O slideshow foi denunciado.
Utilizamos seu perfil e dados de atividades no LinkedIn para personalizar e exibir anúncios mais relevantes. Altere suas preferências de anúncios quando desejar.

Oracion fin e comezo ano

420 visualizações

Publicada em

  • Seja o primeiro a comentar

  • Seja a primeira pessoa a gostar disto

Oracion fin e comezo ano

  1. 1. ORACIÓN DE FIN E PRINCIPIO DE ANO
  2. 2. Ao rematar o ano, Señor, dedícoche a miña acción de grazas.
  3. 3. Grazas por todo o que neste ano me concediches porque cho pedira.
  4. 4. Grazas tamén por aquilo que me deches sen telo pedido, e por todo o que me outorgaches sen merecelo.
  5. 5. Grazas pola saúde, polo benestar, polas alegrías e as satisfaccións.
  6. 6. por aquela man que me levantou, por aquel consello que me guiou, polas palabras que me alentaron,
  7. 7. por ese sorriso que me alegrou, por aqueles brazos que me recibiron. Graciñas.
  8. 8. Grazas tamén pola enfermidade, polas penas e os sufrimentos. Ti sabes os porqués! É o misterio da nosa existencia. Eu confío en Ti.
  9. 9. Pero sobre todo, douches grazas, Señor, pola fe que teño en Ti. Neste tempo, un tanto confuso, é, ás veces, difícil crer.
  10. 10. Grazas, porque nas tebras me iluminaches, polas caídas en que me levantaches, porque perdoaches os meus pecados.
  11. 11. Graciñas, en fin, por todo aquilo que ignoro e do que debese darche grazas. Graciñas, Pai.

×