Anúncio
Anúncio

Mais conteúdo relacionado

Anúncio

rata Luisa o estanque.pptx

  1. o estanque Mon Daporta COUSIÑAS FEITAS NA CASA OS NENOS DA RATA LUISA
  2. Despois de veren un, na casa duns amigos, queren un estanque.
  3. Non paran de pedilo!!
  4. Luisa e Roxelio tentaron convencelos de que da moito traballo... que custa mantelo,
  5. Que podían, mellor, ter un acuario, que pode ter máis peixes e máis variados.
  6. Os nenos apoñen que é diferente, que fóra poden ter ras... e non gastan “corriente”.
  7. Prometeron axudar a facelo,
  8. e coidalo.
  9. E tanto teimaron... que acabaron gañando.
  10. Porque Luisa e Roxelio, despois de darlle unhas voltas, pensaron que enfeitaba o xardín e aprenderían cousas novas
  11. Nun recanto, ao sol, fixeron o furado,
  12. Acolchárono con area, e tenderon o plástico,
  13. Carrexaron pedras para fixar a “tea”,
  14. e botáronlle auga ata que estivo chea.
  15. Foron buscar plantas para armar o ambiente,
  16. e agardaron uns días para que todo asente.
  17. Mercaron os peixes.
  18. Trouxeron as ras,
  19. e alí botaron horas sen pestanexar.
  20. Non saían, para nada, da beira da auga Quéreno ver todo e anotan o que pasa: O que fan os peixes, como cantan as ras, e contan os bechos que veñen e van.
  21. Mais ao pouco tempo, nin se achegan a velo...
  22. e aténdeno e cóidano... Luisa e Roxelio.
  23. Luísa, Roxelio e máis os ratiños agardan que vos gusten estes seus contiños. Abur!
Anúncio