SlideShare a Scribd company logo
1 of 21
PARTE DUNHA REVOLUCIÓN
Ao longo da historia máis recente, as actividades industriais
  xeraron unha serie de sistemas produtivos que paulatinamente
  se foron incorporando á nosa herdanza cultural.
  As testemuñas da industrialización constitúen un legado
  imprescindible para comprender a historia dos últimos séculos.

  Os elementos e factores que inciden no feito industrial,
  desempeñaron un papel importante na evolución do territorio
  rural ou urbano, na formación do carácter histórico e cultural
  dos seus sitios, lugares e paisaxes e na definición do ambiente
  en que se desenvolveu o desenrolo das industrias.

  O patrimonio industrial convértese en memoria histórica que se
  manifesta segundo a época, a fase do seu desenvolvemento, os
  sectores de actividade e as áreas geoculturais no que se levou a
  cabo o proceso da industrialización.
A industrialización como proceso histórico, esencialmente europeo
   na súa orixe e conformación, permite a conexión da historia
   contemporánea galega coa europea, xurdida da revolución
   científica e da Ilustración.

  O patrimonio industrial actúa como un eixe estructural de
  accións de investigación, creación, difusión e dinamización
  económica.

  É importante coñecer e investigar sobre os feitos que iniciaron a
  revolución industrial en Galicia para comprender mellor a nosa
  realidade económica e cultural da que Sargadelos é bandeira.
A    revolución industrial, que transformou
                                fondamente as estruturas económicas e
                                sociais europeas desde finais do século XVIII,
                                foi un feito que en Galicia non tivo unha gran
                                relevancia ata case un século máis tarde.
                                Poucas industrias marcan unha sociedade na
                                que o sector primario mantivo un peso moi
                                grande ata os nosos días.


En Galicia subsistiron os oficios artesanais,
máis ou menos especializados, ata ben
avanzada a era contemporánea, debido á
dispersión da poboación e a economía de
subsistencia: canteiros, curtidores, ferreiros,
zapateiros, torneiros, etc. Moitos deles
traballaban a tempo parcial e de xeito
itinerante. Cando se fala de industrialización
en Galicia hai que comprender que estamos
ante un proceso incompleto e, para moitos
estudosos, fracasado.
No século XVIII Galicia está nun punto de partida óptimo para unirse á
  febre industrial europea. Nesta centuria, ademais da industria do
  lenzo, da que participaban en torno a 75.000 familias galegas,
  arrinca en Ferrol a construción de buques co Arsenal; o Marqués de
  Sargadelos instala unha das primeiras e máis grandes siderurxias
  da Península Ibérica, e o porto da Coruña racha o monopolio de
  Cádiz e comeza a comerciar con América. Pero a forte competencia
  europea, a falta de capitais, e a posición periférica e subalterna de
  Galicia no novo estado liberal son razóns que abondaron para
  poder comprender o fracaso.
Durante o século XVIII as iniciativas industriais veñen da man da coroa
  española, a través da instalación das manufacturas reais, na etapa do
  despotismo ilustrado cuxo máximo expoñente foi en España o monarca
  Carlos III. A Real Fábrica de Sargadelos é un dos mellores exemplos da
  influencia da Ilustración en Galicia, que estaba naquel tempo aillada
  fisicamente, aínda baixo a negativa influencia da nobleza e o clero xa que a
  man de obra estaba ao seu servizo e o pobo durmía entre a pobreza e a
  ignorancia, sufrindo un grande deterioro.

Sargadelos foi o buque insignia dunha
serie de iniciativas industriais que
abranguen a fabricación de diferentes
xéneros: a Real Fábrica de Mantelería
da Coruña, a Real Maestranza de
Artillería da Coruña, a Real Fábrica de
Cobrería en Xubia, a Real Fábrica de
Xarcia e Lona en Sada, ou a Fábrica de
Tabacos da Coruña, son exemplos do
incipiente desenvolvemento industrial
deste período.
A comarca do río Eo maniféstase a finais do século XVIII como o
   núcleo ferretero máis dinámico da península. Aparecen novas
   ferreirías, para a obtención do ferro da maneira tradicional, e
   tres proxectos de altos fornos perante a década de 1780.

  Foi a Compañía de la Vega, de Ribadeo, quen primeiro solicitou a
  creación de tres ferreirías, catro martinetes e unha fábrica de
  potas de Burdeos. Despois de cinco anos realizou varios dos
  seus proxectos pero non chegou a rematar a creación da fábrica
  de potes de ferro colado.

  Pouco máis tarde, a finais de 1784, outro comerciante da zona,
  José Álvarez de la Graña, solicita autorización para una fábrica
  de potes de ferro colado en Granda pero tampouco se levou a
  efecto.
O de Sargadelos foi o terceiro proxecto de altos fornos e o único que chegou a bo
  porto.
 A iniciativa da Real Fábrica de Sargadelos, primeiro siderurxia, e despois factoría de
  louza, non se entendería sen a figura do seu fundador, Antonio Raimundo Ibáñez.
 Naceu en Oscos, Asturias, no ano 1749, no seo dunha pequena familia fidalga.
  Desde que era novo foi un emprendedor e un precursor, tratando de introducir na
  península as novidades producidas noutros países máis avanzados.

                                           O seu pai era notario; con el preparou a
                                           súa formación, pasando despois a
                                           traballar     en     Ribadeo       como
                                           administrador dunha casa comercial.
                                           Non tardaría moito en facerse coa
                                           dirección do negocio. A principios dos
                                           oitenta Ibáñez era un dos principais
                                           comerciantes, facendo medrar en pouco
                                           tempo a súa situación social e
                                           económica. Comerciou nestes anos con
                                           aceite, liño, viño, augardente e con
                                           ferro, introducindo e dándolle saída a
                                           estes produtos desde Galicia e Asturias.
Na segunda metade do XVIII xa era posible, nalgúns casos, mudar a condición familiar
   grazas ás oportunidades de negocios que se abrían para os emprendedores.
   Mais Raimundo Ibáñez non se conformou co seu éxito comercial e fíxose armador,
   fundando a Real Compañía Marítima, e comezou a comerciar coas Indias e tamén
   con Rusia, Suecia ou Terranova, da que traía o bacallao. Empresario hábil, pensou
   que Galicia tiña recursos naturais abundantes, como madeira e caolín. As súas
   ideas principais eran a existencia da materia prima polo que sería bon desenvolver
   na nosa terra os productos, abaratando custes e obtendo maiores beneficios. A
   aparición dunha nova industria daría novos postos de traballo.




    Inspirado polo movemento europeo da renovación cultural e económica,
    fundou unha fábrica metalúrxica no norte da provincia de Lugo, en Cervo.
    Isto foi posible grazas a unha alianza que tiña cun dos maioristas de
    Compostela, José de Andrés García, que será a base económica do futuro
    alto forno de Sargadelos.
A partir do ano 1791 comeza a erguer o complexo de Sargadelos, hoxe en día
   coñecido pola súa cerámica. Nun primeiro momento xurde como unha
   potente siderurxia, a altura das que comezaban a proliferar en Europa ao
   calor do proceso da industrialización. Contaba para a empresa co apoio do
   Primeiro Ministro Godoy desde Madrid, que lle aseguraba contratos para
   adquirir municións para a Armada Española, e lle facilitaba os suministros
   de materias primas.

                                   En 1794 comeza a funcionar o complexo.
                                   Os primeiros lingotes de ferro colado
                                   mándanse para Ferrol como lastres para
                                   os buques da Armada. Fabrícanse tamén
                                   balas de canón, todo tipo de obxectos
                                   pesados de ferro, elementos de uso cotiá
                                   e ferramentas, actividade á que se adicará
                                   a fábrica nos catorce anos seguintes.
                                   Sargadelos       tivo    maioritariamente
                                   carácter militar ata que a fábrica pasa a
                                   mans de Luis de la Riva no ano 1840.
En canto á producción civil hai que destacar especialmente a fabricación
   de potes.
 Sargadelos era unha siderurxia non integral xa que non dispoñía de
   instalacións para convertir o colado de ferro doce en aceiro, sendo
   caldeados os seus fornos con carbón vexetal, xa que había nos
   bosques do contorno a madeira suficiente para a súa alimentación.
 A fábrica non tardou moito en entrar en decadencia debido ao difícil
   abastecemento e a competencia sufrida desde outras instalacións.
Ademais o Marqués de Sargadelos tivo un grande problema: o
  rexeitamento de boa parte da poboación autóctona, debido á
  deforestación de montes en ben común que a súa fábrica
  provocaba na comarca. O establecemento do alto forno
  alimentado con carbón vexetal ocasionou unha oleada de
  conflictos sociais debido a que os nobres da zona vían na fundición
  un elemento de ameaza para a súa preeminencia e, doutra banda,
  os pobos do contorno que vían máis dereitos da fábrica sobre o
  aproveitamento dos bosques en detrimento dos seus propios.
Así era na realidade: Ibáñez tiña unha cédula de autorización do ano
   1791 pola que podía explotar un amplo bosque que, anque
   sometido ás ordenanzas de montes de marina de 1748,e viña
   sendo utilizado polos veciños aos que se concedían permisos para
   cortar madeiras das inútiles para o Real Servizo, para pezas
   menores de casas, aperos de labranza…A Real Cédula reducía eses
   usos e obrigaba a que calquera aproveitamento do bosque
   quedara suxeito á autorización de Ibáñez.
Se a retirada de moitos dos antigos usos do bosque
  ocasionou os primeiros conflictos, a situación agravouse
  desde o momento en que se formalizou a primeira
  contrata de municións no ano 1796. Ao convertirse
  Sargadelos nunha fundición exclusivamente de material
  militar, a contrata incluirá unha cláusula na que se
  encarga aos que administran a xustiza de “prestar toda
  a axuda necesaria para vencer a tenaz resistencia dos
  veciños da comarca na concurrencia de acarretos”.
  Entón Ibáñez fixará a cantidade de acarretos necesarios
  e realizarase o reparto entre os veciños da comarca.
  Cada lugareño debía servir forzosamente nas tarefas de
  transporte a Sargadelos uns 40 días ao ano.
A resistencia dos campesiños e a insistencia de Ibáñez, que pide a
   axuda do exército en varias ocasións e ataca aos que exercen a
   xustiza que son máis remisos a pedir axuda, vai provocar un clima
   de guerra que rematará co asalto e incendio do complexo de
   Sargadelos por máis de 4000 comarcanos en abril de 1798. Isto
   causou graves danos na siderurxia, que seguiu producindo, pero
   a un ritmo moito menor do agardado polo Marqués.

                                        A     intervención   militar
                                        restauró a orde pero non
                                        solucionou máis que os
                                        síntomas do conflicto e a
                                        morte violenta de Ibáñez foi
                                        posiblemente o seu último
                                        gran estoupido.
                                        Co tempo a siderurxia tivo
                                        que pechar.
No ano 1806 Antonio Raimundo
  Ibáñez crea a fábrica de louza
  nas mesmas instalacións da
  siderurxia, repoñéndose así do
  fracaso     anterior.  Apenas
  podería ver o éxito da súa
  iniciativa, xa que morrería en
  1808. As circunstancias do seu
  pasamento non ficaron moi
  claras. En 1808 coa Guerra da
  Independencia xa en marcha,
  forma parte das xuntas de
  defensa de Ribadeo. Cando
  estas capitulan ante os
  franceses, o marqués de
  Sargadelos é acusado de
  traidor e afrancesado polos do
  seu bando, que rematarían
  por asasinalo.
Raimundo Ibáñez foi un home dunha ampla cultura e erudición, a
  pesar de non poder cursar estudios universitarios. Paradigma do
  ilustrado emprendedor, foi quen de se converter no introdutor do
  modelo capitalista moderno naquela España que aínda
  conservaba usos e costumes propios do Antigo Réxime. Situar a
  Ibáñez no seu sitio implica afirmar o seu papel progresista no
  ámbito industrial pero tamén esquecer a idea de combatente
  liberal e antiseñorial do que o dotaron os seus biógrafos.

                                       Os únicos antiseñoriais
                                          nos conflictos de
                                        Sargadelos foron os
                                          campesiños que
                                      defenderon os seus bens
                                      comúns e a súa liberdade
                                         persoal contra uns
                                         privilexios de corte
                                      señorial outorgados pola
                                        monarquía absoluta.
Ibáñez aínda tivo tempo en vida de traer ao mundo a nove fillos, que deron
   continuidade á súa tarefa emprendedora. Cando morreu estaba a se tramitar o
   título de Marqués de Sargadelos para a súa persoa, título co que pasou á historia
   aínda que nunca gozara del en vida.

                                      Á súa morte o seu fillo maior, José Ibáñez,
                                      por acordo cos seus oito irmáns, tomaría as
                                      rendas      dos   negocios    familiares    e
                                      especialmente da fábrica de louza, que
                                      funcionaría durante catro etapas ata o ano
                                      1879, chegando a ser unha referencia na
                                      península ibérica e un centro de exportación
                                      moi importante. A louza de Sargadelos,
                                      ademais do seu gran volume de produción
                                      industrial, acadou un resultado estético máis
                                      que notable, estando representada a través
                                      das súas máis senlleiras pezas en moitos dos
                                      museos galegos.


  Sargadelos é un emblema histórico no desenvolvemento industrial de
  Galicia, que supuxo un importante motor económico para o seu
  contorno.
Presentación sargadelos

More Related Content

Viewers also liked

Apresentação corporativa dezembro
Apresentação corporativa   dezembroApresentação corporativa   dezembro
Apresentação corporativa dezembroMPX_RI
 
Revisión del término
Revisión del términoRevisión del término
Revisión del términoDiego Fernando
 
Sketchup tegnologia
Sketchup tegnologiaSketchup tegnologia
Sketchup tegnologiaSantiago Rc
 
Power point aplicacion interactiva
Power point aplicacion interactivaPower point aplicacion interactiva
Power point aplicacion interactivadiegoal2012
 
Medios de transmisión guiados y no guiados
Medios de transmisión guiados y no guiadosMedios de transmisión guiados y no guiados
Medios de transmisión guiados y no guiadosmscamposl
 
Que ver y hacer en nueva zelanda UDL
Que ver y hacer en nueva zelanda UDLQue ver y hacer en nueva zelanda UDL
Que ver y hacer en nueva zelanda UDLasophiasolanop
 
Encontrando paz na presença de deus
Encontrando paz na presença de deusEncontrando paz na presença de deus
Encontrando paz na presença de deusCesar Ramos
 
Módulo 4 trabajo final para la web
Módulo 4 trabajo final para la webMódulo 4 trabajo final para la web
Módulo 4 trabajo final para la webquimprofe
 
Osíris - um deus egípcio
Osíris - um deus egípcioOsíris - um deus egípcio
Osíris - um deus egípcioberenvaz
 
Primer dia de las actividades del 2014
Primer dia de las actividades del 2014Primer dia de las actividades del 2014
Primer dia de las actividades del 2014Estefania Gomez
 
Presentación2 egipto
Presentación2 egiptoPresentación2 egipto
Presentación2 egiptosstelauy
 

Viewers also liked (20)

Apresentação corporativa dezembro
Apresentação corporativa   dezembroApresentação corporativa   dezembro
Apresentação corporativa dezembro
 
Dimensiones
DimensionesDimensiones
Dimensiones
 
Tsotsil
TsotsilTsotsil
Tsotsil
 
Revisao.mesopotamia
Revisao.mesopotamiaRevisao.mesopotamia
Revisao.mesopotamia
 
Revisión del término
Revisión del términoRevisión del término
Revisión del término
 
Esquema mc gvfinal
Esquema mc gvfinalEsquema mc gvfinal
Esquema mc gvfinal
 
Sketchup tegnologia
Sketchup tegnologiaSketchup tegnologia
Sketchup tegnologia
 
Power point aplicacion interactiva
Power point aplicacion interactivaPower point aplicacion interactiva
Power point aplicacion interactiva
 
Aprendizaje+basado+en+problemas
Aprendizaje+basado+en+problemasAprendizaje+basado+en+problemas
Aprendizaje+basado+en+problemas
 
Medios de transmisión guiados y no guiados
Medios de transmisión guiados y no guiadosMedios de transmisión guiados y no guiados
Medios de transmisión guiados y no guiados
 
Poliedros
PoliedrosPoliedros
Poliedros
 
Netiqueta
NetiquetaNetiqueta
Netiqueta
 
Que ver y hacer en nueva zelanda UDL
Que ver y hacer en nueva zelanda UDLQue ver y hacer en nueva zelanda UDL
Que ver y hacer en nueva zelanda UDL
 
Encontrando paz na presença de deus
Encontrando paz na presença de deusEncontrando paz na presença de deus
Encontrando paz na presença de deus
 
Bazo estomago
Bazo estomagoBazo estomago
Bazo estomago
 
Módulo 4 trabajo final para la web
Módulo 4 trabajo final para la webMódulo 4 trabajo final para la web
Módulo 4 trabajo final para la web
 
Osíris - um deus egípcio
Osíris - um deus egípcioOsíris - um deus egípcio
Osíris - um deus egípcio
 
Primer dia de las actividades del 2014
Primer dia de las actividades del 2014Primer dia de las actividades del 2014
Primer dia de las actividades del 2014
 
Presentación2 egipto
Presentación2 egiptoPresentación2 egipto
Presentación2 egipto
 
El ciberassetjament
El ciberassetjamentEl ciberassetjament
El ciberassetjament
 

Similar to Presentación sargadelos

Unidade 8 economía e soc do xix
Unidade 8 economía e soc do xixUnidade 8 economía e soc do xix
Unidade 8 economía e soc do xixcamposseijo
 
Unidade 8 economía e sociedade do XIX
Unidade 8 economía e sociedade do XIXUnidade 8 economía e sociedade do XIX
Unidade 8 economía e sociedade do XIXcamposseijo
 
Economía e sociedade do S.XX
Economía e sociedade do S.XXEconomía e sociedade do S.XX
Economía e sociedade do S.XXcamposseijo
 
Economía E Soc Do Xix
Economía E Soc Do XixEconomía E Soc Do Xix
Economía E Soc Do Xixcamposseijo
 
Tema 5 industrialización en españa s xix
Tema 5 industrialización en españa s xixTema 5 industrialización en españa s xix
Tema 5 industrialización en españa s xixagreloroberto
 
Tarefa4 juan diegovazquez
Tarefa4 juan diegovazquezTarefa4 juan diegovazquez
Tarefa4 juan diegovazquezDiego Vazquez
 
6 A Galicia BorbóNica No SéCulo Xviii
6 A Galicia BorbóNica No SéCulo Xviii6 A Galicia BorbóNica No SéCulo Xviii
6 A Galicia BorbóNica No SéCulo XviiiFhistoria
 
Tema 12: Galicia na Idade Moderna
Tema 12: Galicia na Idade ModernaTema 12: Galicia na Idade Moderna
Tema 12: Galicia na Idade ModernaSanti Pazos
 
Transformacións económicas e sociais. tema 10
Transformacións económicas e sociais. tema 10Transformacións económicas e sociais. tema 10
Transformacións económicas e sociais. tema 10dudashistoria
 
O sector secundario en españa
O sector secundario en españaO sector secundario en españa
O sector secundario en españaMaribel Iglesias
 
A Coruña do século XVIII. 300 aniversario de Pedro Cermeño y García de Paredes
A Coruña do século XVIII. 300 aniversario de Pedro Cermeño y García de ParedesA Coruña do século XVIII. 300 aniversario de Pedro Cermeño y García de Paredes
A Coruña do século XVIII. 300 aniversario de Pedro Cermeño y García de ParedesAgrela Elvixeo
 
Tema 6. galicia na idade media
Tema 6.  galicia na idade mediaTema 6.  galicia na idade media
Tema 6. galicia na idade mediadanielvereavazquez
 
Cambados historia da conserva
Cambados historia da conservaCambados historia da conserva
Cambados historia da conservaiesasorey
 

Similar to Presentación sargadelos (20)

HISTORIA DO CARRIL
HISTORIA DO CARRILHISTORIA DO CARRIL
HISTORIA DO CARRIL
 
Tema 5
Tema 5Tema 5
Tema 5
 
Unidade 8 economía e soc do xix
Unidade 8 economía e soc do xixUnidade 8 economía e soc do xix
Unidade 8 economía e soc do xix
 
Unidade 8 economía e sociedade do XIX
Unidade 8 economía e sociedade do XIXUnidade 8 economía e sociedade do XIX
Unidade 8 economía e sociedade do XIX
 
Economía e sociedade do S.XX
Economía e sociedade do S.XXEconomía e sociedade do S.XX
Economía e sociedade do S.XX
 
Economía E Soc Do Xix
Economía E Soc Do XixEconomía E Soc Do Xix
Economía E Soc Do Xix
 
Tema 5 industrialización en españa s xix
Tema 5 industrialización en españa s xixTema 5 industrialización en españa s xix
Tema 5 industrialización en españa s xix
 
Tarefa4 juan diegovazquez
Tarefa4 juan diegovazquezTarefa4 juan diegovazquez
Tarefa4 juan diegovazquez
 
Tema 5
Tema 5Tema 5
Tema 5
 
6 A Galicia BorbóNica No SéCulo Xviii
6 A Galicia BorbóNica No SéCulo Xviii6 A Galicia BorbóNica No SéCulo Xviii
6 A Galicia BorbóNica No SéCulo Xviii
 
Tema 12: Galicia na Idade Moderna
Tema 12: Galicia na Idade ModernaTema 12: Galicia na Idade Moderna
Tema 12: Galicia na Idade Moderna
 
Marqués de ensenada
Marqués de ensenadaMarqués de ensenada
Marqués de ensenada
 
Dhuihd
DhuihdDhuihd
Dhuihd
 
Tema 5
Tema 5Tema 5
Tema 5
 
Transformacións económicas e sociais. tema 10
Transformacións económicas e sociais. tema 10Transformacións económicas e sociais. tema 10
Transformacións económicas e sociais. tema 10
 
O sector secundario en españa
O sector secundario en españaO sector secundario en españa
O sector secundario en españa
 
A Coruña do século XVIII. 300 aniversario de Pedro Cermeño y García de Paredes
A Coruña do século XVIII. 300 aniversario de Pedro Cermeño y García de ParedesA Coruña do século XVIII. 300 aniversario de Pedro Cermeño y García de Paredes
A Coruña do século XVIII. 300 aniversario de Pedro Cermeño y García de Paredes
 
Tema 6. galicia na idade media
Tema 6.  galicia na idade mediaTema 6.  galicia na idade media
Tema 6. galicia na idade media
 
Cambados historia da conserva
Cambados historia da conservaCambados historia da conserva
Cambados historia da conserva
 
San martiño de Francos (Calo, Galicia). Historia
San martiño de Francos (Calo, Galicia). HistoriaSan martiño de Francos (Calo, Galicia). Historia
San martiño de Francos (Calo, Galicia). Historia
 

More from Esperanza Vázquez Dopico (19)

Monográficos de redes
Monográficos de redesMonográficos de redes
Monográficos de redes
 
Presentación valdoviño
Presentación valdoviñoPresentación valdoviño
Presentación valdoviño
 
Presentación de betanzos
Presentación de betanzosPresentación de betanzos
Presentación de betanzos
 
Semana santa ferrolana 2014
Semana santa ferrolana 2014Semana santa ferrolana 2014
Semana santa ferrolana 2014
 
Balcone
BalconeBalcone
Balcone
 
Presentación
PresentaciónPresentación
Presentación
 
Ferrolterra ponse en pé!
Ferrolterra ponse en pé!Ferrolterra ponse en pé!
Ferrolterra ponse en pé!
 
Polvorínpresentación
PolvorínpresentaciónPolvorínpresentación
Polvorínpresentación
 
Polvorínpresentación
PolvorínpresentaciónPolvorínpresentación
Polvorínpresentación
 
Gastronomía galega
Gastronomía galegaGastronomía galega
Gastronomía galega
 
Galego
GalegoGalego
Galego
 
Nunca Máis.
 Nunca Máis. Nunca Máis.
Nunca Máis.
 
Viaxe no tempo
Viaxe no tempoViaxe no tempo
Viaxe no tempo
 
Viaxe no tempo
Viaxe no tempoViaxe no tempo
Viaxe no tempo
 
Viaxe no tempo
Viaxe no tempoViaxe no tempo
Viaxe no tempo
 
Presentación1
Presentación1Presentación1
Presentación1
 
Presentación1
Presentación1Presentación1
Presentación1
 
Galiza
GalizaGaliza
Galiza
 
Galiza
GalizaGaliza
Galiza
 

Presentación sargadelos

  • 2. Ao longo da historia máis recente, as actividades industriais xeraron unha serie de sistemas produtivos que paulatinamente se foron incorporando á nosa herdanza cultural. As testemuñas da industrialización constitúen un legado imprescindible para comprender a historia dos últimos séculos. Os elementos e factores que inciden no feito industrial, desempeñaron un papel importante na evolución do territorio rural ou urbano, na formación do carácter histórico e cultural dos seus sitios, lugares e paisaxes e na definición do ambiente en que se desenvolveu o desenrolo das industrias. O patrimonio industrial convértese en memoria histórica que se manifesta segundo a época, a fase do seu desenvolvemento, os sectores de actividade e as áreas geoculturais no que se levou a cabo o proceso da industrialización.
  • 3. A industrialización como proceso histórico, esencialmente europeo na súa orixe e conformación, permite a conexión da historia contemporánea galega coa europea, xurdida da revolución científica e da Ilustración. O patrimonio industrial actúa como un eixe estructural de accións de investigación, creación, difusión e dinamización económica. É importante coñecer e investigar sobre os feitos que iniciaron a revolución industrial en Galicia para comprender mellor a nosa realidade económica e cultural da que Sargadelos é bandeira.
  • 4.
  • 5. A revolución industrial, que transformou fondamente as estruturas económicas e sociais europeas desde finais do século XVIII, foi un feito que en Galicia non tivo unha gran relevancia ata case un século máis tarde. Poucas industrias marcan unha sociedade na que o sector primario mantivo un peso moi grande ata os nosos días. En Galicia subsistiron os oficios artesanais, máis ou menos especializados, ata ben avanzada a era contemporánea, debido á dispersión da poboación e a economía de subsistencia: canteiros, curtidores, ferreiros, zapateiros, torneiros, etc. Moitos deles traballaban a tempo parcial e de xeito itinerante. Cando se fala de industrialización en Galicia hai que comprender que estamos ante un proceso incompleto e, para moitos estudosos, fracasado.
  • 6. No século XVIII Galicia está nun punto de partida óptimo para unirse á febre industrial europea. Nesta centuria, ademais da industria do lenzo, da que participaban en torno a 75.000 familias galegas, arrinca en Ferrol a construción de buques co Arsenal; o Marqués de Sargadelos instala unha das primeiras e máis grandes siderurxias da Península Ibérica, e o porto da Coruña racha o monopolio de Cádiz e comeza a comerciar con América. Pero a forte competencia europea, a falta de capitais, e a posición periférica e subalterna de Galicia no novo estado liberal son razóns que abondaron para poder comprender o fracaso.
  • 7. Durante o século XVIII as iniciativas industriais veñen da man da coroa española, a través da instalación das manufacturas reais, na etapa do despotismo ilustrado cuxo máximo expoñente foi en España o monarca Carlos III. A Real Fábrica de Sargadelos é un dos mellores exemplos da influencia da Ilustración en Galicia, que estaba naquel tempo aillada fisicamente, aínda baixo a negativa influencia da nobleza e o clero xa que a man de obra estaba ao seu servizo e o pobo durmía entre a pobreza e a ignorancia, sufrindo un grande deterioro. Sargadelos foi o buque insignia dunha serie de iniciativas industriais que abranguen a fabricación de diferentes xéneros: a Real Fábrica de Mantelería da Coruña, a Real Maestranza de Artillería da Coruña, a Real Fábrica de Cobrería en Xubia, a Real Fábrica de Xarcia e Lona en Sada, ou a Fábrica de Tabacos da Coruña, son exemplos do incipiente desenvolvemento industrial deste período.
  • 8.
  • 9. A comarca do río Eo maniféstase a finais do século XVIII como o núcleo ferretero máis dinámico da península. Aparecen novas ferreirías, para a obtención do ferro da maneira tradicional, e tres proxectos de altos fornos perante a década de 1780. Foi a Compañía de la Vega, de Ribadeo, quen primeiro solicitou a creación de tres ferreirías, catro martinetes e unha fábrica de potas de Burdeos. Despois de cinco anos realizou varios dos seus proxectos pero non chegou a rematar a creación da fábrica de potes de ferro colado. Pouco máis tarde, a finais de 1784, outro comerciante da zona, José Álvarez de la Graña, solicita autorización para una fábrica de potes de ferro colado en Granda pero tampouco se levou a efecto.
  • 10. O de Sargadelos foi o terceiro proxecto de altos fornos e o único que chegou a bo porto. A iniciativa da Real Fábrica de Sargadelos, primeiro siderurxia, e despois factoría de louza, non se entendería sen a figura do seu fundador, Antonio Raimundo Ibáñez. Naceu en Oscos, Asturias, no ano 1749, no seo dunha pequena familia fidalga. Desde que era novo foi un emprendedor e un precursor, tratando de introducir na península as novidades producidas noutros países máis avanzados. O seu pai era notario; con el preparou a súa formación, pasando despois a traballar en Ribadeo como administrador dunha casa comercial. Non tardaría moito en facerse coa dirección do negocio. A principios dos oitenta Ibáñez era un dos principais comerciantes, facendo medrar en pouco tempo a súa situación social e económica. Comerciou nestes anos con aceite, liño, viño, augardente e con ferro, introducindo e dándolle saída a estes produtos desde Galicia e Asturias.
  • 11. Na segunda metade do XVIII xa era posible, nalgúns casos, mudar a condición familiar grazas ás oportunidades de negocios que se abrían para os emprendedores. Mais Raimundo Ibáñez non se conformou co seu éxito comercial e fíxose armador, fundando a Real Compañía Marítima, e comezou a comerciar coas Indias e tamén con Rusia, Suecia ou Terranova, da que traía o bacallao. Empresario hábil, pensou que Galicia tiña recursos naturais abundantes, como madeira e caolín. As súas ideas principais eran a existencia da materia prima polo que sería bon desenvolver na nosa terra os productos, abaratando custes e obtendo maiores beneficios. A aparición dunha nova industria daría novos postos de traballo. Inspirado polo movemento europeo da renovación cultural e económica, fundou unha fábrica metalúrxica no norte da provincia de Lugo, en Cervo. Isto foi posible grazas a unha alianza que tiña cun dos maioristas de Compostela, José de Andrés García, que será a base económica do futuro alto forno de Sargadelos.
  • 12. A partir do ano 1791 comeza a erguer o complexo de Sargadelos, hoxe en día coñecido pola súa cerámica. Nun primeiro momento xurde como unha potente siderurxia, a altura das que comezaban a proliferar en Europa ao calor do proceso da industrialización. Contaba para a empresa co apoio do Primeiro Ministro Godoy desde Madrid, que lle aseguraba contratos para adquirir municións para a Armada Española, e lle facilitaba os suministros de materias primas. En 1794 comeza a funcionar o complexo. Os primeiros lingotes de ferro colado mándanse para Ferrol como lastres para os buques da Armada. Fabrícanse tamén balas de canón, todo tipo de obxectos pesados de ferro, elementos de uso cotiá e ferramentas, actividade á que se adicará a fábrica nos catorce anos seguintes. Sargadelos tivo maioritariamente carácter militar ata que a fábrica pasa a mans de Luis de la Riva no ano 1840.
  • 13. En canto á producción civil hai que destacar especialmente a fabricación de potes. Sargadelos era unha siderurxia non integral xa que non dispoñía de instalacións para convertir o colado de ferro doce en aceiro, sendo caldeados os seus fornos con carbón vexetal, xa que había nos bosques do contorno a madeira suficiente para a súa alimentación. A fábrica non tardou moito en entrar en decadencia debido ao difícil abastecemento e a competencia sufrida desde outras instalacións.
  • 14. Ademais o Marqués de Sargadelos tivo un grande problema: o rexeitamento de boa parte da poboación autóctona, debido á deforestación de montes en ben común que a súa fábrica provocaba na comarca. O establecemento do alto forno alimentado con carbón vexetal ocasionou unha oleada de conflictos sociais debido a que os nobres da zona vían na fundición un elemento de ameaza para a súa preeminencia e, doutra banda, os pobos do contorno que vían máis dereitos da fábrica sobre o aproveitamento dos bosques en detrimento dos seus propios.
  • 15. Así era na realidade: Ibáñez tiña unha cédula de autorización do ano 1791 pola que podía explotar un amplo bosque que, anque sometido ás ordenanzas de montes de marina de 1748,e viña sendo utilizado polos veciños aos que se concedían permisos para cortar madeiras das inútiles para o Real Servizo, para pezas menores de casas, aperos de labranza…A Real Cédula reducía eses usos e obrigaba a que calquera aproveitamento do bosque quedara suxeito á autorización de Ibáñez.
  • 16. Se a retirada de moitos dos antigos usos do bosque ocasionou os primeiros conflictos, a situación agravouse desde o momento en que se formalizou a primeira contrata de municións no ano 1796. Ao convertirse Sargadelos nunha fundición exclusivamente de material militar, a contrata incluirá unha cláusula na que se encarga aos que administran a xustiza de “prestar toda a axuda necesaria para vencer a tenaz resistencia dos veciños da comarca na concurrencia de acarretos”. Entón Ibáñez fixará a cantidade de acarretos necesarios e realizarase o reparto entre os veciños da comarca. Cada lugareño debía servir forzosamente nas tarefas de transporte a Sargadelos uns 40 días ao ano.
  • 17. A resistencia dos campesiños e a insistencia de Ibáñez, que pide a axuda do exército en varias ocasións e ataca aos que exercen a xustiza que son máis remisos a pedir axuda, vai provocar un clima de guerra que rematará co asalto e incendio do complexo de Sargadelos por máis de 4000 comarcanos en abril de 1798. Isto causou graves danos na siderurxia, que seguiu producindo, pero a un ritmo moito menor do agardado polo Marqués. A intervención militar restauró a orde pero non solucionou máis que os síntomas do conflicto e a morte violenta de Ibáñez foi posiblemente o seu último gran estoupido. Co tempo a siderurxia tivo que pechar.
  • 18. No ano 1806 Antonio Raimundo Ibáñez crea a fábrica de louza nas mesmas instalacións da siderurxia, repoñéndose así do fracaso anterior. Apenas podería ver o éxito da súa iniciativa, xa que morrería en 1808. As circunstancias do seu pasamento non ficaron moi claras. En 1808 coa Guerra da Independencia xa en marcha, forma parte das xuntas de defensa de Ribadeo. Cando estas capitulan ante os franceses, o marqués de Sargadelos é acusado de traidor e afrancesado polos do seu bando, que rematarían por asasinalo.
  • 19. Raimundo Ibáñez foi un home dunha ampla cultura e erudición, a pesar de non poder cursar estudios universitarios. Paradigma do ilustrado emprendedor, foi quen de se converter no introdutor do modelo capitalista moderno naquela España que aínda conservaba usos e costumes propios do Antigo Réxime. Situar a Ibáñez no seu sitio implica afirmar o seu papel progresista no ámbito industrial pero tamén esquecer a idea de combatente liberal e antiseñorial do que o dotaron os seus biógrafos. Os únicos antiseñoriais nos conflictos de Sargadelos foron os campesiños que defenderon os seus bens comúns e a súa liberdade persoal contra uns privilexios de corte señorial outorgados pola monarquía absoluta.
  • 20. Ibáñez aínda tivo tempo en vida de traer ao mundo a nove fillos, que deron continuidade á súa tarefa emprendedora. Cando morreu estaba a se tramitar o título de Marqués de Sargadelos para a súa persoa, título co que pasou á historia aínda que nunca gozara del en vida. Á súa morte o seu fillo maior, José Ibáñez, por acordo cos seus oito irmáns, tomaría as rendas dos negocios familiares e especialmente da fábrica de louza, que funcionaría durante catro etapas ata o ano 1879, chegando a ser unha referencia na península ibérica e un centro de exportación moi importante. A louza de Sargadelos, ademais do seu gran volume de produción industrial, acadou un resultado estético máis que notable, estando representada a través das súas máis senlleiras pezas en moitos dos museos galegos. Sargadelos é un emblema histórico no desenvolvemento industrial de Galicia, que supuxo un importante motor económico para o seu contorno.