Infografía Pasos para quererse a uno mismo y mejorar la autoestima Doodle pizarra Blanco y negro.pdf
1. O CLUB
A novela foi adaptada ao teatro
por Teatro do Morcego e ao
cinema por Antón Dobao
(2009).
da calceta
O club da calceta é unha novela
en lingua galega escrita por María
Reimóndez e publicada por
Edicións Xerais en 2006. Foi
finalista do Premio Xerais en 2005
e acadou o Premio Arcebispo Xoán
de San Clemente en 2007.
•Matilde é unha muller casada, cun corpo moi grande. Monta unha tenda de
venda de las. Sobriña de Davinia.
•Anxos é unha profesora universitaria casada, afín ao marxismo e ao feminismo.
Mentres está no club, deixa o marido e o partido político no que milita.
•Rebeca é unha muller de corpo dez que traballa de secretaria.
•Elvira é unha beata maior, que vive soa e limpa a igrexa parroquial. É a
monitora do grupo.
•Luz é unha prostituta. Deixa o club no que traballa e monta canda Rebeca
unha empresa de asesoramento para mulleres emprendedoras.
•Fernanda é unha muller coxa, á que lle falta unha perna. Co apoio do seu
marido saca o carné e faise condutora de autobuses.
PERSONAXES PRINCIPAIS
Seis mulleres de diferentes idades e procedencias
xúntanse nun local dunha asociación veciñal para
aprender calceta. Alí conversan sobre as súas
vidas e os seus problemas, que logran superar ben
sexa coa axuda das demais ou mediante a toma de
conciencia propia.
Deciden tomar a xustiza pola man e acabar cos
homes que lles fan a vida imposible: un avogado
que fai entrevistas de traballo, un condutor de
autobús groseiro, un cliente do prostíbulo, un
dependente dunha tenda de moda, un obreiro da
construción e un sacerdote.
TRAMA
•Ao italiano en 2007 por Attilio
Castellucci co título de Il clube della
calzetta por Gran Via Edizione, coll.
M30.
•Ao castelán por Mª José Vázquez co
título de El club de la calceta
publicada en 2008 pola Editorial
Algaida.
•Ao francés por Vicent Ozanam co
título de Le club du tricot publicado
en 2015 por Solanhets Éditeur.
ADAPTACIÓNS
TRADUCIÓNS
ANDREA LAMAS
RIVERA 1°BACH C