1. Cervo, 26 de OUTUBRO de 2016
Ola de novo, amigas e amigos!
Menudo outubro de medo que me destes!! Canto traballastes e que
marabillosos traballos fixestes das tradicións e as supersticións da Mariña
Lucense! Estou EMOCIONADA co voso esforzo!
Por certo, que vos pareceu o meu novo traxe robótico? Tou moi elegante no
meu papel de “Namorada da tecnoloxía”, non vos parece?
Daquí á NASA, coa vosa axuda!
Por certo…Estades preparados para comezar coas actividades dos meses
de novembro e decembro? Ala imos!
NOVEMBRO xa sabedes que é O MES DA CIENCIA! E este ano a
ciencia e a tecnoloxía son o noso!
Durante este mes, nos recreos da biblioteca teredes os RECREOS DE
CIENCIA, nos que proxectaremos algún capítulo de series moi coñecidas con
temática robótica. Animádevos a vir velos!!
Na Biblioteca, tamén atoparedes unha EXPOSICIÓN DE LIBROS DE CIENCIA,
principalmente sobre o tema da TECNOLOXÍA, A ROBÓTICA, TESLA, A
XENÉTICA, MENDEL E AS LEGUMINOSAS, por ser o tema elexido este ano
polo Instituto Galego de Ciencia, onde podedes vir a informarvos para facer os
vosos traballos de ciencias, tanto na clase como nos recreos dentro da biblio, no
que tamén haberá CAZAS DO TESOURO sobre estes temas. Sabedes que eu
sempre recompenso o voso esforzo e motivación con estreliñas no Pasaporte
Lector! Así que moito ánimo e vide investigar conmigo! Este traballiño
poderédelo facer individualmente ou en grupo ao longo de todo o trimestre.
Quero animarvos tamén a crear o voso “PROXECTO MAKER”, trátase dun
pequeno aparello tecnolóxico construído coas vosas propias mans! Para
facilitarvos o traballo puxen unha entrada no blog cunha chea de vídeos que vos
poden servir de inspiración. Que vos parece se nos animamos a crear un por
clase e logo o día 30 de novembro nos xuntamos todos e o poñemos en
común, para festexar o DÍA DA CIENCIA EN GALEGO? Estou moi impaciente
por VER OS VOSOS MAGNÍFICOS TRABALLOS!
Quérovos recordar tamén que durante este mes teremos que ir facendo o
traballiño de investigación para crear o noso calendario, colaborando co
2. EDLG. Este ano chamarase, como non podía ser doutra maneira, “Escorn-arte
na Mariña Lucense” e cada clase investigará sobre o patrimonio natural e
cultural dalgún concello da nosa comarca. Xa vos dixeron as mestras cal vos
tocou a vós? O prazo para telo rematado é o 15 de novembro así que hai que
traballar a fume de carozo!!!
Neste mes tamén teremos o MAGOSTO e o DÍA DO PEÓN, QUE
EMOCIÓN!
Despois chega DECEMBRO, tempo de NADAL_BOTS!
Neste mes vou propoñervos o seguinte: Que vos parece si lle escribimos
unhas cartiñas a algún xornalista dos medios audiovisuais a ver si se
animan a compartir con nós unha xornada no cole e contarnos moitas cousas
interesantes sobre o seu traballo pola SEMANA DA PRENSA, no mes de
marzo? Animádevos, sería xenial, non vos parece? Podedes pedirlle axuda á
vosa titora para que vos suxira a quen escribirlle. Recordade describirlles moi
ben o noso entorno e o cole e falarlles sobre que estamos traballando e porque
queredes que veñan!
Tamén vos invito a participar nunha actividade COLABORATIVA coa vosa
familia. Trátase de decorar un NADAL_BOT con motivos navideños e facer
unha exposición no cole despois! As miñas axudantes daranvos a plantillas
máis adiante. O prazo de entrega será anterior ao 9 de decembro.
Tamen teremos a ACTIVIDADE DO AMIGO INVISIBLE: Coma cada ano cada
un de vós elaborará, na clase de plástica, un saquiño decorado, para colgar
nos corredores, este ano ten que parecerse a un ROBOT, que vos parece?
Tamén teredes que facer unha postal con bos desexos para un “amigo
invisible”. Recordade que tedes que ter rematado antes do 14 de decembro
para que o último día podamos facer unha xuntanza e repartir os sacos-
sorpresa mentres cantamos unhas fermosas cancións para despedir o trimestre!
Antes de rematar quero recordarlles aos nenos e nenas de 4º, 5º e 6º que
intentarei comezar o CLUB DE LECTURA deste ano no mes de xaneiro. Xa
podedes ir pensando en si vos queredes apuntar! Logo vos direi máis!
Xa sei que esta carta é un pouco longa pero é que traballades tanto e facedes
tantas cousas bonitas que eu sempre ando a matinar algún novo invento para
compartir con vós!
Sodes fantásticos e quérovos un montón! PUCA