Introdución á contaminación luminosa

1.027 visualizações

Publicada em

Agrupación Astronómica Coruñesa Ío

Publicada em: Ciências
0 comentários
0 gostaram
Estatísticas
Notas
  • Seja o primeiro a comentar

  • Seja a primeira pessoa a gostar disto

Sem downloads
Visualizações
Visualizações totais
1.027
No SlideShare
0
A partir de incorporações
0
Número de incorporações
690
Ações
Compartilhamentos
0
Downloads
2
Comentários
0
Gostaram
0
Incorporações 0
Nenhuma incorporação

Nenhuma nota no slide

Introdución á contaminación luminosa

  1. 1. Contaminación luminosa Documento elaborado a partir de materiais creados pola IDA (en colaboración con NOAO, NSF e IYA Dark Skies Awareness) e Cel Fosc.
  2. 2. Ao longo desta sesión... • Recordaremos a historia da iluminación exterior e o seu propósito. • Repasaremos cales son os tipos de lámpadas e luminarias. • Saberemos máis sobre o impacto daniño da luz artificial pola noite.
  3. 3. A noite
  4. 4. A paisaxe nocturna Durante séculos a paisaxe nocturna estivo definida pola Lúa e as estrelas. As noites de Lúa Chea eran relativamente brillantes e as de Lúa Nova, bastante escuras. Para os habitantes das cidades nos últimos 100 anos a paisaxe nocturna ten que ver máis ben con edificios, rúas e espazos abertos iluminados. Podería haber un punto de acordo, un punto medio?
  5. 5. Historia A iluminación das rúas tal e como a coñecemos comezou hai uns 300 anos, co uso de lámpadas de aceite colocadas sobre postes de madeira. No século XVIII as lámpadas de aceite seguían usándose mais os postes de madeira foron reemprazados polos de ferro fundido. A comezos do XIX empezaron a utilizarse as lámpadas de gas e logo no XX xeralizouse o uso das lámpadas eléctricas.
  6. 6. A iluminación exterior, hoxe Rúas e estradas Parques Estadios Aparcadoiros Paisaxística ou “de acento” Residencial e edificios Paseos e carrís-bici
  7. 7. Propósito da iluminación exterior • Proporcionar un ambiente seguro pola noite. • Extender o uso dos parques e paseos pola noite. • Realzar lugares históricos ou singulares. • Mellorar o desprazamento por estrada e nos cruzamentos.
  8. 8. Tipos de lámpadas Hai catro tipos básicos: – Incandescentes – Fluorescentes – De descarga de alta intensidade • Entre elas: vapor de mercurio, haluros metálicos, sodio de alta presión e sodio de baixa presión. – Díodos de emisión de luz (LED) • A tecnoloxía LED é relativamente recente Lámpada compacta fluorescente Sodio de alta presión Sodio de baixa presión
  9. 9. Incandescentes • Tradicionalmente, as máis comúns nos fogares. • Empregan a corrente eléctrica para quentar un fío fino de tungsteno dentro dun bulbo de vidro para producir luz. • Teñen unha vida curta. • Converten a maior parte da enerxía en calor en vez de luz.
  10. 10. Fluorescentes • Moi usadas en establecementos comerciais. • A produción de luz débese á emisión de fluorescencia dun gas a baixa presión polo paso dunha corrente eléctrica. • Son de 3 a 4 veces máis eficientes que as lámpadas incandescentes e duran 10 veces máis. • Producen até 100 lumens por watt (aproximadamente).
  11. 11. Descarga de alta intensidade • Empréganse principalmente para a iluminación de grandes superficies. • Proporcionan unha maior eficacia e un máis longo tempo de servizo. • As máis comúns son as de haluros metálicos e sodio a alta presión. – Haluros metálicos – 100 lumens/watt – Sodio a alta presión – 150 lumens/watt
  12. 12. Descarga de alta intensidade continua. Sodio a baixa presión • Tamén considerada unha lámpada de descarga de alta intensidade, mais con características especiais. • Para uso no exterior. • É a forma máis eficiente de iluminación artificial. • Mantén a saída de luz mellor que outras lámpadas. • Tecnoloxía vella, non hai moitos fabricantes a produciren novos produtos. • Produce 200 lumens por watt.
  13. 13. Tipos de luminarias • Montadas sobre columnas: úsanse nas rúas, aparcadoiros, carrís-bicis, paseos. • Lanternas montadas na parede: úsanse sobre todo para seguridade. • Bolardos luminosos: empréganse en camiños e iluminación de superficies. • Luces empotradas: empréganse en camiños, ou enterradas no chan ou outras estruturas.
  14. 14. Óscar Blanco
  15. 15. Que é a contaminación luminosa? Calquera efecto negativo sobre as persoas e o medio ambiente derivado da luz artificial. → Resplendor no ceo, cegamento, luz que vai onde non debería ir (á ventá do veciño, cara ao ceo)...
  16. 16. Iluminación exterior
  17. 17. A iluminación exterior debería… • Mellorar a visibilidade, non impedila. • Non producir cegamento. • Integrarse na paisaxe nocturna, non ocupala por completo. • Non permitir que a luz pase ás propiedades dos demais. • Ter un plan rector.
  18. 18. A iluminación exterior debería… • Proporcionar un ambiente seguro. • Crear vías seguras para o tráfico, os ciclistas e os peóns. • Facilitar o uso nocturno dos espazos abertos.
  19. 19. Evitar a contaminación luminosa… • Significa aproveitar mellor os recursos naturais e aforrar enerxía e diñeiro. • Non significa iluminar menos ou peor. Antes polo contrario, o obxectivo é iluminar mellor as vilas e cidades empregando luz artificial só onde se necesita, só cando se necesita, en cantidade suficiente e non excesiva e co espectro axeitado.
  20. 20. Luminarias apantalladas
  21. 21. Importancia das luces apantalladas As luces non apantalladas producen – Resplendor no ceo – Cegamento
  22. 22. Problemas da luz non apantallada Intrusión luminosa: a luz artificial invade o interior das vivendas. St. Cugat del Valles, 1998. Fonte: Cel Fosc ← Madrid, 1999. Fonte: Cel Fosc.
  23. 23. Problemas da luz non apantallada Empeora a seguridade vial e cidadá: produce cegamentos, zonas de sombra indesexadas, etc. Por exemplo, a lámpada que deslumbra á dereita do camiño foi instalada para protexer os estudantes pola noite. Mirade a seguinte imaxe...
  24. 24. Onde foi o estudante?
  25. 25. A luz que se emite fóra do uso para o que se necesita é enerxía malgastada e son cartos malgastados. A iluminación exterior medioambientalmente responsábel reduce este gasto. Abaixo, o Escondido Education Center antes (á esquerda) e despois (á dereita). As luces innecesarias no tellado só servían para aumentar a factura da luz, non para mellorar a seguridade do aparcadoiro. Problemas da luz non apantallada
  26. 26. Impacto negativo na natureza Os animais e plantas viven cun ritmo baseado no ciclo de 24 horas. Os animais -incluídos os peixes- poden ficar desorientados pola excesiva iluminación artificial da noite. A luz artificial interfire coa migración, o apareamento, a busca de alimento e o sono.
  27. 27. Impacto negativo na saúde humana A luz que penetra nos dormitorios altera o padrón de sono. A luz que encandea pode cegar ou reducir a visión nocturna. Investigacións recentes descubriron o efecto negativo da luz artificial na noite sobre o noso reloxo biolóxico. → A exposición á luz de noite inhibe a secreción de melatonina, que desenvolve unha gran variedade de funcións no organismo.
  28. 28. Impacto negativo na astronomía A contaminación luminosa impídenos gozar do gran espectáculo que é o ceo nocturno e o inmenso patrimonio cultural asociado. O firmamento é ademais un gran laboratorio natural no que traballan un gran número de profesionais. A investigación astronómica leva aparellada unha importante industria que nos deu a tecnoloxía dos teléfonos móbiles; a tecnoloxía das imaxes médicas (raios X, resonancias magnéticas, etc) ou os satélites de comunicacións.
  29. 29. Impacto negativo na astronomía Este é o ceo que en inverno nos rouba a luz artificial.
  30. 30. Dilapidación de recursos A mala iluminación malgasta enerxía e diñeiro sen obter o proveito desexado. Por exemplo, as aínda comúns “farolas globo” desaproveitan máis da metada da luz que producen ao dirixila cara ao ceo, onde non se precisa. St. Cugat del Valles, 1998.
  31. 31. Dilapidación de recursos Segundo as estimacións do proxecto “Cities at night” [http://www.citiesatnight.org/], cada ano en España gástanse 950 millóns de euros na iluminación da noite. ->Desa partida, a Galicia corresponderíanlle non menos de 60 millóns de €. ->Na Coruña o orzamento anual do Concello en enerxía para a iluminación excede os 3 millóns de €.
  32. 32. Que pode facer un concello? • Incluír a contaminación luminosa na axenda pública e entendela coma un problema grave mais de fácil solución. • Introducir nos sistemas de iluminación mecanismos de redución de fluxo a partir de certas horas da noite. • Empregar o “sentidiño” na definición dos horarios de acendido e apagado (incluída a iluminación ornamental). • Cambiar as luminarias existentes por outras máis eficientes e menos contaminantes (e procurar que esa maior eficiencia produza aforro). • Adaptar as normativas e instrucións municipais para evitar a contaminación luminosa pública e privada.
  33. 33. Solucións
  34. 34. Solucións A iluminación exterior debe estar totalmente apantallada. Iso significa que non se emite luz por enriba dun ángulo de 90 graos.
  35. 35. Solucións • Temporizadores • Reguladores de intensidade • Sensores de movemento. *Os sensores de movemento nun aparcadoiro ou nunha casa son ademais un mecanismo de alerta ante actividades fóra de horas.
  36. 36. Solucións
  37. 37. Solucións
  38. 38. Exemplos de iluminación exterior Óscar Blanco
  39. 39. Iluminación empotrada mal feita, iluminación empotrada ben feita.
  40. 40. Iluminación totalmente apantallada nun aeroporto
  41. 41. Iluminación non apantallada nun caixeiro automático
  42. 42. A luz apantallada reduce o cegamento A imaxe inferior é unha proba de iluminación apantallada nunha rúa. Á dereita, as mesmas luces presentadas en comparación coas luces existentes non apantalladas.
  43. 43. Grazas pola atención, e lembrade que “ceo escuro” non significa “cidade escura”. Significa aforro de recursos, protección do medio ambiente e protección da saúde!

×