Recomendacións astronómicas
na biblioteca do
Fórum Metropolitano
Revista ASTRONOMÍA
A  publicación  de  referencia  para  os  afeccionados  en 
España  fai  en  decembro  31  anos  de  pr...
ONDE ESTÁS, ANDRÓMEDA?
Anna Almécija & 
María José Sancho
“Aquela  noite,  Alba  quería  observar  as  estrelas,  pero  só...
DESDE EL JARDÍN, LAS ESTRELLAS
Ana Ulla
Se  tes  máis  de  10  anos,  este  é  o  teu  libro.  Unha  novela 
protagonizada...
MI PRIMERA GUÍA SOBRE ASTRONOMÍA
Jordi Lopesino
Dirixida aos máis pequenos da casa, é unha ferramenta utilísima 
para empe...
LAS VIDAS DE GALILEO
Fiami
O  autor  de  banda  deseñada  Fiami  leva  anos  dedicando 
moito esforzo á divulgación da cie...
¿A QUE ALTURA ESTÁ O CEO?
Jorge Mira
O  apaixonante  relato  de  como  ao  longo  da  historia  lle 
fomos  poñendo  “marc...
UNA PEQUEÑA HISTORIA
PARA CONOCER EL UNIVERSO
Hubert Reeves
O astrofísico canadense Hubert Reeves enfróntase a un gran 
de...
EL UNIVERSO PARA ULISES
Juan Carlos Ortega
Máis  coñecido  como  humorista,  Juan  Carlos  Ortega  é 
tamén  unha  persoa ...
A RAS DE CIELO
David Galadí
“Ojalá estas páginas sirvan para mover a quien las lea a 
levantarse  del  asiento  y  salir  ...
EL UNIVERSO EN TU MANO
Christophe Galfard
Físico  teórico  formado  en  Cambridge,  onde  traballou  con 
Stephen  Hawking...
E=mc2
David Bodanis
David  Bodanis  ­con  formación  en  física,  matemáticas  e 
economía­  vence  o  desafío  de  facer ...
DESCUBRIR EL CIELO DESDE LA CIUDAD
Denis Berthier
No ceo contaminado das cidades perdemos de ver máis do 
90%  das  estrel...
ASTRONOMÍA PRÁCTICA E OUTRAS COUSAS
Ramón Vilalta
Un clásico na nosa lingua, naceu duns cursos de astronomía 
para o alumn...
E FIXEMOS A LUZ!
Salvador Bará
Un  libro  para  ler  e  reler  durante  anos,  tan  conciso  coma 
ambicioso. Fala da hist...
24/7. EL CAPITALISMO AL ASALTO DEL SUEÑO
Jonathan Crary
Un  ensaio  tan  polémico  coma  inspirador  que  reflexiona 
sobr...
TERRA. CIENCIA, AVENTURAS E SORPRESAS 
DUNHA VIAXE ARREDOR DO MUNDO
Xurxo Mariño
Durante once meses o profesor, investigad...
LA HISTORIA MÁS BELLA DEL MUNDO
Hubert Reeves, Jöel de Rosnay, Yves Coppens e 
Dominique Simonnet
Un  xornalista  (Simmone...
LOS PLANETAS
Dava Sobel
A  neoiorquina  Dava  Sobel  fixo  das  historias  da  ciencia  a 
base  para  varios  best­seller...
EL UNIVERSO DE CRISTAL
Dava Sobel
Na segunda metade do XIX o observatorio da Universidade 
de  Harvard  empezou  a  incorp...
LAS MUJERES DE LA LUNA
Daniel Roberto Altschuler & 
Fernando J. Ballesteros
1586  cráteres  da  Lúa,  entre  os  millóns  ...
FIGURAS OCULTAS
Margot Lee Shetterly
Un dos éxitos cinematográficos do ano ten como base un 
libro  de  historia  da  cien...
SABIAS. LA CARA OCULTA DE LA CIENCIA
Adela Muñoz Paez
A catedrática de Química Inorgánica da Universidade de 
Sevilla  res...
LAS CALCULADORAS DE ESTRELLAS
Miguel A. Delgado
Estados Unidos, século XIX. A vida de Gabriella Howard, 
unha  nena  orfa,...
LA PIEL DEL CIELO
Elena Poniatowska
O astrónomo e investigador mexicano Guillermo Haro foi en 
vida un referente para a ci...
LA TEORÍA DEL TODO
James Marsh, 2014
Biopic do científico vivo máis coñecido, o físico teórico e 
cosmólogo  Stephen  Hawk...
COSMOS (serie documental)
Carl Sagan
En  la  orilla  del  oceáno  cósmico  /  Viajes  a  través  del 
espacio y el tiempo ...
NOSTALGIA DE LA LUZ
Patricio Guzmán
Un filme fermoso e estremecedor que parte da astronomía 
que  se  fai  nun  lugar  pri...
Boa lectura!
Próximos SlideShares
Carregando em…5
×

Recomendacións astronómicas na biblioteca do Fórum Metropolitano

149 visualizações

Publicada em

Listaxe de recomendacións de obras relacionadas coa astronomía e a observación do ceo nocturno na biblioteca do Fórum Metropolitano.

  • Seja o primeiro a comentar

  • Seja a primeira pessoa a gostar disto

Recomendacións astronómicas na biblioteca do Fórum Metropolitano

  1. 1. Recomendacións astronómicas na biblioteca do Fórum Metropolitano
  2. 2. Revista ASTRONOMÍA A  publicación  de  referencia  para  os  afeccionados  en  España  fai  en  decembro  31  anos  de  presenza  continuada  nos  quioscos.  Vén  de  recibir  un  moi  merecido  Premio  Especial  do  Xurado  nos  Premios  Prismas que outorgan os Museos Científicos Coruñeses.  Dende  novembro  está  á  túa  disposición  cada  mes  na  biblioteca do Fórum Metropolitano.
  3. 3. ONDE ESTÁS, ANDRÓMEDA? Anna Almécija &  María José Sancho “Aquela  noite,  Alba  quería  observar  as  estrelas,  pero  só  puido  ver  unha  nube  brillante  que  cubría  o  ceo  da  súa  cidade”.  Un  conto  ilustrado  que  fala  de  contaminación  luminosa, ideal para lérllelo aos máis pequenos da casa e  sementar neles a curiosidade polo firmamento.
  4. 4. DESDE EL JARDÍN, LAS ESTRELLAS Ana Ulla Se  tes  máis  de  10  anos,  este  é  o  teu  libro.  Unha  novela  protagonizada por un neno e un lagarto que comparten a  paixón de mirar as estrelas. Da man desta parella singular  iremos  sabendo  máis,  páxina  a  páxina,  sobre  as  constelacións,  as  mulleres  astrónomas,  os  tipos  de  telescopios…  Unha  delicia  escrita  pola  astrofísica  galega  Ana Ulla.
  5. 5. MI PRIMERA GUÍA SOBRE ASTRONOMÍA Jordi Lopesino Dirixida aos máis pequenos da casa, é unha ferramenta utilísima  para empezar a familiarizarse co ceo sen axuda dos maiores. Que  podemos  ver  cada  noite?  Que  necesitamos  para  gozar  do  ceo?  Esta é unha guía para aprender a resposta ás primeiras preguntas  sobre astronomía.
  6. 6. LAS VIDAS DE GALILEO Fiami O  autor  de  banda  deseñada  Fiami  leva  anos  dedicando  moito esforzo á divulgación da ciencia e así xurdiron libros  dedicados ás vidas de Einstein, Marie Curie e Galileo. O de  Galileo  acadou  unha  gran  difusión  no  marco  do  Ano  Internacional  da  Astronomía  2009  e  en  España  foi  publicado pola Universidade de Santiago de Compostela.
  7. 7. ¿A QUE ALTURA ESTÁ O CEO? Jorge Mira O  apaixonante  relato  de  como  ao  longo  da  historia  lle  fomos  poñendo  “marcos”  ao  universo,  que  é  a  consecuencia  directa  de  responder  á  pregunta  que  dá  título ao libro. 
  8. 8. UNA PEQUEÑA HISTORIA PARA CONOCER EL UNIVERSO Hubert Reeves O astrofísico canadense Hubert Reeves enfróntase a un gran  desafío: explicarlle cosmoloxía á súa neta de catorce anos.  Algunhas das preguntas que todos nos fixemos algunha vez  atopan aquí resposta sinxela en forma de conversa á luz das  estrelas.
  9. 9. EL UNIVERSO PARA ULISES Juan Carlos Ortega Máis  coñecido  como  humorista,  Juan  Carlos  Ortega  é  tamén  unha  persoa  apaixonada  polo  coñecemento  e  un  gran divulgador. Este libro é un acto de amor: de amor ao  fillo,  Ulises,  e  de  amor  á  astronomía.  O  que  fomos  aprendendo co paso dos séculos sobre o universo exposto  diante nosa cunha linguaxe clara e con prosa emocionante.
  10. 10. A RAS DE CIELO David Galadí “Ojalá estas páginas sirvan para mover a quien las lea a  levantarse  del  asiento  y  salir  al  aire  libre  para  mirar  el  cielo", di o autor, astrónomo residente do observatorio de  Calar  Alto.  Coa  súa  característica  prosa  precisa  David  descóbrelle  ao  lector  profano  a  beleza  e  a  variedade  do  firmamento  nocturno  nun  libro  que  pode  verse  como  unha xenuína guía de campo.
  11. 11. EL UNIVERSO EN TU MANO Christophe Galfard Físico  teórico  formado  en  Cambridge,  onde  traballou  con  Stephen  Hawking,  o  francés  Christophe  Galfard  promove  unha  maneira  diferente  de  divulgar  conceptos  moi  complexos.  O  seu  libro  é  puro  texto,  non  precisa  de  fórmulas  nin  expresións  matemáticas,  tampouco  de  esquemas e gráficos, para falarnos do universo nunha viaxe  fascinante polo espazo e o tempo. Ás veces, si, unha palabra  vale máis ca mil imaxes.
  12. 12. E=mc2 David Bodanis David  Bodanis  ­con  formación  en  física,  matemáticas  e  economía­  vence  o  desafío  de  facer  accesíbel  a  relatividade con este libro, que se autodefine como unha  “biografía” da ecuación máis famosa do mundo.
  13. 13. DESCUBRIR EL CIELO DESDE LA CIUDAD Denis Berthier No ceo contaminado das cidades perdemos de ver máis do  90%  das  estrelas,  mais  aínda  así  é  un  pano  de  fondo  interesante  para  familiarizarse  a  diario  co  firmamento  nocturno.  Aprender  a  situarse  no  ceo,  recoñecer  as  constelacións  e  os  principais  obxectos  celestes  accesíbeis  dende  espazos  urbanos  é  o  obxectivo  desta  utilísima  publicación.
  14. 14. ASTRONOMÍA PRÁCTICA E OUTRAS COUSAS Ramón Vilalta Un clásico na nosa lingua, naceu duns cursos de astronomía  para o alumnado de instituto. É un manual de aprendizaxe  e consulta indispensábel, en certo sentido un libro de texto,  ou  máis  ben  o  modelo  do  que  deberían  ser  os  libros  de  texto  nun  mundo  ideal:  obras  precisas  e  fascinantes  que  evocan a cada páxina que a ciencia en xeral e a astronomía  en particular forman parte esencial da nosa cultura.
  15. 15. E FIXEMOS A LUZ! Salvador Bará Un  libro  para  ler  e  reler  durante  anos,  tan  conciso  coma  ambicioso. Fala da historia do estudo da luz, un fenómeno  que estimulou dende sempre a creatividade humana, e das  súas múltiples aplicacións, por exemplo na medicina actual.  Por suposto, a astronomía ocupa un lugar preferente: case  todo o que sabemos do universo coñecémolo analizando as  súas  pegadas  en  forma  de  radiación.  Tamén  hai  espazo  para  falar  da  luz  que  mancha  o  ceo,  a  contaminación  luminosa que nos borra a necesaria escuridade da noite.
  16. 16. 24/7. EL CAPITALISMO AL ASALTO DEL SUEÑO Jonathan Crary Un  ensaio  tan  polémico  coma  inspirador  que  reflexiona  sobre a sociedade na que vivimos, operativa as 24 horas  do días, os sete días da semana, e o que iso supón para a  ruptura total do ciclo natural do día e a noite, a vixilia e o  descanso. Un libro que non deixa indiferente. 
  17. 17. TERRA. CIENCIA, AVENTURAS E SORPRESAS  DUNHA VIAXE ARREDOR DO MUNDO Xurxo Mariño Durante once meses o profesor, investigador e divulgador  Xurxo  Mariño  e  a  súa  compañeira  Eli  percorreron  o  planeta, de África a América, de América a Oceanía e Asia  e de volta a Europa, con curiosidade e ganas de aprender  e de gozar. Agora Xurxo conta a experiencia nun libro de  aventuras  científicas  que,  como  era  de  agardar,  é  unha  delicia.
  18. 18. LA HISTORIA MÁS BELLA DEL MUNDO Hubert Reeves, Jöel de Rosnay, Yves Coppens e  Dominique Simonnet Un  xornalista  (Simmonet)  entrevista  a  un  astrofísico  (Reeves), un biólogo (de Rosnay) e un paleoantropólogo  (Coppens) para trazar a través das conversas a orixe do  universo,  a  vida  e  o  ser  humano.  Un  libro  tan  conciso  coma revelador.
  19. 19. LOS PLANETAS Dava Sobel A  neoiorquina  Dava  Sobel  fixo  das  historias  da  ciencia  a  base  para  varios  best­sellers  e  hoxe  até  pode  presumir  de  que un asteroide leva o seu nome (o 30935 Davasobel). O  sistema solar é o obxecto central deste libro, xa un clásico,  que por suposto explora a presenza dos planetas na cultura  e a mitoloxía ao longo dos séculos.
  20. 20. EL UNIVERSO DE CRISTAL Dava Sobel Na segunda metade do XIX o observatorio da Universidade  de  Harvard  empezou  a  incorporar  mulleres  coma  “calculadoras”  para  interpretar  os  resultados  das  observacións que facían os homes pola noite. O “universo  de  cristal”  do  título  alude  ao  medio  millón  de  placas  fotográficas que o grupo de mulleres de Harvard escrutou e  analizou para sentar as bases da astrofísica do século XX.  Un libro excelente, moi ameno e ben documentado.
  21. 21. LAS MUJERES DE LA LUNA Daniel Roberto Altschuler &  Fernando J. Ballesteros 1586  cráteres  da  Lúa,  entre  os  millóns  que  hai  na  súa  superficie, recibiron nomes que honran a personalidades  de  todos  os  tempos.  Deses  1586,  só  28  corresponden  a  mulleres,  e  son  as  súas  biografías  as  que  ocupan  as  páxinas  deste  libro.  Entre  estas  28  (ou  quizais  27)  mulleres  hai  científicas  ­a  maioría  astrónomas­,  divulgadoras  e  astronautas,  e  a  inmensa  maioría  delas  aínda  agarda  por  un  xusto  recoñecemento  dos  seus  méritos.
  22. 22. FIGURAS OCULTAS Margot Lee Shetterly Un dos éxitos cinematográficos do ano ten como base un  libro  de  historia  da  ciencia  que  investiga  as  traxectorias  de  catro  mulleres  afroamericanas  pioneiras.  Dorothy  Vaughan,  Mary  Jackson,  Katherine  Johnson  e  Christine  Darden  traballaron  na  NASA  nos  primeiros  anos  da  carreira espacial nunha altura na que nos EEUU persistían  leis de segregación racial. A loita polos dereitos civís e o  esforzo  científico  para  saír  ao  espazo  corren  en paralelo  nas súas biografías apaixonantes. 
  23. 23. SABIAS. LA CARA OCULTA DE LA CIENCIA Adela Muñoz Paez A catedrática de Química Inorgánica da Universidade de  Sevilla  rescata  figuras  de  mulleres  cun  gran  peso  na  historia da ciencia. Alén dos nomes obvios ­caso de Marie  Curie­  o  libro  achégase  a  científicas  menos  coñecidas  como  Émilie  du  Châtelet  ou  Marie  Paulze­Lavoisier  e  dedica capítulos específicos á “idade de prata” da ciencia  española no primeiro terzo do século XX. 
  24. 24. LAS CALCULADORAS DE ESTRELLAS Miguel A. Delgado Estados Unidos, século XIX. A vida de Gabriella Howard,  unha  nena  orfa,  cambiará  radicalmente  cando  coñeza  a  Maria Mitchell, antiga amiga do seu pai que se fará cargo  dela  e  lle  abrirá  as  portas  do  coñecemento  e  da  astronomía  no  mítico  Vassar  College.  Unha  novela  que  reivindica o papel da muller na ciencia.
  25. 25. LA PIEL DEL CIELO Elena Poniatowska O astrónomo e investigador mexicano Guillermo Haro foi en  vida un referente para a ciencia do seu país. A escritora e  xornalista  Elena  Poniatowska,  Premio  Cervantes  en  2013,  inspírase  en  Guillermo  (con  quen  casou  en  1968)  para  construír o memorábel protagonista desta novela e trazar a  través  del  un  ambicioso  relato  sobre  a  vocación  polo  coñecemento,  o  sacrificio  do  traballo  científico  e  as  dificultades para as relacións persoais, co pano de fondo das  profundas transformacións do século XX.
  26. 26. LA TEORÍA DEL TODO James Marsh, 2014 Biopic do científico vivo máis coñecido, o físico teórico e  cosmólogo  Stephen  Hawking,  interpretado  no  filme  por  un excelente ­e premiado cun Oscar­ Eddie Redmayne.
  27. 27. COSMOS (serie documental) Carl Sagan En  la  orilla  del  oceáno  cósmico  /  Viajes  a  través  del  espacio y el tiempo / La vida de las estrellas / El filo de la  eternidad / La persistencia de la memoria / Enciclopedia  galáctica / Una voz en la fuga cósmica...
  28. 28. NOSTALGIA DE LA LUZ Patricio Guzmán Un filme fermoso e estremecedor que parte da astronomía  que  se  fai  nun  lugar  privilexiado,  o  deserto  de  Atacama,  para  acabar  falando  da  gran  ferida  de  Chile:  o  golpe  de  estado  de  Pinochet  e  a  cruel  represión  do  seu  réxime  ditatorial.  Mirar  o  ceo  é  sempre  mirar  ao  pasado.  Reflexionar  sobre  o  pasado  e  a  memoria  é  sempre  necesario.
  29. 29. Boa lectura!

×