Mais conteúdo relacionado

cactos e euforbias.pptx

  1. Cactos, euforbias ou... AS LIDEIRAS DE ROQUE Mon Daporta COUSIÑAS FEITAS NA CASA
  2. Descubriu hai uns días Roque, visitando un viveiro, que non todas as plantas grosas, e/ou con espiñas, son cactos verdadeiros.
  3. E contáronlle tamén outras cousas que non sabía, como de onde viñan e como se distinguían.
  4. que aínda que eran semellantes de aspecto e estrutura era cousa de adaptación ao ambiente,... de conxuntura.
  5. Pareceulle de interese, e púxose a traballar para contarvos todo o que aprendeu sobre o que son e o que non son cactos.
  6. E despois de moito ler, buscar e viaxar Tendes, de aquí en diante, o que conseguiu xuntar De todas as plantas que o parecen, so son cactos (Cactaceae) unhas 1.600 especies, outras 1.000 son euforbias (Euphorbiaceae), 500 pertencen á familia das apocináceas (Apocynaceae) e unhas poucas son didiereáceas (Didiereaceae) dos bosques espiñentos de Madagascar
  7. Os cactos son vexetais da familia das cactáceas (Cactaceae). Son plantas perenes, case todas espiñentas e con talos suculentos, que viven en áreas secas, aínda que tamén os hai en áreas tropicais e subtropicais. A familia está formada por numerosos xéneros dos que fan parte máis de 1.500 especies. Son nativos de América, atópanse desde o suroeste do Canadá ata Chile e A Arxentina. Fóra de América so se coñece unha especie, a Rhipsalis baccífera, orixinaria de África, Madagascar e Sri Lanka. México acolle a maior cantidade e variedade de especies, case 700, das que máis de 500 son endémicas.
  8. Mais tamén hai unhas 1.000 especies de plantas da familia Euphorbiaceae, das zonas secas de África e Madagascar, e algunhas de América, que son suculentas e seméllanse aos cactos. As Euphorbiaceae (euforbias), son plantas dunha familia cosmopolita moi difundida e moi diversa, que se atopa por todo o mundo, a non ser nas zonas frías, da que fan parte unhas 7.500 especies agrupadas nuns 300 xéneros. Entre elas hai herbas, matos e, nas zonas tropicais, árbores.
  9. Unhas 500 Apocynaceae das zonas secas de África, a Península Arábica e da India, tamén teñen un aspecto semellante aos cactos. Apocynaceae é unha familia que acolle máis de 5.000 especies agrupadas en 366 xéneros, da que fan parte árbores, matos, herbas e lianas; que se extende polas zonas tropicais, subtropicais e temperadas.
  10. As Areolas, son o sinal de identidade dos cactos, uns elementos propios que serven para distinguilos de outras plantas. Son pequenas formas almofadadas (na realidade pólas modificadas) constituídas por tricomas (pelos das plantas), e, en case todas as especies, con espiñas e gloquídeos (pelos con pugas). Das areolas xorden os talos, as follas (de habelas) e as flores. Mais a pesares de coincidiren en formas e aparencias presentan riscos que serven para diferencialas
  11. cacto euforbia apocinácea
  12. cacto euforbia apocinácea Pseudolithops migiurtinus Echinocactus grusonii Euphorbia horrida
  13. cacto As espiñas saen, en grupos, nas areolas As espiñas son as propias follas, os remates dos tubérculos do talo endurecidos, ou estípulas As espiñas euforbia apocinácea As espiñas son estípulas endurecidas que se atopan aos lados ou debaixo das follas, ou da cicatriz que deixan cando caen
  14. cacto As follas Ausentes en case todos os cactos, ou transformadas en espiñas. So se coñecen dous xéneros de cactos tropicais que teñen follas funcionais. Moitas euforbias teñen follas, en ocasións reducidas a escamas, nas etapas xuvenís e nas zonas de crecemento Hai especies con follas, case sempre apicais, e outras con follas reducidas a escamas euforbia Apocinácea
  15. euforbia As flores As flores dos cactos adoitan ser grandes, solitarias e hermafroditas; de forma tubular, co ovario ínfero, un grande número de tépalos, os exteriores con aspecto de sépalos e os interiores petaloideos, que acollen numerosos estames, os nectarios e o pistilo con varios carpelos. As euforbias adoitan formar unhas estruturas florais pequenas, con forma de copa, chamadas ciatios. O conxunto está formado por un involucro con glándulas nas beiras, dentro do que hai flores masculinas -moitas reducidas a un so estame- que rodean a unha única flor feminina pedunculada. cacto As apocináceas teñen flores simples, completas, con cinco pétalos, moitas veces soldados. Algunhas flores desprenden un olor desagradable para atraeren ás moscas que as fecundan. apocinácea
  16. cacto Os froitos das euforbias son normalmente secos, capsulares - tricocos- que abren ao madurar para soltar as sementes. O froito dos cactos adoita ser carnoso, unha baga que encerra moitas sementes. Os de varias especies son consumidos como alimento. Os froitos euforbia apocinácea Os froitos das apocináceas son secos, semellantes a unha dobre vaíña, e conteñen sementes cunha mouta de pelos que lles permiten dispersarse polo ar.
  17. A saiba A saiba de case todas as euforbias é branca –látex- e, en moitos casos, tóxica. Por iso moitas euforbias son coñecidas co nome de leiteiras. A saiba dos cactos é transparente As apocináceas, segundo as especies, poden ter saiba transparente ou látex, que tamén pode ser tóxico apocinácea
  18. algunhas cousiñas máis: dos cactos
  19. Saguaro en San Nicolás, Sonora (México) Os cactos máis altos son os saguaros que poden acadar os 20 m de altura
  20. Un fermoso exemplar de equinocactus (cacto “barril”) de case 3 m de altura
  21. O cacto máis pequeno que se coñece é o Blossfeldia liliputiana. Nativo dos Andes do sur de Bolivia e do norte da Arxentina. Escasamente pasa de 1 cm de diámetro.
  22. Chirinola mexicana (Stenocereus eruca). Un cacto curioso ao que lle chaman o cacto que anda, porque vive deitado no chan e, como todos os cactos, so medra pola punta ao tempo que as partes vellas, as de atrás, van morrendo polo que semella que se despraza. Atópase en perigo de extinción
  23. Rhipsalis baccifera. A única especie de cacto que tamén se atopa, como orixinaria, fóra de América Á dereita detalle dun exemplar cargado de froitos
  24. A maioría dos cactos medran na terra, pero tamén hai especies tropicais epífitas –que medran enriba de outras plantas ou gabean por elas-. As espécies epífitas adoitan ter os talos estreitos e aplanados, raíces aéreas, para suxeitarse aos soportes, e flores grandes e chamativas.
  25. Disocactus speciosus Epiphyllum oxypelatum. As flores abren pola noite Weberocereus biolleyi Algúns cactos epífitos
  26. Schlumbergera truncata (cacto de Nadal, plumas de santa Teresa). Un cacto tropical moi difundido e cultivado. Pertence ao xénero Schlumbergera, orixinario do Brasil, do que se coñecen varias especies.
  27. Varias especies de cactos epífitos, do xénero Hylocereus, cultívanse para aproveitar os seus froitos coñecidos como pitaias ou froitos do dragón. Os froitos, que segundo a especie teñen a tona vermella ou amarela, miden uns 10 x 6 cm e teñen una polpa sabrosa, suave e doce.
  28. Plantación de pitaias na Mariña de Lugo
  29. ...e uns poucos medran directamente sobre as rochas. Cacto de lava. Endémico das Illas Galápagos
  30. Os cactos máis extendidos polo mundo son Opuntias, e deles a Opuntia fícus- indica (nopal ou chumbeira), cultivada como planta da que se obteñen múltiples aproveitamentos:
  31. Plantacións de chumbeiras
  32. Na gastronomía úsanse os talos novos (palas, pencas ou nopales) frescos, confitados ou salgados; como verdura, en ensaladas, guisos e outras preparacións. Talos de nopal limpos para seren utilizados na cociña Talos de nopal asados Talos de nopal recheos Preparacións con talos de nopal
  33. Pódese atopar no mercado envasado, fresco, en conserva,
  34. como ingrediente de platos preparados, como complemento nutricional e como produto médico e dietético
  35. Os froitos utilízanse como postre, e para preparar salsas, doces, xeados, marmeladas, zumes e licores, como condimento, como aperitivo e como medicinais.
  36. Batido, confitura, zume e licor feitos co froito da Opuntia ficus-indica ou figo chumbo.
  37. Co nopal elabóranse tamén cosméticos Xabrón Xel protector para a pel Protector solar champú Cremas corporais
  38. Coiro de nopal. Dos talos moídos e secos extráense proteínas e febras coas que se prepara unha bio-resina que, fixada sobre un tecido de algodón, permite crear un material de características semellantes ao coiro Tratando o zume dos talos do nopal obtense un plástico biodegradable e de descomposición rápida (menos de tres meses, ou arredor de dúas semanas se está en contacto coa auga) e outros produtos: tradicionais e actuais Tamén se usan nopais para a obtención de biogás Aglutinante e impermeabilizante en pinturas tradicionais feitas con auga, cal e tintas
  39. Serve como forraxe para o gando e outros animais
  40. e para criar un parásito, a cochinilla (Dactylopius coccus), da que se extrae un pigmento coñecido como carmín ou o vermello cochinilla que se utiliza como colorante en cosméticos, tecidos e alimentos
  41. E a outros cactos atópanselle curiosas aplicacións
  42. O interior leñoso dos grandes cactos aprovéitase como madeira para queimar e/ou para a elaboración de diferentes obxectos utilitarios ou decorativos
  43. Moitas flores de cactos so se abren un día, e algunhas so unha noite. As especies de floración nocturna son polinizadas por insectos ou por morcegos que se alimentan do pole e do néctar que producen.
  44. Os froitos dos cactos son comidos por moitos animais que, a cambio, tamén son os encargados de dispersar as sementes
  45. Algunhas aves aproveitan a protección da súa altura e/ou das súas espiñas para facer neles os niños
  46. algunhas cousiñas máis: das euforbias
  47. Unha das euforbias suculentas máis grandes, a Euphorbia ingens, endémica das áreas tropicais do sur de África. Pode medir ata 15 m de altura. Leóns descansando nas pólas dunha euforbia
  48. Outras euforbias suculentas Euphorbia horrida Euphorbia obesa Euphorbia fruticosa Euphorbia enopla Euphorbia cristata Euphorbia suzanne-marinierae Euphorbia meloformis
  49. Euphorbia esculenta Euphorbia canariensis Euphorbia resinifera Euphorbia pulvinata
  50. Euphorbia milii, unha das máis cultivadas e exemplares de diferentes variedades de cor
  51. A Hevea brasiliensis (árbore do caucho, xiringa ou seringueira). É una euforbiácea, non suculenta, arbórea, orixinaria das selvas do Brasil. Mide de 20 a 30 m de altura (pode acadar 45 m). O seu látex seco é o caucho natural.
  52. A Manihot esculenta (iuca, mandioca, casabe,…). É unha planta perenne da familia das euforbiáceas cultivada en América, África e Oceanía para aproveitar as súas raíces ricas en almidón. No Paraguai cultívanse arredor de 300 variedades
  53. Outra euforbia coñecida a flor de Pascua (Euphorbia pulcherrima) da que se cultivan numerosas variedades.
  54. En Galiza están presentes unhas 20 especies de euforbiaceas, plantas anuais ou perennes de pequeno porte que se desenvolven en diferentes ambientes Euphorbia paralias. Común nos areais costeiros Euphorbia esula, está presente case todo o ano en e beiras de camiños. Chamaesyce ou Euphorbia serpens. Pequena planta rastreira orixinaria de América do Sur que se desenvolve como mala herba
  55. algunhas cousiñas máis: das apocináceas
  56. Moitas apocináceas suculentas coñécense como plantas das estrelas pola forma das súas flores e tamén como flores de carniza polo olor que desprenden para atraer ás moscas que son as que as polinizan
  57. Caralluma hesperidium Pseudolithops migiurtinus Stapelia variegata Algunhas apocináceas suculentas representantes dos seus xéneros Duvalia pilansii Huernia macrocarpa Hoodia gordonii Piaranthus globosus
  58. Pachypodium é un xénero de árbores e arbustos de talos suculentos con espiñas, nativos de África (Namibia , Angola e Madagascar) que acolle 25 especies, Pachypodium gracilium Pachypodium multiflorum Pachypodium brevicaule Pachypodium saundersii Pachypodium nanmaquanum
  59. Pachypodium lamerei, ou palmeira de Madagascar, o máis cultivado como ornamental
  60. Algunhas apocináeas arbóreas, como a Couma macrocarpa, producen látex que se aproveita como impermeabilizante e para facer caucho
  61. En Galiza podemos atopar, en cultivo como ornamental ou asilvestrada, unha planta da familia das Apocináceas, a Vinca difformis, con aspecto en enredadeira que se estende preto do chan na que destacan as flores azuis
  62. As imaxes fotográficas foron collidas da internet e a información de fontes varias. Agradézolle aos autores a súa dispoñibilidade, e agardo saiban disculpar o uso que fixen delas. Mon Daporta E como co que hai, para un achegamento, xa me parece abondo, deixoo aquí que teño outra a dar voltas nos miolos.