2. A parroquia de Cequeril
A parroquia de Santa María de Cequeril é a
única do Concello de Cuntis que ten gran
parte do seu territorio ao sur do río Umia,
limitando co concello de Moraña e da Estrada.
A aldea de Cequeril está a uns 7 quilómetros
da capital do concello e está a 360 m de
altitude.
É unha parroquia cun relevo accidentado,
montañoso, co río Umia encaixado formando
espectaculares paisaxes.
Ten uns 200 habitantes, a maioría anciáns e
hai máis mulleres que homes. A poboación
non deixa de diminuír nos últimos anos,
repartida nos 10 núcleos rurais, todos eles
moi pequenos: O Agro do Monte, Cequeril, A
Corga de Abaixo, A Corga de Arriba, A Cruz,
A Igrexa, Mato, A Penela, Sebil e Vilar de Mato
son as entidades de poboación desta
parroquia. É a segunda parroquia en tamaño
do Concello, despois de Arcos.
3. A Igrexa de Santa María
Esta é a igrexa parroquial. Todos os
domingos a unha do mediodía os veciños
de Cequeril, Vilar de Mato é Sevil asisten á
misa. Os días 21 e 22 de agosto celébranse
as festas.
Aquí parece que había un templo románico
(s. XIII) derrubado no Barroco. Dentro do
templo hai un retábulo con pezas valiosas,
coma un santiago Apóstolo e un relicario
cos ósos das santas Honorata e Liberata.
No cemiteiro, con tumbas de finais do XIX e
comezos do XX, destacan os mausoleos
familiares, onde se plasma a mestría dos
canteiros da zona.
4. Os petroglifos
Na parroquia de Cequeril téñense atopado moitos petroglifos. Destaca o outeiro dos Campiños (á
dereita), con círculos con cruces no interior, e a Laxe dos Homes (á esquerda), con gravodos con
formas de homes e mulleres, e cabezas.
Ata hai un ano estes mesmos petroglifos non se vían, era como se non existisen porque estaban
todos tapados de toxos e silvas. A Xunta decidiu hai uns meses decidiu arranxar o camiño,
facendo un paseo onde se plantaron castiñeiros e se limparon de maleza os petroglifos.
5. A ponte do Ramo
A Ponte do Ramo atravesa o río Umia,
servindo de unión entre Cequeril e Sebil, e
o resto do Concello. Din que esta ponte
construírona os romanos, aínda que sufriu
moitas reformas posteriores. A obra actual
parece ser do século XVIII, ampliada na
súa parte superior para construír a estrada
que une Cuntis e Campo Lameiro.
A ponte está moi ben conservada, aínda
que está algo destrozada nun bordo, polos
coches que petan contra el.
Na ponte, segundo un estudo, celebrábase
ata hai pouco tempo un rito de tradición
pagá: un bautismo prenatal, `’enxembrar’
na comarca de Cuntis, que xa fora
prohibido polo arcebispo de Santiago en
1747. A finalidade era evitar abortos ou
que o fillo morrese ao pouco de nacer.
Un pouco máis abaixo fixeron unha
minicentral, que lle afecta ao río, ós
pescadores e ós veciños de Sevil, ós que
lle quitaron fincas para construíla.
6. A antiga escola
Na antiga escola de Cequeril viven
uns veciños sen recursos, pero
agora os do Concello Cuntis queren
arranxar a escola e non se sabe que
vai ser desa familia.
Tamén se utiliza para facer
reunións de veciños e para facer
cursiños que propón o concello
para a xente, por exemplo un de
manualidades. Polo menos serve
para algo.
A foto de abaixo é de 1966, cando
aínda había escola en Cequeril.
7. A fonte do Freixo
Esta fonte está situada nun lugar de
Cequeril, chamado Mato. A auga vén
dun manancial que está situado ó
lado dos petroglifos, baixa polo
monte, cruza a estrada e cheega á
fonte.
O banco que vemos fíxoo un home
maior, que no verán vai para alí e
séntase nel.
A auga esa e potable e no verán a
xente vai todas as mañás a buscar
auga en botellas para levar para a
casa, porque é unha auga moi fresca.
Onde está a auga estancada, fai
tempo houbo peixes, e os veciños
dese lugar botábanlle de comer.
8. A fonte para regar as veigas
A fonte que estamos a ver usábase para
regar as veigas, pero xa fai moitos anos
que non se utiliza.
A fonte está feita de pedra, son dúas
pedras unha enriba da outra e no medio
delas o picho, por onde sae a auga.
A auga viña por debaixo da terra, desde
un pozo que había máis arriba da fonte. O
pozo aínda segue tendo auga, pero non
se utiliza para regar as veigas como
antes.
É moi posible que retiren a fonte de alí,
porque hai alguns veciños que viven por
alí e dixeron que como non se utilizaba
era mellor sacala de alí, pero outros
veciños están en contra.
9. A carpintería
Este antigo taller de carpintería está
situado no cruce da estrada que vai
cara Moraña. Leva xa uns cantos anos
pechado, aínda que dentro conserva
as ferramentas do oficio. O dono do
taller aínda vai de vez en cando para
facer algunha cousa para a súa casa.
10. O antigo palco
•
No lugar onde se celebra a festa do 20
de agosto aínda se mantén en pé este
palco, onde antigamente de colocaban
as orquestras. Agora xa non se utiliza
porque xa veñen as orquestras co
camión.
O palco, de cemento e bloques é moi
feo, e ademias está moi malas
condicións. Ao seu penoso esrtado
contribúen os vándalos que o estragan
porque si.
11. As casas
Esta casa non me gusta porque está
moi descuidada, mesmo ten algún
cristal roto. Está feita de pedra pero
con engadidos e con portas, ventás
e o balcón que non lle quedan ben.
Cunha boa restauración podería ser
unha fermosa casa de labrego.
12. As casas
A min esta casa paréceme moi bonita
porque é de pedra e foi restaurada case
totalmente.
Esta casa está así desde fai un ano
máis ou menos. Antes era unha casa
desas vellas que estaba a caer coma
moitas outras. Un señor comprouna e
decidiu amañala.
Esta casa como podedes ver é moi
grande, feita de cachotes de pedra. Pola
parte que estamos a ver na imaxe ten
un porche moi grande e pola outra ten
un garaxe tamén grande. A casa non
está rematada, fáltalle facer unha
entrada.
13. Vilar de Mato
A aldea de Vilar de Mato forma un conxunto de arquitectura rural de valor. As casas dispóñense
en liña, ás beiras dunha antiga vía romana. Arredor das casas están as veigas cultivadas. Ao
fondo, debaixo dos eucaliptos descorre o río Umia. No conxunto destacan negativamente
algunhas das casas construídas fóra do núcleo, os tellados de uralita no centro, os cercados con
postes de cemento e os casetos das fincas. Na aldea hai que destacar tamén a gran cantidade de
hórreos, algúns abandonados.