SlideShare a Scribd company logo
1 of 4
Download to read offline
MANIFESTO 25 Novembro 2016
Máis alá do machismo hai unha vida digna para as mulleres
Sen ánimo de adoutrinar nin de mostrar fachenda, o inconformismo dun
grupo de mozos e mozas de Rianxo fai esta chamada á nosa comunidade
contra os prexuízos e a discriminación cara as mulleres.
Non nos erguemos en nome dunha data sinalada no calendario. Hoxe
poñémonos en pé, tentando facer unha protesta forte, densa e implacable
contra o machismo.
A pesar de que, popularmente, O MACHISMO é considerado unha
ideoloxía contraria ó feminismo, en realidade, o machismo é unha actitude de
prepotencia, de superioridade dos homes respecto das mulleres. Os machistas
defenden a supremacía do macho e non aceptan a igualdade entre homes e
mulleres, atentando contra a Declaración Universal dos Dereitos Humanos.
A orixe do machismo está nun prexuízo sexista, do cal xorde un
estereotipo da muller como ser débil, como ser inferior. O prexuízo machista,
como todos os prexuízos, é unha opinión previa ao coñecemento, carece de
fundamento, nace da ignorancia.
Todo isto configura os diversos tipos de violencia contra as mulleres,
afondando no sexismo, que non só se dirixe cara as mulleres, senón tamén
cara os transexuais e intersexuais.
Nós non pertencemos a ningún grupo feminista, pero, como cidadáns e
cidadás dunha sociedade democrática, reclamamos a igualdade de dereitos
entre homes e mulleres.
Ollando ao noso arredor, semella que ninguén é machista. Mais, cando
se aborda o asunto, é doado escoitar EU NON SON MACHISTA,
PERO...
Nós preguntámonos: Pero que? Se non es machista non o es e punto!
Non se pode poñer un “pero” tras dicir “eu non son machista”. Para quen non é
machista non hai pero que valla!
Nós arrenegamos de todos aqueles que din:
• Eu non son machista, pero creo que as mulleres deben atender do
fogar.
• Eu non son machista, pero os homes son máis racionais e as mulleres
máis sentimentais.
• Eu non son machista, pero se un neno xoga con bonecas paréceme
afeminado e se unha nena xoga ao fútbol paréceme un marimacho.
• Eu non son machista, pero opino que muller ao volante, perigo
constante.
• Eu non son machista, pero non contrataría na miña empresa a unha
muller por se queda embarazada.
• Eu non son machista, pero creo que moitas das mulleres agredidas
buscárono elas mesmas con escotes e minisaias.
Este falso argumentario constitúe un enorme conxunto de paradoxos,
falacias e contradicións, que nos levan de cabeza aos
MICROMACHISMOS, que de micro non teñen nada!
Nós arrenegamos dos roles sexistas e dos que nolos implantan. Dende
que nacemos somos encarcerados por muros de tixolos nun determinado
molde ao que nos debemos axustar para ser aceptados.
Para as nenas, bonecas e cociñas; para os nenos, balóns e coches. Os
nenos non choran; as nenas non pegan. Os pais fan a patria; as nais fan a
cama.
Nós arrenegamos da Lei do Costume. Cada vez que se produce un
comportamento machista, afundímonos máis e máis nos vellos tempos.
Nós arrenegamos dos temas obrigados. É vergoñoso seguir
escandalizándose ao saber de casos de violencia de xénero cando nós mesmos,
no día a día, fomentamos o machismo con pequenos xestos aparentemente
inofensivos pero que constitúen o xermolo da violencia contra as mulleres.
NÓS estamos cansos, estamos cansas de percorrer camiños vellos xa
fracasados; estamos cansas xa de que a sociedade permita e tolere os
comportamentos machistas; estamos cansas de que cada 25 de Novembro
sexan lidas excelentes declaracións institucionais contra a violencia machista e,
ao acabar a lectura, seguir recortando recursos públicos para loitar contra a
violencia de xénero.
En pleno século XXI, cremos que os tempos da igualdade son chegados,
para poder vivir sen medos e decidir por nós mesmas.
Nós non esquecemos que O MACHISMO MATA.
Nos últimos vinte anos, case 1500 mulleres foron asasinadas en España.
Desde 2007, 612 mulleres morreron a mans dos seus maltratadores. No que
vai de ano, levamos 44 mulleres asasinadas. É dicir, cada semana morre unha
muller en España por causa da violencia machista.
En Galicia, a pesar de que a taxa da violencia de xénero é das máis
baixas do estado, o número de denuncias aumentou case un 6%,
contabilizándose 1389 no segundo trimestre do ano.
En consecuencia, RECLAMAMOS:
• Reclamamos unha fala que non estea pervertida pola linguaxe
sexista!
• Reclamamos que os medios de comunicación eviten o
sensacionalismo e non se sirvan de imaxes manipuladas polo
sexismo.
• Reclamamos que a prevención sexa prioritaria e que comece na
escola, pero que non quede aí, porque non só o alumnado, tamén
o profesorado e os nosos pais e nais deben ser formados.
Impedindo que a ignorancia sexa un bo pretexto para o
machismo.
• Reclamamos que as mulleres poidan tomar libremente as
decisións referentes ao seu corpo, á súa sexualidade e á súa
fecundidade.
• Reclamamos que esta loita non se dirixa só á violencia da parella
ou ex-parella contra a muller, senón que tamén vaia dirixida
contra todas as violencias machistas en xeral, incluídos os
micromachismos.
RIANXEIROS E RIANXEIRAS!
Agora cómprevos dicir, veciños e veciñas de Rianxo, se pensades seguir
indo costa abaixo polo tempo ou encamiñarvos cara un futuro de xustiza e
igualdade onde a muller poida ter os mesmos dereitos laborais e sociais que o
home.
Se queredes liberarvos do xerme do Machismo e da Morte. Se queredes
adornarvos da Igualdade ou seguir sacrificándoa no altar dos Prexuízos.
Non esquezades que o Machismo Mata e a metade da Humanidade ten
que seguir vivindo. Queremos seguir vivindo!. Por iso non podemos permitir
un asasinato máis.
Cómpre romper a marcha pola mesma estrada que fagamos cos nosos
pasos, xuntos, xuntas, e afrontar nela unha peregrinación sen chegada,
porque en cada relanzo do camiño agárdanos unha voz que nos berra:
"Máis alá do machismo hai unha vida digna para as
mulleres!"
En Rianxo a, 25 de Novembro de 2016
Asinado polo alumnado de 1º de Bacharelato – A do IES Félix Muriel

More Related Content

What's hot

What's hot (7)

Feminismo para avanzar. Xuntas nunha mesma loita
Feminismo para avanzar. Xuntas nunha mesma loitaFeminismo para avanzar. Xuntas nunha mesma loita
Feminismo para avanzar. Xuntas nunha mesma loita
 
Monfero manifesto paz 2019
Monfero manifesto paz 2019Monfero manifesto paz 2019
Monfero manifesto paz 2019
 
Violencia De XéNero
Violencia De XéNeroViolencia De XéNero
Violencia De XéNero
 
[25N] A violencia queda dentro
[25N] A violencia queda dentro[25N] A violencia queda dentro
[25N] A violencia queda dentro
 
Coñece o sufrimento, visibiliza a violencia, defende ás mulleres
Coñece o sufrimento, visibiliza a violencia, defende ás mulleresCoñece o sufrimento, visibiliza a violencia, defende ás mulleres
Coñece o sufrimento, visibiliza a violencia, defende ás mulleres
 
25 N
25 N25 N
25 N
 
La Violencia De GéNero
La Violencia De GéNeroLa Violencia De GéNero
La Violencia De GéNero
 

Similar to Manifesto 25 novembro 2016

Ud contra a violencia de xénero Rede Museística
Ud contra a violencia de xénero Rede MuseísticaUd contra a violencia de xénero Rede Museística
Ud contra a violencia de xénero Rede MuseísticaAna Ferro Fernández
 
Tema 2. Detección, sensibilización e respostas contra o machismo
Tema 2. Detección, sensibilización e respostas contra o machismoTema 2. Detección, sensibilización e respostas contra o machismo
Tema 2. Detección, sensibilización e respostas contra o machismomarcendon
 
Manifesto 8 marzo, Día da Muller. CPI As MIrandas
Manifesto 8 marzo, Día da Muller. CPI As MIrandasManifesto 8 marzo, Día da Muller. CPI As MIrandas
Manifesto 8 marzo, Día da Muller. CPI As MIrandasYolanda Castro
 
Violencias invisibeis. Olga Castro
Violencias invisibeis. Olga CastroViolencias invisibeis. Olga Castro
Violencias invisibeis. Olga Castrotrafegandoronseis
 
Son feminista
Son feministaSon feminista
Son feministaEva Garea
 
Violencia De XéNero Ylenia
Violencia De XéNero  YleniaViolencia De XéNero  Ylenia
Violencia De XéNero Yleniaguestb98eb5
 
Ana gonzález víctimas holocausto
Ana gonzález víctimas holocaustoAna gonzález víctimas holocausto
Ana gonzález víctimas holocaustosatelite1
 
PROPOSTAS DIDÁCTICAS PARA A AULA
PROPOSTAS DIDÁCTICAS PARA A AULAPROPOSTAS DIDÁCTICAS PARA A AULA
PROPOSTAS DIDÁCTICAS PARA A AULAREME BUDIÑO
 
Un pouco de historia sobre as mulleres
Un pouco de historia sobre as mulleresUn pouco de historia sobre as mulleres
Un pouco de historia sobre as mulleresholgam
 
Non a violencia de xénero
Non a violencia de xéneroNon a violencia de xénero
Non a violencia de xéneroanlly14
 
Revista Rañolas Nº 12 - Mayo 2016 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 12 - Mayo 2016 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 12 - Mayo 2016 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 12 - Mayo 2016 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista_Ranholas
 
Día internacional da muller
Día internacional da mullerDía internacional da muller
Día internacional da mullerBiblioRibeiro
 

Similar to Manifesto 25 novembro 2016 (20)

Micromachismos
MicromachismosMicromachismos
Micromachismos
 
Ud contra a violencia de xénero Rede Museística
Ud contra a violencia de xénero Rede MuseísticaUd contra a violencia de xénero Rede Museística
Ud contra a violencia de xénero Rede Museística
 
Tema 2. Detección, sensibilización e respostas contra o machismo
Tema 2. Detección, sensibilización e respostas contra o machismoTema 2. Detección, sensibilización e respostas contra o machismo
Tema 2. Detección, sensibilización e respostas contra o machismo
 
Papel da muller
Papel da mullerPapel da muller
Papel da muller
 
Manifesto 8 marzo, Día da Muller. CPI As MIrandas
Manifesto 8 marzo, Día da Muller. CPI As MIrandasManifesto 8 marzo, Día da Muller. CPI As MIrandas
Manifesto 8 marzo, Día da Muller. CPI As MIrandas
 
Violencias invisibeis. Olga Castro
Violencias invisibeis. Olga CastroViolencias invisibeis. Olga Castro
Violencias invisibeis. Olga Castro
 
Son feminista
Son feministaSon feminista
Son feminista
 
Violencia De XéNero Ylenia
Violencia De XéNero  YleniaViolencia De XéNero  Ylenia
Violencia De XéNero Ylenia
 
Programa de traballo
Programa de traballoPrograma de traballo
Programa de traballo
 
Ana gonzález víctimas holocausto
Ana gonzález víctimas holocaustoAna gonzález víctimas holocausto
Ana gonzález víctimas holocausto
 
Enquisa machismo coas respostas
Enquisa machismo coas respostasEnquisa machismo coas respostas
Enquisa machismo coas respostas
 
Muller
MullerMuller
Muller
 
PROPOSTAS DIDÁCTICAS PARA A AULA
PROPOSTAS DIDÁCTICAS PARA A AULAPROPOSTAS DIDÁCTICAS PARA A AULA
PROPOSTAS DIDÁCTICAS PARA A AULA
 
25N DIA 1.pdf
25N DIA 1.pdf25N DIA 1.pdf
25N DIA 1.pdf
 
Un pouco de historia sobre as mulleres
Un pouco de historia sobre as mulleresUn pouco de historia sobre as mulleres
Un pouco de historia sobre as mulleres
 
Carmen Blanco
Carmen Blanco Carmen Blanco
Carmen Blanco
 
Non a violencia de xénero
Non a violencia de xéneroNon a violencia de xénero
Non a violencia de xénero
 
DeslígateIII.pdf
DeslígateIII.pdfDeslígateIII.pdf
DeslígateIII.pdf
 
Revista Rañolas Nº 12 - Mayo 2016 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 12 - Mayo 2016 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 12 - Mayo 2016 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 12 - Mayo 2016 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 
Día internacional da muller
Día internacional da mullerDía internacional da muller
Día internacional da muller
 

More from Marlou

Despois de ver... Sempre Xonxa
Despois de ver... Sempre XonxaDespois de ver... Sempre Xonxa
Despois de ver... Sempre XonxaMarlou
 
Literaturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade mediaLiteraturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade mediaMarlou
 
Bases concurso microrrelatos medo 19 20
Bases concurso microrrelatos medo 19 20Bases concurso microrrelatos medo 19 20
Bases concurso microrrelatos medo 19 20Marlou
 
Como escribir un microrrelato
Como escribir un microrrelatoComo escribir un microrrelato
Como escribir un microrrelatoMarlou
 
Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)
Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)
Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)Marlou
 
O galego nos SSEE
O galego nos SSEEO galego nos SSEE
O galego nos SSEEMarlou
 
25abril1974 (carla vidal)
25abril1974 (carla vidal)25abril1974 (carla vidal)
25abril1974 (carla vidal)Marlou
 
A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)
A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)
A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)Marlou
 
100mulleres
100mulleres100mulleres
100mulleresMarlou
 
Calendario 2019 (AS-PG)
Calendario 2019 (AS-PG)Calendario 2019 (AS-PG)
Calendario 2019 (AS-PG)Marlou
 
Milicianos
MilicianosMilicianos
MilicianosMarlou
 
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de RianxoCartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de RianxoMarlou
 
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de RianxoCartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de RianxoMarlou
 
Cartaz semana 26n18
Cartaz semana 26n18Cartaz semana 26n18
Cartaz semana 26n18Marlou
 
Folleto triptico rianxo en negro
Folleto triptico rianxo en negroFolleto triptico rianxo en negro
Folleto triptico rianxo en negroMarlou
 
Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19
Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19
Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19Marlou
 
Atila en Galiza
Atila en GalizaAtila en Galiza
Atila en GalizaMarlou
 
Galiza mártir
Galiza mártirGaliza mártir
Galiza mártirMarlou
 
O reino de_Galiza
O reino de_GalizaO reino de_Galiza
O reino de_GalizaMarlou
 
Decembro
DecembroDecembro
DecembroMarlou
 

More from Marlou (20)

Despois de ver... Sempre Xonxa
Despois de ver... Sempre XonxaDespois de ver... Sempre Xonxa
Despois de ver... Sempre Xonxa
 
Literaturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade mediaLiteraturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade media
 
Bases concurso microrrelatos medo 19 20
Bases concurso microrrelatos medo 19 20Bases concurso microrrelatos medo 19 20
Bases concurso microrrelatos medo 19 20
 
Como escribir un microrrelato
Como escribir un microrrelatoComo escribir un microrrelato
Como escribir un microrrelato
 
Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)
Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)
Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)
 
O galego nos SSEE
O galego nos SSEEO galego nos SSEE
O galego nos SSEE
 
25abril1974 (carla vidal)
25abril1974 (carla vidal)25abril1974 (carla vidal)
25abril1974 (carla vidal)
 
A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)
A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)
A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)
 
100mulleres
100mulleres100mulleres
100mulleres
 
Calendario 2019 (AS-PG)
Calendario 2019 (AS-PG)Calendario 2019 (AS-PG)
Calendario 2019 (AS-PG)
 
Milicianos
MilicianosMilicianos
Milicianos
 
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de RianxoCartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
 
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de RianxoCartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
 
Cartaz semana 26n18
Cartaz semana 26n18Cartaz semana 26n18
Cartaz semana 26n18
 
Folleto triptico rianxo en negro
Folleto triptico rianxo en negroFolleto triptico rianxo en negro
Folleto triptico rianxo en negro
 
Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19
Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19
Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19
 
Atila en Galiza
Atila en GalizaAtila en Galiza
Atila en Galiza
 
Galiza mártir
Galiza mártirGaliza mártir
Galiza mártir
 
O reino de_Galiza
O reino de_GalizaO reino de_Galiza
O reino de_Galiza
 
Decembro
DecembroDecembro
Decembro
 

Manifesto 25 novembro 2016

  • 1. MANIFESTO 25 Novembro 2016 Máis alá do machismo hai unha vida digna para as mulleres Sen ánimo de adoutrinar nin de mostrar fachenda, o inconformismo dun grupo de mozos e mozas de Rianxo fai esta chamada á nosa comunidade contra os prexuízos e a discriminación cara as mulleres. Non nos erguemos en nome dunha data sinalada no calendario. Hoxe poñémonos en pé, tentando facer unha protesta forte, densa e implacable contra o machismo. A pesar de que, popularmente, O MACHISMO é considerado unha ideoloxía contraria ó feminismo, en realidade, o machismo é unha actitude de prepotencia, de superioridade dos homes respecto das mulleres. Os machistas defenden a supremacía do macho e non aceptan a igualdade entre homes e mulleres, atentando contra a Declaración Universal dos Dereitos Humanos. A orixe do machismo está nun prexuízo sexista, do cal xorde un estereotipo da muller como ser débil, como ser inferior. O prexuízo machista, como todos os prexuízos, é unha opinión previa ao coñecemento, carece de fundamento, nace da ignorancia. Todo isto configura os diversos tipos de violencia contra as mulleres, afondando no sexismo, que non só se dirixe cara as mulleres, senón tamén cara os transexuais e intersexuais. Nós non pertencemos a ningún grupo feminista, pero, como cidadáns e cidadás dunha sociedade democrática, reclamamos a igualdade de dereitos entre homes e mulleres. Ollando ao noso arredor, semella que ninguén é machista. Mais, cando se aborda o asunto, é doado escoitar EU NON SON MACHISTA, PERO... Nós preguntámonos: Pero que? Se non es machista non o es e punto! Non se pode poñer un “pero” tras dicir “eu non son machista”. Para quen non é machista non hai pero que valla!
  • 2. Nós arrenegamos de todos aqueles que din: • Eu non son machista, pero creo que as mulleres deben atender do fogar. • Eu non son machista, pero os homes son máis racionais e as mulleres máis sentimentais. • Eu non son machista, pero se un neno xoga con bonecas paréceme afeminado e se unha nena xoga ao fútbol paréceme un marimacho. • Eu non son machista, pero opino que muller ao volante, perigo constante. • Eu non son machista, pero non contrataría na miña empresa a unha muller por se queda embarazada. • Eu non son machista, pero creo que moitas das mulleres agredidas buscárono elas mesmas con escotes e minisaias. Este falso argumentario constitúe un enorme conxunto de paradoxos, falacias e contradicións, que nos levan de cabeza aos MICROMACHISMOS, que de micro non teñen nada! Nós arrenegamos dos roles sexistas e dos que nolos implantan. Dende que nacemos somos encarcerados por muros de tixolos nun determinado molde ao que nos debemos axustar para ser aceptados. Para as nenas, bonecas e cociñas; para os nenos, balóns e coches. Os nenos non choran; as nenas non pegan. Os pais fan a patria; as nais fan a cama. Nós arrenegamos da Lei do Costume. Cada vez que se produce un comportamento machista, afundímonos máis e máis nos vellos tempos. Nós arrenegamos dos temas obrigados. É vergoñoso seguir escandalizándose ao saber de casos de violencia de xénero cando nós mesmos, no día a día, fomentamos o machismo con pequenos xestos aparentemente inofensivos pero que constitúen o xermolo da violencia contra as mulleres. NÓS estamos cansos, estamos cansas de percorrer camiños vellos xa fracasados; estamos cansas xa de que a sociedade permita e tolere os
  • 3. comportamentos machistas; estamos cansas de que cada 25 de Novembro sexan lidas excelentes declaracións institucionais contra a violencia machista e, ao acabar a lectura, seguir recortando recursos públicos para loitar contra a violencia de xénero. En pleno século XXI, cremos que os tempos da igualdade son chegados, para poder vivir sen medos e decidir por nós mesmas. Nós non esquecemos que O MACHISMO MATA. Nos últimos vinte anos, case 1500 mulleres foron asasinadas en España. Desde 2007, 612 mulleres morreron a mans dos seus maltratadores. No que vai de ano, levamos 44 mulleres asasinadas. É dicir, cada semana morre unha muller en España por causa da violencia machista. En Galicia, a pesar de que a taxa da violencia de xénero é das máis baixas do estado, o número de denuncias aumentou case un 6%, contabilizándose 1389 no segundo trimestre do ano. En consecuencia, RECLAMAMOS: • Reclamamos unha fala que non estea pervertida pola linguaxe sexista! • Reclamamos que os medios de comunicación eviten o sensacionalismo e non se sirvan de imaxes manipuladas polo sexismo. • Reclamamos que a prevención sexa prioritaria e que comece na escola, pero que non quede aí, porque non só o alumnado, tamén o profesorado e os nosos pais e nais deben ser formados. Impedindo que a ignorancia sexa un bo pretexto para o machismo. • Reclamamos que as mulleres poidan tomar libremente as decisións referentes ao seu corpo, á súa sexualidade e á súa fecundidade. • Reclamamos que esta loita non se dirixa só á violencia da parella ou ex-parella contra a muller, senón que tamén vaia dirixida contra todas as violencias machistas en xeral, incluídos os
  • 4. micromachismos. RIANXEIROS E RIANXEIRAS! Agora cómprevos dicir, veciños e veciñas de Rianxo, se pensades seguir indo costa abaixo polo tempo ou encamiñarvos cara un futuro de xustiza e igualdade onde a muller poida ter os mesmos dereitos laborais e sociais que o home. Se queredes liberarvos do xerme do Machismo e da Morte. Se queredes adornarvos da Igualdade ou seguir sacrificándoa no altar dos Prexuízos. Non esquezades que o Machismo Mata e a metade da Humanidade ten que seguir vivindo. Queremos seguir vivindo!. Por iso non podemos permitir un asasinato máis. Cómpre romper a marcha pola mesma estrada que fagamos cos nosos pasos, xuntos, xuntas, e afrontar nela unha peregrinación sen chegada, porque en cada relanzo do camiño agárdanos unha voz que nos berra: "Máis alá do machismo hai unha vida digna para as mulleres!" En Rianxo a, 25 de Novembro de 2016 Asinado polo alumnado de 1º de Bacharelato – A do IES Félix Muriel