SlideShare a Scribd company logo
1 of 6
Download to read offline
Libros prohibidos ao longo
                                                        da historia

EL PARAISO PERDIDO. John Milton
Incluído en el Librorum Prohibitorium en Roma (1758)
Epopea sobre o tema bíblico da caída de Adán e Eva. Trata sobre o problema
de por que Deus, bo e todopoderoso, permite o mal e o sufrimento.


AS AVENTURAS DE TOM SAWYER Mark Twain
Foi confiscado na fronteira de Rusia en 1930. Retirado do currículo das escolas
de West Chester (USA) en 1994, logo das queixas dos pais pola súa linguaxe
racista. Excluído nas salas infantís de varias bibliotecas públicas dos Estados
Unidos.
O libro relata as aventuras da infancia de Tom Sawyer, un neno que medra no
antebellum do Sur dos Estados Unidos, á beira do río Misisipi.


1984: EL GRAN HERMANO TE VIGILA. George Orwell
Prohibida nalgúns condados dos Estados Unidos por considerarse novela pro-
comunista e con contido sexual explícito. En Florida foi prohibido en 1981.
Tamén foi censurado na Unión Soviética por razóns políticas.
Describe una sociedade localizada nunha futura Inglaterra dividida en dous
grupos: os membros do Partido Único, totalmente obnubilados por unha
completa e atroz represión, e por outro unha masa de xente extremadamente
pobre que vive aterrorizada e illada da política.


EL ORIGEN DE LAS ESPECIES Charles Darwin
Prohibido en Iugoslavia (1935) e Grecia (1937) Curiosamente non estivo no
índice de libros prohibidos da Igrexa Católica, porque o consideraban tan
subversivo que non lles cabía dúbida ningunha de que todos o consideraban
un libro prohibido sen ter que especificalo.
Na obra, Darwin argumenta a súa teoría sobre como os organismo evolucionan
gradualmente por medio da selección natural. É un libro que pode ser lido por
non especialistas.


LAS UVAS DE LA IRA John Steinbeck
Prohibido primeiro en California e logo en case todos os Estados Unidos. Parece
que a prohibición foi inducida polos ricos terratenentes que non querían que se
dera a coñecer o trato que daban aos seus traballadores.
Está ambientada nos anos 30, na gran crise económica do 29, e describe o
proceso polo cal os pequenos produtores son expulsados das súas terras por
cambios das condicións de explotación das mesmas.

                                      1
Libros prohibidos ao longo
                                                           da historia
HIJOS Y AMANTES David Herbert Lawrence
Censurada en Inglaterra pola súa obscenidade. Conta a historia da familia
Morel, que vive na conca mineira de Nottingham. A señora Morel está
desilusionada coa vida que leva co seu home e centra toda a súa atención
nos seus fillos, especialmente en Paul. Os vínculos entre nai e fillo vólvense
absorbentes ata o punto de influír negativamente nas relacións sentimentais de
Paul coas mulleres.


LAS FLORES DEL MAL Charles Baudelaire
Para publicarse tivo que cambiar o título orixinal “As lesbianas”). Polo seu
contido lesbio tivo que retirar seis poemas. Pola súa primeira publicación, en
1857, foi levado a xuízo e censurado polo réxime de Napoleón III.


EL PROFETA Khalil Gibran
Prohibido en Irán en 1923.
A obra está protagonizada por un profeta que, oito anos antes da súa morte,
abandona o lugar onde viviu e antes de irse a xente pídelle que fale de certos
temas. Cada un deles forma un capítulo: a amor, o matrimonio, os nenos, o
traballo, a alegría, o vestir, a razón, a amizade, o tempo…


MEMORIA DE MIS PUTAS TRISTES Gabriel García Márquez
Prohibido en Irán. En principio fora permitido co título “Memorias dos meus
tristes cariñiños”, e a palabra prostituta fora substituída por “miña beleza”. Pero
logo foi retirado completamente.
Relata o namoramento dun ancián nonaxenario e unha rapaza de 14 anos.
Describe as súas vivencias con outras mulleres e como atopa significado á
vellez por medio do amor.


TRES ENSAYOS SOBRE TEORÍA SEXUAL Sigmund Freud
Os libros de Sigmund Freud foron queimados durante a ditadura de Hitler.
Daquela, o pai do psicoanálise comentou ironicamente a un xornalista que en
realidade semellante fenómeno era un avance na historia humana: “Na Idade
Media, eles queimaríanme a min”, afirmou.
Nesta obra, Freud trata diversos temas: as aberracións sexuais, a sexualidade
infantil, a metamorfose da puberdade, o fetichismo e a sexualidade feminina.




                                        2
Libros prohibidos ao longo
                                                         da historia
EL CÓDIGO DA VINCI Dan Brown
Prohibido en Exipto, China e Irán. Malia ser un texto de ficción, as relacións
entre Xesús e María Magdalena non é do agrado de moitas persoas e crenzas.
No caso do Irán, a prohibición foi debida á influencia da Igrexa Armenia
iraniana, que posúe dous escanos no parlamento.

Narra os intentos dun profesor de iconografía relixiosa para resolver un
misterioso asasinato ocorrido no Museo do Louvre. Isto lévao a investigar unha
sociedade secreta que se remonta á fundación dos Templarios e a analizar e
descifrar mensaxes ocultos nos famosos cadros do pintor e nas paredes das
antigas catedrais.



EL DIARIO DE ANA FRANK Ana Frank
Foi censurado no Condado de Wise, nos Estados Unidos (1982) polas súas
pasaxes “sexualmente ofensivas”. Tamén se fala moito da censura imposta
polo propio pai de Ana, Otto Frank. Decidiu suprimir algunhas reflexións persoais
sobre as relacións da moza coa súa nai, cos seus compañeiros de clase e
outras consideracións sobre cuestións sexuais.
El libro es un diario de esta adolescente, xudía, que vivía no ghetto de
Amsterdam entre 1942 e 1944. Ela morreu nun campo de concentración
durante unha epidemia de tifo.


MADAME BOVARY Gustave Flaubert
Flaubert e o seu editor foron a xuízo trala súa publicación porque a obra era
presuntamente obscena. Sen embargo foron absoltos porque o tribunal
estimou que unha obra literaria debía xulgarse só por criterios literarios.
Consideraban que o comportamento de Madame Bovary era indecoroso,
pero iso non era argumento para atacar unha obra de arte.
Madame Bovary é unha muller de clase media que perdeu á súa nai e vive no
campo co seu pai. Chea de soños que aumentan a medida que se dá camiño
na vida, unha vez que o seu home, médico de poucas aspiracións, a saca do
campo, dedícase a cumprir todas as súas pretensións. Mantén un amorío en
secreto, leva unha vida de luxo, despreza ao seu home e, sen embargo, el
segue adorándoa e traballando arreo para manter ese nivel de vida.


UN MUNDO FELIZ Aldous Huxley
Prohibido en Irlanda en 1932. Huxley presenta a sociedade como un lugar de
miseria humana, opresión, enfermidade e amoreamento. Malia que estaba
destinado a ser puramente satírico, moita xente criticou a obra como
incorrecta representación dos valores.


                                       3
Libros prohibidos ao longo
                                                         da historia
LOS VIAJES DE GULLIVER Jonathan Swift
Foi denunciado como obsceno en Irlanda en 1726. En moitos países tamén foi
censurado debido aos temas de corrupción política, os sentimentos
antibelicistas e as inxustizas da colonización. Mesmo en España foron suprimidas
pasaxes que se consideraban pouco axeitadas para o público infantil.

Narra as viaxes do Dr. Lemuel Gulliver nos que se atopa con culturas estrañas.
Inclúe a invención de culturas estrañas e “salvaxes” deseñadas
deliberadamente para remover as conciencias dos británicos da época. Inda
que se presenta como historia para nenos e nenas, trátase dunha das obras de
sátira política máis importantes da historia. Anticipou temas como a busca da
inmortalidade ou os dereitos dos animais.



ALICIA EN EL PAÍS DE LAS MARAVILLAS Lewis Carroll
Prohibido en China (1931) por representar aos animais e aos humanos no
mesmo nivel (“Os animais non deberían usar linguaxe humana”).
Narra a historia de Alicia, unha nena que esperta tras un pesadelo fronte ao
espello mentres a súa ama lle está peiteando o cabelo. Ao saír ao xardín
descobre unha serie de estraños invitados tomando o té…


LAS MIL Y UNA NOCHES Anónimo
Foi incautado pola alfándega dos Estados Unidos en 1927 e en Exipto (1985),
por conter pasaxes obscenas que consideraban unha ameaza para a estrutura
moral do país.
Traducido por vez primeira no 1704, é unha recompilación de contos árabes do
Oriente Medio medieval. Describe de forma fantástica e algo distorsionada a
India, Persia, Siria, China e Exipto.


A CHAMADA DA SELVA Jack London
Prohibido en Italia e Iugoslavia (1929) e queimado nas piras nazis de 1932 polas
súas ideas socialistas e por considerarse radical.
Narra a historia de Buck, un can afeito á plácida vida doméstica que, logo de
ser roubado e vendido a uns traficantes, coñecerá a dura vida dos cans de
Alasca. Alí, Buck volverá a ser lobo.


LOS VERSOS SATÁNICOS Salman Rushdie
Prohibido en Paquistán, Arabia Saudí, Exipto, Somalia, Sudán, Malaisia, Qatar,
Indonesia, Sudáfrica e India polas súas críticas ao Islam.
Un avión secuestrado estalla a grande altura sobre o Canal da Mancha. Dous
superviventes caen ao mar: Gibrel Farishta e Saladin Chamcha. Conseguen
                                       4
Libros prohibidos ao longo
                                                        da historia
chegar a unha praia inglesa e notan uns estraños cambios: un adquiriu unha
aureola e outro ve como medra o peluxe nas súas pernas, os pés convértense
en pezuños…


A FRONTEIRA INFINITA Celso Emilio Ferreiro
En 1972 impediuse a difusión de varios relatos desta obra. Ao publicar ese
mesmo ano en Portugal o volume “Autoescolha poética”, Celso Emilio
introduciu esta advertencia sobre dito libro: “Prohibido pola censura previa”.
Outro exemplo deste escritor foi “Longa noite de pedra”: cando en 1967 se
publicou a primeira edición bilingüe desta obra, prohibiuse o poema “O
edificio” que foi substituído por “Spiritual”, composición datada en Caracas.


POR QUIEN DOBLAN LAS CAMPANAS Ernest Hemingway
Como gran parte da obra de Hemingway, sufriu a censura franquista: “Os
protagonistas da novela, como os estranxeiros en xeral, non teñen un espírito
relixioso”. Foi publicada en España en 1968, trinta anos logo de editarse en
inglés.
A trama desenvólvese en España durante a Guerra Civil, e articúlase en torno á
historia de Robert Jordan, un profesor español oriúndo de Montana, que loita
como especialista en explosivos no lado republicano. O xeneral Golz
encárgalle a destrución dunha ponte, vital para evitar a contraofensiva do
bando Nacional durante a batalla de Segovia.


ESCOLMA POÉTICA Ramón Cabanillas
A obra completa de Cabanillas foi editada en Bos Aires, porque a censura
esixía, para permitir a súa publicación en 1958, abundantes supresións en
vintecinco poemas. Este é o informe do censor sobre a súa obra:
      “es un lírico gallego de gran inspiración pero también uno de los
      sostenedores intelectuales de un separatismo gallego anacrónico y
      absurdo y de un anticlericalismo no menos incongruente. Su crítica
      social –pregona la rebelión violenta de los campesinos- es también
      un extremismo sin mucho sentido.”


XENTE AO LONXE Eduardo Blanco Amor
En 1971, o “lector” (termo usado polo réxime franquista para referirse aos
censores) introducía un informe sobre esta obra, atrevéndose incluso a opinar
sobre a súa calidade:
      “Novelita de bastante pobreza literaria en la que se nos narran los
      acaeceres diarios de una aldea gallega vistos a traves de los ojos de
      un niño”. “Los tres relatos que comprenden las páginas 25 a 55 se
      tachan totalmente porque los tres tienen una intencionalidad
                                       5
Libros prohibidos ao longo
                                                         da historia
      pornográfica manifiesta y porque además de eso dos de ellos
      presentan vejatoriamente a las partidas del Ejército, que luchan
      contra los comunistas en un país imaginario”.


CÓMAROS VERDES Aquilino Iglesia Alvariño
Foi o primeiro libro importante publicado en galego trala guerra civil.
Inicialmente o seu autor omitiu a solicitude de permiso, polo que chegou a ser
denunciado. A obra foi retirada por orde do gobernador civil na imprenta
Celta, en Vilagarcía de Arousa. Iglesia Alvariño librouse dunha sanción grazas á
mediación de Juan Aparicio, xerarca do réxime, responsable máis tarde da
prohibición de “Da esencia da verdade”, de Heidegger, na versión feita por
Ramón Piñeiro e Celestino Fernández de la Vega.


AIRES DA MIÑA TERRA Manuel Curros Enríquez
O bispo de Ourense asinou un edito condeando o libro por conter
“proposicións heréticas, blasfemas, escandalosas, e algunhas que merecen
outra censura”. Os exemplares en poder do editor foron secuestrados e os
moldes desfeitos. Foi procesado e condeado a dous anos, atro meses e un día,
e logo absolto na Coruña. Posteriormente durante o réxime franquista, un
escrito presentado en 1943 na Vicesecretaría de Educación Popular
denunciaba: “Y es tremendo que esta obra gallega, que llegó a ser prohibida
en los tiempos liberales de la Monarquía por su infamia a la Iglesia y al Estado,
haya podido ser publicada hoy”.




                   Biblioteca Sagrada Familia

                Calle Antonio Pereira 1, Bj. 15007

                981184392 bsagradaf@coruna.es




                                       6

More Related Content

Viewers also liked (9)

"84 Charing Cross Road", de Helene Hanff
"84 Charing Cross Road", de Helene Hanff"84 Charing Cross Road", de Helene Hanff
"84 Charing Cross Road", de Helene Hanff
 
Plantilla receitas
Plantilla receitasPlantilla receitas
Plantilla receitas
 
#LeConOrgullo 2014: as municipais entenden
#LeConOrgullo 2014: as municipais entenden #LeConOrgullo 2014: as municipais entenden
#LeConOrgullo 2014: as municipais entenden
 
Suma Ágora: english version
Suma Ágora: english versionSuma Ágora: english version
Suma Ágora: english version
 
Programación Actividades do Ano Do Libro E A Lectura
Programación Actividades do Ano Do Libro E A LecturaProgramación Actividades do Ano Do Libro E A Lectura
Programación Actividades do Ano Do Libro E A Lectura
 
Xogo CCI I
Xogo CCI IXogo CCI I
Xogo CCI I
 
Guía de lectura Xosé María Díaz Castro-Letras Galegas 2014
Guía de lectura Xosé María Díaz Castro-Letras Galegas 2014Guía de lectura Xosé María Díaz Castro-Letras Galegas 2014
Guía de lectura Xosé María Díaz Castro-Letras Galegas 2014
 
Anime Experimental
Anime ExperimentalAnime Experimental
Anime Experimental
 
Guía de autores galegos
Guía de autores galegosGuía de autores galegos
Guía de autores galegos
 

Similar to Libros prohibidos ao longo da historia

Plumas comprometidas
Plumas comprometidasPlumas comprometidas
Plumas comprometidastudense
 
á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (mozos%2 fas e adultos%2fas)
 á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (mozos%2 fas e adultos%2fas) á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (mozos%2 fas e adultos%2fas)
á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (mozos%2 fas e adultos%2fas)Xenza
 
Presentación a expedicion ao pacifico
Presentación a expedicion ao pacificoPresentación a expedicion ao pacifico
Presentación a expedicion ao pacificobibliotecavios
 
Manuel Curros Enríquez, 1º Bacharelato
Manuel Curros Enríquez, 1º BacharelatoManuel Curros Enríquez, 1º Bacharelato
Manuel Curros Enríquez, 1º Bacharelatotrafegandoronseis
 
Tema6 20
Tema6 20Tema6 20
Tema6 20xenevra
 
Mulleres traballadoras1
Mulleres traballadoras1Mulleres traballadoras1
Mulleres traballadoras1conchiciencias
 
Son muller, e que? (por Puala Cambeses)
Son muller, e que? (por Puala Cambeses)Son muller, e que? (por Puala Cambeses)
Son muller, e que? (por Puala Cambeses)Marlou
 
Curros EnríQuez
Curros EnríQuezCurros EnríQuez
Curros EnríQuezxanela
 
A poesía galega durante a ditadura
A poesía galega durante a ditaduraA poesía galega durante a ditadura
A poesía galega durante a ditaduratrafegandoronseis
 
Manuel Curros Enríquez, 3º ESO
Manuel Curros Enríquez, 3º ESOManuel Curros Enríquez, 3º ESO
Manuel Curros Enríquez, 3º ESOtrafegandoronseis
 
Tres xeracións de poesía galega
Tres xeracións de poesía galegaTres xeracións de poesía galega
Tres xeracións de poesía galegatrafegandoronseis
 
LECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁN
LECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁNLECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁN
LECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁNangelciencia
 

Similar to Libros prohibidos ao longo da historia (20)

Plumas comprometidas
Plumas comprometidasPlumas comprometidas
Plumas comprometidas
 
á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (mozos%2 fas e adultos%2fas)
 á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (mozos%2 fas e adultos%2fas) á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (mozos%2 fas e adultos%2fas)
á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (mozos%2 fas e adultos%2fas)
 
Presentación a expedicion ao pacifico
Presentación a expedicion ao pacificoPresentación a expedicion ao pacifico
Presentación a expedicion ao pacifico
 
Muller Na Lite2
Muller Na Lite2Muller Na Lite2
Muller Na Lite2
 
Manuel Curros Enríquez, 1º Bacharelato
Manuel Curros Enríquez, 1º BacharelatoManuel Curros Enríquez, 1º Bacharelato
Manuel Curros Enríquez, 1º Bacharelato
 
Concurso
ConcursoConcurso
Concurso
 
Tema6 20
Tema6 20Tema6 20
Tema6 20
 
Mulleres aventureiras
Mulleres aventureirasMulleres aventureiras
Mulleres aventureiras
 
Mulleres traballadoras1
Mulleres traballadoras1Mulleres traballadoras1
Mulleres traballadoras1
 
Son muller, e que? (por Puala Cambeses)
Son muller, e que? (por Puala Cambeses)Son muller, e que? (por Puala Cambeses)
Son muller, e que? (por Puala Cambeses)
 
Curros EnríQuez
Curros EnríQuezCurros EnríQuez
Curros EnríQuez
 
A poesía galega durante a ditadura
A poesía galega durante a ditaduraA poesía galega durante a ditadura
A poesía galega durante a ditadura
 
Mulleres 3 5
Mulleres 3 5Mulleres 3 5
Mulleres 3 5
 
Ramón Otero pedrayo
Ramón Otero pedrayoRamón Otero pedrayo
Ramón Otero pedrayo
 
Literatura 9
Literatura 9Literatura 9
Literatura 9
 
Manuel Curros Enríquez, 3º ESO
Manuel Curros Enríquez, 3º ESOManuel Curros Enríquez, 3º ESO
Manuel Curros Enríquez, 3º ESO
 
Mulleres 5 5
Mulleres 5 5Mulleres 5 5
Mulleres 5 5
 
Tres xeracións de poesía galega
Tres xeracións de poesía galegaTres xeracións de poesía galega
Tres xeracións de poesía galega
 
risco
riscorisco
risco
 
LECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁN
LECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁNLECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁN
LECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁN
 

More from Bibliotecas Municipais de A Coruña

Boletín Informativo de decembro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de decembro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de decembro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de decembro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBibliotecas Municipais de A Coruña
 
Boletín Informativo de outubro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de outubro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de outubro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de outubro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBibliotecas Municipais de A Coruña
 
Boletín Informativo de setembro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de setembro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de setembro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de setembro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBibliotecas Municipais de A Coruña
 
Boletín Informativo de xuño 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de xuño 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de xuño 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de xuño 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBibliotecas Municipais de A Coruña
 
Boletín Informativo de maio 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de maio 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de maio 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de maio 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBibliotecas Municipais de A Coruña
 
Boletín Informativo de marzo 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de marzo 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de marzo 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de marzo 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBibliotecas Municipais de A Coruña
 
Boletín Informativo de febreiro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de febreiro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de febreiro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de febreiro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBibliotecas Municipais de A Coruña
 
Boletín Informativo de xaneiro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de xaneiro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de xaneiro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de xaneiro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBibliotecas Municipais de A Coruña
 
Boletín Informativo de decembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de decembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de decembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de decembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBibliotecas Municipais de A Coruña
 
Boletín Informativo de novembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de novembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de novembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de novembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBibliotecas Municipais de A Coruña
 
Boletín Informativo de outubro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de outubro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de outubro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de outubro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBibliotecas Municipais de A Coruña
 
Boletín Informativo de setembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de setembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de setembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de setembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBibliotecas Municipais de A Coruña
 
Boletín Informativo de xullo-agosto 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de xullo-agosto 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de xullo-agosto 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de xullo-agosto 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBibliotecas Municipais de A Coruña
 
Boletín Informativo de xuño 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de xuño 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de xuño 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de xuño 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBibliotecas Municipais de A Coruña
 
Proyecto A Eira. Perspectiva colaborativa en las bibliotecas: retos y oportun...
Proyecto A Eira. Perspectiva colaborativa en las bibliotecas: retos y oportun...Proyecto A Eira. Perspectiva colaborativa en las bibliotecas: retos y oportun...
Proyecto A Eira. Perspectiva colaborativa en las bibliotecas: retos y oportun...Bibliotecas Municipais de A Coruña
 
Boletín Informativo de maio 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de maio 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de maio 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de maio 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBibliotecas Municipais de A Coruña
 
Boletín Informativo de abril 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de abril 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de abril 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de abril 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBibliotecas Municipais de A Coruña
 

More from Bibliotecas Municipais de A Coruña (20)

Boletín Informativo de decembro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de decembro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de decembro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de decembro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
 
Negra e criminal: selección en clave feminina
Negra e criminal: selección en clave femininaNegra e criminal: selección en clave feminina
Negra e criminal: selección en clave feminina
 
Boletín Informativo de outubro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de outubro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de outubro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de outubro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
 
Boletín Informativo de setembro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de setembro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de setembro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de setembro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
 
Boletín Informativo de xuño 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de xuño 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de xuño 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de xuño 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
 
Boletín Informativo de maio 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de maio 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de maio 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de maio 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
 
Boletín Informativo de marzo 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de marzo 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de marzo 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de marzo 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
 
Boletín Informativo de febreiro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de febreiro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de febreiro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de febreiro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
 
Boletín Informativo de xaneiro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de xaneiro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de xaneiro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de xaneiro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
 
Boletín Informativo de decembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de decembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de decembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de decembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
 
Boletín Informativo de novembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de novembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de novembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de novembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
 
Boletín Informativo de outubro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de outubro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de outubro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de outubro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
 
Polimatía: Leonardo e o Renacemento
Polimatía: Leonardo e o RenacementoPolimatía: Leonardo e o Renacemento
Polimatía: Leonardo e o Renacemento
 
Boletín Informativo de setembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de setembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de setembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de setembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
 
Boletín Informativo de xullo-agosto 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de xullo-agosto 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de xullo-agosto 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de xullo-agosto 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
 
Boletín Informativo de xuño 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de xuño 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de xuño 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de xuño 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
 
Proyecto A Eira. Perspectiva colaborativa en las bibliotecas: retos y oportun...
Proyecto A Eira. Perspectiva colaborativa en las bibliotecas: retos y oportun...Proyecto A Eira. Perspectiva colaborativa en las bibliotecas: retos y oportun...
Proyecto A Eira. Perspectiva colaborativa en las bibliotecas: retos y oportun...
 
Boletín Informativo de maio 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de maio 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de maio 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de maio 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
 
Boletín Informativo de abril 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de abril 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de abril 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de abril 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
 
Presentación Mulleres na tecnoloxía
Presentación Mulleres na tecnoloxíaPresentación Mulleres na tecnoloxía
Presentación Mulleres na tecnoloxía
 

Recently uploaded

Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeEduNoia1
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfAntonio Gregorio Montes
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxAgrela Elvixeo
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 

Recently uploaded (11)

Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na rede
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 

Libros prohibidos ao longo da historia

  • 1. Libros prohibidos ao longo da historia EL PARAISO PERDIDO. John Milton Incluído en el Librorum Prohibitorium en Roma (1758) Epopea sobre o tema bíblico da caída de Adán e Eva. Trata sobre o problema de por que Deus, bo e todopoderoso, permite o mal e o sufrimento. AS AVENTURAS DE TOM SAWYER Mark Twain Foi confiscado na fronteira de Rusia en 1930. Retirado do currículo das escolas de West Chester (USA) en 1994, logo das queixas dos pais pola súa linguaxe racista. Excluído nas salas infantís de varias bibliotecas públicas dos Estados Unidos. O libro relata as aventuras da infancia de Tom Sawyer, un neno que medra no antebellum do Sur dos Estados Unidos, á beira do río Misisipi. 1984: EL GRAN HERMANO TE VIGILA. George Orwell Prohibida nalgúns condados dos Estados Unidos por considerarse novela pro- comunista e con contido sexual explícito. En Florida foi prohibido en 1981. Tamén foi censurado na Unión Soviética por razóns políticas. Describe una sociedade localizada nunha futura Inglaterra dividida en dous grupos: os membros do Partido Único, totalmente obnubilados por unha completa e atroz represión, e por outro unha masa de xente extremadamente pobre que vive aterrorizada e illada da política. EL ORIGEN DE LAS ESPECIES Charles Darwin Prohibido en Iugoslavia (1935) e Grecia (1937) Curiosamente non estivo no índice de libros prohibidos da Igrexa Católica, porque o consideraban tan subversivo que non lles cabía dúbida ningunha de que todos o consideraban un libro prohibido sen ter que especificalo. Na obra, Darwin argumenta a súa teoría sobre como os organismo evolucionan gradualmente por medio da selección natural. É un libro que pode ser lido por non especialistas. LAS UVAS DE LA IRA John Steinbeck Prohibido primeiro en California e logo en case todos os Estados Unidos. Parece que a prohibición foi inducida polos ricos terratenentes que non querían que se dera a coñecer o trato que daban aos seus traballadores. Está ambientada nos anos 30, na gran crise económica do 29, e describe o proceso polo cal os pequenos produtores son expulsados das súas terras por cambios das condicións de explotación das mesmas. 1
  • 2. Libros prohibidos ao longo da historia HIJOS Y AMANTES David Herbert Lawrence Censurada en Inglaterra pola súa obscenidade. Conta a historia da familia Morel, que vive na conca mineira de Nottingham. A señora Morel está desilusionada coa vida que leva co seu home e centra toda a súa atención nos seus fillos, especialmente en Paul. Os vínculos entre nai e fillo vólvense absorbentes ata o punto de influír negativamente nas relacións sentimentais de Paul coas mulleres. LAS FLORES DEL MAL Charles Baudelaire Para publicarse tivo que cambiar o título orixinal “As lesbianas”). Polo seu contido lesbio tivo que retirar seis poemas. Pola súa primeira publicación, en 1857, foi levado a xuízo e censurado polo réxime de Napoleón III. EL PROFETA Khalil Gibran Prohibido en Irán en 1923. A obra está protagonizada por un profeta que, oito anos antes da súa morte, abandona o lugar onde viviu e antes de irse a xente pídelle que fale de certos temas. Cada un deles forma un capítulo: a amor, o matrimonio, os nenos, o traballo, a alegría, o vestir, a razón, a amizade, o tempo… MEMORIA DE MIS PUTAS TRISTES Gabriel García Márquez Prohibido en Irán. En principio fora permitido co título “Memorias dos meus tristes cariñiños”, e a palabra prostituta fora substituída por “miña beleza”. Pero logo foi retirado completamente. Relata o namoramento dun ancián nonaxenario e unha rapaza de 14 anos. Describe as súas vivencias con outras mulleres e como atopa significado á vellez por medio do amor. TRES ENSAYOS SOBRE TEORÍA SEXUAL Sigmund Freud Os libros de Sigmund Freud foron queimados durante a ditadura de Hitler. Daquela, o pai do psicoanálise comentou ironicamente a un xornalista que en realidade semellante fenómeno era un avance na historia humana: “Na Idade Media, eles queimaríanme a min”, afirmou. Nesta obra, Freud trata diversos temas: as aberracións sexuais, a sexualidade infantil, a metamorfose da puberdade, o fetichismo e a sexualidade feminina. 2
  • 3. Libros prohibidos ao longo da historia EL CÓDIGO DA VINCI Dan Brown Prohibido en Exipto, China e Irán. Malia ser un texto de ficción, as relacións entre Xesús e María Magdalena non é do agrado de moitas persoas e crenzas. No caso do Irán, a prohibición foi debida á influencia da Igrexa Armenia iraniana, que posúe dous escanos no parlamento. Narra os intentos dun profesor de iconografía relixiosa para resolver un misterioso asasinato ocorrido no Museo do Louvre. Isto lévao a investigar unha sociedade secreta que se remonta á fundación dos Templarios e a analizar e descifrar mensaxes ocultos nos famosos cadros do pintor e nas paredes das antigas catedrais. EL DIARIO DE ANA FRANK Ana Frank Foi censurado no Condado de Wise, nos Estados Unidos (1982) polas súas pasaxes “sexualmente ofensivas”. Tamén se fala moito da censura imposta polo propio pai de Ana, Otto Frank. Decidiu suprimir algunhas reflexións persoais sobre as relacións da moza coa súa nai, cos seus compañeiros de clase e outras consideracións sobre cuestións sexuais. El libro es un diario de esta adolescente, xudía, que vivía no ghetto de Amsterdam entre 1942 e 1944. Ela morreu nun campo de concentración durante unha epidemia de tifo. MADAME BOVARY Gustave Flaubert Flaubert e o seu editor foron a xuízo trala súa publicación porque a obra era presuntamente obscena. Sen embargo foron absoltos porque o tribunal estimou que unha obra literaria debía xulgarse só por criterios literarios. Consideraban que o comportamento de Madame Bovary era indecoroso, pero iso non era argumento para atacar unha obra de arte. Madame Bovary é unha muller de clase media que perdeu á súa nai e vive no campo co seu pai. Chea de soños que aumentan a medida que se dá camiño na vida, unha vez que o seu home, médico de poucas aspiracións, a saca do campo, dedícase a cumprir todas as súas pretensións. Mantén un amorío en secreto, leva unha vida de luxo, despreza ao seu home e, sen embargo, el segue adorándoa e traballando arreo para manter ese nivel de vida. UN MUNDO FELIZ Aldous Huxley Prohibido en Irlanda en 1932. Huxley presenta a sociedade como un lugar de miseria humana, opresión, enfermidade e amoreamento. Malia que estaba destinado a ser puramente satírico, moita xente criticou a obra como incorrecta representación dos valores. 3
  • 4. Libros prohibidos ao longo da historia LOS VIAJES DE GULLIVER Jonathan Swift Foi denunciado como obsceno en Irlanda en 1726. En moitos países tamén foi censurado debido aos temas de corrupción política, os sentimentos antibelicistas e as inxustizas da colonización. Mesmo en España foron suprimidas pasaxes que se consideraban pouco axeitadas para o público infantil. Narra as viaxes do Dr. Lemuel Gulliver nos que se atopa con culturas estrañas. Inclúe a invención de culturas estrañas e “salvaxes” deseñadas deliberadamente para remover as conciencias dos británicos da época. Inda que se presenta como historia para nenos e nenas, trátase dunha das obras de sátira política máis importantes da historia. Anticipou temas como a busca da inmortalidade ou os dereitos dos animais. ALICIA EN EL PAÍS DE LAS MARAVILLAS Lewis Carroll Prohibido en China (1931) por representar aos animais e aos humanos no mesmo nivel (“Os animais non deberían usar linguaxe humana”). Narra a historia de Alicia, unha nena que esperta tras un pesadelo fronte ao espello mentres a súa ama lle está peiteando o cabelo. Ao saír ao xardín descobre unha serie de estraños invitados tomando o té… LAS MIL Y UNA NOCHES Anónimo Foi incautado pola alfándega dos Estados Unidos en 1927 e en Exipto (1985), por conter pasaxes obscenas que consideraban unha ameaza para a estrutura moral do país. Traducido por vez primeira no 1704, é unha recompilación de contos árabes do Oriente Medio medieval. Describe de forma fantástica e algo distorsionada a India, Persia, Siria, China e Exipto. A CHAMADA DA SELVA Jack London Prohibido en Italia e Iugoslavia (1929) e queimado nas piras nazis de 1932 polas súas ideas socialistas e por considerarse radical. Narra a historia de Buck, un can afeito á plácida vida doméstica que, logo de ser roubado e vendido a uns traficantes, coñecerá a dura vida dos cans de Alasca. Alí, Buck volverá a ser lobo. LOS VERSOS SATÁNICOS Salman Rushdie Prohibido en Paquistán, Arabia Saudí, Exipto, Somalia, Sudán, Malaisia, Qatar, Indonesia, Sudáfrica e India polas súas críticas ao Islam. Un avión secuestrado estalla a grande altura sobre o Canal da Mancha. Dous superviventes caen ao mar: Gibrel Farishta e Saladin Chamcha. Conseguen 4
  • 5. Libros prohibidos ao longo da historia chegar a unha praia inglesa e notan uns estraños cambios: un adquiriu unha aureola e outro ve como medra o peluxe nas súas pernas, os pés convértense en pezuños… A FRONTEIRA INFINITA Celso Emilio Ferreiro En 1972 impediuse a difusión de varios relatos desta obra. Ao publicar ese mesmo ano en Portugal o volume “Autoescolha poética”, Celso Emilio introduciu esta advertencia sobre dito libro: “Prohibido pola censura previa”. Outro exemplo deste escritor foi “Longa noite de pedra”: cando en 1967 se publicou a primeira edición bilingüe desta obra, prohibiuse o poema “O edificio” que foi substituído por “Spiritual”, composición datada en Caracas. POR QUIEN DOBLAN LAS CAMPANAS Ernest Hemingway Como gran parte da obra de Hemingway, sufriu a censura franquista: “Os protagonistas da novela, como os estranxeiros en xeral, non teñen un espírito relixioso”. Foi publicada en España en 1968, trinta anos logo de editarse en inglés. A trama desenvólvese en España durante a Guerra Civil, e articúlase en torno á historia de Robert Jordan, un profesor español oriúndo de Montana, que loita como especialista en explosivos no lado republicano. O xeneral Golz encárgalle a destrución dunha ponte, vital para evitar a contraofensiva do bando Nacional durante a batalla de Segovia. ESCOLMA POÉTICA Ramón Cabanillas A obra completa de Cabanillas foi editada en Bos Aires, porque a censura esixía, para permitir a súa publicación en 1958, abundantes supresións en vintecinco poemas. Este é o informe do censor sobre a súa obra: “es un lírico gallego de gran inspiración pero también uno de los sostenedores intelectuales de un separatismo gallego anacrónico y absurdo y de un anticlericalismo no menos incongruente. Su crítica social –pregona la rebelión violenta de los campesinos- es también un extremismo sin mucho sentido.” XENTE AO LONXE Eduardo Blanco Amor En 1971, o “lector” (termo usado polo réxime franquista para referirse aos censores) introducía un informe sobre esta obra, atrevéndose incluso a opinar sobre a súa calidade: “Novelita de bastante pobreza literaria en la que se nos narran los acaeceres diarios de una aldea gallega vistos a traves de los ojos de un niño”. “Los tres relatos que comprenden las páginas 25 a 55 se tachan totalmente porque los tres tienen una intencionalidad 5
  • 6. Libros prohibidos ao longo da historia pornográfica manifiesta y porque además de eso dos de ellos presentan vejatoriamente a las partidas del Ejército, que luchan contra los comunistas en un país imaginario”. CÓMAROS VERDES Aquilino Iglesia Alvariño Foi o primeiro libro importante publicado en galego trala guerra civil. Inicialmente o seu autor omitiu a solicitude de permiso, polo que chegou a ser denunciado. A obra foi retirada por orde do gobernador civil na imprenta Celta, en Vilagarcía de Arousa. Iglesia Alvariño librouse dunha sanción grazas á mediación de Juan Aparicio, xerarca do réxime, responsable máis tarde da prohibición de “Da esencia da verdade”, de Heidegger, na versión feita por Ramón Piñeiro e Celestino Fernández de la Vega. AIRES DA MIÑA TERRA Manuel Curros Enríquez O bispo de Ourense asinou un edito condeando o libro por conter “proposicións heréticas, blasfemas, escandalosas, e algunhas que merecen outra censura”. Os exemplares en poder do editor foron secuestrados e os moldes desfeitos. Foi procesado e condeado a dous anos, atro meses e un día, e logo absolto na Coruña. Posteriormente durante o réxime franquista, un escrito presentado en 1943 na Vicesecretaría de Educación Popular denunciaba: “Y es tremendo que esta obra gallega, que llegó a ser prohibida en los tiempos liberales de la Monarquía por su infamia a la Iglesia y al Estado, haya podido ser publicada hoy”. Biblioteca Sagrada Familia Calle Antonio Pereira 1, Bj. 15007 981184392 bsagradaf@coruna.es 6