O home e a muller

679 visualizações

Publicada em

  • Seja o primeiro a comentar

  • Seja a primeira pessoa a gostar disto

O home e a muller

  1. 1. Un home e unha muller
  2. 2. O home é a máis elevada das criaturas… A muller, a máis sublime dos ideais
  3. 3. O home ten a supremacía……. A muller a preferencia.
  4. 4. A supremacía significa forza…. A preferencia significa o dereito.
  5. 5. O home é un código…. A muller, un evanxeo.
  6. 6. O código corrixe…. O evanxeo perfecciona.
  7. 7. O home é un templo….. A muller é o sagrario.
  8. 8. Ante o templo descubrímonos…. Ante o sagrario axoenllamos.
  9. 9. O home é a águia que voa… A muller, o rousinol que canta.
  10. 10. Voar é dominar o espazo…. Cantar é conquistar a alma.
  11. 11. O home ten un farol….a conciencia. A muller ten unha estrela, a esperanza.
  12. 12. O farol guía… A esperanza salva.
  13. 13. “ A verdadeira historia da muller”
  14. 14. Conta a lenda que ao principio do mundo, cando Deus decidiu crear a muller,
  15. 15. encontrou que esgotara todos os materiais sólidos no home e non tiña máis de que dispoñer.
  16. 16. Ante este dilema e despois de profunda meditación, fixo isto:
  17. 17. Tomou a redondez da lúa, as suaves curvas das olas, a tenra adhesión da enredadeira, o trémulo movemento das follas.
  18. 18. A esbeltez da palmeira, o tinte delicado das flores, a amorosa mirada do cervo.
  19. 19. A ledicia do raio do sol e as pingas do pranto das nubes.
  20. 20. A inconstancia do vento e a fidelidade do can. A timidez da rula e a vaidade do pavo real.
  21. 21. A suavidade da pluma do cisne, a dozura da pomba, a crueldad do tigre e a frialdade da neve.
  22. 22. Mesturou tan desiguais ingredientes, formou a muller e deulla ao home.
  23. 23. Despois dunha semana veu o home e díxolle: Señor, a criatura que me deches, faime desditado. Quere toda a miña atención.
  24. 24. Nunca me deixa só, fala intensamente, chora sen motivo. Divírtese en facerme sufrir e veño a devolvercha, porque non podo vivir con ELA
  25. 25. Ben, contestoulle Deus e tomou a muller. Pasou outra semana e volveu o home e díxolle:
  26. 26. Señor, encóntrome moi só, desde que che devolvín a criatura que fixeches para min.
  27. 27. ElA cantaba e xogaba ao meu lado, mirábame con tenrura e a súa mirada era un aloumiño.
  28. 28. Ría e a súa risa era música. Era fermosa á vista e suave ao tacto. Devólvema porque non podo vivir sen ela
  29. 29. Que esta melodía e a súa reflexión, sexan un motivo de celebración neste día, cun amor inmenso para toda a vida.

×