2
Índice
1.- Resumo e contexto (histórico) da obra.
2.- Peculiaridades da obra.
3.- Retrato psicolóxico (etopea) das personaxes.
4.- Temas tratados na Esmorga.
5.- Opinión persoal.
3
1.- Resumo e contexto (histórico) da obra
●
Esta obra ten como autor a Eduardo Blanco Amor (1897-1979) escritor e periodista galego. Foi
publicada en Bos Aires en 1959, e en Galicia en 1970. Foi unha das primeiras novelas galegas da
posguerra, e marcou un fito na historia da literatura galega. Ao tratar temas tabú para entón, foi
duramente censurada.
●
A historia relata a inminente caída aos infernos dos tres protagonistas. Cibrán (O Castizo), Xan
(O Bocas) e Aladio (O Milhomes). No comezo podemos ver como Cibrán, consegue reconciliarse coa
súa amante, a Raxada e restablecer o contacto co seu fillo. Vai camiño ao seu traballo o cal é axudar
nunha obra, cando encóntrase cos seus amigos (Aladio e Xan). Neste desafortunado encontro
convencerano para irse de esmorga con eles e verse envolto nun sinfín de tropelías, desafortunados
encontros, falsas ilusións, repentinas mortes e un xuízo do cal será o principal sospeitoso.
4
2.- Peculiaridades da obra
●
Na Esmorga podemos diferenciar dous tempos claros:
1.- O tempo no que suceden os feitos que son ao redor de 24 horas, dende o amencer dun día ate o
día seguinte.
2.- O tempo no que Cibrán tarda relatar os feitos diante do xuíz (uns 2 días)
●
Durante todo o relato, podemos ver como as preguntas do xuíz non están presentes e son subtituídas
por puntos suspensivos. Poderíase teorizar que as preguntas están verbalizadas en castelán e por
isto non están escritas. O que por consecuencia teñan que ser deducidas pola lectora basándose nas
respostas de Cibrán.
●
O lugar onde se dan os feitos é Ourense, chamado Auria na novela. Pasan por moitos lugares ao
longo do seu catastrófico itinerario, xunto coa choiva e o misticismo característico da noite.
5
3.- Retrato psicolóxico (etopea) das personaxes.
●
Cibrán: Presentase coma un home responsábel, traballador e namorado da súa familia. Todo isto vese
arruinado polo seu rasgo máis característico, a facilidade para ser manipulado/influenciado pols seus amigos.
Tamén pódense ver certas incoerencias na súa personalidade. Di que odia as prostitutas, pero perdeu o favor
da Raxada debido a unha infidelidade. Di que ten un gran carácter e moito xenio, sobre todo para as cousas
que odia. Non se pode dudar de que intenta ser bo amigo, aínda que ás veces peque de iluso. Outra
característica moi interesante é a existencia dun posible trastorno mental, denominado por el coma “o
pensamento”. Este “pensamento” aparece varias veces e podería ser un eufemismo para os denominados
pensamentos intrusivos (aínda que ao final resulta nunha explosión de ansiedade e psicose).
●
Aladio: A psicoloxía deste home xira en torno á represión da súa orientación sexual e a relación de amor
(unilateral) que ten por Xan, aínda que pelexen moito. Posúe características asociadas, patriarcalmente, á
feminidade (canta, baila e o seu oficio: xastre). Tamén parece ter un problema de cleptomanía, xa que en
varias ocasións podese ver como rouba.
●
Xan: O rasgo máis caractertistico desta pertsonaxe, é a súa masculinidade “forte” e tóxica. Todos os seus
actos de violencia, incluíndo violacións e abuso das prostitutas é unha farsa para ocultar un home inseguro
incapaz de atopar amor e signos de cariño se non é pagando ou coartando a liberdade dalgunha muller (a
violación de Socorrito). Claramente pódese ver tamén como é o cabecilla do grupo.
7
4.- Temas tratados na Esmorga.
●
Homosexualidade: A Esmorga é unha das primeiras novelas galegas en tratar o tema da
homosexualidade. Sorprendentemente, aínda que nesta época estában moi estigmatizadas as
persoas disidentes, non se presentan certos estereotipos, coma facer a Aladio un home fisicamente
normativo (delgado e de rasgos delicados) ou representalo coma un adolescente puberto. Ben é certo
que si hai certas expresións ou actos bastante homófobos, como cando Cibrán di que “esas cousas”
danlle asco (referido á homosexualidade)
●
Violencia institucional: Isto pódese ver sobre todo ao final da novela, cando intentan levar a Cibrán da
sala e este vese agobiado pola rudeza dos gardas.
●
Machismo e violencia sexual: Exercida maiormente por Xan, pódese ver durante toda a novela. O
abuso da industria da prostitución resulta preocupante, xa que trata as mulleres coma meros obxectos
que pode comprara para satisfacer a súas gañas de manter contacto afectivo-sexual con mulleres.
Tamén, ao final nun último intento de encontrar afecto, viola a Socorrito, unha muller neurodiverxente,
que non está nas súas plenas capacidades.
8
5.- Opinión personal
●
A Esmorga, foi bastante interesante que espertou moitas incógnitas ao longo da lectura. Os
protagonistas non me espertaron ningún tipo de empatía, penso que son eles mismos os únicos
culpables do seu desenlace. Sobre todo o O Bocas, xa que era o epítome dunha masculinidade rancia
e tóxica que non tiña ningún tipo de respecto polas mulleres. Unha das cousas máis interesantes eran
eses “pensamentos” que asolaban o narrador. Persoalmente creo que son ou ataques de ansiedade
ou algún tipo de brotes psicóticos, xa que ao final perde por completo a razón e recorre á parte máis
animal da súa psique para defenderse. Para rematar, recordar, que non só O Bocas abusa da
industria da prostitución, xa que a amante de Cibrán, A Raxda, é prostituta.