O slideshow foi denunciado.
Utilizamos seu perfil e dados de atividades no LinkedIn para personalizar e exibir anúncios mais relevantes. Altere suas preferências de anúncios quando desejar.

32º domingo toc 2013 bene pagola

771 visualizações

Publicada em

  • Seja o primeiro a comentar

  • Seja a primeira pessoa a gostar disto

32º domingo toc 2013 bene pagola

  1. 1. José Antonio Pagola Red evangelizadora BUENAS NOTICIAS 10 de novembro de 2013 32º Tempo ordinario (C) Lucas 20, 27-38 Difunde a esperanza en Deus. Pásalo. Música:The serpent Mound; present:B.Areskurrinaga HC;euskaraz:D.Amundarain
  2. 2. Xesús non se dedicou a falar moito da vida eterna. Non pretende enganar a ninguén facendo descricións fantáticas da vida máis allá da morte. Con todo, a súa vida enteira esperta esperanza.
  3. 3. Vive aliviando o sufrimento e liberando do medo á xente.
  4. 4. Contaxia unha confianza total en Deus. A súa paixón é facer a vida máis humana e ditosa para todos, tal como a quere o Pai de todos.
  5. 5. Só cando un grupo de saduceos se lle achega coa idea de ridiculizar a fe na resurrección, a Xesús agrómalle do seu corazón crente a convicción que sostén e alenta a súa vida enteira: Deus “non é un Deus de mortos, senón de vivos, porque para el todos son vivos”.
  6. 6. A súa fe é sinxela. É verdade que nós choramos os nosos seres queridos porque, ao morrer, Perdémolos aquí na terra, pero Xesús non pode nin imaxinarse que a Deus se lle vaian morrendo eses fillos seus aos que tanto ama. Non pode ser. Deus está compartindo a súa vida con eles porque os acolleu no seu amor insondable.
  7. 7. O trazo máis preocupante do noso tempo é a crise de esperanza. Perdemos o horizonte dun Futuro último e as pequenas esperanzas desta vida non terminan de consolarnos.
  8. 8. Este baleiro de esperanza está xerando en bastantes a perda de confianza na vida. Nada paga a pena. É fácil daquela o nihilismo total.
  9. 9. E estes tempos de desesperanza, non nos están pedindo a todos, crentes e non crentes, facernos as preguntas máis radicais que levamos dentro? Ese Deus do que moitos dubidan, ao que bastantes abandonaron e polo que moitos seguen preguntando, non será o fundamento último no que podemos apoiar a nosa confianza radical na vida?
  10. 10. Ao final de todos os camiños, no fondo de todas as nosas arelas, no interior dos nosos interrogantes e loitas, non estará Deus como Misterio último da salvación que andamos buscando?
  11. 11. A fe estásenos quedando aí, acurrunchada nalgún lugar do noso interior, como algo pouco importante, que non paga a pena coidar xa nestes tempos. Será así?
  12. 12. Certamente non é fácil crer, e é difícil non crer. Mentres tanto, o misterio último da vida estanos pedindo unha resposta lúcida e responsable.
  13. 13. Esta resposta é decisión de cada un. Quero borrar da miña vida toda esperanza última máis alá da morte como unha falsa ilusión que non nos axuda a vivir?
  14. 14. Quero permanecer aberto ao Misterio último da existencia confiando que aí encontraremos a resposta, a acollida e a plenitude que andamos buscando xa desde agora?
  15. 15. DECISIÓN DE CADA UN Xesús non se dedicou a falar moito da vida eterna. Non pretende enganar a ninguén facendo descricións fantáticas da vida máis alá da morte. Con todo, a súa vida enteira esperta esperanza. Vive aliviando o sufrimento e liberando do medo á xente. Contaxia unha confianza total en Deus. A súa paixón é facer a vida máis humana e ditosa para todos, tal como a quere o Pai de todos. Só cando un grupo de saduceos se lle achega coa idea de ridiculizar a fe na resurrección, a Xesús agrómalle do seu corazón crente a convicción que sostén e alenta a súa vida enteira: Deus “non é un Deus de mortos, senón de vivos, porque para el todos son vivos”. A súa fe é sinxela. É verdade que nós choramos os nosos seres queridos porque, ao morrer, perdémolos aquí na terra, pero Xesús non pode nin imaxinarse que a Deus se lle vaian morrendo eses fillos seus aos que tanto ama. Non pode ser. Deus está compartindo a súa vida con eles porque os acolleu no seu amor insondable. O trazo máis preocupante do noso tempo é a crise de esperanza. Perdemos o horizonte dun Futuro último e as pequenas esperanzas desta vida non terminan de consolarnos. Este baleiro de esperanza está xerando en bastantes a perda de confianza na vida. Nada paga a pena. É fácil daquela o nihilismo total. Estes tempos de desesperanza, non nos están pedindo a todos, crentes e non crentes, facernos as preguntas máis radicais que levamos dentro? Ese Deus do que moitos dubidan, ao que bastantes abandonaron e polo que moitos seguen preguntando, non será o fundamento último no que podemos apoiar a nosa confianza radical na vida? Ao final de todos os camiños, no fondo de todos as nosas arelas, no interior dos nosos interrogantes e loitas, non estará Deus como Misterio último da salvación que andamos buscando? A fe estásenos quedando aí, acurrunchada nalgún lugar do noso interior, como algo pouco importante, que non paga a pena coidar xa nestes tempos. Será así? Certamente non é fácil crer, e é difícil non crer. Mentres tanto, o misterio último da vida estanos pedindo unha resposta lúcida e responsable. Esta resposta é decisión de cada un. Quero borrar da miña vida toda esperanza última máis alá da morte como unha falsa ilusión que non nos axuda a vivir? Quero permanecer aberto ao Misterio último da existencia confiando que aí encontraremos a resposta, a acollida e a plenitude que andamos buscando xa desde agora? José Antonio Pagola

×