1. Boletín do Equipo de Normalización Lingüística do CEIP de Randufe
Nº 10 setembro de 2007
VI
[…]Rei Afonso de Castela
cantaba a Santa María
coas palabras máis fermosas
que na nosa Terra había.
Rei Denís de Portugal,
amigo da agricultura,
na nosa lingua cantaba
con extremos de dozura.
Martín Códax o de Vigo,
Arias Nunes e Mendiño,
dicían os seus cantares
nas terras que baña o Miño.
Pero Meogo trobaba
co cervo que á auga volvía
con tan belidos dicires
que os sentidos suspendía.[...]
Darío Xoán Cabana
2. O mozo rianxeiro
rompeu o brazo nun acci-
dente de moto cando ía
visitar a súa amiga pon-
teareá.
Xentilicios son as palabras con que denominamos aos naturais dun lugar. As palabras que indican
a orixe ou nacionalidade dunha persoa, así por ex. GALEGO é o xentilicio das persoas de Galiza. Hoxe ímonos
fixar nalgúns xentilicios galegos deixando para outro boletín os correspondentes a lugares de fóra do ámbito lin-
güístico galego.
- Os xentilicios referidos a sitios como A Coruña, Lugo, Noia, Pontevedra, O Porriño, Valdeorras ou Vigo son
CORUÑÉS, LUGUÉS, NOIÉS, PONTEVEDRÉS na forma masculina, ou PORRIÑESA, VALDEORRESA ou VI-
GUESA na forma feminina.
- Outros como os de Allariz, Lalín, Mondariz, Mondoñedo, A Pobra do Caramiñal, Ribadavia ou Tui son ALLA-
RICENSE, LALINENSE, MONDARICIENSE, MINDONIENSE, POBRENSE, RIBADAVIENSE ou TUDENSE.
- Lugares como Arzuá, Bergantiños, Camariñas, Carnota, Ferrol, Fisterra, Muros, Ourense, Ponteareas, San-
tiago de Compostela ou o Val Miñor dan xentilicios como ARZUÁN, BERGANTIÑÁN, CAMARIÑÁN, CAR-
NOTÁN ou FERROLÁN na forma masculina, e FISTERRÁ, MURADÁ, OURENSÁ, PONTAREÁ, COMPOS-
TELÁ ou VALMIÑORÁ na forma feminina.
- Aos naturais de Burela, Castro Caldelas, Cortegada, A Limia, O Ribeiro ou Sarria teremos que chamarlles
BURELAO, CALDELAO ou CORTEGAO na forma masculina e LIMIÁ, RIBEIRÁ e SARRIÁ na forma feminina.
- Os dos concellos de Betanzos, Rianxo e O Rosal ou as da comarca do Xallas chámanse BETANCEIROS,
RIANXEIROS, ROSALEIRAS e XALLEIRAS.
- O Cebreiro, A Terra Cha ou o concello de Cervantes teñen como xentilicios CEBREIREGO, CHAIREGA ou
CERVANTEGA.
- Chantada, Fonsagrada ou Monforte dan CHANTADINO, FONSAGRADINO ou MONFORTINA.
María é limiá,
Cristina e Patricia
son chairegas, e Ro-
berto aínda que poi-
da parecer arzuán en
realidade é burelao.