1. Boletín do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística
CEIP de Randufe Nº 62 outubro de 2016
“Arredor dunha viñeta de Luís Davila”“Arredor dunha viñeta de Luís Davila”“Arredor dunha viñeta de Luís Davila”“Arredor dunha viñeta de Luís Davila”
“Houbo un tempo, na época heroica do Xabarín, no que a
rapazada tiña un contacto directo co galego. As mellores se-
ries de debuxos animados emitíanse na galega nun programa
que ademais estaba inzado de música galega do momento. A
aposta actual da TVG, na liña da política lingüística da Xunta,
consiste na emisión de debuxos animados en inglés. O fracaso
deste invento ofrécenos unha boa medida da hipocrisía sobre
a que está montado o noso imaxinario social. Créase un dis-
curso que baleira o fardel da utilidade á lingua galega para en-
cher o da lingua inglesa. Neste proceso non mellora a aprendi-
zaxe do inglés e esnaquízanse as ancoraxes da normalización
lingüística. O único que gaña é un castelán ultraprotexido e ul-
traimposto. Velaquí espido o verdadeiro obxectivo da política
lingüística sustentada polos dous personaxes caricaturizados,
Feijóo e Rajoy. Eles representan o peor do racismo lingüístico.
Ai! se os galegofalantes nos distinguíramos pola cor da pel,
toda a progresía estaría denunciando esta política de apart-
heid!... (segue na contraportada)
Os monicreques da viñeta non só cobran vida nas series
que protagonizan nas pantallas de televisión. Son tamén as fi-
guras de múltiples videoxogos. Fagámonos unha pregunta:
cando vimos a Bob Esponja ou a Pocoyo nun videoxogo en ga-
lego? Esta pregunta leva a outra: Cando se preocupou a admi-
nistración por corrixir esta eiva? A resposta das dúas é a mes-
ma: nunca. Non se pode aparcar este problema como se fose
unha cuestión menor ou un pequeno pecado de desleixo. A ra-
pazada adica, cada vez en maior número, o seu lecer a este ti-
po de xogos. Se o galego está vetado neste eido, estamos em-
puxando á cativada polo funil do castelán. E a isto non se lle
denomina imposición?
Aínda hai outro protagonista na viñeta de Davila, ese pai com-
prometido coa cultura que quer educar ao seu fillo en galego.
Que faga todo o posible por transmitirlle a lingua non significa
que o rapaz a vaia empregar no seu entorno social. Cómpre a
axuda de toda a comunidade para podelo facer. Neste punto
encontrámonos coa cuestión da libre elección dos pais. Esta
liberdade que só se garante se a escolla é o castelán. O pai do
debuxo de Davila non ten dereito a esa liberdade.
Queda por falar do último personaxe, o neno. Pero, ...a quen lle
importa o neno?”
O texto é da autoría de Cibrán Arxibai Queiruga, extraído da entra-
da “Arredor dunha viñeta de Luis Davila” do blogue Carta Xeométri-
ca
https://cartaxeometrica.blogspot.com.es/2016/09/arredor-dunha-vineta-de-luis-davila.html
2. DITOS E FRASES FEITAS (1): “KILL THE MOUSE”
Kill the mouse é o título dun capítulo do libro de Carlos Callón Como falar e escribir en galego con
corrección e fluidez. Nese capítulo di que “matar o rato, suposta adaptación do castelán matar el rato dá
como resultado un significado que cae dentro do disparate. Xa non digamos cando alguén nos afirma que
chegará dentro dun rato!!”
As frases feitas ou ditos nunha lingua están fixadas polo seu uso e teñen un significado diferente das
palabras tomadas por separado; así se dicimos que alguén ten cara de can ou cara de ferreiro estamos a
indicar que a persoa ten aspecto malhumorado, non pretendemos dicir que se asemella á nosa mascota.
Cada lingua ten as súas propias frases feitas, e a tradución literal das mesmas pode ser gramaticalmente
correcta e tamén ser un disparate, como é o caso de matar o rato; cando quen a pronuncia non está inten-
tando acabar coa vida dun pequeno roedor.
Noutros casos a tradución pode ser correcta e non perder o significado orixinal e, porén, ser allea á
nosa lingua e á nosa tradición como é o caso de mirar (ou ver) os touros desde a barreira. Esta frase, co-
mo calquera da fraseoloxía referida ao mundo taurino, é allea á nosa tradición que sempre criou as vacas e
os bois para o leite e a carne, e noutros tempos para os traballos no campo, pero nunca para o seu maltrato
e morte por divertimento. Así para dicir que queremos saber de algo sen meternos no medio, podemos
deixar os touros tranquilos é utilizar algunha expresión orixinal ou frases como falar do mar e non meterse
nel ou deixar o cu ao quente.
En galego,... máis e mellorEn galego,... máis e mellorEn galego,... máis e mellorEn galego,... máis e mellor seguirá en
vindeiros números con frases feitas propias
da nosa lingua. E lembrade que rato é un pe-
queno mamífero roedor de cor gris ou parda,
fociño picudo e rabo delgado e longo, do que
existen diferentes especies. E tamén chama-
mos rato ao dispositivo que se conecta aos
ordenadores e que, ao movelo sobre unha su-
perficie plana, desprazando un punteiro ou
outro sinal na pantalla, localiza un punto e ac-
túa sobre el. E por suposto Minnie e Mickey.
— Cando teña un
rato momento
chámote para ir-
mos pasear
— Non sei se ho-
xe terei tempo
que aínda tardo
un bo rato anaco
en acabar de es-
tudar.