O slideshow foi denunciado.
Utilizamos seu perfil e dados de atividades no LinkedIn para personalizar e exibir anúncios mais relevantes. Altere suas preferências de anúncios quando desejar.

32º domingo toc 2013

511 visualizações

Publicada em

  • Seja o primeiro a comentar

  • Seja a primeira pessoa a gostar disto

32º domingo toc 2013

  1. 1. Xesús díxolles: “E que resucitan os mortos ben o deixou indicado Moisés cando, no episodio da silveira chama ao Señor o Deus de Abraham, o Deus de Isaac e o Deus de Xacob. (Lc 20, 34-38) 34-38
  2. 2. O pobo de Israel non chegou de golpe a crer na resurrección dos mortos. Durante moitos séculos pensouse que todos os mortos pasaban ao sheol, morada para os bos e malos. Era un lugar sen retorno, no que xa non era posible loar o Señor.
  3. 3. Súa nai vai alentando a cada un deles. Manifesta a súa fe na resurrección, ao dicir ao máis pequeno : “Non temas a este verdugo, … acepta a morte para que volva eu a encontrarte cos teus irmáns no tempo da misericordia”. (Mac 7, 29)
  4. 4. O Deus fiel, non pode deixarse gañar en fidelidade. Haberá de dar a vida aos que a entregaron por El.
  5. 5. No tempo de Xesús, os fariseos admiten xa a idea da resurrección. Os saduceos rexeitana. No evanxeo de hoxe, son estes os que se dirixen a Xesús cunha historia tradicional.
  6. 6. Unha muller casada con varios maridos, de quen sería esposa no mundo dos resucitados? Con esta pregunta os saduceos tratan de coñecer a postura do Mestre.
  7. 7. Xesús dilles que o matrimonio é unha institución creada para esta vida. A comunidade humana sobreponse á morte grazas á rexeración de novos seres humanos.
  8. 8. O texto remata cunha frase lapidaria referida a Deus. Non é Deus de mortos senón de vivos, porque para El todos están vivos”.
  9. 9. Deus é o Vivente e a fonte da vida. Deus non fixo a morte. Ama a vida e invítanos a vivir nunha comunidade de vivos.
  10. 10. Para Deus, o seu amor é máis forte e definitivo que a mesma morte. Nada ni ninguén poderá arrebatar da súa man as persoas que El amou con amor eterno.
  11. 11. Señor Xesús, primoxénito de entre os mortos, a ti encomendamos a nosa sorte, confiando compartir contigo a nosa vida resucitada. Amén.
  12. 12. José Román Flecha Andrés Palabra del Señor, Salamanca , Editorial.Secretariado Presentación: Antonia Castro Panero Trinitario,2007

×