea é que hai moita auga xa que aquí temos bastantes fontes. A casa máis fea que hai en Gontade é unha casa abandonada. Antes está casa estaba habitada por xente que marchou dela, cando foi traballar para Arxentina. A casa que máis destaca no conxunto, está feita de pedra, ten xardín , e unha piscina. Gontade está situada na ladeira do monte Xesteiras. A miña aldea ten bastantes árbores. Entre eles destacan: piñeiros, eucaliptos, carballos e castiñeiros. As casas están divididas en dous grupos: Nun grupo hai dez casas e noutro seis casas. No meu lugar aínda se traballa na agricultura e hai algúns animais como vacas, ovellas e galiñas.
  • 3. As casas A casa da esquerda é unha casa antiga restaurada. Esta casa non é que me guste moito, pero é a que mellor encaixa no grupo de casas da aldea, porque é antiga é esta feita con pedra do país, aínda que lle fixeron algunhas reformas e puxerónlle doutra pedra. A casa da dereita non me gusta porque por un lado ten uralita pegada na parede para que non lle entre a humidade. Polo outro lado está pintada.
  • 4. As casas A casa da esquerda é a que máis me gusta da aldea, aínda que non encaixa moito no coxuntos das outras casas, porque é unha casa nova que aínda hai pouco que está feita. Como se pode ver a pedra non é igual que a das casas antigas. O tellado está feito de pizarra, non con tellas do país, como teñen a maioría das casas da aldea. A casa da dereita é unha das casa abandonadas, en ruínas. Os seus donos marcharon hai moito tempo para Arxentina e non regresaron.
  • 5. O hórreo Este hórreo está feito de pedra e madeira. O tellado ten tella do país. Nas dúas puntas do tellado ten dous remates moi bonitos, un é unha cruz que está por riba da porta do hórreo. A pedra fíxoa o avó da miña bisavoa, o mesmo que fixo o pozo, polo tanto debe de ter máis de dous séculos, igual que o pozo. As madeiras fixoas meu bisavó (chámanse duelas do hórreo). O hórreo serve para gardar o millo, despois de que se colleita, porque o millo cando se recolle, non está ben curado. No hórreo cúrase ben para despois poder moelo no muíño.
  • 6. As fontes A fonte de arriba é a do Souto. Fíxoa un veciño que xa fai anos que morreu, chamábase Enrique Torres. Está fonte está abandonada. Antes era onde viñan lavar a roupa as mulleres da aldea, xa que nas casas non había auga. Tamén ían buscar auga para beber, cociñar e lavar. Agora queren restaurala , xa que é a única fonte antiga que temos na aldea. Na pedra onde está o cano ten gravados o xugo e as frechas do escudo da Falange. Ten catro pías, como se ve na foto, e dous lavadoiros para lavar a roupa. A fonte de abaixo, chámanlle a fonte da Penaranda. Esta é unha fonte moi boa, con auga abundante. Está no camiño que vai para o Xesteiras
  • 7. O pozo de Gontade Antes collíase auga neste pozo, o único de Gontade, porque antigamente non había auga da traída, entón collían aquí auga para cociñar, lavar e para os animais. Para facelo, tiveron que ir ó monte Xesteiras, buscar as pedras cun carro tirado por bois e tíñanas que cargar á man. Unha vez que as tiñan na casa, traballábanas á man con ciceis e un martelo, ata darlle a forma que querían, así foi como fixeron os aneis do pozo. Este pozo foi obra do avó da miña bisavoa ( chamábase Manuel Magán) que era moi bo canteiro. Tivo que facer o buraco do pozo, todo á man, cun pico unha picaraña e unha pá. O pozo ten once metros de fondo. Unha vez feito o buraco, colocoulle os aneis de pedra. Despois fixolle unha tapa de madeira . O ferreiro fixolle un arco de ferro, onde lle colocou unha roldana enganchanda cuns arames. Logo, pasou unha corda pola roldana e colgoulle un caldeiro de cinc, que pesaba moito. Así, cando soltaba a corda, o caldeiro ía parar ó fondo do pozo. Despois cando tiraba da corda, saía o caldeiro cheo de auga.
  • 8. Un arado antigo Este aparello que vemos na foto é un arado antigo, que servía para labrar a terra. Tiraban por él dúas vacas e ía unha persoa detrás agarrándoo, así era como se facían os regos que antigamente eran nomeados como sucos. Así traballaban a terra para despois sementala. Este arado está feito de madeira e na punta ten un ferro en forma de pá. Despois deste arado fixeron outro mellor, que era todo de ferro pero tamén tiña que ser tirado por vacas, era parecido ó que teñen agora os tractores. Este arado de madeira fíxoo o meu bisavó que era carpinteiro. Chamábase Ramón Torres.
  • 9. Un pote antigo Este pote está feito de ferro e pesa moito. Antes cocíanlle aquí a comida ós porcos. Noutro coma este, máis pequeño, era onde facían a comida antigamente, facíana nunha lareira de pedra e poñíanlle por abaixo uns ferros en forma de triángulo que se chamaba trespés porque tiña tres pés. Por abaixo facíanlle o lume para quentar o pote.
  • 10. A carballeira do Porto do Laxo En Gontade temos esta carballeira, que ten moitos carballos e moi antigos, pois teñen máis de dous séculos. Chámase carballeira do Porto do Laxo porque o conxunto de casas a carón dela chámase Porto do Laxo, pero é todo a mesma aldea, Gontade. Está moi descoidada, os carballos levan moitos anos sen derramar, por iso non se ven ben. A ver se agora os derraman e limpan un pouco a carballeira.
  • 11. A explotación da madeira No monte Xesteiras hai moitos piñeiros e eucaliptos que son explotados pola Comunidade de Montes de Gontade. Aquí nesta foto vese a madeira cortada de eucalipto. Tamén se ven os piñeiros que están verdes.
  • 12. O monte Xesteiras Este é o monte Xesteiras.Como se ve, ó seu pé está a aldea de Gontade. Este Monte mide 710 m de altura. Desde o seu cume ten moi boas vistas, vese todo Cuntis, Santiago e moitos máis sitios. No cume hai varias antenas , coma a de Retegal, (que é a de Radio Televisión de Galicia). Tamén hai outras de móbiles, unha caseta onde antes miraban dende alí se había lume nalgún sitio do monte. Ten moitos piñeiros e eucaliptos. Tamén destacan algúns outeiros moi grandes.
  • 13. A Pedra da Aguia e a Casa dos Soldados A Pedra da Aguia e a Casa dos Soldados son dúas formacións rochosas moi espectaculares que se atopana subindo cara o cume do Xesteiras. A pedra da Aguia din que ten forma de aguia. Está cerca das antenas. Fai de marco onde se divide o monte Xesteiras, entre San Mamede, Couselo e Portela. A Casa dos Soldados é outro outeiro grande que está cerca da pedra Daguia. Chámase así porque ten moitos buracos é pódese entrar dentro da pedra por un deles.