4. Autor:
René Goscinny é o autor de Astérix o Galo de orixen frances,naceu o 14 de agosto
do ano 1926 . Foi un guionista de historietas cómicas e ademais é un dos autores
franceses máis coñecidos do mundo. Foi cofundador e director da revista Pilote e
gañou fama como guionista de varias historietas cómicas. A súa creación de máis
éxito foi Astérix o Galo, obviamente xunto a Albert Uderfo o debuxante dos famosos
persoaxes.
6. Astérix :
Astérix é un dos persoaxes máis importantes da obra, e o que da o nome ao comic. É
o mellor amigo de Obelix e debe a súa intelixencia ao éxito das súas aventuras.
Obten o seu poder da poción máxica de Panoramix, ademáis de ser o seu protexido.
É un guerreiro pequeno de estatura, pero extremadamente intelixente e valente.
Aparece caracterizado cun casco alado e grandes bigotes louros.
7. Obélix:
É o compañeiro inseparable de Astérix. Caeu na marmita da poción máxica de
Panorámix cando era pequeno e por iso é coma un neno que medrou demasiado
rápido e que non é consciente da súa forza.
É grande e con aspecto bonachón. Leva grandes bigotes e trenzas. Viste con
calzóns brancos e azuis e un ancho cinturón.
As súas pasions na vida son o bo comer e as loitas, especialmente contra os
romanos. Amigo de todos, en especial do seu fiel compañeiro Ideafix, un cachorro
de can tan pequeno que se perde entre o abundate corpo do seu amo e que é fiel
e leal coma ningún.
8. PANORAMIX:
É o druida da aldea e o único capaz de fabricar a "poción máxica". É alto, de
complexión delgada; leva unha longa barba branca e vai vestido de branco cunha
capa vermella. Normalmente se lle ve portando unha fouce de ouro.
9. Ideafix:
Ideafix é o can de Obélix. É un can pequeno, un Schnauzer miniatura branco, que a
pesar do seu tamaño ten bastante apetito. Ideafix está moi apegado a Obélix, sen
embargo ponse a chorar ante calquera árbore talado ou derribado, converténdose así
no primeiro can ecoloxista da historia. É por esta razón que Obélix deixou de tirar
árbores sobre os romanos.
10. Evolución:
Pasaron 50 anos dende a aparición da primeira páxina de ‘Asterix’ en ‘Pilote’. Os
anos transcurridos déixanse sentir.
A época dourada da serie foi, sen lugar a dúbidas os anos 60. Neste periodo de
tempo forxouse o ‘canon’ do guión e do debuxo, para o cal os seus creadores tiveron
a flexibilidade de introducir as modificacións e as evolucións que consideraron
necesarias nos primeiros álbumes. O debuxo melloraba en cada episodio e ademais
buscouse un bo colorista pois o daltonismo de Uderzo non lle permitía realizar esas
funcións adecuadamente.
11. Ilustrador:
Albert Uderfo naceu o 25 de abril do ano 1927. O xoven Albert amosa desde a
escola infantil unha auténtica habilidade para o debuxo e é totalmente
autodidacta.
Tras a Liberación francesa ao final da Segunda Guerra Mundial, Uderzo empeza a
introducirse no mundo da animación e traballa para varias revistas creando
debuxos de novos heroes.
Máis tarde coñece a René Gosciny e xuntos crean Asterix o Galo.