2. Segundo o relato evanxélico, os que pasaban ante
Xesús crucificado sobre a colina do Gólgota
burlábanse del e, rindo da súa impotencia, dicíanlle:
«Se es Fillo de Deus, baixa da cruz».
3. Xesús non responde á
provocación.
A súa resposta é un
silencio cargado de
misterio.
Precisamente porque é
Fillo de Deus
permanecerá na cruz ata
a súa morte.
4. As preguntas son inevitables
Como é posible crer nun Deus
crucificado polos homes?
tam os dicindo?
o s do que es
Decatámon
Que fai Deus nunha cruz?
Como pode subsistir unha relixión fundada
nunha concepción tan absurda de Deus?
5. Un
"Deus crucificado"
constitúe unha
revolución e un
escándalo que nos
obriga a
cuestionar todas as
ideas que os
humanos nos
facemos dun Deus
ao que
supostamente
coñecemos.
6. O Crucificado non ten o rostro nin os trazos
que as relixións atribúen ao Ser Supremo.
7. O "Deus crucificado" non é un ser omnipotente e maxestoso, inmutable e feliz,
alleo ao sufrimento dos humanos, senón un Deus impotente e humillado que
sofre connosco a dor, a angustia e ata a mesma morte.
8. Coa Cruz,
ou acaba a nosa fe
en Deus,
ou nos abrimos a
unha comprensión
nova e sorprendente
dun Deus que,
encarnado no noso
sufrimento, nos ama
de manera incrible.
9. Ante o Crucificado empezamos a intuír que Deus, no seu último
misterio, é alguén que sofre connosco. A nosa miseria aféctalle.
O noso sufrimento salpícao.
Non existe un Deus cuxa vida transcorre, por dicilo así, á
marxe das nosas penas, bágoas e desgrazas.
El está en todos os calvarios do noso mundo.
10. Este "Deus crucificado" non permite unha fe frívola e
egoísta nun Deus omnipotente ao servizo dos nosos
caprichos e pretensións.
Este Deus ponnos
mirando cara ao
sufrimento, o
abandono e o
desamparo de tantas
vítimas da injustiza e
das desgrazas.
Con este Deus encontrámonos cando nos
acercamos ao sufrimento de calquera
crucificado.
11. Os cristiáns seguimos dando toda clase de rodeos
para non atoparnos co "Deus crucificado".
Aprendemos, incluso, a erguer a nosa mirada
cara á Cruz do Señor, desviándoa dos
crucificados que están ante os nosos ollos.
12. Con todo, a maneira máis auténtica de
celebrara a Paixón do Señor
é avivecer a nosa compaixón.
Sen isto, dilúese a nosa fe no "Deus crucificado" e
ábrese a porta a toda clase de manipulacións.
13. Que o noso bico ao Crucificado nos poña sempre
mirando cara aos que, cerca o lonxe de nós, viven
sufrindo.