2. Invítote a celebrar un Nadal distinto,
con algo máis de conciencia de, que en
Nadal, Xesús é quen cumpre anos e
loxicamente todos queremos honrar ao
Homenaxeado, pero o certo é que sendo
o Aniversario de Xesús, agasallámonos
entre nós soamente. Hoxe quero que
xunto a esta experiencia, vivas o
Evanxeo e direiche cómo facelo.
3. Cando saias de compras para eses
regalos que irán debaixo da árbore,
dispoñerás dunhas moedas máis para
mercar un regalo extra, ese regalo tamén
irá debaixo da árbore pero a etiqueta ou
tarxeta dirá, “Para Xesús que vive en Ti”,
só iso dirá, non importa o que conteña o
regalo.
4. Se a túa economía é boa, mercarás un
xoguete ou unha prenda de vestir nova, se a
túa economía é pequena, mercarás uns doces
soamente, non importa o valor do que hai no
interior, o valor estará na etiqueta ou
tarxeta que poñerás externamente.
5. Cando teñas ese paquetiño listo, poñeralo
debaixo da árbore de Nadal, e o día en
que se repartan os regalos a todos, o
único que deberá quedar debaixo
da árbore será o de Xesús, porque é para
El. A partir do día 26 levarás no bolso ou
maletín ese regalo contigo ou deixaralo
na túa casa, esperando a que Xesús o
veña retirar, iso o elixes ti
6. Seguramente neses días, alguén, algún
pequeno, algunha persoa con carencias,
alguén que necesita, te dirá que o axudes.
Ese é Xesús que vén buscar o seu regalo.
Dállo, pero sobretodo que a tarxeta ou
etiqueta estea no presente. Entón esa
persoa lerá o que ti escribiches: “Para
Xesús que vive en Ti”.
7. Podo asegurar que te emocionarás, e
esa persoa, que Deus puxo no teu
camiño, xamais esquecerá o que alí lerá
e por sempre lle quedará na súa alma.
Entón alí se terá cumprido o Evanxeo
"Todo o que fagas ao máis pequeno, a
Min mo fas".
8. Xuntos fagamos que este Nadal nos deixe
unha ensinanza na alma. Sei que todos
teñen problemas económicos, cando menos
a gran maioría, pero un doce... non fará máis
pobre a ninguén de nós e asegúrolles
que será o doce máis doce do mundo.
9. Reenvía esta mensaxe, quizais a alguén lle
faga ben recibilo e poñelo en práctica. Se
somos 1,000,000 de almas facendo isto,
daremos 1,000,000 de regalos a Xesús, qué
tal? Un só non pode facelo todo, pero
todos podemos facer feliz a Xesús en cada
home e muller da terra.
10. Gloria a Deus nas alturas,
e na terra paz aos que
gozan da súa boa vontade.
Lucas 2:14