2. Na encíclica
Deus cáritas est,
O Papa Bieito XVI pon
ante os ollos dos católicos
e de toda a humanidade
o don e a tarefa do amor
que é a fonte e a meta
de toda humanización.
3. Poucos conceptos tan mal entendidos como este do amor.
O amor trivialízase.
• Convértese en espectáculo e en negocio.
• En sentimento que vai e vén como o vento.
• Outras veces o amor non é máis que unha chantaxe.
Esquécese que o amor é forte como a morte,
pero fráxil e vulnerable como a vida mesma.
4. O evanxeo de hoxe recolle tres ensinanzas sobre o amor.
Citando o Deuteronomio e o Levítico,
Xesús afirma que,
O mandamento
máis importante
é amar o Deus único.
“Amarás o próximo como
a ti mesmo”.
5. O escriba está de acordo
con Xesús.
O amor ao próximo
vale máis que todos
os sacrificios
que se ofrecían
en Xerusalén.
6. O diálogo co escriba revela a fondura da mensaxe
do Mestre.
Non ama a Deus quen non ama o home.
E non pode amar o home quen ignora o amor de Deus.
7. Sempre merece a pena recordar este recoñecemento:
É a aspiración antiga do verdadeiro israelita.
Poder recoñecer a Deus como - o único Rei xusto-
era a fonte da liberdade sempre soñada.
8. “ NON ESTAR LONXE DO REINO DE DEUS”
É o desexo dos cristiáns
que aceptan o Señorío de Deus.
Saben ben que servilo a El
é reinar.
E que o seu reino é a patria
da verdade e da vida,
da santidade e da graza,
da xustiza, do amor
e da paz.
9. “ NON ESTAR LONXE DO REINO DE DEUS”
Aceptar o Absoluto como Rei
axuda a relativizar as esixencias de todos os tiranos
que cada día tratan de impoñernos o seu reinado.
10. Señor Xesús, grazas por
recordarnos
que non podemos separar
o amor de Deus
do amor dos demais.
Que o teu exemplo nos
axude a vivir esta verdade
que unifica a nosa
existencia e a salva para
sempre. Amén.
11. José Román Flecha Andrés
PALABRA DO SEÑOR –Salamanca
Presentación: Antonia Castro Panero