1. Boletín do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística
CEIP de Randufe Nº 51 xaneiro de 2015
Mentira 9: “É ilegal e atenta contra os dereitos dos falantes
de castelán o feito de que toda a sinaléctica e a documenta-
ción oficial (toponimia, relación coa administración, escolas,
hospitais, etc.) estean case sempre en galego”.
2. REGALAR AGASALLOS e AGASALLAR CON
Agora, que acabamos de pasar un tempo no que os Reis Magos, o Papá Noel (que en
galego soaría mellor se lle chamarmos Papá Nadal) ou o Apalpador trouxeron os seus rega-
los, resultan moi oportunas unhas consideracións recollidas do blogue Galego na Rede
(https://galegonarede.wordpress.com/) mantido pola escritora e profesora Helena Villar Janei-
ro.
REGALAR, AGASALLAR e OBSEQUIAR son verbos sinónimos. Porén á hora de
construír oracións con estes verbos, AGASALLAR e OBSEQUIAR levan sempre a preposi-
ción CON
“Regaláronme unha guitarra”. “Agasalláronme CUNHA guitarra”. “Obsequiáronme CUNHA guitarra”.
A razón é que o agasallado, ou obsequiado, son eu, non a guitarra. Mais o regalado si é a guitarra.
Do mesmo xeito que os verbos anteriores son sinónimos, igual
acontece cos nomes REGALO, AGASALLO, OBSEQUIO, GALANO,
PRESENTE. Cando nos referimos aos agasallos propios para os cativos e
cativas, e máis nestas datas natalicias, podemos estar a falar de XOGO,
XOGUETE, BRINQUEDO ou tamén de GARRIDO.
Segundo nos explica a profesora Villar Janeiro a palabra GARRIDO
“é unha desviación semántica do adxectivo “garrido/a” (bonito/a).” pa-
ra a continuación engadir “Non a podemos deixar morrer. Hoxe segui-
mos dándolle á infancia garridos, pero son doutro tipo. Polo tanto, serán garridos os xogos e xogue-
tes electrónicos, por moi sofisticados que sexan. Serán garridos os libros... Será un
garrido todo o que a esa idade gusta recibir e que cumpre un papel fundamentalmente
lúdico.”
Para rematar di: “ A salvación do idioma tamén consiste en contextualizar estas
palabras traéndoas á nosa memoria e ao noso tempo. A salvación do idioma está ta-
mén en conservar o vocabulario patrimonial evitando unha lingua lampa, pobre, sen
xenio propio.”
Fagamos caso a tan atinadas palabras.