Anúncio
Anúncio

Mais conteúdo relacionado

Anúncio

Proxecto "Debaixo da terra"

  1. DEBAIXO DA TERRA LABORATORIO
  2. DEBAIXO DA TERRA HAI ... NOVAS PROPOSTAS: ANTÁRTIDA, PLANTACIÓN (XARDÍN ETERNO)
  3. EXPOSICIÓN SOBRE A ANTÁRTIDA
  4. PROPOSTAS Minimundo "A Antártida" Pintura con xeo Experimento "Pescamos xeo" Plantación Xardín Eterno Arte efémero con xeo (esculturas de xeo) Experimento "Facemos fósiles con xeo" Pobos asolagados Debuxo dos animais da Antártida
  5. MINIMUNDO DA ANTÁRTIDA Con bloques de xeo de diferentes formas e tamaños e con animais representativos da fauna da Antártida, creamos un minimundo experimentando, xogando, tocando ... o xeo, e sentindo as súas características: dureza, frío, cambio a estado líquido co paso do tempo...
  6. PINTURA CON XEO Experiencia artístico-sensorial de pintura con xeo de cores.
  7. ARTE EFÉMERO CON XEO (ESCULTURAS DE XEO) Que ocorre se pintamos o xeo? Para sabelo probamos a pintar pequenos bloques de xeo con témpera líquida. Observamos que a pintura escorregaba polo bloque. Así foi como descubrimos que botando sal primeiro e pintando despois obtiñamos unhas preciosas esculturas de xeo efémeras. E así foi tamén como descubrimos que o sal fai que baixe o punto de conxelación da auga e se vaian facendo fendas no xeo que permiten que a pintura se filtre formando preciosas esculturas.
  8. EXPERIMENTO "PESCAMOS XEO" Podemos pescar xeo? Fixemos un primeiro intento e decatámonos de que o cordel escorregaba no xeo. E se botamos sal? Que acontece? Botando sal ... pescamos xeo! (a explicación é a mesma que para as esculturas de xeo: o sal fai que baixe o punto de conxelación da auga e o cordel pode engancharse nas fendas sendo capaces así de pescar xeo). E rematamos deixando rexistro de todo o proceso.
  9. EXPERIMENTO "FACEMOS FÓSILES DE XEO" No xeo tamén se poden atopar fósiles. Fixemos fósiles de xeo empregando globos, animais en miniatura e auga. Metemos o animal no globo, enchémolo de auga pero... como facer que se convirta en xeo para ter un animal fosilizado? Pois metendo os globos no conxelador. Agardamos un día e xa tiñamos os fósiles de xeo listos. Entón xurdiu outra dúbida: como sacamos os fósiles do xeo? Fóronsenos ocorrendo distintas hipóteses: metelos nunha tixola, botarlle auga quente, deixar que se derretan, petarlle cunha tesoira, petarlle cun martelo, tiralos contra o chan, que o calor do sol os derreta ... Probamos algunhas delas: -botarlle auga quente derrete o xeo pero é algo lento -petarlle cunha tesoira non funciona -petarlle cun martelo si funciona -deixalos car ao chan tamén funciona Pero aprendemos que @s científic@s non fan nada disto porque teñen ferramentas e maquinaria axeitadas para o estudo dos fósiles. O último paso da experiencia foi rexistrala.
  10. PLANTACIÓN XARDÍN ETERNO Na zona da natureza creamos xardíns eternos. Na Antártida, aínda que hai xeo, tamén hai vexetación: liques, musgo, algas ... Pero non hai ninguén que coide esta vexetación, que lle bote auga, que a transplante cando medra... e así xurdiu a idea de facer un xardín eterno ou ecosistema pechado que non requira coidados. Un ecosistema autosuficiente no que as plantas poidan sobrevivir co único contacto da luz ambiente que entra a través do vidro e que lle dá enerxía ás plantas para que poidan autoalimentarse.
  11. DEBUXO COLECTIVO Logo de esocitar o silencio e o vento da Antártida, cunha música suave de fondo, fixemos un debuxo dos animais da Antártida.
  12. POBOS ASOLAGADOS Facendo aproveitamento do concepto de desxeo (que está a sufrir a Antártida), como isto aumenta o nivel do mar, que consecuencias pode ter ... relacionámolo cunha exposición feita con anterioridade sobre os pobos asolagados por mor da construción de embalses e plantexamos unha proposta que consistía niso: en construir un pobo debaixo da auga. Empregamos diferentes pezas de construción como mármore e pedras e démoslle forma ás nosas cidades asolagadas. Aquí tedes a nosa reprodución do embalse de Belesar e a aldea de Portomatrín.
  13. Seguiremos compartindo propostas do proxecto "Debaixo da Terra". Estade atent@s ao blog!
Anúncio