ENCONTROS
PARTICIPATIVOS
BIBLIOTECA VERDE 2015
MONOGRÁFICO: CONSUMO CONSCIENTE,
RESPONSABLE E TRANSFORMADOR
Estainformació...
CASTRILLÓN I 28 DE XANEIRO
Hortas urbanas: unha vía cara
ao autoconsumo
As hortas urbanas buscan cidades flexibles
coa prá...
Biblioteca Municipal Ágora
Rúa Ágora, s/n, 15010 A Coruña
T.: 981 189 886
bagora@coruna.es
Biblioteca Municipal
Castrillón...
Próximos SlideShares
Carregando em…5
×

Biblioteca Verde 2015: Programa cos Encontros Participativos da

254 visualizações

Publicada em

Publicada em: Educação
0 comentários
0 gostaram
Estatísticas
Notas
  • Seja o primeiro a comentar

  • Seja a primeira pessoa a gostar disto

Sem downloads
Visualizações
Visualizações totais
254
No SlideShare
0
A partir de incorporações
0
Número de incorporações
4
Ações
Compartilhamentos
0
Downloads
1
Comentários
0
Gostaram
0
Incorporações 0
Nenhuma incorporação

Nenhuma nota no slide

Biblioteca Verde 2015: Programa cos Encontros Participativos da

  1. 1. ENCONTROS PARTICIPATIVOS BIBLIOTECA VERDE 2015 MONOGRÁFICO: CONSUMO CONSCIENTE, RESPONSABLE E TRANSFORMADOR Estainformaciónestáimpresaenpapel100%recicladoeFSC BIBLIOTECA VERDEBIBLIOTECA VERDE PROPOSTAS SUSTENTABLES PARA UN MUNDO MELLOR Sustentable
  2. 2. CASTRILLÓN I 28 DE XANEIRO Hortas urbanas: unha vía cara ao autoconsumo As hortas urbanas buscan cidades flexibles coa práctica da agricultura ecolóxica e da alimentación saudable; fan partícipe a comunidade e posibilitan a transmisión de coñecementos; favorecen os espazos verdes, sustentables e de ocio; utilizan soares en desuso de maneira creativa e comunitaria; e promoven alternativas de consumo. Pensas que estas iniciativas lle corresponden á Administración ou á cidadanía? Ven coñecer e debater sobre os proxectos que hai no noso contorno. Cunha representación dos colectivos Hortas do Val, de Feáns, e Hortas Urbanas de Monelos e a experiencia a nivel particular dunha veciña do barrio. ÁGORA I 19 DE FEBREIRO Consumo consciente: ideas prácticas Comida, roupa, enerxía, ocio, banca, telefonía... Cando intentamos consumir de maneira “diferente”, son moitas as preguntas, dificultades e inseguridades que encontramos no camiño. Ofrecémosvos un espazo ameno e participativo para aclararnos dúbidas e inspirarnos con novas propostas. Con Toni Lodeiro, autor do libro Consumir menos, vivir mejor e redactor da revista Opciones. Consumo y estilos de vida transformadores. INFANTIL E XUVENIL 25 DE MARZO Comunidades en transición: Pódese reducir a dependencia do petróleo? Se cres que existe outra forma de consumir e que a vida sen petróleo é posible, interesarache vir a esta charla para coñecer o movemento “Comunidades en transición”, cuxo obxectivo principal é dotar as comunidades de ferramentas para loitar contra o cambio climático e reducir así a súa dependencia do petróleo. Con Rocío García Carregal membro da asociación ACIDE (Asociación cidadáns polo desenvolvemento) ROSALES I 23 DE ABRIL Consumo transformador: estilos de vida sustentables Como vivir mellor consumindo dunha maneira máis consciente? Como buscar opcións que apoien modelos transformadores de produción- distribución-consumo-refugallo? Estas e outras preguntas guiarannos nun diálogo participativo sobre estilos de vida satisfactorios e sustentables de cara a transformarmos as nosas relacións como sociedade e coa natureza. Con Conchi Piñeiro, membro de Altekio, iniciativas hacia la sostenibilidad, cooperativa de promoción de estilos de vida sustentables de Madrid MONTE ALTO I 27 DE MAIO Moda sustentable, unha alternativa á industria Todos vestimos con roupa das grandes cadeas de moda pero, que sabemos realmente do que hai detrás da produción e creación de cada unha das prendas que máis nos gustan? A man de obra, os tecidos e a súa procedencia, a súa distribución, custos etc. son algunhas das dúbidas que xorden en canto se fala da industria da moda. Con Nanda Couñago, Directora de AMARANTE SETEM, impulsora da Plataforma MOV3.Galicia Viste Consciente Todas as charlas comezan ás 19:00h e teñen entrada libre, ata completar a capacidade. ENCONTROS PARTICIPATIVOS BIBLIOTECA VERDE 2015 MONOGRÁFICO: CONSUMO CONSCIENTE, RESPONSABLE E TRANSFORMADOR Desde as Bibliotecas Municipais da Coruña, apostamos por iniciativas responsables co medio e queremos apoiar e difundir proxectos sustentables que están tendo lugar no noso contorno máis cercano. Por iso nos comprace presentarvos o II CICLO DE ENCONTROS BIBLIOTECA VERDE. Volvemos con ilusións renovadas para este segundo ciclo e moi satisfeitos tras o resultado do primeiro: en 2014, coñecemos experiencias interesantísimas sobre banca ética, bioconstrución, permacultura, alimentación consciente, xestión enerxética… e tivemos a oportunidade de debatermos sobre estes temas de actualidade que nos concernen a todos. Moitas grazas pola vosa participación! Retomamos o ciclo de encontros cun monográfico sobre consumo consciente, responsable e transformador que, sen dúbida, abriranos perspectivas novas, ofreceranos opcións atractivas e, sobre todo, proporcionaranos espazos para compartirmos experiencias alternativas ao consumo convencional. Contaremos, entre outros, con integrantes da iniciativa cidadá Hortas Urbanas, o autor de Consumir menos, vivir mellor e a plataforma galega de moda sostible MOV3. Agardámosvos para seguirmos creando xuntos propostas sustentables para un mundo mellor.
  3. 3. Biblioteca Municipal Ágora Rúa Ágora, s/n, 15010 A Coruña T.: 981 189 886 bagora@coruna.es Biblioteca Municipal Castrillón Praza de Pablo Iglesias, s/n, 15009 A Coruña T.: 981 184 390 / fax: 981 184 391 bcastrillon@coruna.es Biblioteca Municipal Estudos Locais Rúa Durán Loriga, 10, 1º, 15003 A Coruña T.: 981 184 386 / Fax: 981 184 385 bestudiosl@coruna.es Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano Rúa Río Monelos, 1, 15006 A Coruña T.: 981 184 298 / Fax: 981 184 295 bforum@coruna.es Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil Rúa Durán Loriga, 10, bx., 15003 A Coruña T.: 981 184 388 / Fax: 981 184 385 binfantil@coruna.es Biblioteca Municipal Monte Alto Praza dos Avós, s/n, 3º, 15002 A Coruña T.: 981 184 382 / fax: 981 184 383 bmontealto@coruna.es Biblioteca Municipal Os Rosales Praza Elíptica, 1, 15011 A Coruña T.: 981 184 389 / fax: 981 184 351 brosales@coruna.es Biblioteca Municipal Sagrada Familia Rúa Antonio Pereira, 1-3, bx., 15007 A Coruña T.: 981 184 392 / fax: 981 184 393 bsagradaf@coruna.es www.coruna.es/bibliotecas

×