O slideshow foi denunciado.
Utilizamos seu perfil e dados de atividades no LinkedIn para personalizar e exibir anúncios mais relevantes. Altere suas preferências de anúncios quando desejar.
Club de lectura
“Gozando no Laxeiro”
Ola! Aquí estamos de novo
para presentarvos os libros
que lemos e recomendamos
entre ...
Illa Soidade
An Alfaya
Encantoume! Lucía vai no
tren que a leva a estudar a
carreira de periodismo.
Durante a viaxe lembra...
O pintor do sombreiro de malvas
Por motivos económicos da nai,
un rapaz está a pasar unha tempada
cunha tía, que non o que...
É este un libro que reflicte
moi ben a vida dos nosos avós
cando eran novos.
Cóntanos a historia dun neno
pobre, Balbino, ...
Nárrase a historia
dunha rapaza chamada Silvia,
estudante de medicina, que
vai para a India traballar de
cooperante nun ho...
Ámote Leo A. Destino Xalundes
Rosa Aneiros
Gustoume dende a
primeira páxina e viaxei coa
protagonista por todos os
lugares...
Os feitos desta
novela acontecen nunha
aldea de Iraq. O
protagonista non ten nai e
seu pai volve casar. Ao
pouco iníciase ...
Venres ou a vida salvaxe
Michel Tourniel
É este un libro de aventuras: o
personaxe principal, Robison,
chega a unha illa d...
O can dos Baskerville
Arthur Conan Doyle
É esta unha novela policíaca: o tema
principal xira arredor dun can que lles
trae...
Todos temos un libro que nos está esperando.
Próximos SlideShares
Carregando em…5
×

Gozando no Laxeiro. Segunda entrega

618 visualizações

Publicada em

Recomendacións do club de lectura

Publicada em: Educação
  • /.DOWNLOAD THIS BOOKS INTO AVAILABLE FORMAT ......................................................................................................................... ......................................................................................................................... /.DOWNLOAD PDF EBOOK here { https://tinyurl.com/y8nn3gmc } ......................................................................................................................... /.DOWNLOAD EPUB Ebook here { https://tinyurl.com/y8nn3gmc } ......................................................................................................................... /.DOWNLOAD doc Ebook here { https://tinyurl.com/y8nn3gmc } ......................................................................................................................... /.DOWNLOAD PDF EBOOK here { https://tinyurl.com/y8nn3gmc } ......................................................................................................................... /.DOWNLOAD EPUB Ebook here { https://tinyurl.com/y8nn3gmc } ......................................................................................................................... /.DOWNLOAD doc Ebook here { https://tinyurl.com/y8nn3gmc } ......................................................................................................................... ......................................................................................................................... ......................................................................................................................... .............. Browse by Genre Available eBooks ......................................................................................................................... Art, Biography, Business, Chick Lit, Children's, Christian, Classics, Comics, Contemporary, Cookbooks, Crime, Ebooks, Fantasy, Fiction, Graphic Novels, Historical Fiction, History, Horror, Humor And Comedy, Manga, Memoir, Music, Mystery, Non Fiction, Paranormal, Philosophy, Poetry, Psychology, Religion, Romance, Science, Science Fiction, Self Help, Suspense, Spirituality, Sports, Thriller, Travel, Young Adult,
       Responder 
    Tem certeza que deseja  Sim  Não
    Insira sua mensagem aqui

Gozando no Laxeiro. Segunda entrega

  1. 1. Club de lectura “Gozando no Laxeiro” Ola! Aquí estamos de novo para presentarvos os libros que lemos e recomendamos entre nós durante o 2º trimestre. O noso propósito é darvos a coñecer lecturas que seguro que vos van deleitar. Empezamos con Anabel, a gañadora desta edición.
  2. 2. Illa Soidade An Alfaya Encantoume! Lucía vai no tren que a leva a estudar a carreira de periodismo. Durante a viaxe lembra o sucedido na Praza dos Mistos. Alí coñeceu a Soa, que lle permitiu achegarse ao mundo dos indixentes. Soa cóntalle no seu diario como por amor a un artista queda a vivir nas rúas de París, como non poden estar xuntos por medo a que ela sufra a maldade do seu maior inimigo. Recoméndollo a calquera que guste de ler; é un libro que permite deternos, por unha vez, na vida das persoas sen teito, tan invisibles na sociedade. Anabel Ramos, 3º PDC
  3. 3. O pintor do sombreiro de malvas Por motivos económicos da nai, un rapaz está a pasar unha tempada cunha tía, que non o quere, nunha pequena vila francesa. Hai un grupo de rapaces que non deixan de meterse con el; no medio está Adeline coa que acabará véndose ás agachadas. Un día chega un pintor que vai á vila para esquecer o seu pasado. O rapaz faise amigo del e pasan moito tempo xuntos ata que o artista… Gustoume moito este libro que recrea anacos da vida do pintor Vicent Van Gogh e anímoo a todos a lelo. Verónica Vázquez, 3ºPDC Marcos Calveiro
  4. 4. É este un libro que reflicte moi ben a vida dos nosos avós cando eran novos. Cóntanos a historia dun neno pobre, Balbino, que vive na aldea. Un día tivo que marchar do lugar por ferir cunha pedra ao fillo do ricachón da aldea e dono das terras nas que traballa o pai. Se queredes saber a historia completa lédeo; recoméndovolo porque dá a coñecer o que lles pasou a moitas persoas antigamente: a miseria, a emigración, o poder do ricos, o San Xoán, a morte, o longo loito, a amistade… Isaias Medala, 3ºPDC Memorias dun neno labrego Xosé Neira Vilas
  5. 5. Nárrase a historia dunha rapaza chamada Silvia, estudante de medicina, que vai para a India traballar de cooperante nun hospital. Alí coñeceu persoas interesantes como Mahendra, un príncipe que perdera muller e fillos nun lago, ou, a Leo, outro cooperante co que ao principio non se leva moi alá. Na India, Silvia cambiou a súa maneira de pensar e de ver o mundo. Paréceme un libro moi recomendable tanto para adolescentes como para os que xa non o son, pois nel coñecemos aspectos dunha cultura distinta á nosa. A min encantoume. María Iglesia, 3ºPDC Chamando ás portas do ceo Jordi Sierra i Fabra
  6. 6. Ámote Leo A. Destino Xalundes Rosa Aneiros Gustoume dende a primeira páxina e viaxei coa protagonista por todos os lugares nos que ela estivo: Lisboa, Barcelona, Andalucía, Marrakech, Istambul… Tamén sentín como miñas todas as andanzas vividas co grupo de amigos que coñece. Admiro a Leo por viaxar soa e, ademais, coa oposición da nai. Quen será o que lle deixa por todas partes unha mensaxe de amor? Aínda que é longo, recoméndovolo a todos porque é sinxelo de ler e permítenos coñecer outros países, outras cultura… Miguel da Cunha, 3ºPDC
  7. 7. Os feitos desta novela acontecen nunha aldea de Iraq. O protagonista non ten nai e seu pai volve casar. Ao pouco iníciase unha guerra á que o pai ten que ir coma outros homes das aldeas veciñas. O pai desaparece e Khalet decide ir na súa busca para poder soterralo no seu pobo. Aí inicia a súa arriscada aventura por distintas zonas dun país en guerra, pero atopando a persoas boas que o axudan. O que máis me gustou foi o sacrificio que fixo o rapaz por ter seu pai cerca da familia. Manuel Pérez, 3º PDC Irmán do vento M. Lourenzo González
  8. 8. Venres ou a vida salvaxe Michel Tourniel É este un libro de aventuras: o personaxe principal, Robison, chega a unha illa deserta e alí emprende unha nova vida. Salvará a un indio, Venres, que se converte ao principio no seu criado e logo, no seu mellor amigo. Destacaría moitas anécdotas da vida na illa: a pelexa de Venres cun macho montés, o refuxio de Robison na cova branca para perder o sentido ou, cando Venres destruíu todo o mundo que creara Robison. O que menos me gustou foi que, ao final, Venres traizoara a Robison marchando nun barco. Javier Castro, 3º PDC
  9. 9. O can dos Baskerville Arthur Conan Doyle É esta unha novela policíaca: o tema principal xira arredor dun can que lles trae a maldición aos Baskerville porque acaba con varios dos seus membros. Destaco o personaxe de Sherlock Holmes porque resolve con moita destreza os enigmas que lle van propoñendo as accións do asasino. Gustoume moito a parte final cando, por fin, se enfrontan co monstro e conseguen vencelo nunha situación ben perigosa. A verdade é que o que menos me gustou foi que se acabase o libro e con el, todo a intriga. Por iso recoméndollo a todos os que gustedes de misteriosos crimes. Marcos Sampayo, 3º PDC
  10. 10. Todos temos un libro que nos está esperando.

×