2. Do millón de xitanos que vivían en Europa
antes da II Guerra Mundial, entre 220.000 e
500.000 ( sumando os mestizos) foron
asasinados durante o Holocausto.
3. HISTORIA DA PERSECUCIÓN
En 1899, en Alemaña, a policía de Baviera
creou unha sección especial de cuestións
xitanas, que chegou a ter a súa sede
central en Munich.
En 1929, prohibiuse aos xitanos
circular libremente polo país e creouse o
primeiro campo de concentración, onde
foron destinados por asociais, por ter
sangue perigoso e por ser netamente
inferiores. Había que impedir todo tipo de
contacto (coa praga xitana); tomar por
home ou muller a alguen de sangue xitano
impricaba o descrédito de toda a
sociedade e, por suposto, a perda do
traballo e da xerarquía social.
4. HISTORIA DA PERSECUCIÓN
O punto máis alto chega co ascenso do
nazismo e, rapidamente, multiplica non só
as leis discriminatorias, senon tamén os
campos de concentración, os
experimentos médicos cos nenos e
embarazadas, a esterilización das mulleres
e os asasinatos masivos nas cámaras de
gas.
En 1944, os medios de formación de
opinión resumían: “… os mestizos xitanos
non
poden facer perigar ao pobo alemán
tanto como os xudeos, sofren de
debilidade, son
seres primitivos incapaces de madurar”.
5. HISTORIA DA PERSECUCIÓN
O traxico destino dos xitanos europeos
comezou a cumprirse en 1942, cando o
xefe de todas as forzas policiais nazi,
Heinrich Himmler, decidiu sobre a súa
deportación ao campo de exterminio de
Auschwitz. No chamado "campo xitano"
atopabanse xitanos de Bohemia e
Moravia, xunto cos procedentes de
Polonia, Alemaña, Austria, Holanda
Bélxica, e outros países.
6. HISTORIA DA PERSECUCIÓN
O antigo preso do campo, Antonín
Hlavácek, veía os transportes que
chegaban a Auschwitz desde a ventá do
seu barracón.
“Os transportes chegaban sempre pola
noite. Os nazis salían a unha rampa cerca
das vías. Sacaban á xente dos vagóns á
forza. Escoitabanse berros, choros e
ladridos dos cans. A maioría da xente era
levada directamente á cámara de gas”.
Car ao final da II Guerra Mundial, os nazis
deportaron á maioría dos presos aos
campos situados no interior de Alemaña.
En Auschwitz quedaron os vellos, as
mulleres e os nenos e na noite do 2 ao 3
de agosto miles de persoas foron
gaseadas entre elas case 3000 de etnia
xitana.
7. LUGARES PARA LEMBRAR:
Campo de Jasenovac
Exterminio de Ustice e Gradina
Campo III C
Auschwitz - Birkenau