1. EVITAR CHOQUES DE PAXAROS CONTRA AS XANELAS
Estímase que máis de 100 millóns de aves
morren cada ano por golpearse coas
xanelas.
Moitas veces, despois de chocar, as aves
quedan aparvadas momentaneamente e logo
recupéranse. Sen embargo, o máis frecuente
é que o choque lles produza graves dános
internos e con iso, a morte.
As aves chocan contra as xanelas ou contra os cristais porque ven a paisaxe (árbores,
ceo, nubes) reflectido na superficie do cristal, pero non perciben que unha superficie
dura e transparente se interpón entre eles e o espazo aberto diante. As aves que foxen
dos depredadores son mesmo máis proclives a chocar porque voan cara á vexetación
para protexerse. Os cristais totalmente transparentes fan que as aves non os perciban e
tenten voar a través deles.
QUE PODEMOS FACER CUNHA AVE ACCIDENTADA?
Se atopas unha ave ferida por un golpe contra unha xanela, pona nun recipiente ou caixa
opaca con tapa (por exemplo, unha caixa de zapatos) e déixaa nun lugar quente e
tranquilo, lonxe do alcance das túas mascotas ou doutros predadores. Se fai moito frío,
terás que metela a cuberto.
Non tentes darlle auga nin comida. A escuridade acougará ao paxaro mentres se
recupera, o que ocorrerá nuns poucos minutos, a
menos que estea seriamente ferido. Vólveo a
sacar fóra en canto pareza recuperado . Se non se
recupera nun par de horas lévao a un veterinario
ou a un centro de recuperación.
Lembra que legalmente non podes ter ningunha
ave silvestre na teu poder, polo que o mellor é
que chames a SE/BirdLife (tfno. 914340910) ou a
SEPRONA que che indicará o que facer nese
caso.
2. PARA PROTEXER AS AVES :
Comezaremos por identificar as zonas máis perigosas, aquelas xanelas que están
enfronte das outras. Porque estas xanelas crean a ilusión dun túnel á paisaxe polo que
intentan pasar as aves.
Eliminaremos a aparencia de túneles colocando adhesivos plásticos por fóra da xanela.
Siluetas negras de aves como falcóns, aguias, bufos ou outros depredadores poden
funcionar non pola súa forma, senón porque fan visibles as xanelas. Adhesivos
semitransparentes tipo tea de araña ou outros debuxos tamén poden valer. Canto máis
claro sexa a cor do adhesivo mellor, xa que así verase tamén ao amencer e á noitiña, o
máis importante é que ocupe practicamente todo ou cristal.
Tamén podemos eliminar reflexos con pulverizadores