1. quen de avistar Irlanda e dirixirse a ela para
explorala. De aí a lenda de que os irlandeses
son descendentes de Ith, fillo de Breogán, pai
da nación galega, segundo recolle E. Pondal no
poema Os pinos, texto musicado por Pascual
Veiga para convertilo en himno galego.
FUNDACIÓN LUÍS SEOANE
SAÍDA DIDÁCTICA Á CORUÑA
A segunda é o mito de Hércules, recollido polo
rei Afonso X, o Sabio, na súa General Estoria,
no séc. XIII. Nela cóntase como o héroe
Hércules construiu unha enorme torre para
festexar a súa vitoria sobre o xigante Xerión. Á
beira da torre, levantou a cidade de Crunia, en
lembranza da primeira muller que habitou este
lugar e da que Hércules ficou namorado. Cando
Hércules marcha, deixa ao seu sobriño, Hispán,
como señor do lugar. El transforma a torre en
faro ao colocar no alto un grande espello
máxico co que a poboación podía vixiar a
chegada de naves amigas ou inimigas.
A Fundación Luis Seoane está situada nun antigo
cuartel rehabilitado. O edificio foi concibido como
un grande hórreo de granito e cristal, coa finalidade
de divulgar a obra e o legado deste intelectual
galeguista. Luís Seoane naceu en Bos Aires, onde
emigraran seus pais. Formouse en Galicia, pero tras
o golpe de estado do 36 volveu, exiliado, a Bos
Aires. Foi avogado, promotor cultural (Laboratorio
de Formas de Galicia), editor (ed. Botella ao mar),
director e fundador de revistas (Galicia emigrante),
poeta (Fardel d’eisilado, 1952; Na brétema, SantIago, 1956), narrador, autor teatral, ensaísta
(Castelao artista, 1969), pero sobre todo foi un dos
máis grandes artistas gráficos galegos de todos os
tempos. A súa obra plástica enmárcase no
expresionismo e aproxímase á arte abstracta. En
1945 os seus gravados e debuxos Homenaxe á
Torre de Hércules recibiron en Nova York un
importante premio, xunto coa obra de Picasso,
Historia Natural de Bufón.
ITINERARIO
8:30h. SAÍDA DE RIANXO
10:00h. AQUARIUM FINISTERRAE
13:00h. TORRE DE HÉRCULES
14:30h. CC OS ROSAIS
16:30h. FUNDACIÓN LUÍS SEOANE
20:00h. REGRESO A RIANXO
TEL. IMPREVISTOS: 639975156
Dado que a curiosidade é a man que alcanza
as cousas do futuro. INVESTIGA E SATISFAINA
1. Averigua que outros bens foron considerados
Patrimonio da Humanidade.
2. Onde situarías o golfo Ártabro?
3. Cales dos seguintes produtos intercambiarían os
galaicos cos pobos mediterráneos que os visitaban
camiño do Mar do Norte? Arados, arpas, perfumes,
viño, seda, liño, carne salgada, aceite de oliva.
4. A que se corresponde na actualida o Porto de
Brigantium fundado polos romanos?
5. Quen foi Gaio Sevio Lupo?
6. Consigue a letra do himno galego.
7. Cal debería ser o nome da Torre de Hércules?
DEPARTAMENTOS de FÍSICA E QUÍMICA e
LINGUA GALEGA E LITERATURA
2. O AQUARIUM FINISTERRAE
O Aquarium
Finisterrae
atópase na
beira do
oceáno
Atlántico, a
carón do
histórico faro
da Torre de
Hércules.
Atópase nun
espectacular
entorno natural. A Casa dos Peixes acolle toda
a costa galega.
Dado que a curiosidade é a man que alcanza
as cousas do futuro. INVESTIGA E SATISFAI A
TÚA CORIOSIDADE…
1. En Galicia hai moita cultura mariñeira , algo terán
que ver os moitos Km. de litoral. Cántos?
2.Cantos corresponden ás fermosas praias galegas?
3. A densidade da auga do mar é maior cá da auga
doce, se ben non todos os mares ou océanos teñen
a mesma densidade. Cal é o seu valor medio no
caso do océano Atlántico? E o Mar Vermello é mais
denso? Por qué? Canto máis ou menos?
4. Pode ser que algunha vez de pequeno lle
preguntaras a alguén onde se mete a auga do mar
ao baixar a marea. Agora sabes a resposta?
5. As femias das nécoras son máis saborosas cós
machos. Como se diferencian?
6. Cal é o animal mariño existente máis grande?
Cánto mide e cal é o seu peso en Kg? A cantas
persoas alimentaríamos cos seus filetes?
7. Miles de anos despois chamámoslle “lanterna de
Aristóteles” a unha parte dun animal mariño
descrita así por ese sabio grego. A que parte?
8. Cal era a temperatura da auga dos océanos
cando estes se formaron?
9. Cada ano alonxámonos máis de América. Canto
exactamente?
10. Ordena estes peixes de menor a maior segundo
os anos que viven:
bacallau
tiburón
balea esturión
cabaliño de mar
solla
11. Cal é o peixe máis veloz? Que velocidade acada?
12. Se unha xarda sae detrás dun atún, ao cabo de
unha hora, que distancia lle levaría o atún?
13. Que peixe pon máis ovos? Cantos?
14. Quen pobou antes a Terra: os dinosauros ou os
tiburóns?
15. Teñen espiñas os tiburóns? Teñen escamas?
16. Cantos penes ten un tiburón? Son ovíparos?
17. Os tiburóns detectan as súas presas incluso a
kilómetros de distancia debido ao gran desenrolo
dos seus sentidos, para iso é determinante a
chamada “liña lateral “ e a ampola de Lorenzine.
Que detectan cada unha delas?
A TORRE DE HÉRCULES
A Torre de
Hércules é un
faro situado na
península da
cidade da
Coruña, que ten o
privilexio de ser o
único faro no
mundo, de orixe
romana, en
funcionamento.
O 27 de xuño de
2009 foi
proclamada Patrimonio da Humanidade pola
UNESCO. Deste xeito converteuse no cuarto
recoñecemento da UNESCO en Galicia xunto co
Camiño de Santiago, a Muralla de Lugo e o
Casco Vello de Santiago de Compostela.
Durante a Idade Media proliferaron relatos
fantáticos en torno á Torre de Hércules. Até
que no séc. XVIII, servíndose do método
científico, o Padre Cornide dera á luz os
primeiros estudos históricos sobre a orixe
romana da Torre, até entón proliferaran
especialmente dúas lendas.
A primeira é una lenda irlandesa do séc. XI recollida
no Libro das invasións. Nela nárrase a viaxe dos
celtas gaélicos desde Oriente Próximo, tras a caída
da Torre de Babel, até Galicia, onde un dos seus
reis, Breogán, ordenou a construcción dunha torre
en Brigantia. Desde esa torre, o seu fillo Ith, foi