Anúncio

Entrevista monte das moas

22 de Mar de 2021
Entrevista monte das moas
Entrevista monte das moas
Entrevista monte das moas
Entrevista monte das moas
Próximos SlideShares
Traballo libroTraballo libro
Carregando em ... 3
1 de 4
Anúncio

Mais conteúdo relacionado

Anúncio

Mais de RemoeaLinguaLinguaGa(20)

Anúncio

Entrevista monte das moas

  1. Benquerida Carla: En primeiro lugar, gustaríame agradecervos a ti e mais á túa compañeira que elixirades as miñas novelas para o voso traballo e espero de corazón que vos gustasen. Lamento a demora en respondervos e espero chegar a tempo, pero por suposto que estou encantada de contestar as vosas preguntas - Por que decidiches escribir en galego? Para min escribir en galego xurdiu de forma natural. Eu comecei escribindo contos para a miña irmá máis nova cando eramos nenas e, xa na adolescencia, tiven un profesor que me animou a presentarme a un certame literario. Tratábase do certame literario do concello de Cambre, que é o meu concello. A partir de aí fun presentándome a outros premios en galego e tiven a sorte de ir gañando algúns, o que me deu moitos pulos para seguir na escrita. Aproveito para dicirvos que, se vos gusta escribir, non dubidedes en presentarvos ao certame de Cambre, que ten varias categorías para as distintas idades e dúas modalidades, poesía e relato, así que é moi completo. - Tes algún lugar ou momento de inspiración para escribir? Non en especial, eu penso que se pode escribir en calquera momento e lugar, mesmo sen bolígrafo nin ordenador. As ideas nacen nas situacións máis impensadas e nunca se sabe cando vai chegar a inspiración. Eu adoito levar sempre un caderno de notas comigo para ir apuntando as cousas que vexo ou se me ocorren, malia que despois escribo as novelas a ordenador porque me resulta máis rápido. Resúltame moi inspirador ir no bus porque hai moito tempo para pensar ou pasear pola natureza porque neses momentos de calma e conexión afloran moitas ideas. En xeral, a escrita require de soidade e repouso. - Quen é o autor que máis che inspira? Esta é unha pregunta das difíciles! Eu admiro a moitos autores e autoras e resúltame imposible elixir un. De pequena o meu libro favorito era Matilda e, xa na adolescencia, dúas obras que me marcaron moitísimo foron O sol do verán de Carlos Casares e Jane Eyre de Charlotte Brontë. Recoméndovolas sen dúbida! Xa cos anos, gustáronme outros moitos autores que sería moi longo enumerar. Desfruto de todos os tipos de literatura, encántame ler LIX e tamén as novelas de intriga psicolóxica e tramas intimistas.
  2. - Cando será a seguinte publicación? Moi axiña! En abril sae a miña próxima novela, A folla azul, premio Merlín. En principio é para un público infantil, pero penso que lle pode gustar a quen goce das novelas de aventuras e teña interese pola situación da Amazonia. Trata dunha nena pertencente a unha tribo amazónica non contactada que vive en harmonía coa natureza. Pero cando os membros da súa tribo comezan a enfermar contaxiados por unha doenza que lles levou o home branco, emprende unha aventura que a vai levar moi lonxe do seu poboado na procura dunha cura misteriosa: a folla azul. E ata aquí podo falar (escribir neste caso) porque está feísimo facerse spoilers a unha mesma! - Sempre pensaches en dedicarte a escribir? É o meu soño desde nena, aínda que tamén me gustou sempre o mundo da docencia. Escribir é para min como respirar, imprescindible. Sempre fun moi lectora e non me imaxino a miña vida sen libros porque penso que os libros teñen a capacidade de mellorar a nosa existencia: consólannos cando estamos tristes, acompáñannos no camiño, cúrannos da soidade e amplían a paisaxe do noso pensamento. A literatura é algo moi especial e querido para min e supoño que escribo para compartir ese amor pola palabra escrita. - Cale é o teu xénero preferido? De todo! Leo sobre todo narrativa e dentro desta, novela. Pero tamén me gustan os contos e, de feito, escribín moitos, sobre todo na adolescencia. Desfruto moito coa poesía e ultimamente leo bastante ensaio e literatura de non ficción. Aos poucos vou coñecendo máis da banda deseñada, que de pequena non me interesaba e á que fun colléndolle o gusto co tempo porque nunca é tarde! Co respecto ao libro titulado: O que sei do silencio - Por qué decidiches dar iniciativa a este tema? En realidade, tiven moitas dúbidas con esta historia e mesmo pensei en non publicala. A historia parte dun caso real do que me falaron, malia que sen detalles nin identidades, preservando en todo
  3. momento a anonimia dos protagonistas. A partir de esa base real escribín o relato que ten tamén unha boa dose de ficción. Dubidei sobre se publicalo ou non porque me parecía que o acoso era un tema do pasado, pero a obra quedou finalista do Premio Raíña Lupa e finalmente saíu á luz. A miña sorpresa chegou cando comecei a visitar os centros escolares para falar da novela e os rapaces e rapazas foron contándome historias de casos de acoso que estaban a vivir ou viviran na súa experiencia académica. Se o acoso escolar segue existindo entón aínda fan falta novelas como O que sei do silencio. Hai que falar dos temas que nos preocupan, ser conscientes da súa existencia. Houbo algúns adolescentes que me dixeron que se sentiron acompañados por este libro, xa que tamén eles foran vítimas de acoso. Ese para min é o propósito máis importante da literatura. - Que acontecemento che levou a falar sobre o acoso escolar? Algunha experiencia real? Si, o libro está baseado nunha experiencia que me contaron. Eu nunca sufrín acoso e tampouco fun acosadora activa. Pero, como todos e todas nalgún momento das nosas vidas, fun acosadora pasiva porque ignorei situacións de malestar de compañeiros do instituto. De aí naceu o personaxe de Delia, que é testemuña duns feitos tremendos, pero que non se atreve a denuncialos por medo. Ela é un exemplo de acosadora pasiva que, aos poucos, vai decatándose do importante que foi o seu silencio, nun sentido negativo. Se os acosadores pasivos denuncian o acoso, este detense, dado que son unha parte fundamental do problema. Co respecto ao libro titulado: Europa Express - Que che levou a escribir sobre a superación da morte? A idea de Europa Express xurdiu das miñas viaxes de interrail, que realicei en varios veráns na compaña de distintos amigos e amigas. Algúns anos despois, mentres repasaba os meus diarios de viaxe, decateime de que tiña material para escribir unha novela. Apetecíame escribir unha historia de intriga psicolóxica e foi así como naceu a trama: un grupo de amigos que, dez anos despois da viaxe que marcou as súas vidas, deben desvelar a causa da morte dun deles. - Os lugares da obra están inspirados en alguna realidade?
  4. Claro! Eu estiven en todos eles e e escollinos precisamente porque foron moi especiais para min. Eu parézome a Nico, o protagonista, porque tamén colecciono postais e mentres ía escribindo a novela repasaba a miña colección para lembrar os sitios e ir facendo as descricións. Encántame viaxar e de feito creo que a literatura e as viaxes teñen moito que ver: aprendes cousas novas, amplías horizontes, medras no camiño e deixan un espazo enorme para soñar. Moitas grazas de antemano pola tua atención. Unha aperta! Moitísimas grazas a vós por estas preguntas tan interesantes, espero ter respondido as vosas dúbidas, pero se necesitades calquera aclaración non dubidedes en escribirme por Instagram ou Facebook ou ao meu correo. Non perdades a vosa curiosidade e iniciativa, a vosa sensibilidade e seguide desfrutando da lectura e dos soños. Unha aperta enorme para as dúas!
Anúncio