SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 19
HISTORIA DE VIDA:

DINORA CAMPOS CAMPOS




               Autor: Antonio Castroagudín
Infancia


Dinora Campos Campos naceu o 26 de
febreiro de 1932, en Loureiro de Abaixo,
na casa na que vive actualmente. Vivía con
seus pais, Amador Campos e Josefa
Campos, e cos seus catro irmáns: Arturo,
Ramón, Chucho e Manuela.
Permaneceu nesta casa ata que emigrou a
Venezuela con outras veciñas da aldea,
cando só contaba con 23 anos.
A escola
Dinora ía a escola en contadas ocasións, xa que
segundo di: “Cando había que apañar no millo
nosos pais non nos deixaban ir, e se cadra cando
chovía moito dicíannos que tiñamos que ir e nós
escondiámonos ”.
O horario era de 8h a 12h, e pola tarde de 15h a
17h.
A escola estaba situada na estrada, no “empalme”,
e ían tanto homes como mulleres todos xuntos. Só
había un profesor e un libro para todos, que podía
ser de grao medio ou de grao superior.
Segundo as súas propias palabras: “Só había un
profesor, pero moitas veces os máis listos
ensinábannos aos máis burros e pegábannos sen
medo ningún. Había un profesor que nos daba coa
vara e poñíanos un tablón ao lombo. Era bravo el.”
O LECER
Todos os rapaces e rapazas da aldea xogaban cando
podían, é dicir, cando non tiñan que ir apañar na
herba ou rozar no toxo, por poñer uns exemplos.
Os xogos preferidos eran a estornela, as pedriñas ou
o cotelo. Tamén era moi habitual velos correr uns
detrás doutros e entre o millo de camiño á escola .
Dinora tamén recorda entre risas que “na escola
dicían que eras moza do rapaz co que peor te
levabas, supoño que como agora.”
Cando xa eran máis grandes, ían de vez en cando ás
festas e romarías, e segundo Dinora: “Antes
pasabamos toda a noite bailando, non coma agora.”
Cando emigrou a Venezuela de vez en cando facían
reunións de amigos, nas que charlaban, rían,
cantaban…
A FAMILIA
Dinora casou con José Campos en outubro de 1960.
Ela estaba vivindo en Venezuela, e José quedara en
Galiza. Non obstante decidiron casar. Fixérono por
poderes. Isto quere dicir que Dinora asistiu a igrexa
cun curmán, e José con súa irmá. Loxicamente,
despois da cerimonia, non houbo festa. Nos papeis,
consta que Dinora está casada con José.
Un ano despois, José emigra a Venezuela xunto a
súa esposa.
No 1965 tiveron un fillo, José Enrique. Poucos anos
despois, Dinora deu a luz a outra filla: Beatriz
Natividad.
No ano 1979 volve toda a familia para a súa terra de
sempre, Loureiro.
A FAMILIA
Dinora casou con José Campos en outubro de 1960.
Ela estaba vivindo en Venezuela, e José quedara en
Galiza. Non obstante decidiron casar. Fixérono por
poderes. Isto quere dicir que Dinora asistiu a igrexa
cun curmán, e José con súa irmá. Loxicamente,
despois da cerimonia, non houbo festa. Nos papeis,
consta que Dinora está casada con José.
Un ano despois, José emigra a Venezuela xunto a
súa esposa.
No 1965 tiveron un fillo, José Enrique. Poucos anos
despois, Dinora deu a luz a outra filla: Beatriz
Natividad.
No ano 1979 volve toda a familia para a súa terra de
sempre, Loureiro.
Os traballos
Cando só contaba con 10 anos xa tiña que ir
traballar e deixaba de asistir á escola bastantes
días, xa que o prioritario era o traballo.
Entra as súas labores destacaban: ir rozar ao
monte (cortar no toxo e despois, carrexalo ata a
aldea); andar co carro das vacas; ir á herba; labrar
co arado; quitar e estender o esterco…
Estes traballos non os realizaba soa, xa que os
veciños se axudaban entre si e ían todos xuntos
ao monte, a apañar no millo, a vendimar etc.
Os homes da aldea foron quen construíron polo
monte o sistema de tuberías para poder ter auga
corrente.
Desgraciadamente, mentres traballaban baixo
terra nas tuberías, produciuse un desprendemento
de terra, quedando sepultadas varias persoas,
entre elas José, o home de Dinora.
Os traballos
Cando só contaba con 10 anos xa tiña que ir
traballar e deixaba de asistir á escola bastantes
días, xa que o prioritario era o traballo.
Entra as súas labores destacaban: ir rozar ao
monte (cortar no toxo e despois, carrexalo ata a
aldea); andar co carro das vacas; ir á herba; labrar
co arado; quitar e estender o esterco…
Estes traballos non os realizaba soa, xa que os
veciños se axudaban entre si e ían todos xuntos
ao monte, a apañar no millo, a vendimar etc.
Os homes da aldea foron quen construíron polo
monte o sistema de tuberías para poder ter auga
corrente.
Desgraciadamente, mentres traballaban baixo
terra nas tuberías, produciuse un desprendemento
de terra, quedando sepultadas varias persoas,
entre elas José, o home de Dinora.
A emigración

O 22 de xuño de 1955, con tan só 23 anos, decide
emigrar a Venezuela, con outras veciñas da aldea.
“Emigramos para mellorar un pouco, pero alá
tivemos que traballar moito igualmente.”
Todo o tempo que pasou en Venezuela traballou de
criada para familias acomodadas economicamente.
Segundo as súas propias palabras: “Metade do
diñeiro era para min, e a outra metade mandábao
para Loureiro, para arranxar a casa que non valía
nadiña. Eu non gañaba moito, pero daquela
arranxábame; pero agora con isto do gas, da luz…”
Volveu no 1979 a Loureiro,     co seu marido e cos
seus dous fillos.
A emigración
Dinora viviu nun piso alugado coas demais veciñas
que emigraron con ela, durante cinco anos. No
1961, alugou un para ela e para o seu marido,
José, que ata daquela quedara vivindo en Galiza.
Cando compara a vida de Venezuela coa de aquí
di: “Era distinto. Eu non che vou dicir que alá vivía
peor, porque a verdade é que eu alá vivía bastante
ben. Gañei cartos traballando moito e puiden
arranxar a casa de aquí.”
No que respecta á política, cando chegou a
Venezuela mandaba Pérez Jiménez e viviu o toque
de queda, pois a partires de determinada hora non
podía haber ninguén pola rúa, a menos que fora
un médico ou alguén de moita importancia.
Tamén recorda con gran emoción o gran terremoto
de 1967. “Sentín tremer todo. Pensei que o piso se
viña abaixo. Pasei moito medo.”
A emigración
Dinora viviu nun piso alugado coas demais veciñas
que emigraron con ela, durante cinco anos. No
1961, alugou un para ela e para o seu marido,
José, que ata daquela quedara vivindo en Galiza.
Cando compara a vida de Venezuela coa de aquí
di: “Era distinto. Eu non che vou dicir que alá vivía
peor, porque a verdade é que eu alá vivía bastante
ben. Gañei cartos traballando moito e puiden
arranxar a casa de aquí.”
No que respecta á política, cando chegou a
Venezuela mandaba Pérez Jiménez e viviu o toque
de queda, pois a partires de determinada hora non
podía haber ninguén pola rúa, a menos que fora
un médico ou alguén de moita importancia.
Tamén recorda con gran emoción o gran terremoto
de 1967. “Sentín tremer todo. Pensei que o piso se
viña abaixo. Pasei moito medo.”
A casa de Loureiro

A casa era coma calquera que había na aldea.
Na planta baixa había a cociña e a corte das vacas,
separadas por un corredor. O piso era de terra.
Na cociña había a lareira, onde se cociñaba. Usábanse
trepias, que son uns instrumentos de ferro de tres pés,
que servían para poñer as potas encima. Tamén había
unha artesa, que era un caixón grande que servía de
mesa e de alacena.
Na planta de arriba había dúas habitacións para todos,
con piso de madeira, pero “cativiño” segundo di ela.
Tamén había a “pieza”, que era un buraco na madeira
no que facían as súas necesidades e que ían a parar
ás cortes da vacas, que se situaban xusto debaixo.
A casa de VENEZUELA

A c a s a d e Ve n e z u e l a t a m p o u c o t i ñ a
demasiados luxos, pero era máis luxosa que a
de Loureiro.
Nos anos próximos ao regreso a Loureiro, xa
contaba con alacenas na cociña, o piso xa non
era de terra, tiña frigorífico, vertedeiro…
Dispoñía de dúas habitacións, unha para ela e
para José e outra para Beatriz e José Enrique.
Anteriormente, cando aínda non chegara o seu
marido a Venezuela, vivía nun piso coas
demais veciñas que emigraron con ela.
A aldea
O plano da aldea non cambiou dende o nacemento de
Dinora ata agora, pois agás algunha nova casa que se
construíu hai pouco, o resto seguen iguail.
No que si se nota diferenza e na forma das casas, xa que
se reconstruíron todas e melloraron moito. Puxéronse
cuartos de baño dentro das casas, as cortes xa non están
pegadas ás cociñas…
Dinora tamén atopa moita diferenza nos camiños: “Antes
non había estradas, só carreiros de terra polos que só
collía un carro das vacas.”
Outra diferenza importante é a demografía da aldea, pois
só queda unha rapaza que é menor dos 10 anos. Sen
embargo, en estes dous últimos meses, producíronse tres
nacementos na aldea, entre eles o do seu neto Mateo.
No que respecta á relación entre os veciños, Dinora di que
“os veciños antes levabámonos moi ben, como agora,
aínda que sempre hai algúns problemas polos marcos das
veigas e cousas así.”
A vida
A relixión era moi importante. Ía á misa sempre
que a había. “Non é coma agora. Íamos á misa
sempre e tamén á doutrina, e dabámoslle unha
ducia de ovos ao cura. Tamén lle dabamos a
“bula”. Non era moito, só unha peseta.” A bula era
unha cantidade de diñeiro que se lle pagaba ao
cura para comer carne os venres en Coresma.
Un veciño da aldea, Moncho, fíxose cura, e a súa
primeira misa na aldea foi todo un
acontecemento.
No que respecta á Sección Feminina, Dinora
nunca asistiu. “Sentía falar dela e sabía que había
reunións. Nunca fun, pero polo que me dicían
aprendíanche a coser e a facer as tarefas do
fogar.”
A política
Antes a mili era obrigatoria, e Dinora recorda con
tristeza os 2 anos que o seu irmán Alfonso pasou
en Sidi Ifni, África.
Ela mesma di: “Antes a mili era obrigatoria, o meu
Alfonso estivo dous anos en Sidi Ifni. Só te
librabas si eras fillo de solteira, ou se túa nai
estaba viúva. Se tiñas os pés planos tampouco
ías.”
A guerra civil estalou cando só tiña catro anos,
pero lembra: “Estabamos na veiga da eira e
empezaron a pasar persoas e persoas cara arriba
e preguntamos que pasara. Entón, foi cando
dixeron que comezara a guerra.”
Tamén recorda como viviu a morte de Franco: “Eu
aínda estaba en Venezuela, e vivino todo por
televisión. A verdade é que Franco nin me fixo ben
nin me fixo mal”.
A política
Antes a mili era obrigatoria, e Dinora recorda con
tristeza os 2 anos que o seu irmán Alfonso pasou
en Sidi Ifni, África.
Ela mesma di: “Antes a mili era obrigatoria, o meu
Alfonso estivo dous anos en Sidi Ifni. Só te
librabas si eras fillo de solteira, ou se túa nai
estaba viúva. Se tiñas os pés planos tampouco
ías.”
A guerra civil estalou cando só tiña catro anos,
pero lembra: “Estabamos na veiga da eira e
empezaron a pasar persoas e persoas cara arriba
e preguntamos que pasara. Entón, foi cando
dixeron que comezara a guerra.”
Tamén recorda como viviu a morte de Franco: “Eu
aínda estaba en Venezuela, e vivino todo por
televisión. A verdade é que Franco nin me fixo ben
nin me fixo mal”.
A política

Dinora só viviu os primeiros anos da ditadura
franquista.
Recorda aos “foucellas”, que eran persoas que
estaban fuxidas no monte, e de vez en cando
baixaban ata as casas para buscar comida.
“Estabas comendo e entraban pola porta e
pedíanche comida. Se lla dabas e a Garda Civil
se enteraba, levábante preso.”
En Venezuela viviu baixo a ditadura de Pérez
Jiménez. “Nos primeiros anos había toque de
queda. Avisaban pola radio, e a menos que fora
algo urxente, coma un médico, non había
ninguén nas rúas”.
A actual dinora
Actualmente Dinora ten 77 anos.
Vive na casa de toda a vida, a que con tanta
con ilusión mandou arranxar cos cartos que
gañaba en Venezuela.
Segue traballando nas tarefas do fogar, na
recollida do millo, coidando aos animais…
Vive coa súa filla, Beatriz Natividad, co seu
xenro Eduardo e co seu neto Santiago, de 20
anos.
Hai escasamente dous meses Dinora
converteuse en avoa por segunda vez. Beatriz
deu a luz a un precioso fillo chamado Mateo.
Unha muller traballadora, constante e
sufridora.
Esa é, sen dúbida, Dinora.

Mais conteúdo relacionado

Mais procurados

O Tesouro Dos Nosos AvóS (Rosa)
O Tesouro Dos Nosos AvóS (Rosa)O Tesouro Dos Nosos AvóS (Rosa)
O Tesouro Dos Nosos AvóS (Rosa)osnososavos
 
O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido
O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida CorrixidoO Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido
O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixidoosnososavos
 
O Tesouro Dos Avos
O Tesouro Dos AvosO Tesouro Dos Avos
O Tesouro Dos Avososnososavos
 
As mulleres da nosa vida
As mulleres da nosa vidaAs mulleres da nosa vida
As mulleres da nosa vidasoigca
 
O Tesouro Dos AvóS Claudia Savariz
O Tesouro Dos AvóS Claudia SavarizO Tesouro Dos AvóS Claudia Savariz
O Tesouro Dos AvóS Claudia Savarizosnososavos
 
Tesouro Dos Avos De Iria, Maria, Rosana E Sandra
Tesouro Dos Avos De Iria, Maria, Rosana E SandraTesouro Dos Avos De Iria, Maria, Rosana E Sandra
Tesouro Dos Avos De Iria, Maria, Rosana E Sandraosnososavos
 
Libro colaborativo dun equipo en illamento
Libro colaborativo dun equipo en illamentoLibro colaborativo dun equipo en illamento
Libro colaborativo dun equipo en illamentoMaría Fernandez García
 
Fernanda, a castañeira da Picota
Fernanda, a castañeira da PicotaFernanda, a castañeira da Picota
Fernanda, a castañeira da Picotaismadeuhia
 
13. anécdotas curiosas
13.  anécdotas curiosas13.  anécdotas curiosas
13. anécdotas curiosassatelite1
 
O misterio da familia Benedite.
O misterio da familia Benedite.O misterio da familia Benedite.
O misterio da familia Benedite.Yolanda Castro
 
Presentación mulleres
Presentación mulleresPresentación mulleres
Presentación mulleresquendadeira
 
O Tesouro Dos Nosos Avos Dani
O Tesouro Dos Nosos Avos DaniO Tesouro Dos Nosos Avos Dani
O Tesouro Dos Nosos Avos Danivicente
 
5. tocoume terceiro de e.x.b.
5.  tocoume terceiro de e.x.b.5.  tocoume terceiro de e.x.b.
5. tocoume terceiro de e.x.b.satelite1
 
Xanciño
XanciñoXanciño
Xanciñosoigca
 
Os conflitos
Os conflitosOs conflitos
Os conflitospaulaif
 

Mais procurados (20)

O Tesouro Dos Nosos AvóS (Rosa)
O Tesouro Dos Nosos AvóS (Rosa)O Tesouro Dos Nosos AvóS (Rosa)
O Tesouro Dos Nosos AvóS (Rosa)
 
O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido
O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida CorrixidoO Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido
O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido
 
O Tesouro Dos Avos
O Tesouro Dos AvosO Tesouro Dos Avos
O Tesouro Dos Avos
 
Traballo Galego
Traballo GalegoTraballo Galego
Traballo Galego
 
As mulleres da nosa vida
As mulleres da nosa vidaAs mulleres da nosa vida
As mulleres da nosa vida
 
O Tesouro Dos AvóS Claudia Savariz
O Tesouro Dos AvóS Claudia SavarizO Tesouro Dos AvóS Claudia Savariz
O Tesouro Dos AvóS Claudia Savariz
 
PresentacióN1
PresentacióN1PresentacióN1
PresentacióN1
 
Tesouro Dos Avos De Iria, Maria, Rosana E Sandra
Tesouro Dos Avos De Iria, Maria, Rosana E SandraTesouro Dos Avos De Iria, Maria, Rosana E Sandra
Tesouro Dos Avos De Iria, Maria, Rosana E Sandra
 
Libro colaborativo dun equipo en illamento
Libro colaborativo dun equipo en illamentoLibro colaborativo dun equipo en illamento
Libro colaborativo dun equipo en illamento
 
Fernanda, a castañeira da Picota
Fernanda, a castañeira da PicotaFernanda, a castañeira da Picota
Fernanda, a castañeira da Picota
 
13. anécdotas curiosas
13.  anécdotas curiosas13.  anécdotas curiosas
13. anécdotas curiosas
 
O misterio da familia Benedite.
O misterio da familia Benedite.O misterio da familia Benedite.
O misterio da familia Benedite.
 
Presentación mulleres
Presentación mulleresPresentación mulleres
Presentación mulleres
 
O Tesouro Dos Nosos Avos Dani
O Tesouro Dos Nosos Avos DaniO Tesouro Dos Nosos Avos Dani
O Tesouro Dos Nosos Avos Dani
 
5. tocoume terceiro de e.x.b.
5.  tocoume terceiro de e.x.b.5.  tocoume terceiro de e.x.b.
5. tocoume terceiro de e.x.b.
 
Xanciño
XanciñoXanciño
Xanciño
 
Confianza
ConfianzaConfianza
Confianza
 
Os conflitos
Os conflitosOs conflitos
Os conflitos
 
Presentación as avoas
Presentación as avoasPresentación as avoas
Presentación as avoas
 
NO PATRÓN?
NO PATRÓN?NO PATRÓN?
NO PATRÓN?
 

Destaque (11)

Mesego E Zoo
Mesego E ZooMesego E Zoo
Mesego E Zoo
 
Iª exposición fqf
Iª exposición fqfIª exposición fqf
Iª exposición fqf
 
A CastañA
A CastañAA CastañA
A CastañA
 
Matanza
MatanzaMatanza
Matanza
 
O liño
O liñoO liño
O liño
 
A Patela E O Pazo, por Sámer Abdulkader Sande
A Patela E O Pazo, por Sámer Abdulkader SandeA Patela E O Pazo, por Sámer Abdulkader Sande
A Patela E O Pazo, por Sámer Abdulkader Sande
 
Xinzo
XinzoXinzo
Xinzo
 
Cequeril
CequerilCequeril
Cequeril
 
Gontade
GontadeGontade
Gontade
 
Cardecide E Laxos
Cardecide E LaxosCardecide E Laxos
Cardecide E Laxos
 
A ESCOLA DA DITADURA
A ESCOLA DA DITADURAA ESCOLA DA DITADURA
A ESCOLA DA DITADURA
 

Semelhante a Dinora Campos

Clara FáTima E Alba
Clara FáTima E AlbaClara FáTima E Alba
Clara FáTima E Albaosnososavos
 
D:\documents and settings\pt\escritorio\a escola fala
D:\documents and settings\pt\escritorio\a escola falaD:\documents and settings\pt\escritorio\a escola fala
D:\documents and settings\pt\escritorio\a escola falajurafelo
 
Memorias ruth
Memorias ruthMemorias ruth
Memorias ruthprofachus
 
Presentación balbino
Presentación balbinoPresentación balbino
Presentación balbinoMaría
 
Para xesteira de dopico
Para xesteira de dopicoPara xesteira de dopico
Para xesteira de dopicosatelite1
 
Celso Emilio Ferreiro
Celso Emilio FerreiroCelso Emilio Ferreiro
Celso Emilio FerreiroXoán Díaz
 
O Tesouro Dos Nosos AvóS
O Tesouro Dos Nosos AvóSO Tesouro Dos Nosos AvóS
O Tesouro Dos Nosos AvóSosnososavos
 
Concha blanco
Concha blancoConcha blanco
Concha blancocortinhas
 
Editado cancioneiro de monfero
Editado cancioneiro de monferoEditado cancioneiro de monfero
Editado cancioneiro de monferosatelite1
 
Letras galegas 2011
Letras galegas 2011Letras galegas 2011
Letras galegas 2011belenpetin
 
Letras galegas 2011
Letras galegas 2011Letras galegas 2011
Letras galegas 2011belenpetin
 
A Memoria Dos Nosos AvóS
A Memoria Dos Nosos AvóSA Memoria Dos Nosos AvóS
A Memoria Dos Nosos AvóSosnososavos
 
A Memoria Dos Nosos AvóS
A Memoria Dos Nosos AvóSA Memoria Dos Nosos AvóS
A Memoria Dos Nosos AvóStesouro
 
O carballo da paz
O carballo da pazO carballo da paz
O carballo da pazsatelite1
 

Semelhante a Dinora Campos (18)

Memorias dun neno labrego
Memorias dun neno labregoMemorias dun neno labrego
Memorias dun neno labrego
 
Clara FáTima E Alba
Clara FáTima E AlbaClara FáTima E Alba
Clara FáTima E Alba
 
D:\documents and settings\pt\escritorio\a escola fala
D:\documents and settings\pt\escritorio\a escola falaD:\documents and settings\pt\escritorio\a escola fala
D:\documents and settings\pt\escritorio\a escola fala
 
Memorias ruth
Memorias ruthMemorias ruth
Memorias ruth
 
Presentación balbino
Presentación balbinoPresentación balbino
Presentación balbino
 
Para xesteira de dopico
Para xesteira de dopicoPara xesteira de dopico
Para xesteira de dopico
 
Celso Emilio Ferreiro
Celso Emilio FerreiroCelso Emilio Ferreiro
Celso Emilio Ferreiro
 
O Tesouro Dos Nosos AvóS
O Tesouro Dos Nosos AvóSO Tesouro Dos Nosos AvóS
O Tesouro Dos Nosos AvóS
 
Concha blanco
Concha blancoConcha blanco
Concha blanco
 
David ferreiro 3
David ferreiro 3David ferreiro 3
David ferreiro 3
 
Editado cancioneiro de monfero
Editado cancioneiro de monferoEditado cancioneiro de monfero
Editado cancioneiro de monfero
 
Letras galegas 2011
Letras galegas 2011Letras galegas 2011
Letras galegas 2011
 
Letras galegas 2011
Letras galegas 2011Letras galegas 2011
Letras galegas 2011
 
A Memoria Dos Nosos AvóS
A Memoria Dos Nosos AvóSA Memoria Dos Nosos AvóS
A Memoria Dos Nosos AvóS
 
A Memoria Dos Nosos AvóS
A Memoria Dos Nosos AvóSA Memoria Dos Nosos AvóS
A Memoria Dos Nosos AvóS
 
O carballo da paz
O carballo da pazO carballo da paz
O carballo da paz
 
Memorias dun neno labrego
Memorias dun neno labrego   Memorias dun neno labrego
Memorias dun neno labrego
 
Cabaliño de buxo
Cabaliño de buxoCabaliño de buxo
Cabaliño de buxo
 

Mais de Heladio Anxo Fernández (13)

A Segunda Guerra Mundial
A Segunda Guerra MundialA Segunda Guerra Mundial
A Segunda Guerra Mundial
 
A grande guerra
A grande guerraA grande guerra
A grande guerra
 
Prexuízos_contra_o_galego_
Prexuízos_contra_o_galego_Prexuízos_contra_o_galego_
Prexuízos_contra_o_galego_
 
MediacióN Pasos
MediacióN PasosMediacióN Pasos
MediacióN Pasos
 
1ºTrimestre Actividades Biblioteca 09 10
1ºTrimestre Actividades Biblioteca 09 101ºTrimestre Actividades Biblioteca 09 10
1ºTrimestre Actividades Biblioteca 09 10
 
II República (1931-1936)
II República (1931-1936)II República (1931-1936)
II República (1931-1936)
 
Alexandría (un pouco de historia)
Alexandría (un pouco de historia)Alexandría (un pouco de historia)
Alexandría (un pouco de historia)
 
Auga Para Vivir
Auga Para VivirAuga Para Vivir
Auga Para Vivir
 
CastrolandíN
CastrolandíNCastrolandíN
CastrolandíN
 
Calvos
CalvosCalvos
Calvos
 
Cuntis, O Baño
Cuntis, O BañoCuntis, O Baño
Cuntis, O Baño
 
Arcos De Furco
Arcos De FurcoArcos De Furco
Arcos De Furco
 
Guimarei
GuimareiGuimarei
Guimarei
 

Dinora Campos

  • 1. HISTORIA DE VIDA: DINORA CAMPOS CAMPOS Autor: Antonio Castroagudín
  • 2. Infancia Dinora Campos Campos naceu o 26 de febreiro de 1932, en Loureiro de Abaixo, na casa na que vive actualmente. Vivía con seus pais, Amador Campos e Josefa Campos, e cos seus catro irmáns: Arturo, Ramón, Chucho e Manuela. Permaneceu nesta casa ata que emigrou a Venezuela con outras veciñas da aldea, cando só contaba con 23 anos.
  • 3. A escola Dinora ía a escola en contadas ocasións, xa que segundo di: “Cando había que apañar no millo nosos pais non nos deixaban ir, e se cadra cando chovía moito dicíannos que tiñamos que ir e nós escondiámonos ”. O horario era de 8h a 12h, e pola tarde de 15h a 17h. A escola estaba situada na estrada, no “empalme”, e ían tanto homes como mulleres todos xuntos. Só había un profesor e un libro para todos, que podía ser de grao medio ou de grao superior. Segundo as súas propias palabras: “Só había un profesor, pero moitas veces os máis listos ensinábannos aos máis burros e pegábannos sen medo ningún. Había un profesor que nos daba coa vara e poñíanos un tablón ao lombo. Era bravo el.”
  • 4. O LECER Todos os rapaces e rapazas da aldea xogaban cando podían, é dicir, cando non tiñan que ir apañar na herba ou rozar no toxo, por poñer uns exemplos. Os xogos preferidos eran a estornela, as pedriñas ou o cotelo. Tamén era moi habitual velos correr uns detrás doutros e entre o millo de camiño á escola . Dinora tamén recorda entre risas que “na escola dicían que eras moza do rapaz co que peor te levabas, supoño que como agora.” Cando xa eran máis grandes, ían de vez en cando ás festas e romarías, e segundo Dinora: “Antes pasabamos toda a noite bailando, non coma agora.” Cando emigrou a Venezuela de vez en cando facían reunións de amigos, nas que charlaban, rían, cantaban…
  • 5. A FAMILIA Dinora casou con José Campos en outubro de 1960. Ela estaba vivindo en Venezuela, e José quedara en Galiza. Non obstante decidiron casar. Fixérono por poderes. Isto quere dicir que Dinora asistiu a igrexa cun curmán, e José con súa irmá. Loxicamente, despois da cerimonia, non houbo festa. Nos papeis, consta que Dinora está casada con José. Un ano despois, José emigra a Venezuela xunto a súa esposa. No 1965 tiveron un fillo, José Enrique. Poucos anos despois, Dinora deu a luz a outra filla: Beatriz Natividad. No ano 1979 volve toda a familia para a súa terra de sempre, Loureiro.
  • 6. A FAMILIA Dinora casou con José Campos en outubro de 1960. Ela estaba vivindo en Venezuela, e José quedara en Galiza. Non obstante decidiron casar. Fixérono por poderes. Isto quere dicir que Dinora asistiu a igrexa cun curmán, e José con súa irmá. Loxicamente, despois da cerimonia, non houbo festa. Nos papeis, consta que Dinora está casada con José. Un ano despois, José emigra a Venezuela xunto a súa esposa. No 1965 tiveron un fillo, José Enrique. Poucos anos despois, Dinora deu a luz a outra filla: Beatriz Natividad. No ano 1979 volve toda a familia para a súa terra de sempre, Loureiro.
  • 7. Os traballos Cando só contaba con 10 anos xa tiña que ir traballar e deixaba de asistir á escola bastantes días, xa que o prioritario era o traballo. Entra as súas labores destacaban: ir rozar ao monte (cortar no toxo e despois, carrexalo ata a aldea); andar co carro das vacas; ir á herba; labrar co arado; quitar e estender o esterco… Estes traballos non os realizaba soa, xa que os veciños se axudaban entre si e ían todos xuntos ao monte, a apañar no millo, a vendimar etc. Os homes da aldea foron quen construíron polo monte o sistema de tuberías para poder ter auga corrente. Desgraciadamente, mentres traballaban baixo terra nas tuberías, produciuse un desprendemento de terra, quedando sepultadas varias persoas, entre elas José, o home de Dinora.
  • 8. Os traballos Cando só contaba con 10 anos xa tiña que ir traballar e deixaba de asistir á escola bastantes días, xa que o prioritario era o traballo. Entra as súas labores destacaban: ir rozar ao monte (cortar no toxo e despois, carrexalo ata a aldea); andar co carro das vacas; ir á herba; labrar co arado; quitar e estender o esterco… Estes traballos non os realizaba soa, xa que os veciños se axudaban entre si e ían todos xuntos ao monte, a apañar no millo, a vendimar etc. Os homes da aldea foron quen construíron polo monte o sistema de tuberías para poder ter auga corrente. Desgraciadamente, mentres traballaban baixo terra nas tuberías, produciuse un desprendemento de terra, quedando sepultadas varias persoas, entre elas José, o home de Dinora.
  • 9. A emigración O 22 de xuño de 1955, con tan só 23 anos, decide emigrar a Venezuela, con outras veciñas da aldea. “Emigramos para mellorar un pouco, pero alá tivemos que traballar moito igualmente.” Todo o tempo que pasou en Venezuela traballou de criada para familias acomodadas economicamente. Segundo as súas propias palabras: “Metade do diñeiro era para min, e a outra metade mandábao para Loureiro, para arranxar a casa que non valía nadiña. Eu non gañaba moito, pero daquela arranxábame; pero agora con isto do gas, da luz…” Volveu no 1979 a Loureiro, co seu marido e cos seus dous fillos.
  • 10. A emigración Dinora viviu nun piso alugado coas demais veciñas que emigraron con ela, durante cinco anos. No 1961, alugou un para ela e para o seu marido, José, que ata daquela quedara vivindo en Galiza. Cando compara a vida de Venezuela coa de aquí di: “Era distinto. Eu non che vou dicir que alá vivía peor, porque a verdade é que eu alá vivía bastante ben. Gañei cartos traballando moito e puiden arranxar a casa de aquí.” No que respecta á política, cando chegou a Venezuela mandaba Pérez Jiménez e viviu o toque de queda, pois a partires de determinada hora non podía haber ninguén pola rúa, a menos que fora un médico ou alguén de moita importancia. Tamén recorda con gran emoción o gran terremoto de 1967. “Sentín tremer todo. Pensei que o piso se viña abaixo. Pasei moito medo.”
  • 11. A emigración Dinora viviu nun piso alugado coas demais veciñas que emigraron con ela, durante cinco anos. No 1961, alugou un para ela e para o seu marido, José, que ata daquela quedara vivindo en Galiza. Cando compara a vida de Venezuela coa de aquí di: “Era distinto. Eu non che vou dicir que alá vivía peor, porque a verdade é que eu alá vivía bastante ben. Gañei cartos traballando moito e puiden arranxar a casa de aquí.” No que respecta á política, cando chegou a Venezuela mandaba Pérez Jiménez e viviu o toque de queda, pois a partires de determinada hora non podía haber ninguén pola rúa, a menos que fora un médico ou alguén de moita importancia. Tamén recorda con gran emoción o gran terremoto de 1967. “Sentín tremer todo. Pensei que o piso se viña abaixo. Pasei moito medo.”
  • 12. A casa de Loureiro A casa era coma calquera que había na aldea. Na planta baixa había a cociña e a corte das vacas, separadas por un corredor. O piso era de terra. Na cociña había a lareira, onde se cociñaba. Usábanse trepias, que son uns instrumentos de ferro de tres pés, que servían para poñer as potas encima. Tamén había unha artesa, que era un caixón grande que servía de mesa e de alacena. Na planta de arriba había dúas habitacións para todos, con piso de madeira, pero “cativiño” segundo di ela. Tamén había a “pieza”, que era un buraco na madeira no que facían as súas necesidades e que ían a parar ás cortes da vacas, que se situaban xusto debaixo.
  • 13. A casa de VENEZUELA A c a s a d e Ve n e z u e l a t a m p o u c o t i ñ a demasiados luxos, pero era máis luxosa que a de Loureiro. Nos anos próximos ao regreso a Loureiro, xa contaba con alacenas na cociña, o piso xa non era de terra, tiña frigorífico, vertedeiro… Dispoñía de dúas habitacións, unha para ela e para José e outra para Beatriz e José Enrique. Anteriormente, cando aínda non chegara o seu marido a Venezuela, vivía nun piso coas demais veciñas que emigraron con ela.
  • 14. A aldea O plano da aldea non cambiou dende o nacemento de Dinora ata agora, pois agás algunha nova casa que se construíu hai pouco, o resto seguen iguail. No que si se nota diferenza e na forma das casas, xa que se reconstruíron todas e melloraron moito. Puxéronse cuartos de baño dentro das casas, as cortes xa non están pegadas ás cociñas… Dinora tamén atopa moita diferenza nos camiños: “Antes non había estradas, só carreiros de terra polos que só collía un carro das vacas.” Outra diferenza importante é a demografía da aldea, pois só queda unha rapaza que é menor dos 10 anos. Sen embargo, en estes dous últimos meses, producíronse tres nacementos na aldea, entre eles o do seu neto Mateo. No que respecta á relación entre os veciños, Dinora di que “os veciños antes levabámonos moi ben, como agora, aínda que sempre hai algúns problemas polos marcos das veigas e cousas así.”
  • 15. A vida A relixión era moi importante. Ía á misa sempre que a había. “Non é coma agora. Íamos á misa sempre e tamén á doutrina, e dabámoslle unha ducia de ovos ao cura. Tamén lle dabamos a “bula”. Non era moito, só unha peseta.” A bula era unha cantidade de diñeiro que se lle pagaba ao cura para comer carne os venres en Coresma. Un veciño da aldea, Moncho, fíxose cura, e a súa primeira misa na aldea foi todo un acontecemento. No que respecta á Sección Feminina, Dinora nunca asistiu. “Sentía falar dela e sabía que había reunións. Nunca fun, pero polo que me dicían aprendíanche a coser e a facer as tarefas do fogar.”
  • 16. A política Antes a mili era obrigatoria, e Dinora recorda con tristeza os 2 anos que o seu irmán Alfonso pasou en Sidi Ifni, África. Ela mesma di: “Antes a mili era obrigatoria, o meu Alfonso estivo dous anos en Sidi Ifni. Só te librabas si eras fillo de solteira, ou se túa nai estaba viúva. Se tiñas os pés planos tampouco ías.” A guerra civil estalou cando só tiña catro anos, pero lembra: “Estabamos na veiga da eira e empezaron a pasar persoas e persoas cara arriba e preguntamos que pasara. Entón, foi cando dixeron que comezara a guerra.” Tamén recorda como viviu a morte de Franco: “Eu aínda estaba en Venezuela, e vivino todo por televisión. A verdade é que Franco nin me fixo ben nin me fixo mal”.
  • 17. A política Antes a mili era obrigatoria, e Dinora recorda con tristeza os 2 anos que o seu irmán Alfonso pasou en Sidi Ifni, África. Ela mesma di: “Antes a mili era obrigatoria, o meu Alfonso estivo dous anos en Sidi Ifni. Só te librabas si eras fillo de solteira, ou se túa nai estaba viúva. Se tiñas os pés planos tampouco ías.” A guerra civil estalou cando só tiña catro anos, pero lembra: “Estabamos na veiga da eira e empezaron a pasar persoas e persoas cara arriba e preguntamos que pasara. Entón, foi cando dixeron que comezara a guerra.” Tamén recorda como viviu a morte de Franco: “Eu aínda estaba en Venezuela, e vivino todo por televisión. A verdade é que Franco nin me fixo ben nin me fixo mal”.
  • 18. A política Dinora só viviu os primeiros anos da ditadura franquista. Recorda aos “foucellas”, que eran persoas que estaban fuxidas no monte, e de vez en cando baixaban ata as casas para buscar comida. “Estabas comendo e entraban pola porta e pedíanche comida. Se lla dabas e a Garda Civil se enteraba, levábante preso.” En Venezuela viviu baixo a ditadura de Pérez Jiménez. “Nos primeiros anos había toque de queda. Avisaban pola radio, e a menos que fora algo urxente, coma un médico, non había ninguén nas rúas”.
  • 19. A actual dinora Actualmente Dinora ten 77 anos. Vive na casa de toda a vida, a que con tanta con ilusión mandou arranxar cos cartos que gañaba en Venezuela. Segue traballando nas tarefas do fogar, na recollida do millo, coidando aos animais… Vive coa súa filla, Beatriz Natividad, co seu xenro Eduardo e co seu neto Santiago, de 20 anos. Hai escasamente dous meses Dinora converteuse en avoa por segunda vez. Beatriz deu a luz a un precioso fillo chamado Mateo. Unha muller traballadora, constante e sufridora. Esa é, sen dúbida, Dinora.

Notas do Editor