O slideshow foi denunciado.
Seu SlideShare está sendo baixado. ×

Traxe tradicional galego definitivo

Anúncio
Anúncio
Anúncio
Anúncio
Anúncio
Anúncio
Anúncio
Anúncio
Anúncio
Anúncio
Anúncio
Anúncio
INTRODUCCIÓN
A memoria que temos do noso traxe tradicional comeza só do século XVIII. De épocas anteriores podemos
saber c...
 As Mariñas:Ten por centro a Betanzos e alcanza a parte meridonial de Pontedeume, sobre todo A Coruña.
 Ortigueira, Ferr...
MATERIAIS EMPREGADOS
Para encontrarnos metidos no noso traxe rexional hai que coñecer ben de que está feito:
 Liño: É o c...
Anúncio
Anúncio
Anúncio
Carregando em…3
×

Confira estes a seguir

1 de 17 Anúncio

Mais Conteúdo rRelacionado

Anúncio

Mais recentes (20)

Anúncio

Traxe tradicional galego definitivo

  1. 1. INTRODUCCIÓN A memoria que temos do noso traxe tradicional comeza só do século XVIII. De épocas anteriores podemos saber como era a vestimenta utilizada grazas ó arte(cadros, pinturas,esculturas...). Coñécese sobre todo o que usaba o campesiño os días de festa, cheo de cor, e usada tamén polas señoras e señores con complementos ricos e valiosos. O traxe anterior a este século é soberbio, escuro e sen relieve. O noso traxe foi un feito xeográfico, coma os de outras rexións. Creouse pola cultura e necesidades do ser humano. Así quedou adaptado ó propio medio natural no que vivía. É evidente que hai en tódalas épocas, incluída na actual, dous traxes diferentes: os utilizados en festas e recepcións(á chamada etiqueta), e a indumentaria corrente (aínda que nese século fose extraordinariamente elegante).O chaqué ou a levita,e o traxe de noiva ou de festa da muller son moi diferentes a os vestidos correntes. Non é posible atopar un traxe invariable en Galiza, foise trasformando a través de anos e séculos. Existe por tanto unha riquísima variedade do noso traxe rexional dependendo das comarcas. Hai diferentes estudios sobre isto, e nós imonos guiar polo realizado por Nieves de Hoyos, que divide as comarcas da siguiente maneira:
  2. 2.  As Mariñas:Ten por centro a Betanzos e alcanza a parte meridonial de Pontedeume, sobre todo A Coruña.  Ortigueira, Ferrol e a parte septentrional de Pontedeume forman outra comarca para o traxe.  Bergantiños: Abarca Carballo e parte de Negreira e Corcubión.  As Rías: Comprenden Corcubión, Muros, Noya, Padrón, Cambados, Redondela e Vigo.  Partidos Marítimos: Está formado por Lugo, Viveiro ,Mondoñedo e Ribadeo.  Partidos centrais:Lugo, Vilalba e Becerrá.  Partidos do Sur: Sarria, Chantada, Monforte de Lemos e Quiroga.  Santiago de Compostela  Ordes e Arzúa  Labradores de Pontevedra  Ourense A análise daindumentariatradicional galegadebe terencontaas múltiplesvariantesque estapresenta,non só en virtude dos condicionais xeográficos, se non incluso en función do propio gusto das costureiras e sastres que os levaban a cabo. Hai outrosestudosque profundizaronneste temachegandoarealizarse moitomaisexhaustivas. Peroneste traballoimosfacerun resumodoselementosbásicosdaindumentariamasculinae femininadotraxe tradicional galego.
  3. 3. MATERIAIS EMPREGADOS Para encontrarnos metidos no noso traxe rexional hai que coñecer ben de que está feito:  Liño: É o compoñente mais característico da indumentaria tradicional galega. Cultívase en todo o noroeste. Os seus tecidos eran enviados a diferentes lugares do Imperio Romano. O liño é unha pranta fácil de conseguir, pois require moi poucos coidados, ainda que a súa posterior elaboración e fíado necesita moitas e pesadas labores, sendo este un dos motivos principais para o seu proguesivo copaso do tempo. O traballo de fíar fomentou unha reunión festiva. A roca era a inseparable compañeira da muller en Galiza. Pode considerarse como símbolo do traballo durante moitos séculos. O lenzo galego era a peza fundamental na alta costura española. O prestixio que tiña non foi posible de soster por empobrecemento, abandono e política económica  A Lá: Era outro dos elementos mais empregados en Galiza debido a existencia de grandes rabaños, sobre todo nas zonas montañosas. A lá ten menos labores que o liño, unicamente require un lavado perfecto, xa que a súa característica esencial é a brancura.  A Seda: Usábase en menor medida, e especialmente era moi codiciada para elaborar finas e caladas medias.  Outros materiais: As fibras mais humildes que se usaban eran a palla (para facer sombreiros) e o xunco(para elaborar capas, saias e polainas)
  4. 4. ELEMENTOS DO TRAXE TRADICIONAL GALEGO O traxe feminino ROUPA INTERIOR:  CAMISA: É a primeira peza da roupa interior de muller. Podía ser de varios xéneros pero fundamentalmente era de liño ou estopa. Tiña as mangas axustadas nos puños e unha abertura no peito que se pechaba con un ou dous botóns de liño. Dacordo co gusto da muller que a usaba e das razóns dun día de festa, viaxe ou enfermidade, tiña as súas boas camisas nas que lucía adornos moi sinxelos ou bordados e finas puntillas feitas por elas mesmas.  XUSTILLO: Conócese tamén como “corpiño”. É unha especie de chaquetilla sen mangas que remata na cintura, é o corsé armado de baleas. Xeralmente é unha peza interior que se pon sobre a camisa, sen embargo ás veces, por razóns do traballo ou por caprichos da moda o xustillo era prenda exterior sobre a que se poñía o dengue. O xustillo facíase de xénero forte, xeralmente de liño, e se axustaba (“agolletaba”) cun cordón que iba diante ou detrás. Podían ser de diferentes cores e ter bordados.  PANTALÓN OU CALZA INTERIOR: é unha peza interior de abrigo e en principio era aberto na entreperna. É branco e chega ata debaixo do xeonllo. Había dous tipos: de diario, que inverno era de xénero mais groso, e o das festas, de tea fina, con remate de encaixes e ben pechado debaixo do xeonllo con cinta branca ou de cor.  ENAGUA: É falda de cor branca e cun voo tan grande que pode considerarse esaxerado, e moi adornada con encaixes de Camariñas ou puntillas de fabricación caseira, as veces feita pola mesma muller que as usaba. Na puntila do volante pasábase unha cinta de cor que indicaba o estado de muller: vermello se era solteira, branco se era casada e negro se era viúva. A vistosidade dos encaixes, que en bastantes casos aparecían en dous ou tres pregos ademais do volante, deu o nome de “os baixos”, que eran citados para eloxiar á muller que os levaba, á que por este motivo se podía considerar unha muler elegante.  MEDIAS: Eran de uso xeral e se facían de liño, elixindo sempre o mais branco, ou de lá para as épocas de frío, principalmente na Galiza montañosa. Fabricábanse en moitos sitios pero tiñan fama as de Mondoñedo,Santiago, Padrón e Lugo. Ademais das medias de fío e de lá, tamén as había de algodón e seda branca e bordadas, outras de color gris, e tamén eran frecuentes as lisas de seda branca, ou negras.
  5. 5. ROUPA INTERIOR DE SOLTEIRA ROUPA INTERIOR DE CASADA ROUPA EXTERIOR  CORPIÑO: a palabra en si , mais que corpo pequeno significa corpo ben feito. O corpiño é unha chaquetilla axustada á cintura de forma que realza o talle estreito na parte inferior. Pode ter mangas que rematan en vistosos puños de veludo, e ten un colo cosido ó pano que baixa en redondo ata a cintura. É unha peza de gala de grande lucimento, e por tanto, de xénero de gran calidade (panilla ou veludo).  CHAMBRA: peza moi usada polas mulleres galegas. Consiste nunha blusa especial, de colo alto, manga longa con puño fruncido e botóns que daban realce á tea. Adoitaba ser de liño e adornábase con puntillas no colo, puños e peche do peito.  DENGUE: é unha pequena capa que cubre a espalda ata a cintura, e se prolonga para cruzala por diante en dous menguantes que fan as puntas estreitas e redondeadas, rematando o peche en un ou dous broches de prata branca ou dourada ( ou outro metal) na espalda, á altura do talle. É unha peza de gala, e leva dúas cintas de diversas cores (segundo a comarca) anchas e moi longas, que despois de atalas á cintura, fan lazada por detras e caen ata case que o longo da saia. Fai conxunto co mantelo, e podía variar en calidade de xénero e en feitura. Eran frecuentes en cores negra e marrón, pero segundo a moda, podía ser encarnado, azul ou amarelo. Era unha peza moi coidada, algunhas veces de veludo na sua totalidade,e mayoritariamente de pano mesturado con veludo e adornado ricamente con acibeche.  CHAQUETA:é unha prenda de gala e o mesmo tempo de abrigo, usada sobre todo nos pobos da ría de Muros e Noia. Era de algodón ou liño con mangas terminadas en puño fruncido, ou liso e con adorno de
  6. 6. veludo, acibeche e abalorios. A cor e igual a do traxe e abrocha con un ou dous botóns e con broche de prata en forma de cunchas como os do mantelo.  MANTELA: en castelán “mantilla”. Prenda moi usada en toda Galiza, e imprescindible para entrar na igrexa. Servía para cubrir a cabeza e era de pano negro. Había dous tamaños: unha curta que cubría a cabeza e caía ata media espalda, e por diante ia facéndose máis curta; e outra longa, un semicírculo que caía dende a cabeza ata a cintura, envolvente e de gran abrigo, e forrada con percal ou outra tea de agodón. Como fai xogo co dengue e mantelo, leva adornos similares a eles, como un zócalo de veludo, máis ou menos ancho, e algún bordado ende acibeche.  MANTELETA OU CAPIÑA: Era unha peza de abrigo, de picote ou de liño, que se levaba sobre os ombros e caía ata máis abaixo da cintura.Era moi útil por permitir o traballo manual, sobre todo a roca, ganchillo e pallas, e ter protexido o corpo das inclemencias do frío.  PARLAMENTA: é unha pequena capa adornada con dúas esclavinas que se abrochan por diante do colo. Era unha prenda de certa distinción e elegancia, e o broche do colo tiña que ser de prata.  SAIA: E a falda que a muller pon como vestido exterior que suxeita na cintura e chega ata mais abaixo do xeonllo. Segundo as épocas de moda variaron moito as dimensions das saias. Durante moito tempo a saia era longa e o seu voo medíase por metros. En moitos casos vestíanse dúas saias, unha interior (zagal) e unha exterior (basquiña). A saia interior era de baeta de cor amarela, e a basquiña era de pano encarnado admitía adornos negros. A cintura tiña que se pechaba con dous corchetes. Debaixo de cintura agochábase unha abertura para a “faltriqueira” (peto). As saias máis famosas foron as que usaban as muradanas que eran de cor negra de pano e adornos de pasamanería e acibeche ou riberetes. A roupa de traballo era moi diferente da do día de festa, era de xénero máis ordinario, sen tantos voos e máis curta.  REFAIXO: Similar á saia. Prenda exterior que se puña por riba da enagua. Xeralmente era de cor vermella ou amarela, e adoitaba levar na parte inferior unha franxa de veludo. Era longo e tamén se lle poñian adornos mais ou menos complicados (riberetiños e pasamanería).  MANTELO: É unha prenda de lucimento en forma de mandil, que acada o voo dunha saia pero é mais curto e está aberto por atrás, e non sustitúe o mandil. É de uso corrente en toda Galiza e tiña unha confección moi esmerada, sobre todo os de gala, que ostentaban broches de prata e incluso de ouro, e ían
  7. 7. rodeados dunha franxa ancha de veludo negro, que se adornaba polos lados e polo borde inferior co pasamanería e acibeche formando caprichosos debuxos. O mantelo, ó igual do mandil, podía poñerse e de feito poñíase moitas veces pola cabeza para ir misa.
  8. 8.  MANDIL: Usado polas mulleres por riba da saia e incuso do mantelo. Átase por detrás coas dúas cintas que saen de cintura (as “trenzas do mandil”) que en mandiles de festa son dúas cintas bastante longas que permiten formar un vistoso lazo coas cintas caíndo pola espalda. O mandil usado para o traballo é de liño ordinario ou de picote plisado sen grandes coidados. Recibe o nome de lera e podía substituir á mantilla para entrar na igrexa e para cubrirse cando chovía. ë un mandil de xénero forte e moi amplo de voo para poder levar “unha regazada” de castañas, berzas, mazás,... ou calquera outra cousa. Non había un color único para o mandil, podían ser brancos, azuis, ou negros cando a muller ía de loito. O mandil de festa é da mesma calidade do mantelo e polo tanto destaca dentro do seu pequeno tamaño o adorno case sempre de acibeche. Este mandil non ten outra misisón máis que romper a monotonía do mantelo, e pode ter un diminuto peto e ata lucir un pequeno pano bordado. Traxe de gala, con mantelo e chaqueta de pano e veludo, casquete con prumas, , pano brocado na cabeza, e ricas xoias (colares, pendentes, sapos de filigrana e broches)
  9. 9. NA CABEZA  SOMBREIRO DE PALLA. Se usaban en toda Galiza, sobre todo no verán. Eran de tecido fino. de copa cónica, á recta e de moito corpo, cunha cinta de cae dobre sobre a espalda. A cinta acostume ser negra e pode levar un adorno lateral de pano (“carabel”), que segundo estea á dereita ou esquerda, indica se a muller estana solteira ou casada.-  CASQUETE: É un pequeno sombreiro de forma circular, vai enganchado ó pano da cabeza .A maioría das veces vai decorado con pedrería de azabache.  COFIA: É unha especie de velo branco, unha peza de gala na que se colocaba o distintivo para coñecer o estado da muller que o levaba (cintas de cor branca, vermella ou negra). É unha especie de bolsa aberta para cubrir a cabeza e o cabelo da súa caída natural. Están feitas de liño moi fino, muselina, tul bordado ou encaixe e suxéitanse por medio dunha cinta pasada pola xareta que se lle fai no borde da abertura. As cofias tiñan interesantes debuxos nos seus encaixes, e o mais coidado era o que aparecía no rectángulo da parte inferior.Eran moi vistosas as da zona da Costa da Morte, por estaren preto de Camariñas, lugar famoso polos seus encaixes. O estreo da cofia podía coincidir coa presentación da moza casadeira, ou podía regalartlla o noivo á noiva , regalo que se ,mantiña en segredo ó igual que o día e a hora do casamento. Traxe de faena. Camisa sinxela, sen puntillas, mandil de liño e falda e corpiño de pano. Pano da cabeza, sombreiro, e mantón.
  10. 10.  CINTA DO PELO: O peiteado da muller de raia ó medio e o pelo en dúas bandas para recollelo en dúas trenzas. Poucas veces o peiteaban cara atrás e facía unha soa trenza. O moño aparece moito máis tarde, facían un rodete e lle encasquetaban un sombreiro. Dende nenas o pelo, nunha ou dúas trenzas, suxeitábase cunha cinta que era máis ancha a medida que as rapazas medraban. Facíase un folgado lazo que adoitaba ser de cor branca e formaba parte da elegancia das mozas COFIA DE SOLTEIRA  PANOS: Empregábanse diferentes panos: PANO DA CABEZA: é de liño, algodón ou seda. Colócase despois de dobralo en tres puntas, formando así un triángulo. O vértice bótase para espalda e os extremos da base átanse por debaixo do queixo, por riba Traxe de gala, con corpiño, mantelo e mantelaa xogo en pano e veludo, e adornos de pedrería e acibeche;, cofia, pano de mans e medalla con sapo.
  11. 11. da fronte ou detrás da cabeza de varias maneiras. Impera a cor branca e todas as gamas ata o vermello e o negro (pano de loito). Co paso do tempo o pano gañoulle terreo á cofia, xa en desuso. PANO DO PESCOZO: É un pano moi rameado, con frecos ;dóblase en pico, crúzase polo peito e átanse as puntas. É unha peza de abrigo que se usaba no lugar do dengue. MANTÓN: Tamén chamado pano de cubrir. É o pano de máis abrigo , pode ser de lá ou algodón e diferénciase dos anteriores en que nunca se ata. Un dos de máis estima era o de oito puntas e o de máis abrigo, o chal, que era mantón de flocos e máis voluminoso. O mantón de festa era de seda, rameado e con flocos moi longos. O mantón foi un poderoso axudante da muller para levar os fillos e para defenderse do frío no inverno. No caso de que non fixera frío dobrabao e poñíao enrriba da cabeza como o mantelo. PANO DAS MANS OU DAS NARICES: tamén chamado “do bolsillo”, é de pequeno tamaño, branco ou de cor, e o máis bordado era o da boda porque nel se recollian as arras.  PENDENTES, ADREZOS E COLARES: Sendo nenas ás mulleres poñíanlles pendentes nas orellas, sinxelos,de prata ou de ouro. O lóxico era que de nenas levasen uns pendentes, de mozas outros e de casadas os da voda. Tiveron moita aceptación os aros de prata pola crenza de que eran moi bos para non perder a vista. Tamén había aros de ouro formados polo aro e un colgante de forma triangular terminado en tres esferiñas ou calquera motivo de adorno. Eran pequenos e só se poñian en días moi especiais como nas vodas e romarías. Fronte a este humilde adorno de pendentes sinxelos, había os “ adornos do traxe de ricos”. Consistía nuns pendentes de ouro, bastante grandes e en forma de aro, e nunha medalla, unha cruz ou un pequeno relicario pendente dunha cadea de ouro prata ou unha cinta de veludo. Foron de uso moi xeral os pendentes formados por dous ou tres corpos. O máis clásico era o coñecido como “sapo”: O corpo superior ten forma de cola de pavo real aberta. O segundo corpo ten forma crecente ou trapezoidal e o terceiro, triangular ou ás veces, forma de corazón. Ten unhas filigranas excepcionales que mostran a delicadeza desta xoia. Os colares eran moi habituais,sobre todo as cadeas de ouro, ou os colares de contas de prata sobredourada, e era frecuente que o sapo tamén se empregase como colgante nos colares. O acibeche era outro material que abundaba nos colares, camafeos, e nos bordados dos traxes.
  12. 12. Traxe pontevedrés de gala. Con maton debaixo da mantela, feita en pano e veludo, igual que o mantelo, ricamente adornados con acibeche. Cofia, e colar con sapo. Múltiples aderezos: colares, sapos, pendentes… por riba desta chaquetiila mafnificamente adornada con acibeche.
  13. 13. Traxe Masculino: ROUPA INTERIOR  CALZONCILLOS: era un pequeno calzón de liño branco e pechado pola cintura con un botón.  CIROLAS:.Peza de roupa interior. É un pantalón longo , da misma tea que a camisa. Está feita de liño de cor branco. Úsabase principalmente no verán pola calor e as faenas do campo, como as segas, onde había que aguantas moitas horas de sol.  MEDIAS: Usábanse en tódalas épocas do ano, ás verces soas e outras por debaixo das polainas. Cubrían o pé e a perna ata o xeonllo, e eran de liño ou lá, e tamén as había de seda. ROUPA EXTERIOR  CAMISA: A camisa e usada dende épocas moi lonxanas en Galiza. Está feita de liño ou lá. A súa cor solía de cor branca, pero podía ser doutras cores. A camisa foi como as demais prendas de vestir, peza de distinción e esta distinción notábase principalmente no xénero, pero tamén na feitura. As mellores camisas, que se poñían nas festas, podían ter a parte de adiante superior noutro xénero e con adornos moitas veces bordados.  CHALEQUE: É unha prenda moi vistosa na indumentaria masculina. Pode ser de panilla, veludo , baeta ( verde, amarela ou vermella, segundo a cor doutas pezas do traxe). Pode levar colo alto e solapas en pico de regular, ou de colo baixo e solapas en pico pero máis curtas. O chaleque das festas (“o bo”) tiña solapas bordadas e ribeteadas, e levaba dúas liñas de botóns brancos ou dourados, unha ringleira para cerrar e a outra de adorno. O peche podía ser central ou lateral. A espalda era de liño con variedade de adornos, dende un triángulo só ou dous opostos polo vértice, ou motivos florales, xeométricos, etc.  CHAQUETA: Era curta, non pasaba da cintura , e entallada, de pano castaño, verde, azul ou vermello.iña colo alto ou volto, e solapa pequena, dous petos horizontais, ás veces bordados. Os botóns en dúas liñas, unha a cada lado, e tamén nos puños, brancos o dourados, según os das demais pezas. Nalgunha épcoa a chaqueta usábase levándoa ó ombro, postura moi garbosa dos mozos para lucir mellor o seu chaleque. A chaqueta de festa tiña sempre o colo alto e bordado, igual que o reforzo dos petos.
  14. 14.  CAPA: Foi de uso frecuente, ainda que descoñecemos cando se puxo de moda. era longa, cunha esclavina, e forrada.Eran de cor negra, castaña ou azul. Era de uso obrigado o día da voda en calquera estación do ano. O borche era de prata, pero non faltaban peches de ouro e outros metais.  XIBÓN: especie de chaleque de colo baixo que pecha por adiante. era máis longo que o chaleque e tiña un pequeno voo que cubría todo o tronco e a parte superior das pernas.  CALZÓN OU CALZAS: é de pano ou pana e de moi distinta cor e feitura segundo os lugares. Suxéitase á cintura e chega a cubrir o xeonllo. Na peuena abertura que ten no xeonllo, en parte parqa que esta poda dobrarse comodamente, sobresaen os calzoncillos, e oara pechar, debaixo do xeonllo adoitaba ter botóns ou unha cinta (ás vecs esta era de cor (segundo a comarca) e constituía un adorno. O calzón luxoso, para o traxe de festa, era de xénero moi boe tiña bordados os fremates, igual que o chaleque e a chaqueta.  POLAINAS: É unha prenda que protexe a perna dende a xeonllo ó tornecelo. Cérrase na parte exterior da perna. Son de cor negro e suxeitaánse ó pé por media dunha cinta que pasa por debaixo do arco do zapato ou zoque. ten unha especie de visera que cobre parte do pé e , en días de festa, usábanse cun pompón de seda no remate da viseira, e outros dous no peche superior, xunto ó xeonllo.  FAIXA: Tea rectangular, larga e terminada en flocos.Da dúas voltas ó redor da cintura. Era de uso xeneral e non se diferenciaba duns lugares a outros, unicamente variaba a clase, que podía ser de máis ou menos luxo e de diferente cor , dende o vermello ata o negro.  PANO. o home tiña sempre un pano luxoso de seda. Era unha peza de moita estimación e de bo tamaño, maior que o das narices, e que se usaba como adorno, colgado do peto do calzón. Era moi vistoso e colorido. Outro pano era o das narices, que era principalmente branco. E tamén moitos homes usaban un pano branco máis grande ca este, que poñían na cabeza debaixo da monteira ou dos sombreiros os días do sol para que non lle fixese dano. NA CABEZA  MONTEIRA: As súas orixes datan de finais da Idade Media. E un casquete , de diferente forma e tamaño, para abrigar a cabeza e en ocasiósn tamén as orellas. era de lá ou outro xénero. A maís simple non era mais que o tecido en forma de bóveda cunha dobrez arredor excepto por diante, que formaba
  15. 15. viseira. Esta era moi usada nas privincias de Lugo e a Coruña. pero foi moi usada a mitral, que era mais ou menos alta e cun saínte lateral, ás veces bastante longo. Adornábanse con presillas de veludo e motas de seda, formando grecas e debuxos sen que nelas falten as prumas de gal, pavo rela, perdiz...  SOMBREIRO: eran de palla, algunhas veces forrado e incluso con pano branco amarrado por debaixo. Protexía do sol, e usábase no traballo ou nas solemnidades. Nas vodas usábase de pano. CALZADO FEMININO E MASCULINO  ZOCAS: era un calzado de madeira na súa totalidade, e úsase dende hai seculos na nosa terra. As máis sinxelas son lisas, pero podían ter debuxos fáciles gravados. Eran de madeira de vidueiro ou amieiro. POdían ser romas ou rematadas en punta, que eran as mais frecuentes. Unha variente é a “madroña ou madreña”, que ten ampla a entrada para o pé e leva tres tacos na solaqe tparecen propios para a neve. Son de punta roma e moi cómodos para usar con zapatilla.  ZOCOS: zapatos con sola de madeira, e apel adoita ser de becerro e ter cor natural ou tinguida de negro. A bertura pechase cun cordón de coiro que axusta as dúas partes laterais de pel pasando por uns “oxetes” dourados. Átanse no último ou penúltimo burato directamente ou ben dando unha volta á perna segundo a comodidade da persoa que os calza.  CHINELAS: é a zoca sen talón, e tamne se denominaba desta maneira ói calzado que tiña unha sola e du ías tiras mais ou menos anchas para suxeitar o empeine do pé (tipo sandalia). Xornaleiro. Camisa, chaleque, cirolas, calzón, polainas e sombreiro, e pano
  16. 16.  ZAPATOS: o zapato e a a botina eran elementos e gala e luxo. O zapato feminino clásico era de tacón baixo, escotado e punta roma. O de gala era o chamado “orella”, feiro de charol, pel fina ou pao negro, e adoitaba adornarse con lazo na fibela. Ademais do clásico zapato baixo, había as botinas, que eran de cana, que pasaban o tornecelo, e estaban feitas de pel ou pano branco ou negro. A botina branca levaba un lazo vermello cunha fibela. O home usaba o calzado como o da muller, e polo tanto, os días de gala levaba zapatos finos. Pero ademais usa o zapatón, que era mais forte que o zapato.  ZANCOS: Son dous paus altos con apoios para os pes. Usábanse para cruzar camiños con moita auga e para xogos.

×