SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 2
Baixar para ler offline
RELATO:
En Lugo, hai moito tempo cando os animais falaban, encantáballes escoitarse uns
aos outros. Un bo día o bufo, pensando que coma el non cantaba ninguén, decidiu facer
un concurso , coidando que gañaría sen dificultade. Colocou carteis ao longo de toda a
muralla onde poñía:
“Se che gusta cantar, ven a Voz Animal”
“Convértete na voz da Muralla”
O xurado estaba formado polo león, porque era o rei dos animais, polo raposo,
pola súa intelixencia, e polo galo, que levaba toda unha vida cantando.
“Lugar, hora e día: muralla de Lugo , ás 13:30 do día 21 de Marzo”
Cando chegou o día, a muralla estaba chea de animais; moitos só foran pescudar.
Comezou o concurso e o presentador que era o bufo sacou do seu peto a lista cos animais
que participaban:
A AGUIA!!
O OSO!!
O CAN!!
O LOBO!!.
O CUCO!!
O BUFO!!í
De primeiro saíu o bufo, cantou BU, BU e fíxose de noite, logo saíu a aguia que
soltou un chío tan agudo que rompeu todos os cristais , terceiro foi un can, ladrou, viu un
gato entre o público e saíu correndo tras del, logo o lobo, que ouveou moiiiii alto e
deixounos a todos arrepiados, de quinto o oso, que ruxiu moi forte, tanto que case deixa
xorda á toda a fauna espectadora e por último o cuco, que voando, pousouse na muralla e
empezou a cantar. Co seu CU-CU abriron as flores que levaban moito tempo durmidas,
o sol brillou máis forte, e os outros paxaros non puideron facer outra cousa que cantar
tamén
O xurado non tivo dúbidas de quen tiña que ser o gañador. E dese xeito, dende
aquela, cada 21 de Marzo oirás, en Lugo, se te achegas á muralla, cantar ao cuco.

Mais conteúdo relacionado

Mais de Endl Cep Sequelo Marín (10)

Castelao en Marín
Castelao en MarínCastelao en Marín
Castelao en Marín
 
Traineras
TrainerasTraineras
Traineras
 
A Chalana
A ChalanaA Chalana
A Chalana
 
Sarreaus
SarreausSarreaus
Sarreaus
 
Ancares, pegada de pedra
Ancares, pegada de pedraAncares, pegada de pedra
Ancares, pegada de pedra
 
Introducción ao megalitismo de Marín
Introducción ao megalitismo de MarínIntroducción ao megalitismo de Marín
Introducción ao megalitismo de Marín
 
Castros
CastrosCastros
Castros
 
Os Ancares
Os AncaresOs Ancares
Os Ancares
 
Pintega
PintegaPintega
Pintega
 
Maios do sequelo 2015
Maios do sequelo 2015Maios do sequelo 2015
Maios do sequelo 2015
 

Cantou o cuco na muralla de Lugo

  • 1. RELATO: En Lugo, hai moito tempo cando os animais falaban, encantáballes escoitarse uns aos outros. Un bo día o bufo, pensando que coma el non cantaba ninguén, decidiu facer un concurso , coidando que gañaría sen dificultade. Colocou carteis ao longo de toda a muralla onde poñía: “Se che gusta cantar, ven a Voz Animal” “Convértete na voz da Muralla” O xurado estaba formado polo león, porque era o rei dos animais, polo raposo, pola súa intelixencia, e polo galo, que levaba toda unha vida cantando. “Lugar, hora e día: muralla de Lugo , ás 13:30 do día 21 de Marzo” Cando chegou o día, a muralla estaba chea de animais; moitos só foran pescudar. Comezou o concurso e o presentador que era o bufo sacou do seu peto a lista cos animais que participaban: A AGUIA!! O OSO!! O CAN!! O LOBO!!. O CUCO!! O BUFO!!í De primeiro saíu o bufo, cantou BU, BU e fíxose de noite, logo saíu a aguia que soltou un chío tan agudo que rompeu todos os cristais , terceiro foi un can, ladrou, viu un
  • 2. gato entre o público e saíu correndo tras del, logo o lobo, que ouveou moiiiii alto e deixounos a todos arrepiados, de quinto o oso, que ruxiu moi forte, tanto que case deixa xorda á toda a fauna espectadora e por último o cuco, que voando, pousouse na muralla e empezou a cantar. Co seu CU-CU abriron as flores que levaban moito tempo durmidas, o sol brillou máis forte, e os outros paxaros non puideron facer outra cousa que cantar tamén O xurado non tivo dúbidas de quen tiña que ser o gañador. E dese xeito, dende aquela, cada 21 de Marzo oirás, en Lugo, se te achegas á muralla, cantar ao cuco.